Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) FISIOTERAPIA COMUNITARIA E SAÚDE PÚBLICA Código 651G01030
Titulación
Grao en Fisioterapia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias Biomédicas, Medicina e Fisioterapia
Ciencias da Saúde
Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Martinez Rodriguez, Alicia
Correo electrónico
alicia.martinez@udc.es
Profesorado
Martinez Rodriguez, Alicia
Saleta Canosa, Jesus Luis
Correo electrónico
alicia.martinez@udc.es
jesus.luis.saleta.canosa@udc.es
Web
Descrición xeral Con esta materia abórdanse contidos de saúde comuntaria e saúde pública,desde a perspectiva da Fisioterapia e do sistema sanitario español, a partir de ferramentas fundamentais como a promoción da saúde, prevención e educación da saúde, programación, traballo en equipo e epidemioloxía.

Competencias do título
Código Competencias do título
A12 Intervir nos ámbitos de promoción, prevención, protección e recuperación da saúde.
A13 Saber traballar en equipos profesionais como unidade básica na que se estruturan de forma uni ou multidisciplinar e interdisciplinar os profesionais e demais persoal das organizacións asistenciais.
A14 Incorporar os principios éticos e legais da profesión á práctica profesional así como integrar os aspectos sociais e comunitarios na toma de decisións.
A17 Comprender a importancia de actualizar os coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que integran as competencias profesionais do fisioterapeuta.
A18 Adquirir habilidades de xestión clínica que inclúan o uso eficiente dos recursos sanitarios e desenvolver actividades de planificación, xestión e control nas unidades asistenciais onde se preste atención en fisioterapia e a súa relación con outros servizos sanitarios.
A19 Comunicarse de modo efectivo e claro, tanto de forma oral como escrita, cos usuarios do sistema sanitario así como con outros profesionais.
B1 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero.
C6 Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables.
C9 Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender os conceptos fundamentais da saúde e os seus determinantes, demografía e epidemioloxía e integrar a perspectiva da Saúde Comunitaria e a Saúde Pública nas posibilidades de acción da fisioterapia. A12
A14
A17
B1
B2
B3
C1
C4
Coñecer a clasificación dos estudios epidemiolóxicos e identificar as características proprias de cada tipo de estudio. A12
A14
A17
B5
C1
C4
Identificar a organización social da atención á saúde, particularmente o Sistema Nacional de Saúde, asumindo a función do fisioterapeuta nos seus distintos ámbitos (especialmente desde a Atención Primaria de Saúde), así como desde a iniciativa comunitaria. A12
A14
A17
C1
C4
Adquirir ferramentas comunicacionales, de traballo en equipo, de promoción/educación para a saúde e de planificación e xestión de recursos. A13
A18
A19
B4
C1
C4
C9
Aplicar a perspectiva biopsicosocial e o coñecemento epidemiolóxico, de habilidades comunicacionais, de traballo en equipo e de promoción e educación para a saúde á práctica no eido da fisioterapia A12
A13
A14
A17
A18
A19
B2
B3
B4
B5
C1
C4
C6
C9

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Introducción. Concepto de saúde.
A saúde e os seus determinantes.
Fisioterapia comunitaria e Saúde pública.
Tema 2. Marco conceptual Perspectiva biopsicosicial e as suas implicacións.
Concepto de saúde comunitaria e niveis de acción.
Concepto de Saúde pública e accións. Protección da saúde. Medio ambente e saúde humana.
Niveis de prevención


Tema 3. Epidemioloxía e Demografía sanitaria. Epidemioloxía das enfermedades transmisibles e das patoloxías crónicas. Concepto de demografía. Demografía estátita e dinámica. Axuste de tasas.
Concepto de epidemioloxía. Medidas de frecuencia da enfermedade: incidencia e prevalencia.
Epidemioloxía xeral das enfermedades transmisibles: bases xerais para a súa prevención.
Epidemioloxía general das enfermedades crónicas: dobre carga de enfermedade. Indicadores das enfermedades crónicas. Anos de vida axustados por discapacidade.
Vacinas: Concepto. Clasificación. Composición
Tema 4. Tipos e deseños de estudos epidemiolóxicos
Criterios para a clasificación de estudos epidemiolóxicos.
Estudos de cohortes: risco relativo. Vantaxes e limitacións.
Estudos casos-control: odds ratio. Vantaxes e limitacións.
Estudos para a avaliación de probas diagnósticas: sensibilidade, especificidade e valores predictivos
Tema 5. Organización social da atención á saúde. Modelos de atención sanitaria.
Sistema Nacional de saúde. Atención primaria de saúde e ámbitos de actuación.
Intervención e participación comunitaria. Acción comunitaria.
Tema 6. Metodoloxía de traballo e intervención en fisioterapia comunitaria. Comunicación e traballo en equipo. Concepto de traballo en equipo versus traballo en grupo. Funcionamiento, organización e comunicación.
Promoción da saúde. Educación para a saúde.
Planificación e programación na saúde.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A12 A13 A14 A18 A19 B1 B3 B4 34 34 68
Obradoiro A12 A13 A14 A18 A19 C1 C4 24 30 54
Aprendizaxe colaborativa A12 A13 A14 A17 A18 A19 B2 B5 C1 C4 C6 C9 0 24 24
Proba mixta A12 A13 A14 A18 A19 C1 C6 2 0 2
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introducción dalgunhas perguntas dirixidas aos estudiantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Obradoiro Análise e/ou síntese de documentos, poñendo en práctica os coñecementos traballados nas clases expositivas; así como desenvolvemento das habilidades e estratexias suministradas.
Aprendizaxe colaborativa Desenvolvemento por equipos dun tipo de estudio epidemiolóxico cos seus obxetivos, metodóloxía e análise de datos na parte de saúde pública e desenvolvemento/análise e exposición dun programa de fisioterapia comunitaria, prevención ou promoción da saúde ou, no seu caso dalgunha actividade relacionada.
Proba mixta Exame dos contidos e competencias traballados tanto nas sesións maxistrais (clases expositivas) ce obradoiros (clases prácticas) como na aprendizaxe colaborativa.

Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Descrición
Se realizará un seguimiento do traballo do alumnado por equipos.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A12 A13 A14 A18 A19 C1 C6 Módulo de fisioterapia comunitaria

Exame que poderá constar de preguntas tipo test, preguntas abertas e análise dun texto, co fin de avaliar as competencias deste módulo. Contabilizará ata o 30 % da nota final, sempre e cando se teña superado o módulo de saúde pública.

Módulo de saúde pública

Para avaliar os coñecementos adquiridos na parte da asignatura impartida polo profesor Saleta, os alumnos deberán superar un exame escrito que constará de preguntas tipo test, preguntas cortas e resolución de exercicios que precisarán cálculo. Esta proba equivalerá ata o 40% da nota final, sempre e cando se teña superado o módulo de fisioterapia comunitaria.

Será imprescindible superar cada un dos módulos da asignatura para poder aprobar facendo media co outro módulo.
70
Aprendizaxe colaborativa A12 A13 A14 A17 A18 A19 B2 B5 C1 C4 C6 C9 Módulo de fisioterapia comunitaria

Diseño/análise e exposición dun programa de fisioterapia comunitaria, promoción da saúde ou prevención (ou actividade relacionada), en equipos dunhas 5 persoas. Contabilizará ata un 20% de la nota final.

Módulo de saúde pública

Evaluación dun traballo de investigación que será realizado en grupos de aproximadamente 10 alumnos. Contabilizará ata un 10 % de la nota final.
30
 
Observacións avaliación

Sólo se fará a media si ambos módulos son superados. Para aprobar a
parte da asignatura impartida polo profesor Saleta é imprescindible acudir ás
clases prácticas e participar co resto dos compañeros do grupo na realización
dun traballo de investigación. Se poderá faltar como máximo unha vez ás clases
prácticas e  NON CUMPLIR ESTES REQUISITOS (participar no traballo de
investigación ou faltar máis dunhna vez ás clases prácticas)  SUPORÁ
NON PODER SUPERAR A PARTE  DA ASIGNATURA IMPARTIDA POR ESTE PROFESOR
. Para
as seguintes convocatorias será requisito indispensable presentar un traballo
de investigación realizado de maneira individual, se non ten participado no
traballo de grupo durante o curso. Non cumplir este requisito tambén suporá non
poder superar a parte impartida polo profesor Saleta 

Para a avaliación da materia, se terá en conta que a proba mixta non terá unha porcentaxe inferior ao 70% e a avaliación colaborativa non superará o 30% ainda que por circunstancias concretas externas, poderan haber pequenas modificacións dentro destes límites  que constan na memoria do título.


Fontes de información
Bibliografía básica Argimón Pallás JM, Jiménez Villa J (1997). Diseño de investigaciones en ciencias de la salud. Barcelona: Signo
Sánchez Moreno A et al. (2000). Enfermería comunitaria 1. Concepto de salud y factores que la condicionan. Madrid: McGraw-Hill Interamericana
Sánchez Moreno A et al. (2000). Enfermería comunitaria 3. Actuación en enfermería comunitaria. Sistemas y programas de salud. . Madrid: McGraw-Hill Interamericana
Lemus JD, Aragües y Oroz V, Lucioni MC (2008). Epidemiología y salud comunitaria. Rosario: Corpus
Martínez Rodríguez, A. (2008). Fisioterapia en atención primaria . Madrid: Síntesis
Hernández-Aguado I et al. (2011). Manual de epidemiología y salud pública para grados en ciencias de la salud. Madrid: Editorial Médica Panamericana
Piédrola Gil (2008). Medicina Preventiva y salud pública. Barcelona: Elsevier Masson
Malagón-Londoño G, Moncayo Medina A (2011). Salud pública. Perspectivas. Bogotá:Editorial Médica Panamericana

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
MARCO TEÓRICO DA FISIOTERAPIA E A REHABILITACIÓN FÍSICA/651G01006
PSICOLOXÍA/651G01012
ESTANCIAS CLÍNICAS I/651G01035

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
DOCUMENTACIÓN E ESTADÍSTICA SANITARIA/651G01028
LEXISLACIÓN E ADMINISTRACIÓN SANITARIA/651G01029

Materias que continúan o temario
TRABALLO FIN DE GRAO/651G01034

Observacións

Organizar o traballo para ir xestionando o estudo e posta en marcha das actividades non presenciais ao longo de todo o  cuatrimestre, a fin de facilitar a aprendizaxe e o éxito na avaliación.

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos do Plan Green Campus da Facultade de Fisioterapia, os traballos documentais que se realicen nesta materia poderanse solicitar tanto en formato papel como virtual ou soporte informático. De realizarse en papel, seguiranse na medida do posible as seguintes recomendacións xerais:

- Non se utilizarán plásticos. 

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a realización de borradores.