Identifying Data 2021/22
Subject (*) ULTRASONOGRAPHY IN PHYSIOTHERAPY Code 651G01031
Study programme
Grao en Fisioterapia
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Fourth Optional 6
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinador
Senin Camargo, Francisco José
E-mail
francisco.senin@udc.es
Lecturers
Seijo Ares, Andrea
Senin Camargo, Francisco José
E-mail
a.sares@udc.es
francisco.senin@udc.es
Web http://www.ffisacademica.udc.gal
General description A Ecografía como técnica diagnóstica ocupa un amplo terreo en especialidades médicas como a traumatoloxía, medicina do deporte, medicina laboral ou anestesioloxía. Coa implantación dos avanzados equipos de ultrasonografía, estase a configurar unha nova rama da anatomía músculo-esquelética que é a anatomía ecográfica.

Nesta materia preténdese mostrar a Ecografía, non só como a ferramenta diagnóstica que todos coñecemos, senón como método de estudo dunha anatomía descritiva, topográfica e funcional do sistema músculo-esquelético.

Un coñecemento preciso da anatomía é esencial para o correcto exercicio de todo profesional sanitario. Grazas ás técnicas de imaxe, temos a posibilidade de estudala in vivo e de forma dinámica, especialmente a través da resonancia magnética e a ecografía, e no caso desta última, que se encontra en constante evolución grazas á mellora tecnolóxica, permitíndonos realizar estudos en tempo real.

A Ecografía abre un campo de actuación moi amplo, tanto no ámbito da docencia coma no da investigación, pois ofrece a posibilidade de validar cientificamente os nosos tratamentos, de observar de forma obxectiva a evolución das lesións e de realizar unha análise morfo-funcional do sistema músculo-esquelético.
Contingency plan 1. Modificacións nos contidos
Non se contemplan cambios nos contidos.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesión maxistral: poderá realizarse de forma presencial ou virtual dependendo da evolución da pandemia.
Prácticas de laboratorio: poderá realizarse de forma presencial ou virtual dependendo da evolución da pandemia.
Proba obxectiva: poderá realizarse de forma presencial ou virtual dependendo da evolución da pandemia.

*Metodoloxías docentes que se modifican
Sesión maxistral: realizarase a través das clases expositivas participativas en tempo real a través da ferramenta Microsoft Teams e/ou clases coa presentación audio previas. Se complementan con actividades dirixidas aos estudantes, coa finalidade de facilitar a aprendizaxe e integrar coñecementos.
Prácticas de laboratorio: as demostracións presenciais son substituídas por material visual demostrativo da execución dos procedementos de exploración ecográfica. Da mesma forma, realizaranse conexións en tempo real a través da ferramenta Microsoft Teams para explicar as imaxes e os procedementos de exploración, así como para facer un seguimento das tarefas das/dos estudantes.
Proba obxectiva: é substituída por unha proba escrita realizada a través de Moodle con preguntas abertas de desenvolvemento e/ou preguntas obxectivas tipo test, de resposta breve e/ou de completar.
Proba práctica: substitúese por un traballo tutelado en pequenos grupos o longo do cuadrimestre, seguindo as pautas proporcionadas polo responsable da materia.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
A atención personalizada ao alumnado realizarase a través das seguintes ferramentas:

Microsoft Teams: titorías a demanda do estudantado.
Moodle: para proporcionar todo o material necesario para o desenrolo da docencia. Realización de probas ou resolución de dúbidas a través dos foros.
Correo electrónico: para envío de convocatorias, avisos ou resolución de dúbidas a demanda do/da estudante.

4. Modificacións na avaliación
Avaliación continua 10%
- Asistencia a clases teóricas e prácticas presenciais: actitude, puntualidade, a participación razonada, o traballo en equipo, probas de comprensión, resolución de prácticas e axuda aos compañeiros durante as mesmas, así coma as destrezas e habilidades do/a alumno/a.
- Participación en clases non presenciais a través de Teams.
- Entrega de tarefas non presenciais

Proba obxectiva/escrita 60%
Exame vía Moodle con preguntas abertas de desenvolvemento e/ou preguntas obxectivas tipo test, de resposta breve e/ou de completar.

Traballo tutelado 30%
A avaliación dos contidos prácticos realizarase a través dun traballo en pequenos grupos o longo do cuadrimestre, seguindo as pautas proporcionadas polo responsable da materia.

*Observacións de avaliación:
PROBA OBXECTIVA (60%) - Cualificarase sobre un máximo de 6 puntos. Se no exame obtense unha cualificación inferior ao 50% da puntuación posible, non se engadirá a avaliación continuada nin a cualificación do traballo tutelado, sendo a CUALIFICACIÓN FINAL, suspenso.

TRABALLO TUTELADO (30%) - Cualificarase sobre un máximo de 3 puntos. Se no traballo tutelado obtense unha cualificación inferior ao 50% da puntuación posible, non se engadirá a avaliación continuada nin a proba obxectiva, sendo a CUALIFICACIÓN FINAL, suspenso.

AVALIACIÓN CONTINUADA (10%) - a cualificación da avaliación continuada conservarase únicamente ata a convocatoria de xullo (2ª oportunidade).

Se a cualificación obtida da ponderación de cada parte resulta igual ou superior a 5/10 puntos, pero una das partes non alcanza o mínimo esixido (5/10 puntos), a cualificación final será de suspenso (cunha puntuación de 4,9/10 puntos).

Se o/a estudante consegue superar unha das partes (proba escrita ou traballo tutelado) na 1ª oportunidade (xaneiro), gardarase a cualificación obtida na mesma así como a avaliación continuada só ata a convocatoria de 2ª oportunidade (xuño/xullo).

Para a proba escrita farase a conexión vía Teams 15 ou 20 minutos antes do comezo do exame. Comprobarase a asistencia do alumnado, a posibilidade de conexión, posibles incidencias e dúbidas. Garantizarase que todos e todas poidan realizar a proba.

Si o/a estudante experimentase algunha dificultade técnica para conectarse ao inicio ou durante a proba, terá que comunicalo de forma inmediata ao profesor a través de chamada telefónica a unha extensión habilitada ao efecto. De non facelo a súa cualificación será de non presentado ou suspenso segundo o caso.

A continuación activarase o exame en Moodle con un tempo programado no que o estudantado subirá as respostas.

As/Os alumnas/os de primeira matrícula que non tivesen asistido ás clases e/ou non realizaran ou completaran as actividades de formación continuada presencial ou non presencial esixidas na planificación, serán avaliados a través dunha única proba oral que inclúe contidos teóricos e prácticos (90% da cualificación).

A proba oral realizarase a través da plataforma Microsoft Teams. O/A estudante que vaia a presentarse a dita proba deberá contactar co profesor a través do correo electrónico cun mínimo de 48 horas antes da data na que se programe, co obxectivo de planificar os horarios e facer as probas técnicas pertinentes de cara ao exame.

A avaliación de segunda oportunidade realizarase seguindo os mesmos criterios.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizan modificacións.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Coñecer e comprender a morfoloxía, a fisioloxía, a patoloxía e a conduta das persoas, tanto sas como enfermas, no medio natural e social.
A2 Coñecer e comprender as ciencias, os modelos, as técnicas e os instrumentos sobre os que se fundamenta, articula e desenvolve a fisioterapia.
A5 Valorar o estado funcional do paciente, considerando os aspectos físicos, psicolóxicos e sociais.
A9 Avaliar a evolución dos resultados obtidos co tratamento en relación cos obxectivos marcados.
A17 Comprender a importancia de actualizar os coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que integran as competencias profesionais do fisioterapeuta.
A19 Comunicarse de modo efectivo e claro, tanto de forma oral como escrita, cos usuarios do sistema sanitario así como con outros profesionais.
B1 CB1 - Que los estudiantes hayan demostrado poseer y comprender conocimientos en un área de estudio que parte de la base de la educación secundaria general, y se suele encontrar a un nivel que, si bien se apoya en libros de texto avanzados, incluye también algunos aspectos que implican conocimientos procedentes de la vanguardia de su campo de estudio
B2 CB2 - Que los estudiantes sepan aplicar sus conocimientos a su trabajo o vocación de una forma profesional y posean las competencias que suelen demostrarse por medio de la elaboración y defensa de argumentos y la resolución de problemas dentro de su área de estudio
B3 CB3 - Que los estudiantes tengan la capacidad de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro de su área de estudio) para emitir juicios que incluyan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica o ética
B4 CB4 - Que los estudiantes puedan transmitir información, ideas, problemas y soluciones a un público tanto especializado como no especializado
B5 CB5 - Que los estudiantes hayan desarrollado aquellas habilidades de aprendizaje necesarias para emprender estudios posteriores con un alto grado de autonomía
C6 Acquiring skills for healthy lifestyles, and healthy habits and routines.
C8 Valuing the importance of research, innovation and technological development for the socioeconomic and cultural progress of society.
C9 Ability to manage times and resources: developing plans, prioritizing activities, identifying critical points, establishing goals and accomplishing them.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Coñecer as bases físicas e morfolóxicas que dan lugar ás imaxes ecográficas que se utilizan habitualmente en clínica A2
B1
B2
B3
C8
Coñecer o corpo humano dende outras perspectivas, identificando as diferentes estruturas anatómicas, aproveitándonos para iso dos avances obtidos na imaxe ecográfica A1
B1
B2
B3
Ser capaz de validar as diferentes técnicas terapéuticas, coa axuda dun medio inocuo, intimamente relacionado coa profesión como son os ultrasóns A17
B1
B2
B3
C6
C8
Adquirir ferramentas para valorar a evolución lesional, identificando os cambios experimentados polo tecido, o que permitirá planificar os tratamentos tanto físicos coma manuais, mellorando así o éxito profesional e sanitario A5
A9
B1
B2
B3
C9
Ser capaz de analizar a morfoloxía e funcionalidade do sistema neuro-músculo-esquelético a través da ecografía A5
B1
B2
B3
C6
C8
C9
Potenciar o traballo en equipos multidisciplinares para así poder comunicarse de modo efectivo e claro, tanto oral como escrito, cos seus compañeiros/as, outros profesionais e familiares, nun ámbito sociosanitario. A17
A19
B4
B5
C9

Contents
Topic Sub-topic
1. Bases físicas e morfolóxicas para a interpretación da imaxe ecográfica músculo-esquelética 1.1 Introdución
1.2 Evolución histórica
1.3 Nomenclatura ecográfica
1.4 Composición do ecógrafo
1.5 Tipos de imaxe
1.6 Técnica de exploración
1.7 Artefactos ecográficos
1.8 Vantaxes e inconvenientes
1.9 Perspectivas de futuro
1.10 Efecto Doppler
PRÁCTICA I
2. Ecografía normal do sistema músculo-esquelético ou do aparato locomotor 2.1 Anatomía ecográfica da pel
2.2 Anatomía ecográfica do tecido celular subcutáneo
2.3 Anatomía ecográfica do músculo
2.4 Anatomía ecográfica do tendón
2.5 Anatomía ecográfica do ligamento e cápsula articular
2.6 Anatomía ecográfica da bolsa sinovial
2.7 Anatomía ecográfica do óso
2.8 Anatomía ecográfica da cartilaxe
2.9 Anatomía ecográfica do nervio
2.10 Anatomía ecográfica vascular
PRÁCTICA II
3. Ecografía patolóxica do sistema músculo-esquelético ou do aparato locomotor 3.1 Imaxe patolóxica da pel
3.2 Imaxe patolóxica do tecido celular subcutáneo
3.3 Imaxe patolóxica do músculo
3.4 Imaxe patolóxica do tendón
3.5 Imaxe patolóxica do ligamento e cápsula articular
3.6 Imaxe patolóxica da bolsa sinovial
3.7 Imaxe patolóxica do óso
3.8 Imaxe patolóxica da cartilaxe
3.9 Imaxe patolóxica do nervio
3.10 Imaxe patolóxica vascular
PRÁCTICA III
4. Estudo ecográfico da extremidade superior 4.1 Ecografía do complexo articular do ombreiro
4.2 Outras imaxes ecográficas da extremidade superior
PRÁCTICA IV
5. Estudo ecográfico da extremidade inferior 5.1 Ecografía do complexo articular do xeonllo
5.2 Outras imaxes ecográficas da extremidade inferior
PRÁCTICA V
6. Estudo ecográfico do tronco 6.1 Introdución ao RUSI (Rehabilitative ultrasound imaging)
6.2 Ecografía da musculatura anterolateral do abdome
6.3 Ecografía da musculatura posterior do abdome
6.4 Outras imaxes ecográficas do tronco
PRÁCTICA VI

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A1 A2 A5 A9 A17 A19 B1 B2 B3 B4 B5 C6 C8 C9 18 32 50
Laboratory practice A1 A5 A9 A17 A19 B1 B2 B3 B4 B5 C6 40 55 95
Practical test: A1 A2 A5 A19 2 0 2
Objective test A1 A2 A5 A19 C6 C8 1 0 1
 
Personalized attention 2 0 2
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech A clase maxistral é tamén coñecida como "conferencia", "método expositivo" ou "lección maxistral".

Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Laboratory practice Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.

Levarán a cabo actividades prácticas en íntima relación cos contidos teóricos abordados. Realizaranse en pequenos grupos, esixindo certa preparación fora do horario de clase.

Valórase a asistencia, execución e análise das prácticas programadas.

Para a súa execución, o laboratorio estará equipado cos medios técnicos adecuados.
Practical test: Proba oral/escrita para valorar a destreza práctica do estudantado en diferentes supostos plantexados polo/a profesor/a. Con ela preténdese, así mesmo, valorar a capacidade de razoamento, de crítica, de síntese, de elaboración e de integración adquirida polo/a estudante o longo do curso.
Objective test Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia,... entre outros aspectos.

A proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír cun só tipo dalgunha destas preguntas.

En concreto, na avaliación desta materia empregaranse algún dos seguintes: preguntas test, de resposta breve e/ou de completar.

Personalized attention
Methodologies
Guest lecture / keynote speech
Laboratory practice
Objective test
Practical test:
Description
O obxectivo primordial será orientación, apoio e motivación para facilitar o proceso de aprendizaxe.

Farase preferentemente de forma non presencial (a través do correo electrónico, Microsoft Teams e/ou do campus virtual Moodle) e/ou, excepcionalmente, de forma presencial (directamente na aula e nos momentos que o/a profesor/a ten asignados a tutorías de despacho).

Durante as sesións maxistrais recoméndase a formulación de cuestións por parte dos/das alumnos/as (a "participación" é un elemento a ter en conta durante a avaliación continuada).

Nas prácticas de laboratorio onde se explorarán diferentes rexións anatómicas, é importante expor "in situ" aquelas preguntas ou dúbidas relacionadas con cada un dos apartados programados. Iso contribuirá a reforzar os aspectos técnicos e perceptivos por parte da persoa interesada.

Na preparación do exame recoméndase expor de forma pública, as cuestións xurdidas durante dito proceso, aproveitando o final das sesións maxistrais e/ou prácticas de laboratorio. Igualmente, abriranse diversos foros en moodle para tratar estas dúbidas ou cuestións e que todos/as os/as estudantes poidan beneficiarse das achegas dos/as seus/súas compañeiros/as.

Por tanto, a atención personalizada está orientada a axudar ao alumnado na clarificación de conceptos interrelacionados, resolución de dúbidas e adquirir unha visión integrada deste corpo de coñecementos.

Ademais, ten o obxectivo de orientar ao estudantado na procura e interpretación das fontes bibliográficas.




Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Laboratory practice A1 A5 A9 A17 A19 B1 B2 B3 B4 B5 C6 Dentro da avaliación continuada da materia, valorarase a asistencia, puntualidade, actitude, participación razoada, traballo en equipo, resolución de prácticas e axuda as/aos compañeiras/os durante as mesmas. 5
Objective test A1 A2 A5 A19 C6 C8 Exame final teórico de todos os contidos da materia, que inclúen os tratados nas sesións maxistrais e prácticas. O tipo de exame será de exposición escrita podendo incluír preguntas tipo test, preguntas de resposta breve e/ou de completar.


70
Practical test: A1 A2 A5 A19 Para a avaliación dos contidos prácticos, cada estudante poderá elixir entre a elaboración dun traballo en pequenos grupos o longo do cuadrimestre, seguindo as pautas proporcionadas polo responsable da materia, ou ben a realización dunha proba práctica onde levará a cabo 2 exploracións ecográficas nun compañeiro/a. 25
 
Assessment comments

CUALIFICACIÓN DA MATERIA:  

PROBA OBXECTIVA  (70%) - Cualificarase sobre un máximo de 7 puntos. Se no exame obtense unha cualificación inferior ao 50% da puntuación posible, non se engadirá a avaliación continuada nin a proba práctica, sendo a CUALIFICACIÓN FINAL, suspenso.

PROBA PRÁCTICA  (25%) - Cualificarase sobre un máximo de 2.5 puntos. Se na proba obtense unha cualificación inferior ao 50% da puntuación posible, non se engadirá a avaliación continuada nin a proba obxectiva, sendo a CUALIFICACIÓN FINAL, suspenso.

AVALIACIÓN CONTINUADA (5%) - a cualificación da avaliación continuada conservarase únicamente ata a convocatoria de xullo (2ª oportunidade). 

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación
implicará directamente a nota de suspenso na materia da correspondente
convocatoria, invalidando así calquera nota obtida en todas as actividades de
avaliación para as seguintes convocatorias.

As porcentaxes asignadas a cada proba poden sufrir pequenas modificacións dun curso a outro en función das necesidades da materia; no entanto, o valor do exame (teórico e práctico) nunca será inferior ao 70% da nota final e o valor da avaliación continuada nunca será superior ao 30%. 



Sources of information
Basic J.J. Martínez Payá (2008). Anatomía Ecográfica del hombro. Herramienta de prevención, diagnóstico, investigación y validación de técnicas terapéuticas. Madrid: Panamericana
Robert F. Dondelinger (1997). Atlas de ecografía musculoesquelética. Madrid: Marban
Matthias Hofer (2004). Curso básico de ecografía. Madrid: Panamericana
Jiménez Díaz, José Fernando (2007). Ecografía del Aparato Locomotor. Madrid: Marbán
J.L. Brasseur, M. Tardieu (2001). Ecografía del sistema locomotor. Barcelona: Masson
Ramon Balius Matas, J. Fernando Jiménez Díaz (2015). Ecografía intervencionista en traumatología del deporte . Madrid : Panamericana
R. Balius Matas, M. Rius, A. Combalía (2004). Ecografía muscular de la extremidad inferior. Barcelona: Masson
R. Balius, X. Sala, G. Álvarez (2007). Ecografía musculoesquelética. Barcelona: Paidotribo
van Holsbeeck, Introcaso (2006). Ecografía musculoesquelética. Madrid: Marbán
Pablo Barceló Galíndez, Íñigo Iriarte Posse (2015). Ecografía musculoesquelética : Atlas ilustrado . Madrid : Panamericana
A. Bueno Horcajadas, J.L. Del Cura Rodríguez (2011). Ecografía músculoesquelética esencial. Madrid Panamericana
G. Schmidt (2008). Ecografía. De la imagen al diagnóstico. Madrid Panamericana
Fermín Valera Garrido, Francisco Minaya Muñoz (2017). Fisioterapia Invasiva. Barcelona: Elsevier
Berthold Block (2004). Guía ecográfica. Pequeño atlas de diagnóstico ecográfico. Madrid: Panamericana
Gina M. Allen, David J. Wilson (2018). Infiltraciones musculoesqueléticas guiadas por ecografía. Barcelona : Elsevier
Ventura Ríos, Lucio (2010). Manual de ecografía musculoesquelética. Madrid: Panamericana
R. Balius Matas (2005). Patología muscular en el deporte. Barcelona: Masson

Complementary Jesús Seco Calvo (). Fisioterapia en Especialidades Clínicas. Madrid: Panamericana
Jesús Seco Calvo (2016). Métodos Específicos de Intervención en Fisioterapia. Madrid: Panamericana


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
ANATOMY I AND HISTOLOGY/651G01001
ANATOMY II/651G01002
THEORICAL FRAMEWORK OF PHYSIOTHERAPY AND PHYSICAL REHABILITATION/651G01006
FUNCTIONAL AND PSYCHOSOCIAL ASSESSMENT/651G01007
GENERAL PHYSIOTHERAPY/651G01008
CLINICAL TRAINING I/651G01035

Subjects that are recommended to be taken simultaneously
MEDICAL AND SURGICAL PATHOLOGY II/651G01018
CLINICAL TRAINING II/651G01036

Subjects that continue the syllabus
FINAL DISSERTATION/651G01034
CLINICAL TRAINING II/651G01036

Other comments
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos do Plan Green Campus da Facultade de Fisioterapia, os traballos documentais que se realicen nesta materia poderanse solicitar tanto en formato papel como virtual ou soporte informático. De realizarse en papel, seguiranse na medida do posible as seguintes recomendacións xerais:
- Non se utilizarán plásticos. 
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitarase a realización de borradores.


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.