Study programme competencies |
Code
|
Study programme competences / results
|
A1 |
Coñecer e comprender a morfoloxía, a fisioloxía, a patoloxía e a conduta das persoas, tanto sas como enfermas, no medio natural e social. |
A2 |
Coñecer e comprender as ciencias, os modelos, as técnicas e os instrumentos sobre os que se fundamenta, articula e desenvolve a fisioterapia. |
A3 |
Coñecer e comprender os métodos, procedementos e actuacións fisioterapéuticas, encamiñados tanto á terapéutica propiamente dita a aplicar na clínica para a reeducación ou recuperación funcional, como á realización de actividades dirixidas á promoción e mantemento da saúde. |
A4 |
Adquirir a experiencia clínica adecuada que proporcione habilidades intelectuais e destrezas técnicas e manuais; que facilite a incorporación de valores éticos e profesionais; e que desenvolva a capacidade de integración dos coñecementos adquiridos; de forma que, ao termo dos estudos, os estudantes saiban aplicalos tanto a casos clínicos concretos no medio hospitalario e extrahospitalario, como a actuacións na atención primaria e comunitaria. |
A5 |
Valorar o estado funcional do paciente, considerando os aspectos físicos, psicolóxicos e sociais. |
A6 |
Valoración diagnóstica de coidados de fisioterapia segundo as normas e cos instrumentos de validación recoñecidos internacionalmente. |
A7 |
Deseñar o plan de intervención de fisioterapia atendendo a criterios de adecuación, validez e eficiencia. |
A8 |
Executar, dirixir e coordinar o plan de intervención de fisioterapia, utilizando as ferramentas terapéuticas propias e atendendo á individualidade do usuario. |
A9 |
Avaliar a evolución dos resultados obtidos co tratamento en relación cos obxectivos marcados. |
A10 |
Elaborar o informe de alta dos coidados de fisioterapia unha vez cubertos os obxectivos propostos. |
A11 |
Proporcionar unha atención de fisioterapia eficaz, outorgando unha asistencia integral aos pacientes. |
A12 |
Intervir nos ámbitos de promoción, prevención, protección e recuperación da saúde. |
A13 |
Saber traballar en equipos profesionais como unidade básica na que se estruturan de forma uni ou multidisciplinar e interdisciplinar os profesionais e demais persoal das organizacións asistenciais. |
A14 |
Incorporar os principios éticos e legais da profesión á práctica profesional así como integrar os aspectos sociais e comunitarios na toma de decisións. |
A15 |
Participar na elaboración de protocolos asistenciais de fisioterapia baseada na evidencia científica, fomentando actividades profesionais que dinamicen a investigación en fisioterapia. |
A16 |
Levar a cabo as intervencións fisioterapéuticas baseándose na atención integral da saúde que supón a cooperación multiprofesional, a integración dos procesos e a continuidade asistencial. |
A17 |
Comprender a importancia de actualizar os coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que integran as competencias profesionais do fisioterapeuta. |
A19 |
Comunicarse de modo efectivo e claro, tanto de forma oral como escrita, cos usuarios do sistema sanitario así como con outros profesionais. |
B1 |
CB1 - Que los estudiantes hayan demostrado poseer y comprender conocimientos en un área de estudio que parte de la base de la educación secundaria general, y se suele encontrar a un nivel que, si bien se apoya en libros de texto avanzados, incluye también algunos aspectos que implican conocimientos procedentes de la vanguardia de su campo de estudio |
B2 |
CB2 - Que los estudiantes sepan aplicar sus conocimientos a su trabajo o vocación de una forma profesional y posean las competencias que suelen demostrarse por medio de la elaboración y defensa de argumentos y la resolución de problemas dentro de su área de estudio |
B3 |
CB3 - Que los estudiantes tengan la capacidad de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro de su área de estudio) para emitir juicios que incluyan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica o ética |
B4 |
CB4 - Que los estudiantes puedan transmitir información, ideas, problemas y soluciones a un público tanto especializado como no especializado |
B5 |
CB5 - Que los estudiantes hayan desarrollado aquellas habilidades de aprendizaje necesarias para emprender estudios posteriores con un alto grado de autonomía |
C1 |
Adequate oral and written expression in the official languages. |
C3 |
Using ICT in working contexts and lifelong learning. |
C6 |
Acquiring skills for healthy lifestyles, and healthy habits and routines. |
C7 |
Developing the ability to work in interdisciplinary or transdisciplinary teams in order to offer proposals that can contribute to a sustainable environmental, economic, political and social development. |
C8 |
Valuing the importance of research, innovation and technological development for the socioeconomic and cultural progress of society. |
C9 |
Ability to manage times and resources: developing plans, prioritizing activities, identifying critical points, establishing goals and accomplishing them. |
Learning aims |
Learning outcomes |
Study programme competences / results |
Adquirir a experiencia clínica adecuada para proporcionar habilidades intelectuais e destrezas técnicas e manuais; susceptibles de ser aplicadas tanto en casos clínicos concretos no medio hospitalario e extrahospitalario, como en actuacións de atención primaria e comunitaria. |
A1 A2 A3 A4 A19
|
B1 B2 B3 B4
|
C1 C6 C7 C9
|
Iniciar o Razoamento Clínico, é dicir, o método a través do cal cada estudante será capaz de:
- formular o diagnóstico de Fisioterapia, unha vez identificados os problemas do usuario considerando os aspectos físicos, psicolóxicos e sociais
- planificar e deseñar o programa de intervención clínica
- executar a terapéutica atendendo a criterios de adecuación, validez e eficiencia, proporcionando unha asistencia integral aos usuarios
- avaliar os resultados obtidos co tratamento en relación cos obxectivos marcados
- elaborar un informe de alta de Fisioterapia unha vez cubertos os obxectivos propostos, proporcionando pautas e recomendacións domiciliarias |
A1 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A15 A16 A17
|
B1 B2 B3 B4
|
C3 C6 C7 C9
|
Adquirir as habilidades comunicativas, psicosociais e técnicas, así como saber comportarse con rigor e deontoloxía profesional. Incorporar os principios éticos e coñecementos legais da Fisioterapia, para o exercicio práctico profesional. Potenciar o traballo en equipos interdisciplinares para así poder comunicarse de modo efectivo e claro, tanto de forma oral como escrita, con usuarios e os seus familiares, compañeiros e demais profesionais dentro do ámbito sociosanitario. |
A13 A14 A19
|
B4
|
C1 C7
|
Fomentar a importancia da investigación e a procura de información actualizada para o desenvolvemento profesional no ámbito da Fisioterapia. |
|
B5
|
C3 C6 C7 C8 C9
|
Contents |
Topic |
Sub-topic |
MÓDULO I: Rehabilitación Respiratoria e cardiovascular
|
Estudo da historia clínica e posterior valoración fisioterápica do paciente respiratorio: análise dos signos e síntomas, patrón ventilatorio, espirometría, probas funcionais, test simples de tolerancia o esforzo, análise gasométrico e/o pulsioximétrico, análise dos ruídos pulmonares (auscultación, percusión), e establecemento do patrón ventilatorio dominante (obstructivo vs restritivo).
Elaboración da historia de Fisioterapia.
Aplicación dun protocolo de permeabilización bronquial baseado no uso das ondas de choque, variacións do fluxo aéreo, presión espiratoria positiva e aerosolterapia.
Aplicación dun protocolo de cinesiterapia respiratoria no enfermo cirúrxico restritivo.
Indicación dos diferentes sistemas de espirometría.
Fisioterapia no paciente amputado de orixe vascular, traumático, oncolóxico, e outros procesos cardiovasculares.
Preparación do muñón para a protetización.
Reeducación da marcha e actividades da vida diaria.
Valoración do linfedema. Tipos de linfedema.
Drenaxe linfático manual e presoterapia secuencial intermitente.
Vendaxe multicapa.
|
MÓDULO II: Fisioterapia do sistema nervioso central e periférico
|
Fisioterapia Neurolóxica:
Análise do movemento normal. Mecanismo de Control Postural.
Elaboración da historia e valoración neurolóxica.
Tratamento postural nun enfermo con afectación do SNC
Técnicas de fisioterapia en enfermos con afectación do SNC.
Síndrome do ombreiro doloroso en enfermos hemipléxicos.
Tipos de marcha. Reeducación da marcha.
Fisioterapia nas lesións do sistema nervioso periférico:
Nervios raquídeos ou espinais: patoloxías de maior prevalencia.
Síndromes radiculares compresivos .
Síndromes compartimentais do membro superior e inferior.
Neuropatías periféricas.
Polineuritis desmielizante: Guillain-Barré.
Neuropatías axonales: metabólicas, carenciales, vasculares.
Síndromes de compresión dos pares craniais. |
MÓDULO III: Fisioterapia en Atención primaria e comunitaria
|
Papel do fisioterapeuta no ámbito da atención primaria e comunitaria.
Valoración funcional e psicosocial.
Definición dos obxectivos da saúde a nivel individual, grupal e comunitario, de cara á mellora da funcionalidade e da calidade.
Planificación e desenvolvemento de actividades grupales e individuais de tipo ambulatorio e comunitario con fins preventivos e/ou terapéuticos. |
MÓDULO IV: Fisioterapia da actividade física e deportiva
|
Papel do fisioterapeuta no ámbito do deporte.
Fisioterapia en patoloxía deportiva do membro inferior e superior.
Fisioterapia en patoloxía deportiva de raquis e pelvis.
Prescripción do exercicio terapéutico adaptado a práctica deportiva.
|
MÓDULO V: Fisioterapia nas discapacidades asociadas o envellecemento e outras situacións de dependencia
|
Fisioterapia nos maiores.
Valoración integral do adulto maior e identificación dos problemas principais.
Abordaxe por sistemas. Pluripatoloxía.
Definición de obxectivos a curto prazo a nivel individual e grupal, con fins preventivos e/ou terapéuticos dirixidos a poboación maior.
Elaboración e execución do plan de intervención preventivo/terapéutico individual o grupal.
Abordaxe do adulto maior nun programa de revitalización.
Valoración da discapacidade e dependencia asociada a diferentes situacións clínicas.
Aplicación do baremo de valoración da dependencia (BVD) e a escala de valoración específica (EVE). |
MÓDULO VI: Exercicio terapéutico e Fisioterapia nas alteracións do aparato locomotor
|
Fisioterapia en reumatoloxía, traumatoloxía e outras alteracións do aparello locomotor.
Identificación das principais probas de valoración da dor, da incapacidade funcional e da exploración física. Aplicación a un caso clínico.
Identificación dos principais obxectivos do exercicio terapéutico en enfermos con dor mecánica e/ou con alteracións da estática do sistema músculo-esquelético.
Aplicación grupal das diferentes modalidades de exercicio terapéutico. |
MÓDULO VII: Fisioterapia Pediátrica
|
Fisioterapia nos procesos, tanto conxénitos como adquiridos, relacionados cos problemas neurolóxicos, respiratorios, reumatolóxicos, ortopédicos, xenéticos e/ou circulatorios.
Fisioterapia no cólico do lactante.
|
Planning |
Methodologies / tests |
Competencies / Results |
Teaching hours (in-person & virtual) |
Student’s personal work hours |
Total hours |
Seminar |
A14 A17 A19 C1 C3 C6 C7 C8 |
8 |
0 |
8 |
Clinical practice placement |
A19 A17 A16 A15 A14 A13 A12 A11 A10 A9 A8 A7 A6 A5 A4 A3 A2 A1 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C3 C6 C7 C8 C9 |
222 |
58 |
280 |
Clinical test: |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A11 A12 A13 A14 A16 A19 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C9 |
10 |
0 |
10 |
|
Personalized attention |
|
2 |
0 |
2 |
|
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students. |
Methodologies |
Methodologies |
Description |
Seminar |
Ao comezo da materia realizaranse uns seminarios presenciais en grupo-clase para introducir ao estudante no ámbito clínico; onde ademais exporanse por parte dos coordinadores da materia os contidos xerais, comúns a todas as unidades docente-asistenciais. |
Clinical practice placement |
Correspóndese coa clase clínica: o profesor transmite os seus coñecementos e as destrezas clínicas ao estudante en experiencias reais, co obxectivo de garantir que os discentes adquiran a necesaria competencia clínica, que se inicia en terceiro curso e compleméntase no cuarto curso.
Dentro das prácticas clínicas, cada estudante terá que elaborar un portafolio relacionado coa súa aprendizaxe clínica, que engloba todo o material que o alumno acumula froito das tutorías, sesións clínicas, seminarios formativos, lecturas, procuras bibliográficas e historias clínicas. |
Clinical test: |
Proba que se realiza á cabeceira do paciente/usuario, isto é nun escenario clínico real, co fin de avaliar as competencias adquiridas durante o desempeño clínico.
A avaliación realizarase atendendo aos seguintes criterios:
- Capacidade para valorar ao usuario/a, establecer o diagnóstico de Fisioterapia, perfilar os obxectivos e deseñar o plan de intervención.
- Capacidade de razoamento clínico, grao de interrelación teórico-práctica e de resolución de novos problemas.
- Destrezas e habilidades adquiridas durante o desempeño clínico.
- Actitude ante o caso/situación ou problema exposto.
|
Personalized attention |
Methodologies
|
Clinical test: |
Seminar |
Clinical practice placement |
|
Description |
O obxectivo primordial será orientación, apoio e motivación para facilitar o proceso de aprendizaxe.
Farase de forma presencial (directamente na clínica e nos momentos que o profesor ten asignados a tutorías de despacho) e/ou de forma non presencial (a través de correo electrónico ou do campus virtual).
Durante as sesións clínicas recoméndase a formulación de cuestións por parte dos alumnos/as (a participación é un elemento a ter en conta durante a avaliación continuada).
Abriranse diversos foros en moodle para tratar as dúbidas e outras cuestións, para que todos os estudantes poidan beneficiarse das achegas dos seus compañeiros.
Por tanto, a atención personalizada está orientada a axudar ao alumno na clarificación de conceptos interrelacionados, resolución de dúbidas e adquirir unha visión integrada deste corpo de coñecementos.
Ademais, ten o obxectivo de orientar ao estudante na procura e interpretación das fontes bibliográficas.
|
|
Assessment |
Methodologies
|
Competencies / Results |
Description
|
Qualification
|
Clinical test: |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A11 A12 A13 A14 A16 A19 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C9 |
Proba que se realiza á cabeceira do doente, na que o alumno reproduce de forma práctica a actuación clínica necesaria para realizar un diagnóstico ou tratamento específico en relación ao proceso funcional que presente o doente.
Valorarase a integración dos coñecementos e o proceso de organización dos mesmos, a relación teoría-práctica, a resolución de novos problemas, as destrezas e actitudes. |
50 |
Clinical practice placement |
A19 A17 A16 A15 A14 A13 A12 A11 A10 A9 A8 A7 A6 A5 A4 A3 A2 A1 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C3 C6 C7 C8 C9 |
Valorarase o coñecemento dos métodos, procedementos e actuacións fisioterápicas, así mesmo os coñecementos aplicados á práctica clínica: habilidades intelectuais, aptitudes, destrezas e habilidades técnicas e manuais.
Portafolio/Caderno de prácticas clínicas: engloba o diverso material que o alumno elabora froito das tutorías, sesións clínicas, seminarios formativos, lecturas, procuras bibliográficas e historias clínicas dos pacientes.
No entanto, dentro da avaliación continuada da materia, valorarase tamén a asistencia, puntualidade, actitude, participación razoada, traballo en equipo, resolución de casos e axuda aos compañeiros durante as prácticas. |
50 |
|
Assessment comments |
A asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria para segurar a completa adquisición das competencias da materia. As ausencias puntuais e xustificadas terán que recuperarse nos termos indicados polo responsable da unidade e/ou coordinación da materia. As ausencias non xustificadas non son recuperables. CUALIFICACIÓN DÁ MATERIA: A cualificación da materia será a media obtida da suma das cualificacións de cada unha das unidades docente-asistenciais. Para superar a materia, a NOTA obtida deberá ser igual ou superior ao 50% da puntuación posible. Se presenta máis de 2 unidades docente-asistenciais con cualificacións inferiores ao 50% da puntuación posible, non se calculará a media, e a cualificación final será de suspenso. A cualificación de cada unidade docente-asistencial virá determinada da seguinte maneira: - 50% Avaliación continuada: a cualificación da avaliación continuada gardarase exclusivamente ata a convocatoria de 2ª oportunidade (xullo). - 50% Proba clínica. Se a cualificación obtida na proba clínica é inferior o 50% da puntuación posible, non se calculará a media coa avaliación continuada e a cualificación final da unidade docente-asistencial será de suspenso. As porcentaxes asignadas a cada metodoloxía poden sufrir pequenas modificacións dun curso a outro en función das necesidades da materia; non obstante, o valor da proba clínica nunca será inferior ao 50% da nota final e o valor da avaliación continuada nunca será superior ao 50%.
|
Sources of information |
Basic
|
Jesús Seco Calvo (2016). Específicos de Intervención en Fisioterapia. Madrid: Panamericana
Martín Zurro A, Cano Pérez JF. (). Atención Primaria. Conceptos, organización y práctica clínica.. Madrid: Ediciones Doyma
Costa M, López E. (1998). Educación para la Salud. Una estrategia para cambiar los estilos de vida.. Madrid: Pirámide
Paeth, B (2006). Experiencias con el concepto Bobath. Fundamentos, tratamientos y casos. . 2ª Ed Madrid: Panamericana
Kolt, Gregory S., Snyder-Mackler L (2004). Fisioterapia del deporte y ejercicio físico. . Madrid: Elsevier
Martínez A (coord.). (2008). Fisioterapia en atención primaria. Madrid: Síntesis
Jesús Seco Calvo (2016). Fisioterapia en Especialidades Clínicas. . Madrid: Panamericana
Stokes, M (2006). Fisioterapia en la rehabilitación neurológica. Madrid 2ª Ed Elsevier
Meliá Oliva, José Francisco y Valls Barberá, Manuel A. (1998). Fisioterapia en las lesiones del sistema nervioso periférico. . Ed Sintesis
Alegre Alonso C. (2001). Fisioterapia en Reumatología. Madrid: Ed. Asetip SL
Antonello M. (2002). Fisioterapia respiratoria. Del diagnostico al proyecto terapéutico. Madrid: ED Medica panamericana
Jull et al. (2009). Latigazo cervical, cefalea y dolor en el cuello. . Amsterdam:Ed. Elsevier
Stanitski, Carl. L. (2004). Lesiones deportivas en la edad escolar.. The orthopedic clinics of north América (Edicion española). Madrid: Panamericana
Bahr, R., Maehlum, S (2007). Lesiones deportivas.Diagnostico, tratamiento y rehabilitación.. Madrid: Panamerican
Barral, Jean-Pierre (2009). Manipulaciones de los nervios periféricos. Elsevier: Masson
Snell (2006). Neuroanatomía clínica. 6ª Ed., Madrid: Lippincott William & Wilkins-Panamerican S.A.
Giménez M.,Vergara P. (2001). Prevención y Rehabilitación en Patología Respiratoria Crónica. Fisioterapia , entrenamiento y cuidados respiratorios. . Madrid: Ed.Medica Panamericana
Greenman P. (2005). Principios y Práctica de la Medicina Manual. Buenos Aires: 3ª Ed Medica Panamericana
David, Carol. LLoyd BA, Jill. (2000). Rehabilitación Reumatológica. Madrid – España: Harcourt,. S.A
Juan Carlos Duró Pujol (2010). Reumatología clínica. Barcelona: Ed Elsevier
Harvey, (2010). Tratamiento de la lesión medular. Guía para fisioterapeutas. . Barcelona: Elsevier |
|
Complementary
|
|
|
Recommendations |
Subjects that it is recommended to have taken before |
ANATOMY I AND HISTOLOGY/651G01001 | ANATOMY II/651G01002 | GENERAL KINESIOTHERAPY/651G01005 | FUNCTIONAL AND PSYCHOSOCIAL ASSESSMENT/651G01007 | GENERAL PHYSIOTHERAPY/651G01008 | BIOMECHANICS/651G01009 | MEDICAL AND SURGICAL PATHOLOGY I/651G01011 | KINESIOTHERAPY: BASES OF THERAPEUTIC EXERCISE BASES/651G01013 | MANUAL AND OSTHEOPATHIC PHYSIOTHERAPY I/651G01014 | PHYSIOTHERAPY FOR STATIC AND DYNAMIC CONDITIONS IN THE VERTEBRAL COLUMN/651G01015 | NEUROLOGICAL AND PSYCHOMOTOR PHYSIOTHERAPY/651G01016 | RESPIRATORY PHYSIOTHERAPY PHISICAL THERAPY/651G01017 |
|
Subjects that are recommended to be taken simultaneously |
MEDICAL AND SURGICAL PATHOLOGY II/651G01018 | MANUAL AND OSTHEOPATHIC PHYSIOTHERAPY II/651G01019 | CARDIAC, RESPIRATORY AND VASCULAR REHABILITATION/651G01020 | PHYSIOTHERAPY FOR NEUROLOGICAL IMPAIRMENTS AND OLD AGE/651G01021 | PHYSIOTHERAPY FOR MUSCULOSKELETAL DISORDERS/651G01024 |
|
Subjects that continue the syllabus |
CLINICAL TRAINING II/651G01036 |
|
Other comments |
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos do Plan Green Campus da Facultade de Fisioterapia, os traballos documentais que se realicen nesta materia poderanse solicitar tanto en formato papel como virtual ou soporte informático. De realizarse en papel, seguiranse na medida do posible as seguintes recomendacións xerais: - Non se utilizarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a realización de borradores. |
|