Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Novas Tecnoloxías Aplicadas a Educación Código 652111303
Titulación
Mestre: Especialidade en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
1º e 2º Ciclo Anual
Terceiro Troncal 3.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web http://campusvirtual.udc.es/moodle
Descrición xeral A materia de Novas tecnoloxías aplicadas á educación forma parte do plan de estudios da diplomatura de Mestre especialista en Educación Infantil. Impártese no último curso e é unha materia troncal de 4 créditos, 3 teóricos e 1 práctico, o que equivale no Sistema Europeo de Transferencia de Créditos a aproximadamente 3.5 créditos que representan o redor de 87 horas de traballo do estudante.

Os descritores desta materia son os seguintes: Recursos didácticos e novas tecnoloxías: utilización nas súas distintas aplicacións didácticas, organizativas e administrativas. Utilización dos principais instrumentos informáticos e audiovisuais.

Os estudios conducentes ao título de Mestre especialista en Educación Infantil teñen como principal fin dotar aos futuros mestres das competencias necesarias para desenvolver a actividade docente nos niveis educativos de 0 a 6 anos. Entre as funcións centrais na actividade docente está o deseño e desenvolvemento dun curriculum que permita o desenrolo integral dos nenos e nenas das etapas da Educación Infantil e que responda a unha serie de principios xerais relacionados cunha educación democrática, inclusiva e preocupada pola xustiza social. Como elementos clave do curriculum sobre o que o futuro mestre deberá tomar decisións están os medios e recursos didácticos que permitirán o traballo dos contidos do curriculum e contribuirán a consecución dos fins educativos buscados.

A materia de Novas tecnoloxías aplicadas á educación dotará os futuros mestres coas competencias necesarias para poder analizar, avaliar, seleccionar, utilizar e crear recursos baseados nas tecnoloxías da información e da comunicación.

Na sociedade actual, definida como sociedade da información, a xeración, procesamento, manipulación e transmisión de información grazas as TIC son agora as actividades centrais e as principais fonte de produtividade e poder. A escola debe responder aos avances tecnolóxicos tendo en conta que a mera introdución das novas tecnoloxías no curriculum non implica a mellora da calidade da educación, sendo posible seguir reproducindo formas tradicionais de ensinanza pero con novos medios. É por isto necesario unha reflexión previa sobre os fins buscados, os cales deberán encamiñarse a formar a futuros cidadáns con capacidade para analizar de forma crítica a información transmitida a través das TIC, con capacidade para crear información mediante as TIC, con capacidade para aprender a aprender e comprometidos coa defensa da xustiza social.

Dende unha postura crítica ante as novas tecnoloxías o docente deberá, por unha banda, guiar o estudante na súa construción do coñecemento, contribuíndo a súa vez a que se converta en intérprete crítico dese coñecemento. Ademais o docente deberá ser consciente da non neutralidade da tecnoloxía e dos intereses que se atopan tras todo avance tecnolóxico, analizando o papel das novas tecnoloxías no aumento ou diminución das desigualdades sociais, etc. Por outra banda o docente deberá utilizar estes recursos tecnolóxicos para favorecer a investigación da súa propia práctica levando a cabo procesos de investigación-acción que favorezan a mellora da súa labor docente.

A materia de Novas tecnoloxías aplicadas á educación asignada a área de Didáctica e Organización escolar se relaciona con outras materias do plan de estudios da diplomatura de Mestre especialista en Educación Infantil como poden ser Didáctica Xeral, Socioloxía da Educación, Teorías e institucións contemporáneas de educación ou Organización escolar.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Capacidade para comprender a complexidade dos procesos educativos en xeral e dos procesos de ensino-aprendizaxe en particular (fins e funcións da educación e do sistema educativo, teorías do desenvolvemento e da aprendizaxe, o contorno cultural e social e o ámbito institucional e organizativo da escola, o deseño e desenvolvemento do currículo, o rol docente...).
A4 Deseñar e desenvolver proxectos educativos e unidades de programación que permitan adaptar o currículo ao contexto sociocultural.
A7 Preparar, seleccionar, construír e empregar materiais didácticos, incorporando axeitadamente as TIC.
A9 Realizar actividades educativas de apoio no marco dunha educación inclusiva.
A11 Participar en proxectos de innovación relacionados co ensino e aprendizaxe que permitan introducir propostas encamiñadas á mellora da calidade educativa.
A15 Asumir a dimensión ética da profesión, potenciando no alumnado unha actitude de cidadanía crítica e responsable.
A34 Ser quen de crear, seleccionar e avaliar materiais curriculares destinados á promoción da aprendizaxe a través de actividades adaptadas ao alumnado destas idades.
A38 Deseñar, aplicar e avaliar actividades, materiais e outros recursos que fomenten a creatividade infantil.
A46 Fomentar á iniciación no emprego das TIC.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas e tomar decisións de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo.
B10 Capacidade de análise e síntese.
B11 Capacidade de búsqueda e manexo de información.
B12 Capacidade de organización e planificación.
B14 Capacidade para detectar as súas propias necesidades de aprendizaxe ao longo da vida.
B16 Capacidade para integrarse e comunicarse con expertos noutras áreas e en contextos diferentes.
B22 Creatividade ou capacidade para pensar as cousas desde diferentes perspectivas, ofrecendo novas solucións aos problemas.
B25 Utilización das TIC no ámbito de estudo e do contexto profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Capacidade para comprender e analizar de forma crítica o papel das TIC na sociedade e na educación desenvolvendo un compromiso ético co papel liberador das novas tecnoloxías fronte o seu posible papel opresor. A7
A15
A46
B3
B6
B10
B25
C3
C6
C8
Capacidade para preparar, seleccionar, avaliar, crear e construír materiais didácticos coas TIC para o traballo das distintas áreas do curriculum da Educación Infantil e tendo en conta principios educativos como a educación democrática e inclusiva e a preocupación pola xustiza social. A7
A9
A15
A34
A38
A46
B5
B7
B11
B12
B22
B25
C1
C3
Capacidade de emprego das TIC como ferramentas que, adecuadamente integradas no curriculum, poden contribuir a mellora da formación docente, da calidade do ensino nos niveis da educación infantil e que poden favorecer os procesos de construcción do coñecemento por parte dos estudantes. A1
A4
A7
A11
A46
B1
B2
B3
B14
B16
B25
C7

Contidos
Temas Subtemas
Sociedade e TIC: o papel das TIC na sociedade da información Concepto e características das TIC. Mitos asociados as TIC. Sociedade da información. Papel das novas TIC na globalización económica, política e cultural. Neoliberalismo. Pensamento único. Corporacións no sector das TIC. TIC como producto de mercado. Desigualdades sociais e fenda dixital. Papel liberador ou opresor das TIC.
TIC e educación: a integración das TIC no curriculum e na escola. Enfoques do curriculum e integración das TIC. Modelos de comunicación e integración das TIC. Posturas do docente ante as TIC. Papel do docente na sociedade da información. Propostas oficiais de integración das TIC na escola. Proxectos nacionais e internacionais de traballo educativo coas TIC. Integración das TIC como recurso educativo, obxecto de estudio e axente educativo. TIC e educación democrática e inclusiva.
Recursos multimedia e educación Os códigos audiovisuais e multimedia. Propostas para a análise crítico, selección, avaliación e utilización curricular de recursos multimedia elaborados con fins educativos e non educativos para o traballo no campo da educación infantil. Análise crítico de software educativo e comercial para á educación infantil e valoración das súas posibilidades educativas. Creación dun recurso interactivo, multimedia e/ou na rede para o traballo de distintos contidos da educación infantil utilizando programas de software gratuito e ferramentas de autor elaboradas con fins educativos, utilizando recursos da rede e utilizando a pizarra dixital interactiva.
Internet e educación. Análise, selección, avaliación e utilización dos distintos recursos, aplicacións e servicios da rede de comunicación de Internet e investigación crítica das súas posibilidades para a mellora dos procesos de ensinanza e aprendizaxe na educación infantil e a investigación e mellora da propia práctica docente. Acercamento á web 2.0, análise das súas posibilidades educativas e creación de recursos na rede. Aproximación á teleformación, aos entornos virtuais de aprendizaxe e as redes sociais como recursos para a investigación e mellora da propia práctica docente.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba de resposta breve 2 4 6
Actividades iniciais 2 0 2
Análise de fontes documentais 4 8 12
Discusión dirixida 5 0 5
Lecturas 0 8 8
Prácticas a través de TIC 8 16 24
Presentación oral 6 6 12
Sesión maxistral 5 10 15
Traballos tutelados 0 0 0
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba de resposta breve Exame escrito sobre os contidos teóricos do programa e resposta a preguntas de cada capítulo do libro electrónico.
Actividades iniciais Explicación do plan de traballo e das partes teórica e práctica da materia. Explicación do traballo a través da plataforma de teleformación.
Análise de fontes documentais Análise de documentos escritos, audiovisuales, hipertexto e multimedia para o traballo dos contidos da materia.
Discusión dirixida Debates basados na resposta a preguntas formuladas tras o visionados de documentos audiovisuales.
Lecturas Lectura dun libro electrónico e outros documentos colgados na plataforma de teleformación.
Prácticas a través de TIC Explicación e traballo con distintos recursos na rede, con distintos programas de software gratuito e ferramentas de autor e coa pizarra dixital
Presentación oral Presentación da blogue da grupo na que se recolle a proposta educativa elaborada entorno a un proxecto de investigación ou centro de interese con distintas actividades na que se empregan as TIC.
Sesión maxistral Explicacións por parte da docente dos documentos de traballo e dos recursos a utilizar para a realización da proposta educativa
Traballos tutelados Realización dunha proposta educativa basada nun proxecto de investigación ou centro de interese e na se utilizarán distintos recursos tecnolóxicos e se xustificará en base aos contidos teóricos da materia.





Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Traballos tutelados
Presentación oral
Proba de resposta breve
Descrición
Atención e seguimento do traballo realizado por cada grupo na realización da proposta educativa, na preparación da presentación oral da mesma e na preparación do exame escrito.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral Presentación oral da bloque na que se recolle a proposta educativa elaborada cos recursos tecnolóxicos creados.
50
Proba de resposta breve Exame escrito sobre os contidos teóricos do programa.
50
 
Observacións avaliación

As dúas partes deberán estar aprobadas para superar a materia. Tanto na presentación oral da bloque como no exame haberá que acadar unha nota mínima de 5 puntos para despois facer a media das dúas cualificacións.


Fontes de información
Bibliografía básica

Adell, J., & Bernabé, Y. (2007). Software libre en educación. Madrid: McGraw-Hill    

-Almirón, Nuria , Web 2.0 ¿a reedición da burbulla tecnolóxica?, Revista R, 2008, Revista.

- Area Moreira, Manuel (2009): Introducción a la Tecnología educativa. Universidad de La Laguna. Creative Commons. Libro electrónico. http://webpages.ull.es/users/manarea/ebookte.pdf

- Area Moreira, Manuel; Gros Salvat, Begoña y Marzal García-Quismondo, Miguel Angel, 2008: Alfabetizaciones y tecnologías de la información y la comunicación. Madrid. Síntesis.

-Area Moreira, Manuel, La educación en el laberinto tecnológico, Barcelona. Octaedro, 2005, Libro,

-Area Moreira, Manuel , Los medios y las tecnologías en la educación., Madrid. Pirámide, 2004, Libro,

- Bartolomé, Antonio: Vídeo digital y educación. Madrid. Síntesis, 2008. Libro.abero Almenara, Julio. coord., Nuevas tecnologías aplicadas á educación., Madrid. McGrawHill, 2006, Libro,

-Cabero Almenara, Julio. coord., Tecnología educativa, Madrid. McGrawHill, 2007, Libro,

- Castaño, Carlos, Maiz, Inmaculada, Palacio, Gorka, Villarroel, José Domingo, Prácticas educativas en entornos web 2.0. Madrid. Síntesis, 2008. Libro

-Cebrián de la Serna, Manuel. coord., Tenologías de la información y la comunicación para la fomación de docentes., Madrid. Pirámide., 2005, Libro.

- Cebrián de la Serna, Manuel, coord., El impacto de las TIC en los centros educativos. Ejemplos de buenas prácticas. Madrid. Síntesis, 2009. Libro

- Lexislación da Educación Infantil en Galicia. Xunta de Galicia http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/protected/content_type/file/2010/05/26/lexislacion_da_educacion_infantil_en_galicia.pdf

-Ortega Carrillo, José Antonio y Chacón Medina, Antonio. coords., Nuevas tecnologías para la educación en la era digital, Madrid.Pirámide, 2007, Libro,

-Ovelar, María , Aristocracia bloguera, Revista R, 2007, Revista,

-Revista Galega de Educación, Competencia dixital e ferramentas TIC, RGE, 2007, Revista,

-Salinas, Jesús, Aguaded, José Ignacio y Cabero, Julio. coords., Tecnologías para la educación: Diseño, producción y evaluación de madios para la formación docente, Madrid. Alianza editorial, 2004, Libro,

Bibliografía complementaria

Aguilera, José María (1999): Aprendiendo en la era de la información. Madrid. Anaya.
Alonso Erausquin, Manuel y Matilla, Luis (1990): Imágenes en acción. Análisis y práctica de la expresión audiovisual en la escuela activa. Madrid. Akal.
Alonso Erausquin, Manuel; Matilla, Luis y Vázquez Freire, Miguel (1995): Teleniños públicos, Teleniños privados. Madrid. Ediciones de la Torre.
Aparici, Roberto (coord.) (1996): La revolución de los medios audiovisuales. Educación y Nuevas Tecnologías. Madrid. Ediciones de la Torre.
Aparici, Roberto y García Matilla, Agustín (1998): Lectura de imágenes. Madrid. .Ediciones de la Torre. 3º edición.
Aparici, Roberto; García Matilla, Agustín y Valdivia, Manuel (1992): La imagen. UNED.
Aparici, Roberto (coord.) 2000: Nuevas tecnologías, comunicación y educación. Cd-rom. UNED
Area Moreira, Manuel (1999): Futuro imperfecto: novas tecnologías e igualdade de oportunidades. Revista Galega de Educación, nº32, pp.13-19.
Area Moreira (2001): Educación en la sociedad de la información. Bilbao. Desclee de Brouwer.
Baleirón, Charo et al. (1998): O laberinto virtual. Sobre as novas tecnoloxías na educación. Vigo. Xerais.
Bartolomé, Antonio (2002): Nuevas tecnologías en el aula. Guía de supervivencia. Barcelona. Graó. 3º edición.
Bautista García-Vera, Antonio (1994): Las nuevas tecnologías en la capacitación docente. Madrid. Visor.
Bonete Perales, Enquique (1999): Ética de la comunicación audiovisual. Madrid. Tecnos.
Cabero Almenara, Julio (ed.) (1999): Tecnología educativa. Madrid. Síntesis Educación.
Cabero Almenara, Julio (ed.) (2001): Nuevas tecnologías aplicadas a la educación. Madrid. Síntesis Educación. Cabero Almenara, Julio, Llorente Cejudo, María del Carmen y López Meneses, Eloy (2009):La Docencia Universitaria y las Tecnologías Web 2.0 Renovación e Innovación en el Espacio Europeo. Sevilla. Mergablum Edición y Comunicación.
Castells, Manuel (1998): La era de la información. Economía, sociedad y cultura. Fin de Milenio. Madrid Alianza.
Castells, Manuel (2000): La era de la información. Economía, sociedad y cultura. La sociedad Red. Madrid Alianza.
Cebrián, Juan Luis (1998): La Red. Cómo cambiarán nuestras vidas los nuevos medios de comunicación. Madrid. Taurus.
Cebrián de la Serna, Manuel et.al.(coord.) (1998): Recursos tecnológicos para los procesos de enseñanza y aprendizaje. Universidad de Málaga ICE.
Cebrián de la Serna, Manuel, Ríos Ariza, José Manuel (coords.) (2000): Nuevas tecnologías aplicadas a las Didácticas Especiales. Madrid. Pirámide.
Cebrián de la Serna, Manuel (2000): Internet en el aula. Proyectando el futuro. Málaga. Universidad de Málaga.
Cebrián de la Serna, Manuel (coord.) (2001): Actividades con el ordenador en el aula. Málaga. Universidad de Málaga.
Corderch, Jorge y Guitert, Montse (2001): ¿Cómo aprender y enseñar con Internet? Cuadernos de Pedagogía, nº301, pp.56-63.
Corominas, Agustín (1995): La comunicación audiovisual y su integración en en el currículum. Barcelona. Graó.
Crook, Charles (1998): Ordenadores y aprendizaje cooperativo. Madrid. Morata.
Chomsky, Noam y Ramonet, Ignacio (1995): Como nos venden la moto. Barcelona. Icaria.
Dery, Mark (1998): Velocidad de escape. La cibercultura en el final de siglo. Madrid. Siruela
Echebarría, Javier (2000): Los señores del aire: Telépolis y el Tercer entorno. Madrid. Destino.
Estefanía, Joaquín (1998): Contra el pensamiento único. Madrid. Taurus.
Fernández Esteban, María Luisa (1998): Nuevas tecnologías, Internet y Derechos fundamentales. Madrid. McGrawhill.
Ferrés, Joan y Marqués, Peré (coords.) (1997): Comunicación educativa y nuevas tecnologías. Barcelona. Praxis.
Ferrés, Joan (2000): Educar en una cultura del espectáculo. Barcelona. Paidós.
Galeano, Eduardo (1998): Patas arriba. La escuela del mundo al revés. Madrid. Siglo XXI.
Gilster, P. (1995): El navegante de Internet. Madrid. Anaya.
González Quirós, José (1998): El porvenir de la razón en la era digital. Madrid. Síntesis.
Gros, Begoña (coord.) (1997): Diseños y programas educativos. Pautas pedagógicas para la elaboración de software. Barcelona. Ariel.
Guitart, Joseph (2001): Los multimedia e Internet, al servicio de la educación. Cuadernos de Pedagogía, nº301, pp.64-79.
Guitart, Joseph (2001): 100 webs del ámbito educativo. Cuadernos de Pedagogía, nº301, pp.70-80.
Gutiérrez Martín, Alfonso (1997): Educación Multimedia y Nuevas Tecnologías. Madrid. Ediciones La Torre.
Gutiérrez Martín, Alfonso (coord.) (1998): Formación del profesorado en la sociedad de la información. Segovia. Publicaciones de la Universidad de Valladolid.
Heap, Nick et.al. (1999): Information, Technology and Society. London. Sage. Open University.
Held, David (ed.) (2000): A globalizing world? Culture, economics, politics. London. Routledge. Open University.
Joyanes, Luis (1997): Cibersociedad. Los retos sociales ante un nuevo mundo digital. Madrid. McGraw-Hill.
Kaplún, Mario (1998): Una pedagogía de la comunicación. Madrid. Ediciones de la Torre.
Klein, Naomi (2001): No logo. El poder de las marcas. Barcelona. Paidós.
Least, M. (ed.) (2000): Issues in teaching using ICT. London. Routledge.
Litwin, Edith (comp.) (1995): Tecnología educativa. Política, historias, propuestas. Buenos Aires. Paidós.
Marí Sáez, Víctor Manuel (2002): Globalización, nuevas tecnologías y comunicación. Madrid. Ediciones de la Torre.
Martínez, Francisco y Prendes, Mª Paz, ccords. (2004): Nuevas Tecnologías y educación. Madrid. Pearson.
Mattelart, Armand (1998): La mundialización de la comunicación. Barcelona.Paidós. Marzal, J., Adell, J., López, M., & González, C. (2007). La enseñanza de los medios audiovisuales en los niveles no universitarios. Generalitat Valenciana McDougall, Anne (1998): Cómo elegir y utilizar software educativo. Madrid. Morata. Paideia.
Millán, José Antonio (1998): De redes y saberes. Cultura y educación con las nuevas tecnologías. Madrid. Aula XXI Santillana.
Mirabito, Michael (1997): Las nuevas tecnologías de la comunicación. Madrid. Gedisa.
Negroponte, Nicholas (1995): El mundo digital. Madrid. Debate.
Obach, Xavier (1997): El tratamiento de la información y otras fábulas. Madrid. Anaya.
Odina, Mercedes (2000): La aldea irreal. Madrid. Aguilar.
Pardo Pérez, Juan Carlos (1999): Transicións sociais, sociedade da información e educación escolar. Revista Galega de Educación, 32, pp.21-50.
Pérez Tornero, José Manuel (2002): Comunicación y educación en la sociedad de la información. Madrid. De la Torre.
Poole, Bernard (1999): Tecnología educativa. Educar para la sociocultura de la comunicación y el conocimiento. Madrid. McGrawHill.
Postman, Neil (1994): Tecnópolis. La rendición de la cultura a la tecnología. Barcelona. Galaxia Gutemberg.
Quin, Robyn y McMahon, Barrie (1997): Historias y estereotipos. Madrid. Ediciones de la Torre.
Ramonet, Ignacio (1998a): La tiranía de la comunicación. Madrid. Debate.
Ramonet, Ignacio (1998b): Internet, el mundo que llega. Los nuevos caminos de la comunicación. Madrid. Alianza.
Ramonet, Ignacio (2000): La golosina visual. Madrid. Debate.
Reparaz, Charo; Sobrino, Ángel y Mir, José Ignacio (2000): Integración curricular de las nuevas tecnologías. Barcelona. Ariel.
Ríos Arza, José Manuel y Cebrián de la Serna, Manuel (2000): Nuevas tecnologías de la información y comunicación aplicadas a la educación. Málaga. Aljibe.
Roma, Pepa (2001): Jaque a la globalización. Cómo crean su red los movimientos sociales alternativos. Barcelona. Grijalbo Mondadori.
Salinas, Jesús et.al (2004): Tecnologías para la educación. Diseño, producción y evaluación de medios para la formación docente. Madrid. Alianza.
Sancho Gil, Juana Mª (1994): Hacia una tecnología crítica. Cuadernos de Pedagogía, nº 230, pp.8-12)
Sancho Juana María (coord.) (1995): Para una tecnología educativa. Barcelona. Horsori.
Sancho, Juana María y Millán L.M. (comp.) (1995): Hoy ya es mañana. Tecnologías y educación: un diálogo necesario. Morón (Sevilla). Publicaciones MCEP.
San Martín, Ángel (1995): La escuela de las tecnologías. Universidad de Valencia.
Squires, David y McDougall, Anne (1997): Cómo elegir y utilizar software educativo. Madrid. Morata.
Steinberg, Shirley R. y Kincheloe, Joe. (comps.) (2000): Cultura infantil y multinacionales. Madrid. Morata.
Tiffin, John y Rajasingham, L. (1997): En busca de la clase virtual. La educación en la sociedad de la información. Barcelona. Paidós.
Toledo, P. (2001): Accesibilidad, informática y discapacidad. Sevilla. Mergablum.
Torres Santomé, Jurjo (2001): Educación en tiempos de neoliberalismo. Madrid. Morata.
V.V.A.A (1999): Sur y comunicación. Una nueva cultura de la información. Barcelona. Icaria. Antrazyt/ Medicos Mundi.
VVAA (2000): ATTAC. Contra la dictadura de los mercados. Barcelona Icaria.
VVAA (2001): Porto Alegre. Otro mundo es posible. Madrid. El viejo topo.
Wolton, Dominique (2000): Internet ¿Y después? Una teoría crítica de los nuevos medios de comunicación. Gedisa. Barcelona.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Prácticum II/652111310

Materias que continúan o temario
Didáctica Xeral I/652111103
Didáctica Xeral II/652111361

Observacións

Seguimento da materia ao longo do curso e asistencia a titorías.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías