Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Coñecemento do Medio Natural, Social e Cultural II Código 652111308
Titulación
Mestre: Especialidade en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
1º e 2º Ciclo Anual
Terceiro Obrigatoria 3
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral O Coñecemento do Medio Social e Cultural está estreitamente relacionado coas Ciencias Sociais. A adquisición de conceptos e metodoloxía das Ciencias Sociais é a base para a transferencia didáctica do coñecemento do entorno na Educación Infantil. O espazo e o tempo son os eixos principais sobre dos que se desenvolve o ensino-aprendizaxe. O entorno da vida cotiá infantil é obxecto e recurso da acción educativa.
O Coñecemento do Medio Natural realizase a través das Ciencias da Natureza. A adquisición de conceptos e metodoloxía das Ciencias da Natureza precisa do desenvolvemento do pensamento científico dos escolares e de habilidades de indagación na aula. Coñecer o traballo científico posibilita comprender e valorar as súas implicacións formativas e sociais. A curiosidade e as características da etapa infantil son obxecto e recurso da acción educativa no eido das ciencias da natureza.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Capacidade para comprender a complexidade dos procesos educativos en xeral e dos procesos de ensino-aprendizaxe en particular (fins e funcións da educación e do sistema educativo, teorías do desenvolvemento e da aprendizaxe, o contorno cultural e social e o ámbito institucional e organizativo da escola, o deseño e desenvolvemento do currículo, o rol docente...).
A3 Analizar criticamente as concepcións da educación emanadas da investigación, así como as propostas curriculares da Administración educativa.
A4 Deseñar e desenvolver proxectos educativos e unidades de programación que permitan adaptar o currículo ao contexto sociocultural.
A5 Desenvolver estratexias que promovan a aprendizaxe autónoma e cooperativa do alumnado.
A6 Organizar o ensino no marco dos paradigmas epistemolóxicos das áreas, empregando de forma integrada os saberes disciplinares, transversais e multidisciplinares, axeitados ao respectivo nivel educativo.
A7 Preparar, seleccionar, construír e empregar materiais didácticos, incorporando axeitadamente as TIC.
A18 Coñecer a metodoloxía científica e promover o pensamento científico e a experimentación.
A28 Planificar as actividades educativas en función da progresiva cohesión-integración do grupo, clase, contorno (adaptación, consolidación, cohesión...).
A38 Deseñar, aplicar e avaliar actividades, materiais e outros recursos que fomenten a creatividade infantil.
A40 Ser quen de fomentar o interese polo medio natural, social e cultural e promover comportamentos respectuosos.
A46 Fomentar á iniciación no emprego das TIC.
B3 Aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B9 Autonomía na aprendizaxe.
B10 Capacidade de análise e síntese.
B12 Capacidade de organización e planificación.
B13 Capacidade para actuar de xeito sostible na defensa do medio ambiente.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Adquirir os coñecementos básicos e necesarios para a comprensión do medio social e cultural e a metodoloxía propia das ciencias sociais e a súa aplicación ao ensino do medio social e cultural. A6
A18
B3
B9
C1
Adquirir os coñecementos básicos e actuais para a comprensión do medio natural e a metodoloxía propia das ciencias da natureza e a súa aplicación á Educación Infantil. A6
A18
B3
B9
B10
C1
Desenvolver estratexias de traballo autónomo e en grupo a fin de potenciar a planificación, organización, a discusión, o diálogo e a negociación na fundamentación do ensino. Realización de propostas de materiais didácticos, actividades, proxectos e unidades didácticas e análises de experiencias. A4
A5
A7
A28
A38
A46
B4
B5
C1
Adquirir a capacidade de transferir os coñecementos teóricos e prácticos da materia aos contextos das aulas de infantil con programacións e proxectos no marco da lexislación. A1
A3
A4
B10
B12
Promover o interese, o coñecemento e o respecto polo medio social e cultural propio, valorando o entorno inmediato. Promover o interese, o coñecemento e o respecto a sociedades e culturas diferentes. A40
B6
B13
C4
C7
Promover a curiosidade e o respecto polo medio natural, valorando a importancia da conservación da diversidade natural e deseñando actuacións para un desenvolvemento sostible. A40
B6
B13
C4
C8

Contidos
Temas Subtemas
Unidade 1. O Medio Social e Cultural na Educación Infantil.
Definición e concepto. Relación coas Ciencias Sociais. A aprendizaxe en relación coa psicoloxía infantil.
Unidade 2. Medio Social e Cultural. Os obxectivos do proxecto didáctico. O currículo. Os contidos: tipos, organización e selección dos contidos. Importancia dos contidos procedementais e actitudinais. As unidades didácticas.
Unidade 3. Medio Social e Cultural. Métodos, procedementos e recursos. Métodos para o coñecemento do Medio. Recursos didácticos e materiais curriculares.
Unidade 4. Medio Social e Cultural. A avaliación. Definición e finalidade. Breve revisión histórica da avaliación. Características. Tipos e aplicación na secuencia ensino-aprendizaxe.
Unidade 5. Medio Social e Cultural. O entorno como recurso. A integración nas coordenadas de espazo e tempo. O entorno do neno na actualidade. A diversidade.
Unidade 6. Medio Social e Cultural. Elaboración de materiais didácticos. Principios e fundamentos. Contidos e obxectivos. Utilización e selección de recursos. Deseño das actividades. A Arqueoloxía e a Etnografía como modelos.
Unidade 6: Medio Social e Cultural. Temas formativos
-Introdución ao Coñecemento Social e Cultura de Galicia.
-Medio e actividade humana. A arquitectura tradicional en Galicia.
-Os castros.
-O Castro de Elviña.
Unidade 7. O Medio Natural na Educación Infantil. Definición e conceptos básicos relativos ao medio natural. Relación coas Ciencias da Natureza. Importancia no curriculum de Educación Infantil.
Unidade 8. O entorno como recurso: Diversidade Natural. Coñecemento do Medio Natural a través de dous conceptos chave: Biodiversidade e Xeodiversidade.
Unidade 9. O Medio Natural. Métodos, procedementos e recursos. Desenvolvemento do pensamento científico e de habilidades de indagación na aula. O traballo por proxectos.
Unidade 10. O traballo por proxectos: Os seres vivos. Concepto de ser vivo. Clasificación dos seres vivos. A temática dos seres vivos no traballo por proxectos. Unha adaptación do modelo do traballo por proxectos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados 0 20 20
Proba obxectiva 3 49.8 52.8
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Realizarase un traballo sobre do Medio Natural das características e temas establecidos no anterior curso.
Proba obxectiva Realización dunha proba escrita final á que poderán acceder o alumnado que non superara a materia en cursos previos. Esta proba estará centrada basicamente na materia impartida nas sesións maxistrais do programa e tamén se poderá incluír algún caso práctico relacionado coa materia impartida.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba obxectiva
Descrición
O alumnado recibirá atención personalizada para a consulta de dúbidas e orientación en relación co temario da materia e o traballo tutelado.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados Avaliarase en relación cos criterios establecidos no programa da materia do curso anterior. 25
Proba obxectiva Proba escrita sobre os contidos teórico prácticos incluídos no programa na tamén se poderá incluír algún caso práctico relacionado cos mesmos.
A proba terá dúas partes de acordo coa estruturación da materia:
1. Medio Natural: computa 25.
2. Medio Social e Cultural: computa: 50
Valorarase principalmente a capacidade de estruturación e fundamentación: análise, argumentación, claridade e concreción.
75
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Benejam, P. et al (2002). Barcelona: Graó. Barcelona: Graó
Rodríguez Lestegás, F. (1984). Didáctica das Ciencias Sociais na Educación Infantil.. Vigo: Ed. Ir Indo
Cooper, H. (2002). Didáctica de la historia en la educación infantil y primaria.. Madrid: Morata
Aranda Hernando, A.M. (2003). Didáctica del conocimiento del medio social y cultural en la educación infantil. Madrid: Ed. Síntesis

Bibliografía complementaria Caamaño Suárez, M. (2003). As construcción da arquitectura popular: Patrimonio Etnográfico de Galicia. A Coruña: Colexio de Aparelladores e Arquitectos Técnicos de Galicia.
Bas, B. (1983 (2ª edición 2002)). As construcións populares: un tema de etnografía en Galicia. Sada: Ediciós do Castro, Cuadernos do Seminario de Sargadelos 44
VVAA (1991-2008). Galicia. Proxecto Hércules.. A Coruña: Hércules de edicións
Carballo Arceo, L. X (2000.). Os castros galegos. Vigo: A Nosa Terra


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías