Identifying Data 2019/20
Subject (*) Coñecemento do Medio Natural, Social e Cultural II Code 652111308
Study programme
Mestre: Especialidade en Educación Infantil
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
First and Second Cycle Yearly
Third Obligatory 3
Language
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Pedagoxía e Didáctica
Coordinador
E-mail
Lecturers
E-mail
Web
General description O Coñecemento do Medio Social e Cultural está estreitamente relacionado coas Ciencias Sociais. A adquisición de conceptos e metodoloxía das Ciencias Sociais é a base para a transferencia didáctica do coñecemento do entorno na Educación Infantil. O espazo e o tempo son os eixos principais sobre dos que se desenvolve o ensino-aprendizaxe. O entorno da vida cotiá infantil é obxecto e recurso da acción educativa.
O Coñecemento do Medio Natural realizase a través das Ciencias da Natureza. A adquisición de conceptos e metodoloxía das Ciencias da Natureza precisa do desenvolvemento do pensamento científico dos escolares e de habilidades de indagación na aula. Coñecer o traballo científico posibilita comprender e valorar as súas implicacións formativas e sociais. A curiosidade e as características da etapa infantil son obxecto e recurso da acción educativa no eido das ciencias da natureza.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Capacidade para comprender a complexidade dos procesos educativos en xeral e dos procesos de ensino-aprendizaxe en particular (fins e funcións da educación e do sistema educativo, teorías do desenvolvemento e da aprendizaxe, o contorno cultural e social e o ámbito institucional e organizativo da escola, o deseño e desenvolvemento do currículo, o rol docente...).
A3 Analizar criticamente as concepcións da educación emanadas da investigación, así como as propostas curriculares da Administración educativa.
A4 Deseñar e desenvolver proxectos educativos e unidades de programación que permitan adaptar o currículo ao contexto sociocultural.
A5 Desenvolver estratexias que promovan a aprendizaxe autónoma e cooperativa do alumnado.
A6 Organizar o ensino no marco dos paradigmas epistemolóxicos das áreas, empregando de forma integrada os saberes disciplinares, transversais e multidisciplinares, axeitados ao respectivo nivel educativo.
A7 Preparar, seleccionar, construír e empregar materiais didácticos, incorporando axeitadamente as TIC.
A18 Coñecer a metodoloxía científica e promover o pensamento científico e a experimentación.
A28 Planificar as actividades educativas en función da progresiva cohesión-integración do grupo, clase, contorno (adaptación, consolidación, cohesión...).
A38 Deseñar, aplicar e avaliar actividades, materiais e outros recursos que fomenten a creatividade infantil.
A40 Ser quen de fomentar o interese polo medio natural, social e cultural e promover comportamentos respectuosos.
A46 Fomentar á iniciación no emprego das TIC.
B3 Aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B9 Autonomía na aprendizaxe.
B10 Capacidade de análise e síntese.
B12 Capacidade de organización e planificación.
B13 Capacidade para actuar de xeito sostible na defensa do medio ambiente.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Adquirir os coñecementos básicos e necesarios para a comprensión do medio social e cultural e a metodoloxía propia das ciencias sociais e a súa aplicación ao ensino do medio social e cultural. A6
A18
B3
B9
C1
Adquirir os coñecementos básicos e actuais para a comprensión do medio natural e a metodoloxía propia das ciencias da natureza e a súa aplicación á Educación Infantil. A6
A18
B3
B9
B10
C1
Desenvolver estratexias de traballo autónomo e en grupo a fin de potenciar a planificación, organización, a discusión, o diálogo e a negociación na fundamentación do ensino. Realización de propostas de materiais didácticos, actividades, proxectos e unidades didácticas e análises de experiencias. A4
A5
A7
A28
A38
A46
B4
B5
C1
Adquirir a capacidade de transferir os coñecementos teóricos e prácticos da materia aos contextos das aulas de infantil con programacións e proxectos no marco da lexislación. A1
A3
A4
B10
B12
Promover o interese, o coñecemento e o respecto polo medio social e cultural propio, valorando o entorno inmediato. Promover o interese, o coñecemento e o respecto a sociedades e culturas diferentes. A40
B6
B13
C4
C7
Promover a curiosidade e o respecto polo medio natural, valorando a importancia da conservación da diversidade natural e deseñando actuacións para un desenvolvemento sostible. A40
B6
B13
C4
C8

Contents
Topic Sub-topic
Unidade 1. O Medio Social e Cultural na Educación Infantil.
Definición e concepto. Relación coas Ciencias Sociais. A aprendizaxe en relación coa psicoloxía infantil.
Unidade 2. Medio Social e Cultural. Os obxectivos do proxecto didáctico. O currículo. Os contidos: tipos, organización e selección dos contidos. Importancia dos contidos procedementais e actitudinais. As unidades didácticas.
Unidade 3. Medio Social e Cultural. Métodos, procedementos e recursos. Métodos para o coñecemento do Medio. Recursos didácticos e materiais curriculares.
Unidade 4. Medio Social e Cultural. A avaliación. Definición e finalidade. Breve revisión histórica da avaliación. Características. Tipos e aplicación na secuencia ensino-aprendizaxe.
Unidade 5. Medio Social e Cultural. O entorno como recurso. A integración nas coordenadas de espazo e tempo. O entorno do neno na actualidade. A diversidade.
Unidade 6. Medio Social e Cultural. Elaboración de materiais didácticos. Principios e fundamentos. Contidos e obxectivos. Utilización e selección de recursos. Deseño das actividades. A Arqueoloxía e a Etnografía como modelos.
Unidade 6: Medio Social e Cultural. Temas formativos
-Introdución ao Coñecemento Social e Cultura de Galicia.
-Medio e actividade humana. A arquitectura tradicional en Galicia.
-Os castros.
-O Castro de Elviña.
Unidade 7. O Medio Natural na Educación Infantil. Definición e conceptos básicos relativos ao medio natural. Relación coas Ciencias da Natureza. Importancia no curriculum de Educación Infantil.
Unidade 8. O entorno como recurso: Diversidade Natural. Coñecemento do Medio Natural a través de dous conceptos chave: Biodiversidade e Xeodiversidade.
Unidade 9. O Medio Natural. Métodos, procedementos e recursos. Desenvolvemento do pensamento científico e de habilidades de indagación na aula. O traballo por proxectos.
Unidade 10. O traballo por proxectos: Os seres vivos. Concepto de ser vivo. Clasificación dos seres vivos. A temática dos seres vivos no traballo por proxectos. Unha adaptación do modelo do traballo por proxectos.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Supervised projects 0 20 20
Objective test 3 49.8 52.8
 
Personalized attention 2 0 2
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Supervised projects Realizarase un traballo sobre do Medio Natural das características e temas establecidos no anterior curso.
Objective test Realización dunha proba escrita final á que poderán acceder o alumnado que non superara a materia en cursos previos. Esta proba estará centrada basicamente na materia impartida nas sesións maxistrais do programa e tamén se poderá incluír algún caso práctico relacionado coa materia impartida.

Personalized attention
Methodologies
Objective test
Description
O alumnado recibirá atención personalizada para a consulta de dúbidas e orientación en relación co temario da materia e o traballo tutelado.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Supervised projects Avaliarase en relación cos criterios establecidos no programa da materia do curso anterior. 25
Objective test Proba escrita sobre os contidos teórico prácticos incluídos no programa na tamén se poderá incluír algún caso práctico relacionado cos mesmos.
A proba terá dúas partes de acordo coa estruturación da materia:
1. Medio Natural: computa 25.
2. Medio Social e Cultural: computa: 50
Valorarase principalmente a capacidade de estruturación e fundamentación: análise, argumentación, claridade e concreción.
75
 
Assessment comments

Sources of information
Basic Benejam, P. et al (2002). Barcelona: Graó. Barcelona: Graó
Rodríguez Lestegás, F. (1984). Didáctica das Ciencias Sociais na Educación Infantil.. Vigo: Ed. Ir Indo
Cooper, H. (2002). Didáctica de la historia en la educación infantil y primaria.. Madrid: Morata
Aranda Hernando, A.M. (2003). Didáctica del conocimiento del medio social y cultural en la educación infantil. Madrid: Ed. Síntesis

Complementary Caamaño Suárez, M. (2003). As construcción da arquitectura popular: Patrimonio Etnográfico de Galicia. A Coruña: Colexio de Aparelladores e Arquitectos Técnicos de Galicia.
Bas, B. (1983 (2ª edición 2002)). As construcións populares: un tema de etnografía en Galicia. Sada: Ediciós do Castro, Cuadernos do Seminario de Sargadelos 44
VVAA (1991-2008). Galicia. Proxecto Hércules.. A Coruña: Hércules de edicións
Carballo Arceo, L. X (2000.). Os castros galegos. Vigo: A Nosa Terra


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.