Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Relixión II Código 652111331
Titulación
Mestre: Especialidade en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
1º e 2º Ciclo 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 3
Idioma
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral Esta asignatura, igual que Relixion.1 e Historia das Relixions forman parte do conxunto de asignaturas de Did. da Relixión Católica, do Plano de Estudos agora extinto das Titulacións de Mestre. Asignatura sen docencia. Para acceder aos contidos e preparar o exame cómpre poñerse en contacto co profesor.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Coñecemento dos contidos para ensinar, comprendendo a súa singularidade epistemolóxica e a especificidade da súa didáctica.
A4 Deseñar e desenvolver proxectos educativos e unidades de programación que permitan adaptar o currículo ao contexto sociocultural.
A6 Organizar o ensino no marco dos paradigmas epistemolóxicos das áreas, empregando de forma integrada os saberes disciplinares, transversais e multidisciplinares, axeitados ao respectivo nivel educativo.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B14 Capacidade para detectar as súas propias necesidades de aprendizaxe ao longo da vida.
B16 Capacidade para integrarse e comunicarse con expertos noutras áreas e en contextos diferentes.
B24 Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento dos contidos bíblicos e teolóxicos para ensinar, comprendendo a súa singularidade epistemolóxica e a especificidade da súa didáctica A2
B6
B14
B24
C4
C7
Coñecer os fundamentos científicos das áreas que conforman o currículo da educación infantil, en especial para cooperar na transversalidade dos coñecementos, así como as teorías sobre a adquisición e o desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes. A6
B5
C4
C7
Deseñar e desenvolver proxectos educativos e unidades de programación que permitan adaptar o currículo ao contexto sociocultural. A4
Capacidade para integrarse e comunicarse con expertos noutras áreas e en contextos diferentes. B5
B16

Contidos
Temas Subtemas
1. Psicopedagoxía da Relixión

1.1 A singularidade da Pedagoxía relixiosa
1.2 Un modelo: o Deus pedagogo.
1.3 A evolución relixiosa e moral do neno
1.4 Interacción do contexto sociocultural e o ensino relixioso escolar (ERE).
1.5 Didáctica dos contidos bíblicos.
2. ERE: O ensino relixioso escolar 2.1 A educación e a escola integradora.
2.2 O lugar do ERE na escola. Lexitimidade.
2.3 Identidade e dificultades do ERE.
2.4 O profesor de relixión. Identidade cristiá. A lexislación.
3. O Currículo da área de Relixión Católica en clave de competencias
3.1 A competencia relixiosa e espiritual
3.2 O Currículo de Relixión Católica na Educación Infantil na lexislación educativa vixente
3.2.1 Obxectivos xerais.
3.2.2 Bloques de contido.
3.2.3 Materiais e recursos didácticos.
3.2.4 Criterios de avaliación.
4. Opcións metodolóxicas
4.1 Materiais e recursos dispoñibles e necesarios.
4.2 Programación de Aula no ERE
4.2.1 Metodoloxía para a elaboración de programación de aula. Técnicas. Modelos.
4.2.2 Elaboración de Unidades Didácticas.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Discusión dirixida 7 7 14
Proba obxectiva 1 7 8
Traballos tutelados 2 16 18
Sesión maxistral 15 15 30
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida Ao fío da actualidade, empregando artigos dos xornais e mediante video-forum, faranse nalgunhas clases un intercambio de opinións para chegar á elaboración de criterios educativos.
Proba obxectiva Será a proba final, onde o alumno mostrará a asimilaciónm persoal dos contidos do curso.
Traballos tutelados O alumno fará un traballo persoal, dirixido e asistido polo profesor, para mostrar a súa madurez sobre os temas da área e reflectir sobre as relacións relixión , sociedade e cultura actuais.
Sesión maxistral Serán as sesións de gran grupo, onde o profesor desenvolverá e ampliará o temario do curso. Dentro delas estarán incluídas as discusións dirixidas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Discusión dirixida
Traballos tutelados
Proba obxectiva
Sesión maxistral
Descrición
Recursos: a prensa e vídeo-forum.

Os traballos tutelados serán propostos polo mesmo alumno, pero acordados co profesor e tutelados por este.
Medio complementario de avaliación.

As sesións maxistrais a cargo do profesor desenvolverán o temario do curso.

Para realizar o traballo tutelado o alumno debe entrevistarse persoalmente co profesor varias veces ao longo de cuatdrimestre. O profesor fixará uns prazos para facilitar esta atención personalizada.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados Traballo de madurez, elixido polo alumno e tutelado polo profesor, encamiñado a unha reflexión persoal sobre temas de relixón, sociedade e cultura actual. 50
Proba obxectiva Exercicio de avaliación final en forma de proba obxectiva sobre os contidos da asignatura. 50
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica

GASOL, R e outros, La enseñanza religiosa escolar. Barcelona 1997. Ed. Edebé. Manual básico (libro de texto).

EQUIPO EDEBÉ, El currículo del área de Religión y Moral católica. Barcelona, 1996. Ed. Edebé. Manual básico (libro de texto).

Arto, A. Psicología evolutiva. Una propuesta educativa. Madrid 1993.

COMISIÓN EPISCOPAL DE ENSEÑANZA Y CATEQUESIS. Documentos colectivos del Episcopado español sobre formación religiosa y educación 1981-1985. Madrid 1986.

COMISIÓN EPISCOPAL DE ENSEÑANZA Y CATEQUESIS. Orientaciones para la pastoral educativa escolar en las diócesis. Madrid 1992.

CRESPO MARCO, V. La evaluación en la enseñanza escolar de la religión. Madrid 1989.

ESTEBAN GARCÉS, C. Enseñanza de la religión y Ley de calidad. Madrid 2003.

GARCÍA REGIDOR, T. La educación religiosa en la escuela.Madrid 1994.

GONZÁLEZ DE CARDEDAL, O. Memorial para un educador con un epílogo para japoneses. Madrid 1981.

MARTÍNEZ BLANCO, A. La enseñanza de la Religión en los centros docentes. (A la luz de la Constitución y del Acuerdo con la Santa Sede). Secretariado de Publicaciones de la Universidad de Murcia, 21994.

OTERO, H. Propuestas creativas para la clase de relixgión. Madrid 1993.

SALAS XIMELIS, A. Didáctica de la enseñanza de la Religión. Madrid 1993.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías