Identifying Data 2019/20
Subject (*) Lingua e Literatura Galega e a sua Didáctica II Code 652211300
Study programme
Mstre: Especialidade en Educación Primaria
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
First and Second Cycle Yearly
Third Obligatory 3
Language
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinador
E-mail
Lecturers
E-mail
Web
General description

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Coñecementos básicos e específicos sobre as distintas disciplinas que ten que impartir no exercicio do seu labor profesional un mestre de Educación Primaria.
A4 Comunicación correcta, coherente e axeitada, oral e escrita para aplicala á aula e fóra dela (colegas, pais, nais, etc.).
A18 Planificar, desenvolver e avaliar procesos de ensino e de aprendizaxe de linguas axustados á diversidade cultural e lingüística do alumnado.
A19 Fomentar a lectura e o comentario crítico de textos dos diversos dominios científicos e culturais contidos no currículo escolar.
A20 Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo.
B8 Capacidade para elaborar discursos coherentes e organizados loxicamente.
B9 Capacidade para expoñer as ideas elaboradas, de forma oral e na escrita.
B14 Capacidade para traballar en equipo de forma cooperativa, para organizar e planificar o traballo, tomando decisións e resolvendo problemas, tanto de forma conxunta como individual.
B15 Capacidade para utilizar diversas fontes de información, seleccionar, analizar, sintetizar e extraer ideas importantes e xestionar a información.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
A1
A4
A18
A19
A20
B7
B8
B9
B14
B15
C3
C7
C8

Contents
Topic Sub-topic
TEMA 1. CONCEPTOS PREVIOS
1. Definición da Didáctica da Lingua e a Literatura (DLL).
2. Que e DLL?: nacemento e consolidación dunha Disciplina universitaria.
3. Un novo paradigma de Ensino Lingüístico e Literario.
4. A investigación en DLL. Ámbitos e liñas de investigación.
TEMA 2. CONCEPTOS BÁSICOS EN DLL
1. A comunicación. Elementos básicos.
1. 1. A comunicación oral.
1. 2. LA comunicación escrita.
2. Competencia comunicativa.
2. 1. A competencia lingüística.
2. 2. Adquisición e aprendizaxe. O concepto de interlingua.
3. Competencia literaria.
3. 1. Competencia literaria e competencia lectora.
3. 2. Niveis e compoñentes.
4. Enfoque e método.
4. 1. Enfoque comunicativo.
4. 2. Enfoque da recepción.
5. Desenvolvemento curricular.
5. 1. A evaluación como seguimento procesual. Evaluación formativa.
6. O profesor ou profesora da área de lingua e literatura.
TEMA 3. LINGUA, ENSINO E SOCIEDADE
1. A comunidade lingüística galega. Bilingüismo social, diglosia, glotofaxia.
2. O proceso de fixación do estándar.
3. Procesos de textualización. Texto oral, texto escrito. Proceso de composición textual.
4. O texto na sociedade. O texto na Escola. Tiploxía textual.
TEMA 4. A LITERATURA E A SÚA DIDÁCTICA
1. O texto literario. Lugar e función no ensino. Producíón literaria e público infantil.
2. O texto literario na Galiza. Problemática da Literatura Galega. O historicismo e o biografismo no ensino da Literatura. Periodoloxía literaria.
3. Estrutura do texto narrativo. Relato breve e relato longo. Estrutura do texto dramático. Texto poético: ritmo e poesía.
TEMA 5. LITERATURA INFANTIL GALEGA
1. Nacemento e desenvolvemento dun subxénero contemporáneo: a literatura infantil e a Galiza.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Document analysis 0 10 10
Diagramming 0 2 2
Workbook 0 1 1
Oral presentation 1 10 11
Objective test 3 50 53
Supervised projects 5 25 30
 
Personalized attention 18 0 18
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Document analysis Achegamento crítico a distintos textos que se proporán nas aulas. Trátase dunha parte esencial da cadeira, posto que o alumno ou a alumna debe demostrar solvencia analítica á hora do manexo e achegamento a calquera documento relacionado coa materia. De aí que, seguindo este ditado, nos comezos do curso académico, o profesor ofreza unhas indicacións previas e unha nómina bibliográfica para o manexo de fontes documentais que han ser consideradas antes da realización do achegamento.
Diagramming Realización de esquemas ideográficos e resumos de diferentes textos propostos na aula. O resumo e a elaboración de esquemas serán de máxima utilidade para o achegamento e o desenvolvemento didáctico dos contidos apuntados na aula, de aí que se faga fincapé na redacción de esquemas ideográficos e ideogramáticos dentro do seguimento e aproveitamento bibliográfico.
Workbook Os alunos e alunas deberán se achegaren a un corpo bibliográfico previamente apontado nas aulas. Este será obxecto de diverso tratamento crítico e discusión no espazo aular. Debido, así mesmo, ao carácter da cadeira, as lecturas e os postreriores comentarios e/ou debates aulares serán de importancia vital para a cualificación global final. Un alumno ou alumna universitario e universitaria debe ler e manexar correctamente un feixe determinado de lecturas quen de o e a capacitar para un futuro ora profesional ora investigador.
Oral presentation Dado o futuro profisional do alunado, cómpre realizar apresentacións orais e relatorios sobre calquera texto e/ou aspecto anteriormente propostos. Debido á realidade profesional que lles agarda aos alunado, serán de vital importancia tanto as intervencións aulares como as apresentacións orais, apresentacións que se anunciarán e negociarán previamente e que terán a ver cos textos e o material bibliográfico.
Objective test O alumnado contará con tres exames ao longo do curso académico: dous parciais en febreiro e maio e un final en data marcada por Xunta de Faculdade. Tendo en conta o devir do resto de cadeiras que compoñen o currículo do Grao así como, noutro orde de aspectos, a posíbel inasistencia ás aulas, a proba obxectiva resumirase, de xeito tradicional, a dous exames parciais, independentes, que se haberán de superar nas convocatorias de xuño e maio. Quen non superar un deles ou os dous, poderá concorrer, en xuño, á convocatoria final, mais quen non conseguise superar unha das partes correspondentes aos dous cuadrimestres, na convocatoria extraordinaria de setembro deberá superar toda a materia, non podendo asistir a tal convocatoria unicamente cunha das partes.
Supervised projects Realización dun ou varios traballos relacionados tanto coa recepción e crítica textual como a recepción e comentario lingüístico-literario, así como, por outra parte, elaboración de unidades didácticas referidas a calquera aspecto dos tratados no programa docente. Amais das tradicionais probas de avaliación, o traballo titorizado constituirá un dos aguillóns máis decisivos para a cualificación do aproveitamento dos contidos da cadeira. Neste sentido, porén, o traballo ou os traballos titorizados apuntados durante o curso académico serán de gran relevancia á hora de superar exitosamente a cadeira, posto que dan índice da madureza científica de calquera alumno ou alumna. Se se negociar co grupo, pódese optar por unha avaliación de traballos titorizados segundo a opción do portafolio.

Personalized attention
Methodologies
Document analysis
Diagramming
Workbook
Oral presentation
Objective test
Supervised projects
Description
Consistirá na solución de calquera tipo de dúbida a respecto da marcha do curso, é dicir, sobre o temario e as actividades propostas, así como sobre os posíbeis traballos titorizados que, ben de forma obrigatoria, ben de forma voluntaria, poidan facer os alumnos e alumnas.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Document analysis Traballos de análise documental, previa lectura e recepción 10
Diagramming Traballos de realización de esquemas sobre documentos varios 5
Workbook Lecturas de obras propostas ben polo profesor, ben polo alumnado 10
Oral presentation Exposición oral, necesaria para todo e toda futura docente 10
Objective test Exame negociado co alumnado, que consistirá na recepción de parte do material teórico co que se traballou nas aulas e nunha proba práctica 40
Supervised projects Realización de traballos titorizados que se negociarán co grupo-clase 20
 
Assessment comments
De todas as maneiras, na cualificación final da cadeira influirán variantes como a participación aular e a dispoñibilidade, isto é, o interese amosado e demostrado e un tamén amosado interese pola proposta de actividades, así como, noutro orde, a posíbel redacción de máis traballos complementares que, de ser o caso, ben poderían configurar o desenvolvemento dun xuízo que, de ser aceptado polo grupo-clase, como se ten sinalado pode basearse parcialmente no portafolio

Sources of information
Basic


Crystal, D. (2001): La muerte de las lenguas, Cambridge: Cambridge U.P.

Martín Vegas, R. A. (2009): Manual de Didáctica de la Lengua y la Literatura, Madrid: Síntesis.

Pardo de Neyra (2006): As orixes da literatura infantil galega, Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.

Souto Presedo, E. (1993): Socio-didáctica lingüística, Compostela: Laiovento.

Complementary

Cassany, D. (1993): Reparar la escritura. Didáctica de la corrección de lo escrito, Barcelona: Graó.

_____, M. Luna e G. Sanz (1994): Enseñar lengua, Barcelona: Graó.

García Rivera, G. (1995): Didáctica de la literatura para la enseñanza Primaria y Secundaria, Madrid: Akal.

García, J. e A. Medina [eds.] (1988): Didáctica de la lengua y la literatura, Madrid: Anaya.

Giménez, G. et alii (1985): Aspectos didácticos de lengua española. Bachillerato, Zaragoza: ICE, Universidad de Zaragoza.

Gómez, M. T. et alii (1990): Propuestas de interacción en el aula. Técnicas para lograr un clima favorable en la clase, Madrid: Narcea.

Gonzáles Las, C. (1999): La lengua instrumento de comunicación, Granada: Grupo Editorial Universitario.

Lomas, C. (1999): Cómo enseñar a hacer cosas con las palabras, Barcelona: Paidós, 2 vols.

_____ e A. Osoro (1991): “Modelos teóricos y enfoques didácticos en la enseñanza de la lengua”, Signos, 4, Xixón: 22-29.

_____ e A. Osoro [comps.] (1993): El enfoque comunicativo de la enseñanza de la lengua, Barcelona: Paidós.

_____ e A. Osoro (1996 a): “Los objetivos de la educación Lingüística y el currículum de Lengua Castellana y Literatura”, in C. Lomas (coord.), La educación lingüística y literaria en la enseñanza secundaria, Barcelona: ICE, Universitat de Barcelona – Horsori Editorial.

_____ e A. Osoro (1996 b): “Enseñar Lengua y Literatura en la educación secundaria. Orientaciones para la elaboración de proyectos curriculares y programaciones de aula”, in C. Lomas (coord.), La educación lingüística y literaria en la enseñanza secundaria, Barcelona: ICE, Universitat de Barcelona – Horsori Editorial.

_____ e A. Osoro (2001): “De la lingüística aplicada a la educación lingüística implicada. Formación del profesorado y cambios in las aulas de lengua”, Textos, 27, Barcelona: 8-27.

_____, A. Osoro e A. Tusón (1992): “Ciencias del lenguaje, competencia comunicativa y enseñanza de la lengua”, Signos, 7, Xixón: 26-53.

_____, A. Osoro e A. Tusón (1993): Ciencias del lenguaje, competencia comunicativa y enseñanza de la lengua, Barcelona: Paidós.

Lombraña, J. (1997): “El marco normativo y curricular de la lengua y literatura”, in J. Serrano e J. E. Martínez (coords.), Didáctica de la lengua y literatura, Barcelona: Oikos-Tau.

Medina Rivilla, A. (1988): “Didáctica de la Lengua”, in J. García Padrino e A. Medina (dirs.), Didáctica de la Lengua y la Literatura, Madrid: Anaya.

Medina Rivilla, A. (1989): Didáctica e interacción en el aula, Madrid: Cincel.

Meix, F. (1994): “Teorías literarias y enseñanza de la literatura”, Textos, 1, Barcelona: 53-64.

Mendoza Fillola, A. (1994): Literatura comparada e intertextualidad, Madrid: La Muralla.

_____ [coord.] (1998): Conceptos clave en Didáctica de la Lengua y la Literatura, Barcelona: SEDLL – ICE, Universitat de Barcelona – Horsori Ediciones.

_____ [coord.] (2003): Didáctica de la Lengua y la Literatura para Primaria, Madrid: Prentice Hall.

_____ e A. López Valero (2000): “Didáctica de la Lengua y Literatura Españolas”, in L. Rico e D. Madrid (coords.), Fundamentos didácticos de las áreas curriculares, Madrid: Síntesis.

_____, A. López Valero e E. Martos Núñez (1996): Didáctica de la Lengua para la Enseñanza Primaria y Secundaria, Madrid: Akal.

Pardo de Neyra, X. (2005): Aproximación a la poesía. Consideraciones y metodología crítico-didáctica sobre comentario de textos, Mérida: Rox Ediciones.

Rodríguez López-Vázquez, A. (1997): “Problemas didácticos en torno al mito de Don Juan”, in VV.AA., Actas das I Xornadas de Didáctica da Literatura, Compostela: Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela: 31-40.

Rodríguez López-Vázquez, A. (2000): “Aspectos de didáctica de la Literatura”, in E. Rigaud Felices, G. Núñez Ruiz e M. J. Martín Granados (coords.), De Educación Lingüística y Literaria, Almería: CSI–CSIF – Universidad de Almería: 61-92.

Searle, J. R. (1980): Actos de habla, Madrid: Cátedra.

Seco, M. (1963): El comentario de textos, Madrid: MEN.

Segre, C. (1985 b): Principios de análisis del texto literario, Barcelona: Crítica.

Sobejano, G. (1973): El comentario de textos, Madrid: Castalia, 2 vols.


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously
Comentarios de Textos Literarios/652211285
Literatura Infantil e Xuvenil/652211342

Subjects that continue the syllabus
Lingua Galega/652211107
Lingua e Literatura Galega e a sua Didáctica/652211210

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.