Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Novas Tecnoloxías Aplicadas a Educación Código 652311302
Titulación
Mestre: Especialidade en Educación Física
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
1º e 2º Ciclo Anual
Terceiro 3.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Iglesias Amorin, Fernando
Correo electrónico
f.amorin@udc.es
Profesorado
Iglesias Amorin, Fernando
Correo electrónico
f.amorin@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es/moodle
Descrición xeral A materia de Novas tecnoloxías aplicadas á educación forma parte do plan de estudios da diplomatura de Mestre especialista en Educación Física. Impártese no último curso e é unha materia troncal de 4 créditos, 3 teóricos e 1 práctico, o que equivale no Sistema Europeo de Transferencia de Créditos a aproximadamente 3.5 créditos que representan o redor de 87 horas de traballo do estudante.

Os descritores desta materia son os seguintes: Recursos didácticos e novas tecnoloxías: utilización nas súas distintas aplicacións didácticas, organizativas e administrativas. Utilización dos principais instrumentos informáticos e audiovisuais.

Os estudios conducentes ao título de Mestre especialista en Educación Física teñen como principal fin dotar aos futuros mestres das competencias necesarias para desenvolver a actividade docente nos niveis da Educación Primaria integrando os aspectos básicos con aquelas competencias que de forma específica permitirán aos futuros mestres desenvolver unha actividade docente encamiñada ao desenrolo das capacidades físicas e de acción dos nenos e nenas de entre 6 e 12 anos. Entre as funcións centrais na actividade docente está o deseño e desenvolvemento dun curriculum que permita tanto o desenrolo integral dos nenos e nenas destas idades como o desenrolo mais específico das súas capacidades físicas e de acción mediante a educación a través do corpo e o movemento e que, ademais, responda a unha serie de principios xerais relacionados cunha educación democrática, inclusiva e preocupada pola xustiza social.

Como elementos clave do curriculum sobre o que o futuro mestre deberá tomar decisións están os medios e recursos didácticos que permitirán o traballo dos contidos do curriculum e contribuirán a consecución dos fins educativos buscados. A materia de Novas tecnoloxías aplicadas á educación dotará aos futuros mestres coas competencias necesarias para poder analizar, avaliar, seleccionar, utilizar e crear recursos baseados nas tecnoloxías da información e da comunicación. As novas tecnoloxías ofrecen o futuro mestre de Educación Física innumerables posibilidades para a busca de información e recursos para as súas clases, para a organización e creación dos seus propios recursos, para a comunicación con outros docentes e persoas interesadas no campo da educación física, para a súa constante formación e para a investigación da súa propia práctica.

Na sociedade actual, definida como sociedade da información, a xeración, procesamento, manipulación e transmisión de información grazas as TIC son agora as actividades centrais e as principais fontes de produtividade e poder. A escola debe responder aos avances tecnolóxicos tendo en conta que a mera introdución das novas tecnoloxías no curriculum non implica a mellora da calidade da educación, sendo posible seguir reproducindo formas tradicionais de ensinanza pero con novos medios. É por isto necesario unha reflexión previa sobre os fins buscados, os cales deberán buscar formar a futuros cidadáns con capacidade para a analizar de forma crítica a información transmitida a través das TIC, con capacidade para crear información mediante as TIC, con capacidade para aprender a aprender e comprometidos coa defensa da xustiza social.

Dende unha postura crítica ante as novas tecnoloxías o docente deberá, por unha banda, guiar o estudante na súa construción do coñecemento, contribuíndo a súa vez a que se converta en intérprete crítico dese coñecemento. Ademais o docente deberá ser consciente da non neutralidade da tecnoloxía e dos intereses que se atopan tras todo avance tecnolóxico, analizando o papel das novas tecnoloxías no aumento ou diminución das desigualdades sociais, etc. Por outra banda o docente deberá utilizar estes recursos tecnolóxicos para favorecer a investigación da súa propia práctica levando a cabo procesos de investigación-acción que favorezan a mellora da súa labor docente.

A materia de Novas tecnoloxías aplicadas á educación asignada a área de Didáctica e Organización escolar se relaciona con outras materias do plan de estudios da diplomatura de Mestre especialista en Educación Física como poden ser Didáctica Xeral, Socioloxía da Educación, Teorías e institucións contemporáneas de educación, Organización escolar ou Educación Física e a súa didáctica.

Competencias do título
Código Competencias do título
A6 Coñecemento de novas tecnoloxía e a súa aplicación ao ámbito educativo.
A10 Capacidade para investigar sobre a propia práctica, e introducir propostas de innovación encamiñadas á mellora.
A11 Capacidade para empregar recursos diversificados que contribúan a mellorar a experimentación e a aprendizaxe do alumnado no ámbito da Educación Física.
A13 Capacidade para ser sensible á nova realidade social, plural, diversa e multicultural, desenvolvendo estratexias para a inclusión educativa e social.
A17 Recoñecer a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa.
A18 Recoñecer, desde unha perspectiva crítica, que o exercicio da función docente ha ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida, o que implica a necesidade de formación continua.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B11 Capacidade de análise e de síntese.
B12 Capacidade de procura e de manexo de información.
B13 Capacidade de organización e de planificación.
B17 Capacidade para se integrar e se comunicar con expertos noutras áreas e en contextos diferentes.
B18 Capacidade para presentar, defender e debater ideas utilizando argumentos sólidos.
B20 Compromiso ético.
B24 Creatividade ou capacidade para pensar as cousas desde diferentes perspectivas, ofrecendo novas solucións aos problemas.
B28 Recoñecer a necesidade de implicarse nunha aprendizaxe ao longo da vida.
B29 Resolución de problemas e toma de decisións.
B30 Utilización das TIC no ámbito de estudo e contexto profesional.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Capacidade para comprender e analizar de forma crítica o papel das TIC na sociedade e na educación desenvolvendo un compromiso ético co papel liberador das novas tecnoloxías fronte o seu posible papel opresor. A6
A17
B3
B6
B11
B12
B18
B20
C6
C8
Capacidade para preparar, seleccionar, avaliar, crear e construír materiais didácticos coas TIC para o traballo do curriculum da Educación Física e tendo en conta principios educativos como a educación democrática e inclusiva e a preocupación pola xustiza social. A6
A11
A13
B1
B5
B13
B18
B29
B30
C3
C4
Capacidade de emprego das TIC como ferramentas que, adecuadamente integradas no curriculum, poden contribuir a mellora da formación docente, da calidade do ensino na educación física e que poden favorecer os procesos de construcción do coñecemento por parte dos estudantes. A6
A10
A18
B2
B17
B24
B28
B30
C3
C7

Contidos
Temas Subtemas
MÓDULO I: Sociedade, tecnoloxía e educación: as TIC na sociedade da información. 1.1. Concepto e características das TIC.
1.2. Mitos asociados as TIC.
1.3. A sociedade da información.
1.4. As TIC na globalización económica, política e cultural.
1.5. As desigualdades sociais e a fenda dixital.
1.6. O papel liberador ou opresor das TIC.
1.7. Os retos da educación ante as TIC.
MÓDULO II: A tecnoloxía educativa como disciplina pedagóxica. 2.1. O desenvolvemento da tecnoloxía educativa como disciplina pedagóxica.
2.2. O enfoque da tecnoloxía educativa desde unha perspectiva multidisciplinar e crítica das ciencias sociais.
2.3. A tecnoloxía educativa en España, Europa e no mundo.
2.4. A investigación sobre as TIC en educación.
MÓDULO III: Os medios na educación: materiais didácticos, recursos educativos e TIC. 3.1. Socialización e aprendizaxe con medios e tecnoloxías en contextos educativos.
3.2. Recursos educativos e materiais didácticos.
3.3. Os medios impresos.
3.4. Os medios audiovisuais.
3.5. Os medios dixitais.
3.6. O deseño, selección, utilización e avaliación de recursos educativos e materiais didácticos.
MÓDULO IV: A integración das TIC na educación. 4.1.As TIC nos procesos de deseño, desenvolvemento e avaliación do currículo.
4.2. O profesorado ante a integración das TIC.
4.3. A organización e xestión das TIC.
4.4. Boas prácticas para integración das TIC.
4.5. Modelos e niveis de integración das TIC.

MÓDULO V: Internet e educación. 5.1. O ensino con tecnologías dixitais.
5.2. A selección, avaliación e utilización dos distintos recursos, aplicacións e servicios de internet no ámbito educativo.
5.3. A web 2.0: análise das súas posibilidades educativas e creación de recursos na rede.
5.4. O elearning e os entornos virtuais de aprendizaxe.
5.5. Os entonos de traballo colaborativo.
5.6. As redes sociais.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 12 18 30
Discusión dirixida 2 2 4
Traballos tutelados 18 22 40
Proba mixta 1 8.5 9.5
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Na actividade de sesión maxistral traballaranse os contidos que conforman o marco teórico mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.

Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas.
Discusión dirixida Mediante esta dinámica abordaranse diversas temáticas orientadas a que o alumnado reflexione sobre a importancia das TIC na sociedade e en educación en particular, atendendo aos múltiples factores que inciden na súa integración para desenvolvemento da intervención educativa, co obxecto de favorecer a construción dunha visión crítica das diferentes formas de interpretar a realidade educativa.
Traballos tutelados En torno aos diferentes temas proporase a realización de pequenos traballos de grupo baseados en prácticas a través de TIC. Estas actividades iniciaranse na aula e deberán ser completados mediante o traballo autónomo do alumnado, atendendo as indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada do profesor aos diferentes grupos.

Para a realización destes traballos tomaranse como referencia tanto os materiais básicos da materia así como outros complementarios. Basearanse no traballo con distintos recursos na rede, con distintos programas de software gratuíto e ferramentas de autor e coa pizarra dixital. Finalmente, a través da exposición na aula, cada grupo compartirá os traballos realizados cos demais grupos.
Proba mixta A proba mixta constituirá unha actividade final da materia con carácter avaliativo a través da que o alumnado deberá dar resposta a varias cuestións facendo un tratamento global e integrado dos coñecementos adquiridos, de acordo co conxunto de contidos abordados en torno ás diferentes dinámicas de traballo ao longo da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada que se describe en relación a estas metodoloxías concíbense como momentos de traballo presencial co profesor, polo que implican unha participación obrigatoria para o alumnado.

A forma e o momento en que se desenvolverá indicarase en relación a cada actividade ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados En relación cos traballos tutelados valorarase:
- A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
- A profundidade do contido.
- O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas educativas.
- O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
- A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
- A presentación e a claridade da exposición.
70
Proba mixta A proba mixta consistirá en dar resposta a varias cuestións que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia. 30
 
Observacións avaliación

Segundo a participación do alumnado na materia, a avaliación contempla dúas opcións.

Opción A. Para o alumnado que asiste/participa nas actividades de clase (>85%):

a) Elaboración dun cartafol cos traballos de cada grupo no que se recollerán as prácticas que se desenvolvan na aula, así como aquelas actividades relacionadas coa lectura e análise de materiais diversos presentados en clase (70%).

b) Un exame escrito sobre os contidos da materia (30%).

Opción B. Para o alumnado que non asiste/participa nas actividades de clase (< 85%):

a) Presentación dos traballos que corresponden coa parte práctica da materia (30%).

b) Un exame escrito sobre os contidos da materia (70%).

Para superar a materia é necesario obter unha avaliación favorable en cada unha das partes da materia (50%). As convocatorias de setembro e decembro estarán sometidas aos mesmos criterios que a convocatoria de xuño: aqueles estudantes que queiran presentarse ás mesmas deben ter a día de exame todas as actividades que corresponden ás prácticas da materia e así poder ser avaliados da mesma.


Fontes de información
Bibliografía básica

Adell, Jordi y Bernabé, Yolanda. (2007). Software libre en educación. Madrid: McGraw-Hill

Almirón, Nuria (2008): Web 2.0 ¿a reedición da burbulla tecnolóxica? Revista Red Digital.

Area Moreira, Manuel (2009): Introducción a la Tecnología educativa. Universidad de La Laguna. Creative Commons. Libro electrónico.&nbsp;

Area Moreira, Manuel; Gros Salvat, Begoña y Marzal García-Quismondo, Miguel Angel (2008): Alfabetizaciones y tecnologías de la información y la comunicación. Madrid. Síntesis.

Area Moreira, Manuel (2005): La educación en el laberinto tecnológico. Barcelona. Octaedro.

Area Moreira, Manuel (2004): Los medios y las tecnologías en la educación. Madrid. Pirámide.

Bartolomé Pina, Antonio (2008): Vídeo digital y educación. Madrid. Síntesis.

Cabero Almenara, Julio (coord.) (2006): Nuevas tecnologías aplicadas a la educación. Madrid. McGrawHill.

Cabero Almenara, Julio (coord.) (2007): Tecnología educativa. Madrid. McGrawHill.

Castaño, Carlos; Maiz, Inmaculada; Palacio, Gorka y Villarroel, José Domingo (2008): Prácticas educativas en entornos web 2.0. Madrid. Síntesis.

Cebrián de la Serna, Manuel (coord.) (2009): El impacto de las TIC en los centros educativos. Ejemplos de buenas prácticas. Madrid. Síntesis.

Cebrián de la Serna, Manuel (coord.) (2005): Tenologías de la información y la comunicación para la formación de docentes. Madrid. Pirámide.

Ortega Carrillo, José Antonio y Chacón Medina, Antonio (coords.) (2007): Nuevas tecnologías para la educación en la era digital. Madrid. Pirámide.

Ovelar, María (2007): Aristocracia bloguera. Revista Red Digital.

Revista Galega de Educación (2007):Competencia dixital e ferramentas TIC. RGE Nº 38.

Salinas, Jesús, Aguaded, José Ignacio y Cabero, Julio (coords.) (2004): Tecnologías para la educación: Diseño, producción y evaluación de madios para la formación docente. Madrid. Alianza editorial.

Xunta de Galicia(2009): Lexislación da Educación Infantil en Galicia. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Bibliografía complementaria

Aguilera, José María (1999): Aprendiendo en la era de la información. Madrid. Anaya.

Alonso Erausquin, Manuel y Matilla, Luis (1990): Imágenes en acción. Análisis y práctica de la expresión audiovisual en la escuela activa. Madrid. Akal.

Alonso Erausquin, Manuel; Matilla, Luis y Vázquez Freire, Miguel (1995): Teleniños públicos, Teleniños privados. Madrid. Ediciones de la Torre.

Aparici, Roberto (coord.) (1996): La revolución de los medios audiovisuales. Educación y Nuevas Tecnologías. Madrid. Ediciones de la Torre.

Aparici, Roberto y García Matilla, Agustín (1998): Lectura de imágenes. Madrid. Ediciones de la Torre. 3º edición.

Aparici, Roberto; García Matilla, Agustín y Valdivia, Manuel (1992): La imagen. UNED.

Aparici, Roberto (coord.) 2000: Nuevas tecnologías, comunicación y educación. Cd-rom. UNED

Area Moreira, Manuel (1999): Futuro imperfecto: novas tecnologías e igualdade de oportunidades. Revista Galega de Educación, nº32, pp.13-19.

Area Moreira (2001): Educación en la sociedad de la información. Bilbao. Desclee de Brouwer.

Baleirón, Charo et al. (1998): O laberinto virtual. Sobre as novas tecnoloxías na educación. Vigo. Xerais.

Bartolomé, Antonio (2002): Nuevas tecnologías en el aula. Guía de supervivencia. Barcelona. Graó. 3º edición.

Bautista García-Vera, Antonio (1994): Las nuevas tecnologías en la capacitación docente. Madrid. Visor.

Bonete Perales, Enquique (1999): Ética de la comunicación audiovisual. Madrid. Tecnos.

Cabero Almenara, Julio (ed.) (1999): Tecnología educativa. Madrid. Síntesis Educación.

Cabero Almenara, Julio (ed.) (2001): Nuevas tecnologías aplicadas a la educación. Madrid. Síntesis Educación.

Castells, Manuel (1998): La era de la información. Economía, sociedad y cultura. Fin de Milenio. Madrid Alianza.

Castells, Manuel (2000): La era de la información. Economía, sociedad y cultura. La sociedad Red. Madrid Alianza.

Cebrián, Juan Luis (1998): La Red. Cómo cambiarán nuestras vidas los nuevos medios de comunicación. Madrid. Taurus.

Cebrián de la Serna, Manuel et.al.(coord.) (1998): Recursos tecnológicos para los procesos de enseñanza y aprendizaje. Universidad de Málaga ICE.

Cebrián de la Serna, Manuel, Ríos Ariza, José Manuel (coords.) (2000): Nuevas tecnologías aplicadas a las Didácticas Especiales. Madrid. Pirámide.

Cebrián de la Serna, Manuel (2000): Internet en el aula. Proyectando el futuro. Málaga. Universidad de Málaga.

Cebrián de la Serna, Manuel (coord.) (2001): Actividades con el ordenador en el aula. Málaga. Universidad de Málaga.

Corderch, Jorge y Guitert, Montse (2001): ¿Cómo aprender y enseñar con Internet? Cuadernos de Pedagogía, nº301, pp.56-63.

Corominas, Agustín (1995): La comunicación audiovisual y su integración en en el currículum. Barcelona. Graó.

Crook, Charles (1998): Ordenadores y aprendizaje cooperativo. Madrid. Morata.

Chomsky, Noam y Ramonet, Ignacio (1995): Como nos venden la moto. Barcelona. Icaria.

Dery, Mark (1998): Velocidad de escape. La cibercultura en el final de siglo. Madrid. Siruela

Echebarría, Javier (2000): Los señores del aire: Telépolis y el Tercer entorno. Madrid. Destino.

Estefanía, Joaquín (1998): Contra el pensamiento único. Madrid. Taurus.

Fernández Esteban, María Luisa (1998): Nuevas tecnologías, Internet y Derechos fundamentales. Madrid. McGrawhill.

Ferrés, Joan y Marqués, Peré (coords.) (1997): Comunicación educativa y nuevas tecnologías. Barcelona. Praxis.

Ferrés, Joan (2000): Educar en una cultura del espectáculo. Barcelona. Paidós.

Galeano, Eduardo (1998): Patas arriba. La escuela del mundo al revés. Madrid. Siglo XXI.

Gilster, P. (1995): El navegante de Internet. Madrid. Anaya.

González Quirós, José (1998): El porvenir de la razón en la era digital. Madrid. Síntesis.

Gros, Begoña (coord.) (1997): Diseños y programas educativos. Pautas pedagógicas para la elaboración de software. Barcelona. Ariel.

Guitart, Joseph (2001): Los multimedia e Internet, al servicio de la educación. Cuadernos de Pedagogía, nº301, pp.64-79.

Guitart, Joseph (2001): 100 webs del ámbito educativo. Cuadernos de Pedagogía, nº301, pp.70-80.

Gutiérrez Martín, Alfonso (1997): Educación Multimedia y Nuevas Tecnologías. Madrid. Ediciones La Torre.

Gutiérrez Martín, Alfonso (coord.) (1998): Formación del profesorado en la sociedad de la información. Segovia. Publicaciones de la Universidad de Valladolid.

Heap, Nick et.al. (1999): Information, Technology and Society. London. Sage. Open University.

Held, David (ed.) (2000): A globalizing world? Culture, economics, politics. London. Routledge. Open University.

Joyanes, Luis (1997): Cibersociedad. Los retos sociales ante un nuevo mundo digital. Madrid. McGraw-Hill.

Kaplún, Mario (1998): Una pedagogía de la comunicación. Madrid. Ediciones de la Torre.

Klein, Naomi (2001): No logo. El poder de las marcas. Barcelona. Paidós.

Least, M. (ed.) (2000): Issues in teaching using ICT. London. Routledge.

Litwin, Edith (comp.) (1995): Tecnología educativa. Política, historias, propuestas. Buenos Aires. Paidós.

Marí Sáez, Víctor Manuel (2002): Globalización, nuevas tecnologías y comunicación. Madrid. Ediciones de la Torre.

Martínez, Francisco y Prendes, Mª Paz, ccords. (2004): Nuevas Tecnologías y educación. Madrid. Pearson.

Mattelart, Armand (1998): La mundialización de la comunicación. Barcelona. Paidós.

McDougall, Anne (1998): Cómo elegir y utilizar software educativo. Madrid. Morata. Paideia.

Millán, José Antonio (1998): De redes y saberes. Cultura y educación con las nuevas tecnologías. Madrid. Aula XXI Santillana.

Mirabito, Michael (1997): Las nuevas tecnologías de la comunicación. Madrid. Gedisa.

Negroponte, Nicholas (1995): El mundo digital. Madrid. Debate.

Obach, Xavier (1997): El tratamiento de la información y otras fábulas. Madrid. Anaya.

Odina, Mercedes (2000): La aldea irreal. Madrid. Aguilar.

Pardo Pérez, Juan Carlos (1999): Transicións sociais, sociedade da información e educación escolar. Revista Galega de Educación, 32, pp.21-50.

Pérez Tornero, José Manuel (2002): Comunicación y educación en la sociedad de la información. Madrid. De la Torre.

Poole, Bernard (1999): Tecnología educativa. Educar para la sociocultura de la comunicación y el conocimiento. Madrid. McGrawHill.

Postman, Neil (1994): Tecnópolis. La rendición de la cultura a la tecnología. Barcelona. Galaxia Gutemberg.

Quin, Robyn y McMahon, Barrie (1997): Historias y estereotipos. Madrid. Ediciones de la Torre.

Ramonet, Ignacio (1998a): La tiranía de la comunicación. Madrid. Debate.

Ramonet, Ignacio (1998b): Internet, el mundo que llega. Los nuevos caminos de la comunicación. Madrid. Alianza.

Ramonet, Ignacio (2000): La golosina visual. Madrid. Debate.

Reparaz, Charo; Sobrino, Ángel y Mir, José Ignacio (2000): Integración curricular de las nuevas tecnologías. Barcelona. Ariel.

Ríos Arza, José Manuel y Cebrián de la Serna, Manuel (2000): Nuevas tecnologías de la información y comunicación aplicadas a la educación. Málaga. Aljibe.

Roma, Pepa (2001): Jaque a la globalización. Cómo crean su red los movimientos sociales alternativos. Barcelona. Grijalbo Mondadori.

Salinas, Jesús et.al (2004): Tecnologías para la educación. Diseño, producción y evaluación de medios para la formación docente. Madrid. Alianza.

Sancho Gil, Juana Mª (1994): Hacia una tecnología crítica. Cuadernos de Pedagogía, nº 230, pp.8-12)

Sancho Juana María (coord.) (1995): Para una tecnología educativa. Barcelona. Horsori.

Sancho, Juana María y Millán L.M. (comp.) (1995): Hoy ya es mañana. Tecnologías y educación: un diálogo necesario. Morón (Sevilla). Publicaciones MCEP.

San Martín, Ángel (1995): La escuela de las tecnologías. Universidad de Valencia.

Squires, David y McDougall, Anne (1997): Cómo elegir y utilizar software educativo. Madrid. Morata.

Steinberg, Shirley R. y Kincheloe, Joe. (comps.) (2000): Cultura infantil y multinacionales. Madrid. Morata.

Tiffin, John y Rajasingham, L. (1997): En busca de la clase virtual. La educación en la sociedad de la información. Barcelona. Paidós.

Toledo, P. (2001): Accesibilidad, informática y discapacidad. Sevilla. Mergablum.

Torres Santomé, Jurjo (2001): Educación en tiempos de neoliberalismo. Madrid. Morata.

V.V.A.A (1999): Sur y comunicación. Una nueva cultura de la información. Barcelona. Icaria. Antrazyt/ Medicos Mundi.

VVAA (2000): ATTAC. Contra la dictadura de los mercados. Barcelona Icaria.

VVAA (2001): Porto Alegre. Otro mundo es posible. Madrid. El viejo topo.

Wolton, Dominique (2000): Internet ¿Y después? Una teoría crítica de los nuevos medios de comunicación. Gedisa. Barcelona.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Didáctica Xeral I/652311103
Didáctica Xeral 2/652311361

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Prácticum II/652311310

Materias que continúan o temario

Observacións

Os materiais de traballo desta materia para a realización das prácticas e a prepración do exame atópansa en Moodle (Campus virual da UDC http://campusvirtual.udc.es/moodle).

  1. Revisar os documentos de estudo e traballo en Moodle.
  2. Iniciar canto antes a realización das prácticas.
  3. Asistir a titorías sempre que se teñan dúbidas.
  4. Traballar con todos os documentos, artigos, presentacións e demais recursos de cada bloque.
  5. Preparar de forma adecuada as presentación das practicas.