Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Relixión 2 Código 652311331
Titulación
Mestre: Especialidade en Educación Física
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
1º e 2º Ciclo 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 3
Idioma
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral Esta asignatura, igual que Relixion.II e Historia das Relixions forman parte do conxunto de asignaturas de Did. da Relixión Católica, do Plano de Estudos agora extinto das Titulacións de Mestre. Asignatura sen docencia. Para acceder aos contidos e preparar o exame cómpre poñerse en contacto co profesor.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen

*Metodoloxías docentes que se modifican

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

4. Modificacións na avaliación

*Observacións de avaliación:

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Ser quen de fomentar o interese polo medio natural, social e cultural e promover comportamentos respectuosos, especialmente ante as crenzas e confesións relixosas diversas presentes na aula.
Coñecemento doutras culturas e doutros costumes e as confesions relixiosas, así como o cristianismo e a súa historia.
Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade, tamén no ámbito do diálogo interrelixioso e ecuménico.
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
Iniciarse no coñecemento da biblia, das claves para interpretala e da teoloxía básica do cristianismo desde o Novo Testamento ata hoxe.

Contidos
Temas Subtemas
1. A Biblia
1.1 Estructura da Biblia, composición, xéneros literarios.
1.2 A historia de Israel e o Antigo Testamento
1.3 Os grandes personaxes e feitos bíblicos: os patriarcas, o Éxodo, os xuíces, os profetas, os sabios.
1.4 Os grandes temas bíblicos: Creación, Caída, Alianza, Éxodo, Mesianismo, Revelación, Evanxeo.
1.5 Didáctica dos contidos bíblicos.
2. A mensaxe cristiá
2.1 Xesucristo
2.1 Xesucristo
2.1.1 O seu contexto histórico e sociolóxico. Historicidade dos evanxeos.
2.1.2 O reinado de Deus. Parábolas e signos.
2.1.3 A morte e resurrección. Os relatos.
2.1.4 Xesús de Nazaret, nacido de muller e Fillo de Deus. As primeiras cristoloxía.
2.1.5 A pascua e os discípulos de Xesús: A Igrexa. Pentecostés.
2. A mensaxe cristiá
2.2 O Cristianismo: a Igrexa
2.2.1 O ser da Igrexa: misterio de misión e comunión.
2.2.2 O Pobo de Deus. Sacramentalidade histórica.
2.2.3. A identidade espiritual do cristián. Sacramentos e moral
2.2.4 A moral cristiá: a lei do amor. Conciencia e Lei.
2.2.5 Moral de actitudes, moral da persoa, moral social.
2.2.6 O sentido da historia humana. O mal e a esperanza.
2.2.7 Didáctica dos temas cristolóxicos, eclesiolóxicos, éticos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba mixta 2 10 12
Sesión maxistral 18 36 54
Discusión dirixida 5 5 10
Portafolios do alumno 1 6 7
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Consiste nunha proba con dúas partes. Unha primeira, en forma de test, para constatar un coñecemento básico da Biblia; Unha segunda, con temas a desenvolver por escrito sobre os contidos da segunda parte dos contidos, A mensaxe cristiá.
Sesión maxistral Son as exposicións de clase sobre os contidos nucleares do programa.
Discusión dirixida Estando atentos aos acontecementos e noticias relacionados coa materia ou a partir dalgún texto facemos comentario e debate participativo para esclarecer as súas raíces e fundamentos e mais os aspectos que afectan á asignatura e que axudan a comprender ou ampliar os contidos da mesma e a súa implicación na vida social e cultural.
Portafolios do alumno Os comentarios e participacións na discusión dirixida na aula serán presentados por escrito polo alumno cunha perspectiva persoal e ampliada.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba mixta
Portafolios do alumno
Descrición
Procedemento avaliativo sobre todo para medir a adquisición de coñecementos polo alumno.

O Portafolios é un incentivo de participación na discusión dirixida e computa para avaliación. Require do alumno unha aportación persoal ao estudo da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A inserción da actualidade nos contidos da asignatura mediante a discusión dirixida promove a participación activa do alumno e a súa motivavción, e acabará na presentación do portafolio correspondente. 5
Proba mixta Terá dúas partes: un test de coñecementos bíblicos e unha redacción sobre algún dos contidos do curso. Ambas as dúas partes, sumadas, darán o promedio da cualificación final. 80
Portafolios do alumno O resumo das discusións ou debates feitos na aula, sempre cunha perspeactiva algo máis ampla e orixinal, será presentado polo alumno como mérito de cara á avaliación final. 15
 
Observacións avaliación
A cualificación final do alumno que non participa nas discusións dirxidas e polo tanto non presenta o portafolio sobre as mesmas dependerá exclusivamente da proba mixta.

Fontes de información
Bibliografía básica

  • BARTOLOMÉ, J.J., CHÁVEZ, P., BISSOLI, C. (1996)
    Iniciación a la Biblia. Didáctica de la Biblia
    Barcelona. Edebé
  • CHARPENTIER, E. (1998)
    Para leer el Antiguo Testamento
    Estella (Navarra). Ed. Verbo Divino
  • CHARPENTIER, E. (1998)
    Para leer el Nuevo Testamento
    Estella (Navarra). Ed. Verbo Divino
  • RAHNER, K. (1979) Curso fundamental sobre la fe
    Barcelona.
  • GONZALEZ-CARVAJAL, L.Esta es nuestra fe
  • Santander (1998)

    Bibliografía complementaria Busto Saiz. J.R. (1989). Cristología para empezar. Santander. Ed. Sal Terrae
    Bartolomé, J.J. (1994). La resurrección de Jesús. Madrid. Ed. CCS

  • ASOCIACIÓN DE EDITORES (1992)
    Catecismo de la Iglesia Católica
    Madrid.
  • CONCILIO VATICANO II (1993) Concilio Vaticano II. Constituciones. Decretos. Declaraciones
    Madrid. Biblioteca de Autores Cristianos
  • GONZALEZ DE CARDEDAL, O. (1998)
    La entraña del cristianismo
    Salamanca. Sígueme
  • KÜNG, H. (1977)
    Ser cristiano
    Madrid. Cristiandad
  • LLOPIS, J., MORANTE, G. (1996)
    La fe de los cristianos. Didáctica del mensaje cristiano.
    Barcelona. Edebé

  • Recomendacións
    Materias que se recomenda ter cursado previamente

    Materias que se recomenda cursar simultaneamente

    Materias que continúan o temario
    Psicoloxía da Educación e do Desenvolv. na Idade Escolar/652111101
    Psicoloxía Evolutiva de 0 a 6 Anos/652111291

    Observacións


    (*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías