Identifying Data 2019/20
Subject (*) Novas Tecnoloxías Aplicadas a Educación Code 652411302
Study programme
Mestre: Especialidade en Audición e Linguaxe
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
First and Second Cycle Yearly
Third 3.5
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Pedagoxía e Didáctica
Coordinador
E-mail
Lecturers
E-mail
Web http://campusvirtual.udc.es/moodle
General description A materia de Novas tecnoloxías aplicadas á educación forma parte do plan de estudios da diplomatura de Mestre especialista en Audición e Linguaxe. Impártese no último curso e é unha materia troncal de 4.5 créditos, 3 teóricos e 1.5 prácticos, o que equivale no Sistema Europeo de Transferencia de Créditos a aproximadamente 3.5 créditos que representan o redor de 87 horas de traballo do estudante.

Os descritores desta materia son os seguintes: Recursos didácticos e novas tecnoloxías: utilización nas súas distintas aplicacións didácticas, organizativas e administrativas. Utilización dos principais instrumentos informáticos e audiovisuais.

Os estudios conducentes ao título de Mestre especialista en Audición e Linguaxe teñen como principal fin dotar aos futuros mestres das competencias necesarias para desenvolver a actividade docente nos niveis correspondentes do sistema educativo integrando os aspectos básicos con aquelas competencias que de forma específica permitirán aos futuros mestres desenvolver unha actividade docente encamiñada ao desenrolo das capacidades relacionadas co desenvolvemento da linguaxe e da comunicación. Entre as funcións centrais na actividade docente está o deseño e desenvolvemento dun curriculum que permita tanto o desenrolo integral dos nenos e nenas destas idades como o desenrolo mais específico das súas capacidades lingüístico-comunicativas mediante a educación a través e que, ademais, responda a unha serie de principios xerais relacionados cunha educación democrática, inclusiva e preocupada pola xustiza social.

Como elementos clave do curriculum sobre o que o futuro mestre deberá tomar decisións están os medios e recursos didácticos que permitirán o traballo dos contidos do curriculum e contribuirán a consecución dos fins educativos buscados. A materia de Novas tecnoloxías aplicadas á educación dotará aos futuros mestres coas competencias necesarias para poder analizar, avaliar, seleccionar, utilizar e crear recursos baseados nas tecnoloxías da información e da comunicación. As novas tecnoloxías ofrecen o futuro mestre de Audición e Linguaxe innumerables posibilidades para a busca de información e recursos para as súas clases, para a organización e creación dos seus propios recursos, para a comunicación con outros docentes e persoas interesadas no seu mesmo campo de traballo, para a súa constante formación e para a investigación da súa propia práctica.

Na sociedade actual, definida como sociedade da información, a xeración, procesamento, manipulación e transmisión de información grazas as TIC son agora as actividades centrais e as principais fontes de produtividade e poder. A escola debe responder aos avances tecnolóxicos tendo en conta que a mera introdución das novas tecnoloxías no curriculum non implica a mellora da calidade da educación, sendo posible seguir reproducindo formas tradicionais de ensinanza pero con novos medios. É por isto necesario unha reflexión previa sobre os fins buscados, os cales deberán buscar formar a futuros cidadáns con capacidade para a analizar de forma crítica a información transmitida a través das TIC, con capacidade para crear información mediante as TIC, con capacidade para aprender a aprender e comprometidos coa defensa da xustiza social.

Dende unha postura crítica ante as novas tecnoloxías o docente deberá, por unha banda, guiar o estudante na súa construción do coñecemento, contribuíndo a súa vez a que se converta en intérprete crítico dese coñecemento. Ademais o docente deberá ser consciente da non neutralidade da tecnoloxía e dos intereses que se atopan tras todo avance tecnolóxico, analizando o papel das novas tecnoloxías no aumento ou diminución das desigualdades sociais, etc. Por outra banda o docente deberá utilizar estes recursos tecnolóxicos para favorecer a investigación da súa propia práctica levando a cabo procesos de investigación-acción que favorezan a mellora da súa labor docente.

A materia de Novas tecnoloxías aplicadas á educación asignada a área de Didáctica e Organización Escolar relaciónase con outras materias do plan de estudios da diplomatura de Mestre especialista en Audición e Linguaxe como poden ser Didáctica Xeral, Socioloxía da Educación, Teorías e institucións contemporáneas de educación, Organización do centro escolar así como aquelas que se centran de maneira específica no diagnóstico e intervención educativa sobre dos trastornos da audición e da linguaxe.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A6 Ser capaz de acometer, directa ou en colaboración co resto do profesorado, a planificación, o desenvolvemento e a avaliación dunha resposta educativa de calidade para o alumnado con dificultades comunicativo-lingüísticas.
A7 Coñecer, facilitar e intervir cos distintos sistemas alternativos e aumentativos da comunicación que contribúan a melloraras condicións de aprendizaxe e a calidade da comunicación.
A17 Participar eficazmente en procesos de mellora escolar dirixidos a introducir innovacións que promovan unha mellor resposta educativa á diversidade do alumnado.
A18 Procurar información acerca de recursos existentes na comunidade que poidan actuar como apoios indirectos á tarefa educativa.
A23 Capacidade para analizar criticamente as concepcións da educación procedentes da investigación, así como as propostas curriculares da Administración Educativa.
A24 Capacidade para deseñar e desenvolver proxectos educativos e unidades de programación que permitan adaptar o currículo ao contexto sociocultural.
A25 Capacidade para desenvolver estratexias que promovan a aprendizaxe autónoma e cooperativa do alumnado.
A26 Capacidade para organizar o ensino, no marco dos paradigmas epistemolóxicos das áreas, utilizando de forma integrada os saberes disciplinares, transversais e multidisciplinares adecuados ao nivel educativo correspondente.
A27 Capacidade para preparar, seleccionar, construír e utilizar materiais didácticos específicos, incorporando adecuadamente as tecnoloxías da información e da comunicación.
A31 Participar en proxectos de innovación relacionados co ensino e a aprendizaxe que permitan introducir propostas encamiñadas á mellora da calidade educativa.
A32 Capacidade de relación, comunicación, colaboración e cooperación cos distintos sectores da comunidade educativa.
A37 Capacidade para asumir a necesidade de desenvolvemento profesional continuo, mediante a reflexión sobre a propia práctica.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo.
B11 Capacidade da procura e do manexo de información.
B12 Capacidade de organización e planificación.
B15 Capacidade para entender a calidade como un proceso de mellora continua, empregando indicadores para avaliar o seu progreso e os seus resultados.
B25 Utilización das TIC no ámbito de estudo e do contexto profesional.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Capacidade para comprender e analizar de forma crítica o papel das TIC na sociedade e na educación desenvolvendo un compromiso ético co papel liberador das novas tecnoloxías fronte o seu posible papel opresor. A6
A18
A26
A37
B5
B11
B12
B15
B25
C3
C6
C8
Capacidade para preparar, seleccionar, avaliar, crear e construír materiais didácticos coas TIC para o traballo das distintas áreas do curriculum e tendo en conta principios educativos como a educación democrática e inclusiva e a preocupación pola xustiza social. A17
A24
A25
A27
A31
B5
B11
B12
B25
C3
C6
Capacidade de emprego das TIC como ferramentas que, adecuadamente integradas no curriculum, poden contribuír a mellora da formación docente, da calidade do ensino e que poden favorecer os procesos de construción do coñecemento por parte dos estudantes. A6
A7
A17
A23
A32
B5
B7
B11
B12
B25
C3
C6

Contents
Topic Sub-topic
MÓDULO I: Sociedade, tecnoloxía e educación: as TIC na sociedade da información. 1.1. Concepto e características das TIC.
1.2. Mitos asociados as TIC.
1.3. A sociedade da información.
1.4. As TIC na globalización económica, política e cultural.
1.5. As desigualdades sociais e a fenda dixital.
1.6. O papel liberador ou opresor das TIC.
1.7. Os retos da educación ante as TIC.
MÓDULO II: A tecnoloxía educativa como disciplina pedagóxica. 2.1. O desenvolvemento da tecnoloxía educativa como disciplina pedagóxica.
2.2. O enfoque da tecnoloxía educativa desde unha perspectiva multidisciplinar e crítica das ciencias sociais.
2.3. A tecnoloxía educativa en España, Europa e no mundo.
2.4. A investigación sobre as TIC en educación.
MÓDULO III: Os medios na educación: materiais didácticos, recursos educativos e TIC. 3.1. Socialización e aprendizaxe con medios e tecnoloxías en contextos educativos.
3.2. Recursos educativos e materiais didácticos.
3.3. Os medios impresos.
3.4. Os medios audiovisuais.
3.5. Os medios dixitais.
3.6. O deseño, selección, utilización e avaliación de recursos educativos e materiais didácticos.
MÓDULO IV: A integración das TIC na educación. 4.1.As TIC nos procesos de deseño, desenvolvemento e avaliación do currículo.
4.2. O profesorado ante a integración das TIC.
4.3. A organización e xestión das TIC.
4.4. Boas prácticas para integración das TIC.
4.5. Modelos e niveis de integración das TIC.

MÓDULO V: Internet e educación. 5.1. O ensino con tecnologías dixitais.
5.2. A selección, avaliación e utilización dos distintos recursos, aplicacións e servicios de internet no ámbito educativo.
5.3. A web 2.0: análise das súas posibilidades educativas e creación de recursos na rede.
5.4. O elearning e os entornos virtuais de aprendizaxe.
5.5. Os entonos de traballo colaborativo.
5.6. As redes sociais.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech 12 18 30
Directed discussion 2 2 4
Supervised projects 18 22 40
Mixed objective/subjective test 1 8.5 9.5
 
Personalized attention 4 0 4
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Na actividade de sesión maxistral traballaranse os contidos que conforman o marco teórico mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.

Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas.
Directed discussion Mediante esta dinámica abordaranse diversas temáticas orientadas a que o alumnado reflexione sobre a importancia das TIC na sociedade e en educación en particular, atendendo aos múltiples factores que inciden na súa integración para desenvolvemento da intervención educativa, co obxecto de favorecer a construción dunha visión crítica das diferentes formas de interpretar a realidade educativa.
Supervised projects En torno aos diferentes temas proporase a realización de pequenos traballos de grupo baseados en prácticas a través de TIC. Estas actividades iniciaranse na aula e deberán ser completados mediante o traballo autónomo do alumnado, atendendo as indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada do profesor aos diferentes grupos.

Para a realización destes traballos tomaranse como referencia tanto os materiais básicos da materia así como outros complementarios. Basearanse no traballo con distintos recursos na rede, con distintos programas de software gratuíto e ferramentas de autor e coa pizarra dixital. Finalmente, a través da exposición na aula, cada grupo compartirá os traballos realizados cos demais grupos.
Mixed objective/subjective test A proba mixta constituirá unha actividade final da materia con carácter avaliativo a través da que o alumnado deberá dar resposta a varias cuestións facendo un tratamento global e integrado dos coñecementos adquiridos, de acordo co conxunto de contidos abordados en torno ás diferentes dinámicas de traballo ao longo da materia.

Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Description
A atención personalizada que se describe en relación a estas metodoloxías concíbense como momentos de traballo presencial co profesor, polo que implican unha participación obrigatoria para o alumnado.

A forma e o momento en que se desenvolverá indicarase en relación a cada actividade ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Supervised projects En relación cos traballos tutelados valorarase:
- A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
- A profundidade do contido.
- O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas educativas.
- O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
- A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
- A presentación e a claridade da exposición.
70
Mixed objective/subjective test A proba mixta consistirá en dar resposta a varias cuestións que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia. 30
 
Assessment comments

Segundo a participación do alumnado na materia, a avaliación contempla dúas opcións.

Opción A. Para o alumnado que asiste/participa nas actividades de clase (>85%):

a)
Elaboración dun cartafol cos traballos de cada grupo no que se
recollerán as prácticas que se desenvolvan na aula, así como aquelas
actividades relacionadas coa lectura e análise de materiais diversos
presentados en clase (70%).

b) Un exame escrito sobre os contidos da materia (30%).

Opción B. Para o alumnado que non asiste/participa nas actividades de clase (< 85%):

a) Presentación dos traballos que corresponden coa parte práctica da materia (30%).

b) Un exame escrito sobre os contidos da materia (70%).

Para
superar a materia é necesario obter unha avaliación favorable en cada
unha das partes da materia (50%). As convocatorias de setembro e
decembro estarán sometidas aos mesmos criterios que a convocatoria de
xuño: aqueles estudantes que queiran presentarse ás mesmas deben ter a
día de exame todas as actividades que corresponden ás prácticas da
materia e así poder ser avaliados da mesma.


Sources of information
Basic

Adell, Jordi y Bernabé, Yolanda. (2007). Software libre en educación. Madrid: McGraw-Hill

Almirón, Nuria (2008): Web 2.0 ¿a reedición da burbulla tecnolóxica? Revista Red Digital.

Area Moreira, Manuel (2009): Introducción a la Tecnología educativa. Universidad de La Laguna. Creative Commons. Libro electrónico.&nbsp;

Area Moreira, Manuel; Gros Salvat, Begoña y Marzal García-Quismondo, Miguel Angel (2008): Alfabetizaciones y tecnologías de la información y la comunicación. Madrid. Síntesis.

Area Moreira, Manuel (2005): La educación en el laberinto tecnológico. Barcelona. Octaedro.

Area Moreira, Manuel (2004): Los medios y las tecnologías en la educación. Madrid. Pirámide.

Bartolomé Pina, Antonio (2008): Vídeo digital y educación. Madrid. Síntesis.

Cabero Almenara, Julio (coord.) (2006): Nuevas tecnologías aplicadas a la educación. Madrid. McGrawHill.

Cabero Almenara, Julio (coord.) (2007): Tecnología educativa. Madrid. McGrawHill.

Castaño, Carlos; Maiz, Inmaculada; Palacio, Gorka y Villarroel, José Domingo (2008): Prácticas educativas en entornos web 2.0. Madrid. Síntesis.

Cebrián de la Serna, Manuel (coord.) (2009): El impacto de las TIC en los centros educativos. Ejemplos de buenas prácticas. Madrid. Síntesis.

Cebrián de la Serna, Manuel (coord.) (2005): Tenologías de la información y la comunicación para la formación de docentes. Madrid. Pirámide.

Ortega Carrillo, José Antonio y Chacón Medina, Antonio (coords.) (2007): Nuevas tecnologías para la educación en la era digital. Madrid. Pirámide.

Ovelar, María (2007): Aristocracia bloguera. Revista Red Digital.

Revista Galega de Educación (2007):Competencia dixital e ferramentas TIC. RGE Nº 38.

Salinas, Jesús, Aguaded, José Ignacio y Cabero, Julio (coords.) (2004): Tecnologías para la educación: Diseño, producción y evaluación de madios para la formación docente. Madrid. Alianza editorial.

Xunta de Galicia(2009): Lexislación da Educación Infantil en Galicia. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Complementary

Aguilera, José María (1999): Aprendiendo en la era de la información. Madrid. Anaya.

Alonso Erausquin, Manuel y Matilla, Luis (1990): Imágenes en acción. Análisis y práctica de la expresión audiovisual en la escuela activa. Madrid. Akal.

Alonso Erausquin, Manuel; Matilla, Luis y Vázquez Freire, Miguel (1995): Teleniños públicos, Teleniños privados. Madrid. Ediciones de la Torre.

Aparici, Roberto (coord.) (1996): La revolución de los medios audiovisuales. Educación y Nuevas Tecnologías. Madrid. Ediciones de la Torre.

Aparici, Roberto y García Matilla, Agustín (1998): Lectura de imágenes. Madrid. Ediciones de la Torre. 3º edición.

Aparici, Roberto; García Matilla, Agustín y Valdivia, Manuel (1992): La imagen. UNED.

Aparici, Roberto (coord.) 2000: Nuevas tecnologías, comunicación y educación. Cd-rom. UNED

Area Moreira, Manuel (1999): Futuro imperfecto: novas tecnologías e igualdade de oportunidades. Revista Galega de Educación, nº32, pp.13-19.

Area Moreira (2001): Educación en la sociedad de la información. Bilbao. Desclee de Brouwer.

Baleirón, Charo et al. (1998): O laberinto virtual. Sobre as novas tecnoloxías na educación. Vigo. Xerais.

Bartolomé, Antonio (2002): Nuevas tecnologías en el aula. Guía de supervivencia. Barcelona. Graó. 3º edición.

Bautista García-Vera, Antonio (1994): Las nuevas tecnologías en la capacitación docente. Madrid. Visor.

Bonete Perales, Enquique (1999): Ética de la comunicación audiovisual. Madrid. Tecnos.

Cabero Almenara, Julio (ed.) (1999): Tecnología educativa. Madrid. Síntesis Educación.

Cabero Almenara, Julio (ed.) (2001): Nuevas tecnologías aplicadas a la educación. Madrid. Síntesis Educación.

Castells, Manuel (1998): La era de la información. Economía, sociedad y cultura. Fin de Milenio. Madrid Alianza.

Castells, Manuel (2000): La era de la información. Economía, sociedad y cultura. La sociedad Red. Madrid Alianza.

Cebrián, Juan Luis (1998): La Red. Cómo cambiarán nuestras vidas los nuevos medios de comunicación. Madrid. Taurus.

Cebrián de la Serna, Manuel et.al.(coord.) (1998): Recursos tecnológicos para los procesos de enseñanza y aprendizaje. Universidad de Málaga ICE.

Cebrián de la Serna, Manuel, Ríos Ariza, José Manuel (coords.) (2000): Nuevas tecnologías aplicadas a las Didácticas Especiales. Madrid. Pirámide.

Cebrián de la Serna, Manuel (2000): Internet en el aula. Proyectando el futuro. Málaga. Universidad de Málaga.

Cebrián de la Serna, Manuel (coord.) (2001): Actividades con el ordenador en el aula. Málaga. Universidad de Málaga.

Corderch, Jorge y Guitert, Montse (2001): ¿Cómo aprender y enseñar con Internet? Cuadernos de Pedagogía, nº301, pp.56-63.

Corominas, Agustín (1995): La comunicación audiovisual y su integración en en el currículum. Barcelona. Graó.

Crook, Charles (1998): Ordenadores y aprendizaje cooperativo. Madrid. Morata.

Chomsky, Noam y Ramonet, Ignacio (1995): Como nos venden la moto. Barcelona. Icaria.

Dery, Mark (1998): Velocidad de escape. La cibercultura en el final de siglo. Madrid. Siruela

Echebarría, Javier (2000): Los señores del aire: Telépolis y el Tercer entorno. Madrid. Destino.

Estefanía, Joaquín (1998): Contra el pensamiento único. Madrid. Taurus.

Fernández Esteban, María Luisa (1998): Nuevas tecnologías, Internet y Derechos fundamentales. Madrid. McGrawhill.

Ferrés, Joan y Marqués, Peré (coords.) (1997): Comunicación educativa y nuevas tecnologías. Barcelona. Praxis.

Ferrés, Joan (2000): Educar en una cultura del espectáculo. Barcelona. Paidós.

Galeano, Eduardo (1998): Patas arriba. La escuela del mundo al revés. Madrid. Siglo XXI.

Gilster, P. (1995): El navegante de Internet. Madrid. Anaya.

González Quirós, José (1998): El porvenir de la razón en la era digital. Madrid. Síntesis.

Gros, Begoña (coord.) (1997): Diseños y programas educativos. Pautas pedagógicas para la elaboración de software. Barcelona. Ariel.

Guitart, Joseph (2001): Los multimedia e Internet, al servicio de la educación. Cuadernos de Pedagogía, nº301, pp.64-79.

Guitart, Joseph (2001): 100 webs del ámbito educativo. Cuadernos de Pedagogía, nº301, pp.70-80.

Gutiérrez Martín, Alfonso (1997): Educación Multimedia y Nuevas Tecnologías. Madrid. Ediciones La Torre.

Gutiérrez Martín, Alfonso (coord.) (1998): Formación del profesorado en la sociedad de la información. Segovia. Publicaciones de la Universidad de Valladolid.

Heap, Nick et.al. (1999): Information, Technology and Society. London. Sage. Open University.

Held, David (ed.) (2000): A globalizing world? Culture, economics, politics. London. Routledge. Open University.

Joyanes, Luis (1997): Cibersociedad. Los retos sociales ante un nuevo mundo digital. Madrid. McGraw-Hill.

Kaplún, Mario (1998): Una pedagogía de la comunicación. Madrid. Ediciones de la Torre.

Klein, Naomi (2001): No logo. El poder de las marcas. Barcelona. Paidós.

Least, M. (ed.) (2000): Issues in teaching using ICT. London. Routledge.

Litwin, Edith (comp.) (1995): Tecnología educativa. Política, historias, propuestas. Buenos Aires. Paidós.

Marí Sáez, Víctor Manuel (2002): Globalización, nuevas tecnologías y comunicación. Madrid. Ediciones de la Torre.

Martínez, Francisco y Prendes, Mª Paz, ccords. (2004): Nuevas Tecnologías y educación. Madrid. Pearson.

Mattelart, Armand (1998): La mundialización de la comunicación. Barcelona. Paidós.

McDougall, Anne (1998): Cómo elegir y utilizar software educativo. Madrid. Morata. Paideia.

Millán, José Antonio (1998): De redes y saberes. Cultura y educación con las nuevas tecnologías. Madrid. Aula XXI Santillana.

Mirabito, Michael (1997): Las nuevas tecnologías de la comunicación. Madrid. Gedisa.

Negroponte, Nicholas (1995): El mundo digital. Madrid. Debate.

Obach, Xavier (1997): El tratamiento de la información y otras fábulas. Madrid. Anaya.

Odina, Mercedes (2000): La aldea irreal. Madrid. Aguilar.

Pardo Pérez, Juan Carlos (1999): Transicións sociais, sociedade da información e educación escolar. Revista Galega de Educación, 32, pp.21-50.

Pérez Tornero, José Manuel (2002): Comunicación y educación en la sociedad de la información. Madrid. De la Torre.

Poole, Bernard (1999): Tecnología educativa. Educar para la sociocultura de la comunicación y el conocimiento. Madrid. McGrawHill.

Postman, Neil (1994): Tecnópolis. La rendición de la cultura a la tecnología. Barcelona. Galaxia Gutemberg.

Quin, Robyn y McMahon, Barrie (1997): Historias y estereotipos. Madrid. Ediciones de la Torre.

Ramonet, Ignacio (1998a): La tiranía de la comunicación. Madrid. Debate.

Ramonet, Ignacio (1998b): Internet, el mundo que llega. Los nuevos caminos de la comunicación. Madrid. Alianza.

Ramonet, Ignacio (2000): La golosina visual. Madrid. Debate.

Reparaz, Charo; Sobrino, Ángel y Mir, José Ignacio (2000): Integración curricular de las nuevas tecnologías. Barcelona. Ariel.

Ríos Arza, José Manuel y Cebrián de la Serna, Manuel (2000): Nuevas tecnologías de la información y comunicación aplicadas a la educación. Málaga. Aljibe.

Roma, Pepa (2001): Jaque a la globalización. Cómo crean su red los movimientos sociales alternativos. Barcelona. Grijalbo Mondadori.

Salinas, Jesús et.al (2004): Tecnologías para la educación. Diseño, producción y evaluación de medios para la formación docente. Madrid. Alianza.

Sancho Gil, Juana Mª (1994): Hacia una tecnología crítica. Cuadernos de Pedagogía, nº 230, pp.8-12)

Sancho Juana María (coord.) (1995): Para una tecnología educativa. Barcelona. Horsori.

Sancho, Juana María y Millán L.M. (comp.) (1995): Hoy ya es mañana. Tecnologías y educación: un diálogo necesario. Morón (Sevilla). Publicaciones MCEP.

San Martín, Ángel (1995): La escuela de las tecnologías. Universidad de Valencia.

Squires, David y McDougall, Anne (1997): Cómo elegir y utilizar software educativo. Madrid. Morata.

Steinberg, Shirley R. y Kincheloe, Joe. (comps.) (2000): Cultura infantil y multinacionales. Madrid. Morata.

Tiffin, John y Rajasingham, L. (1997): En busca de la clase virtual. La educación en la sociedad de la información. Barcelona. Paidós.

Toledo, P. (2001): Accesibilidad, informática y discapacidad. Sevilla. Mergablum.

Torres Santomé, Jurjo (2001): Educación en tiempos de neoliberalismo. Madrid. Morata.

V.V.A.A (1999): Sur y comunicación. Una nueva cultura de la información. Barcelona. Icaria. Antrazyt/ Medicos Mundi.

VVAA (2000): ATTAC. Contra la dictadura de los mercados. Barcelona Icaria.

VVAA (2001): Porto Alegre. Otro mundo es posible. Madrid. El viejo topo.

Wolton, Dominique (2000): Internet ¿Y después? Una teoría crítica de los nuevos medios de comunicación. Gedisa. Barcelona.


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Didáctica Xeral I/652311103
Didáctica Xeral 2/652311361

Subjects that are recommended to be taken simultaneously
Prácticum II/652411310

Subjects that continue the syllabus

Other comments

Os materiais de traballo desta materia para a realización das prácticas e a prepración do exame atópansa en Moodle (Campus virual da UDC http://campusvirtual.udc.es/moodle).

  1. Revisar os documentos de estudo e traballo en Moodle.
  2. Iniciar canto antes a realización das prácticas.
  3. Asistir a titorías sempre que se teñan dúbidas.
  4. Traballar con todos os documentos, artigos, presentacións e demais recursos de cada bloque.
  5. Preparar de forma adecuada as presentación das practicas.


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.