Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Aprendizaxe, cognición e conduta Código 652438003
Titulación
Mestrado Universitario en Psicoloxía Aplicada
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Psicoloxía
Coordinación
Marcos Malmierca, Jose Luis
Correo electrónico
jose.luis.marcos@udc.es
Profesorado
Marcos Malmierca, Jose Luis
Correo electrónico
jose.luis.marcos@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo desta materia é ofrecer os principais avances da psicoloxía cognitiva na investigación da aprendizaxe, especialmente da aprendizaxe asociativa, considerando as súas aplicacións tanto ao ámbito educativo coma da saúde.

Competencias do título
Código Competencias do título
A5 Ser capaz de realizar unha avaliación psicolóxica no contexto dunha investigación científica.
A8 Coñecer as bases para establecer hipóteses respecto dun caso concreto e, a partir das mesmas, saber deducir enunciados contrastables.
A12 Adquirir un coñecemento teórico básico sobre o estado da arte nas diferentes áreas implicadas na psicoloxía aplicada.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B6 Razoamento crítico.
B8 Aprendizaxe autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Ser capaz de realizar unha avaliación psicolóxica no contexto dunha investigación científica. AI5
Coñecer as bases para establecer hipóteses respecto dun caso concreto e, a partir das mesmas, saber deducir enunciados contrastables. AI8
Adquirir un coñecemento teórico básico sobre o estado da arte nas diferentes áreas implicadas na psicoloxía aplicada AI12
Capacidade de análise e síntese BI1
Razoamento crítico BI6
Aprendizaxe autónoma. BI8
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida CM3
Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse CM6
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade CM8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1: Introducción Procesamento da información, cognición e fisioloxía
A actividade electrodérmica
A taxa cardíaca
Tema 2: Sistemas Reflexos Teorías
Investigación
Aplicacións
Tema 3: Condicionamento Condicionamento clásico
Condicionamento instrumental
Técnicas e preparacions experimentais
Tema 4: Aprendizaxe da non-continxencia (Indefensión Aprendida Aspectos teóricos
Achados empíricos
Aplicacións ao ámbito educativo e da saúde
Tema 5: Aprendizaxes complexas: Aprendizaxe observacional Aspectos teóricos: Teoría Social Cognitiva
Procedementos de intervención baseados na Aprendizaxe Observacional

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba obxectiva A5 A8 A12 B6 1 0 1
Lecturas B1 B8 1 14 15
Sesión maxistral C6 14 26 40
Prácticas de laboratorio C3 C8 9 5 14
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Preguntas de tipo test, con catro posibles opcións de resposta. Sempre haberá unha soa opción correcta
Lecturas Lectura e comentario crítico dun tema asignado polo profesor
Sesión maxistral Exposición e desenvolvemento dos contidos teóricos e achados empíricos fundamentais da materia, apoiada en medios audiovisuais. Ao final do tema propiciarase o diálogo cos estudante sobre os contidos tratados
Prácticas de laboratorio Reprodución ou demostración no laboratorio de diversos fenómenos relativos aos contidos da materia

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Descrición

Antes de comezar a práctica informarase o alumno sobre cada unha das fases e especificaráselle a súa tarefa sobre esta. Ao final mostraránselle e explicarán os resultados obtidos

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral C6 Considerarase a asistencia, actitude e participación nas sesións maxistrais (clases teóricas) 5
Proba obxectiva A5 A8 A12 B6 Proba que consta dunhas 20-30 preguntas de tipo test, con catro posibles opcións. Só unha das opcións será correcta. 70
Prácticas de laboratorio C3 C8 Considerarase para os efectos de avaliación a asistencia, actitude e participación nas clases prácticas 5
Lecturas B1 B8 Os alumnos entregarán un "resumo crítico" do tema 4 (Aprendizaxe da non-continxencia: Indefensión aprendida). Terase en conta o contido e presentación deste. 20
 
Observacións avaliación

Requisitos necesarios para superar a materia:

1) O alumno deberá aprobar o examen de prueba obxetiva (Deberá obter unha cualificación mínima do 35% sobre o 70% total).

2) O alumno deberá obter un 50% (correspondente a unha cualificación de 5 puntos) sobre o 100% global.

Se un alumno non asiste ás clases (tanto de docencia expositiva como
interativa e/ou prácticas de laboratorio) e ten concedida a
correspondente dispensa de asistenca a clase, en tal caso, a proba
obxectiva terá un peso do  80% sobre a cualificación final.


Fontes de información
Bibliografía básica Marcos, J. L. (2007). Sistemas Reflejos: Investigación y aplicaciones. A Coruña. Servicio de Publicaciones de la Universidad de A Coruña
Marcos, J. L. (1997). Técnicas de condicionamiento humano. Madrid. Editorial Universitas
Lovibond, P. F. y Shanks, D. R. (2002). The role of the awareness in pavlovian conditioning: empirical evidence and theoretical implications. Jorunal of Experimental Psychology: Animal Behavior Processes

Bibliografía complementaria (). .
Leahey, T. H. y Harris, R. J. (1998). Aprendizaje y cognición. Madrid. Prentice-Hall
Lang, P. J., Simons, R. F. y Balaban (Eds) (1997). Attention and orienting: sensory and motivational processes. Mahwah, NJ: Erlbaum
Dawson, M. E., Schell, A. M. y Böhmelt, A. H. (Eds.) (1999). Startle modification: implications for neuroscience, cognitive science, and clinical sciencie. New York. Cambridge University Press


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Procesos psicolóxicos básicos/652G04002

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Psicoloxía da memoria/652438004

Materias que continúan o temario

Observacións

Ninguna observación



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías