Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Psicoloxía social da saúde Código 652438009
Titulación
Mestrado Universitario en Psicoloxía Aplicada
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Psicoloxía
Coordinación
Espinosa Breen, Pablo
Correo electrónico
pablo.espinosa.breen@udc.es
Profesorado
Espinosa Breen, Pablo
Correo electrónico
pablo.espinosa.breen@udc.es
Web
Descrición xeral A asignatura explora a relación entre o comportamento e a saude. Esta relación examinase de acordo con os modelos explicativos do comportamento de saude e enfermidade. Os contidos centranse nos tres eixos centrais da Psicoloxia da saúde: Os procesos de cambio de atitudes, O estrés e o apoio social e a sua influencia na saude
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Ningunha
2. Metodoloxías
Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas salvo polo indicado a continuación.
Metodoloxías docentes que se modifican
No caso de que non se poidan celebrar sesións presenciais:
As clases celebraranse no mesmo horario asignado ás sesións presenciais a través da aplicación Teams.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
No caso de que non se poidan celebrar titorías presenciais:
Manterase o mesmo horario de titorías. Os alumnos deberán solicitar ao profesor titorías a través de correo electrónico con polo menos 48 horas de antelación. O profesor contestará o correo indicando o horario dispoñible para as titorías en función doutras peticións existentes. Á hora indicada o alumno deberá estar conectado a Teams e recibirá unha videollamada para celebrar a titoría. Cabe a posibilidade de celebrar titorías de grupo con este sistema.
4. Modificacións na avaliación
Ningunha

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Ningunha

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Recoñecer e respectar a diversidade humana e comprender que as explicacións psicolóxicas poden variar a través de poboacións e contextos.
A3 Ser capaz de elaborar un informe científico que implique definir un problema de investigación, as hipóteses e variables asociadas, así como definir o deseño, a mostra e o seu modo de selección, as ferramentas de recollida de datos e a súa consecuente análise e discusión.
A4 Ser capaz de lograr un adecuado nivel de comprensión da demanda do destinatario en cada situación ou contexto de aplicación.
A5 Ser capaz de realizar unha avaliación psicolóxica no contexto dunha investigación científica.
A7 Saber realizar un seguimento sobre un caso elixindo obxectivos pertinentes e realistas.
A11 Coñecer as limitacións e restricións de todo tipo (persoais, sociais, económicas,éticas, etc.) que ten a investigación científica e técnica.
A12 Adquirir un coñecemento teórico básico sobre o estado da arte nas diferentes áreas implicadas na psicoloxía aplicada.
A13 Coñecer e ser capaz de utilizar os diferentes modelos, teorías, métodos e técnicas de avaliación e intervención que son específicos dos distintos ámbitos da investigación en Psicoloxía Aplicada e desenvolver unha actitude crítica propia do espírito científico.
A14 Ser capaz de analizar a documentación bibliográfica necesaria para un traballo de investigación.
A18 Mostrar un compromiso ético e profesional con respecto ás responsabilidades cívicas, sociais e globais.
A20 Coñecer os distintos modelos de avaliación e intervención no ámbito da Psicoloxía Social Aplicada.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B2 Capacidade de organización e planificación.
B8 Aprendizaxe autónoma.
B9 Iniciativa e espírito emprendedor.
B10 Motivación pola calidade.
B11 Resolución de problemas.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Conocer os diferentes modelos, teorias e técnicas de intervención da psicoloxía social da saúde AI3
AI4
AI5
AI7
AI12
AI13
AI14
BI1
CM3
Identificar os factores persoais, psico-sociais e comunitarios que poden afectar a saúde das persoas. AI1
AI3
AI7
AI11
AI12
AI13
AI14
AI20
BI2
BI11
Comprender ás responsabilidades cívicas, sociais e globais implicadas e interactuantes na saúde das persoas a nivel individual, grupal e societal. AI1
AI18
BI8
BI9
BI10
BI11
CM6
CM8

Contidos
Temas Subtemas
1. Psicoloxía social, saúde e saúde mental
2. Relación entre saúde e comportamento
3. Modelos explicativos da conduta de saúde e de risco
4. Os procesos de cambio de actitudes no ámbito da saúde
5. A tensión e a súa influencia na saúde
6. O apoio social e a súa influencia na saúde
1. Psicoloxía social, saúde e saúde mental
2. Relación entre saúde e comportamento
3. Modelos explicativos da conduta de saúde e de risco
4. Os procesos de cambio de actitudes no ámbito da saúde
5. A tensión e a súa influencia na saúde
6. O apoio social e a súa influencia na saúde

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Esquemas A14 B1 0 2 2
Lecturas A1 A4 A5 A7 A11 A12 A13 C3 C6 0 16 16
Presentación oral A7 B1 C3 C6 4 0 4
Recensión bilbiográfica A1 A3 A11 A12 A13 A14 B1 B2 B8 B9 B10 B11 C3 C6 C8 0 18 18
Sesión maxistral A1 A11 A12 A13 16 0 16
Proba de ensaio A4 A11 A12 A13 1 0 1
Traballos tutelados A1 A3 A4 A5 A7 A11 A12 A13 A14 A18 A20 B1 C3 C6 0 16 16
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Esquemas
Representación gráfica e simplificada da información que conleva uns determinados contidos de aprendizaxe
Lecturas Conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editado como fonte de profundización nos contidos traballados
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e o profesorado interactúan dun modo ordenado, expondo cuestións, facendo aclaracións e exponinedo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Recensión bilbiográfica Proceso de lectura crítica dun libro, dun artigo, dunha tese ou dunha comunicación a un congreso. Como tal proceso, comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valoración da mesma en relación á literatura existente sobre o tema. Unha recensión non supón un resumo da obra, nin unha mera análise do contido, pois o que lle outorga sentido e dimensión académica científica é a crítica que merece a xuízo do autor da recensión, en relación a outras obras coñecidas do mesmo ámbito ou en relación á súa propia experiencia.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase maxistral tamén é coñecida como "conferencia", "método expositivo" ou "lección maxistral". Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Proba de ensaio Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Utilízase para unha avaliación diagnóstica, formativa e sumativa. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse coas probas obxectivas como a capacidade crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Esta referida prioritariamente á aprendizaxe de "como facer as cousas. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición

Monitoraxe dos traballos individuais que realiza cada alumno. Orientación sobre a metodoloxía e as fontes documentais que debe manexar e sobre a redacción do informe final do traballo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A1 A4 A5 A7 A11 A12 A13 C3 C6 Conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editado como fonte de profundización nos contidos traballados.
Computa na evaluación a través das outras metodoloxías
5
Presentación oral A7 B1 C3 C6 Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e o profesorado interactúan dun modo ordenado, expondo cuestións, facendo aclaracións e exponinedo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Computa na evaluación a través das outras metodoloxías
10
Recensión bilbiográfica A1 A3 A11 A12 A13 A14 B1 B2 B8 B9 B10 B11 C3 C6 C8 Proceso de lectura crítica dun libro, dun artigo, dunha tese ou dunha comunicación a un congreso. Como tal proceso, comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valoración da mesma en relación á literatura existente sobre o tema. Unha recensión non supón un resumo da obra, nin unha mera análise do contido, pois o que lle outorga sentido e dimensión académica científica é a crítica que merece a xuízo do autor da recensión, en relación a outras obras coñecidas do mesmo ámbito ou en relación á súa propia experiencia. 10
Proba de ensaio A4 A11 A12 A13
Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Utilízase para unha avaliación diagnóstica, formativa e sumativa. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse coas probas obxectivas como a capacidade crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
25
Traballos tutelados A1 A3 A4 A5 A7 A11 A12 A13 A14 A18 A20 B1 C3 C6 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Esta referida prioritariamente á aprendizaxe de "como facer as cousas. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.


Se o alumno supera satisfactoriamente a avaliación dos traballos tutelados, eximiráselle da realización da proba de ensaio, nese caso esta metodoloxía supoñerá o 75% da cualificación
50
 
Observacións avaliación

Valorarase a asistencia e participación en clase


Fontes de información
Bibliografía básica

BIBLIOGRAFÍA

Blanco, A y Rodriguez Marín, J. (2007). Intervención Psicosocial. Madrid: Prentice.Hall.

Barriga, S; León, J.M. (Eds) (1990) Psicología de la Salud: aportaciones desde la Psicología Social. Sevilla:. Sedal.

Clemente, M. (1992). Psicología Social Aplicada. Madrid: Eudema (20 edición editada en Ed. Pirámide, 1996).

Gil Lacruz, M. (2007). Psicología Social: un compromiso aplicado a la salud. Zaragoza: Prensas Universitarias de Zaragoza.

Gutierrez, T., Raich, R.M., Sánchez, D. & Deus, J. (Coords) (2003) Instrumentos de evaluación en Psicología de la salud. Madrid: Alianza Editorial.

Kruglanski, A. W. & Higgins, E. T. (2007). Social Psychology: Handbook of Basic Principles. Nueva York: The Guilford Press 

Marelich, W. D. & Erger, J. S. (2004). The Social Psychology of Health, Essays and Readings. Nueva York: Sage.

Olivares, J, Macià, D., Rosa Alcázar, A.I. (2013). Intervención psicológica. Estrategias, técnicas y tratamientos. Madrid: Pirámide.

Rodríguez, M. (1995). Psicología Social de la Salud. Madrid: Síntesis.

Rodríguez Marín, J. & Neipp López, M. C. (2008). Manual de psicología social de la salud. Madrid: Sintesis.

Salovey, P. & Rothman, A. J. (2003). Social psychology of health: key readings. Nueva York: Psychology Press.

 

Recursos online

www.socialpsychology.org

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías