Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Psicofarmacoloxía Código 652438013
Titulación
Mestrado Universitario en Psicoloxía Aplicada
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Psicoloxía
Coordinación
Valdiglesias García, Vanessa
Correo electrónico
vanessa.valdiglesias@udc.es
Profesorado
Valdiglesias García, Vanessa
Correo electrónico
vanessa.valdiglesias@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia se achegará ao estudante ás bases neurofisiolóxicas da psicofarmacoterapia, aos aspectos farmacocinéticos e farmacodinámicos subxacentes aos mecanismos de acción farmacolóxica, e aos principais grupos de psicofármacos e a súa utilidade terapéutica.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Saber identificar os factores persoais, psico-sociais e/ou educativos que poden pór en risco a saúde das persoas.
A3 Ser capaz de elaborar un informe científico que implique definir un problema de investigación, as hipóteses e variables asociadas, así como definir o deseño, a mostra e o seu modo de selección, as ferramentas de recollida de datos e a súa consecuente análise e discusión.
A7 Saber realizar un seguimento sobre un caso elixindo obxectivos pertinentes e realistas.
A12 Adquirir un coñecemento teórico básico sobre o estado da arte nas diferentes áreas implicadas na psicoloxía aplicada.
A13 Coñecer e ser capaz de utilizar os diferentes modelos, teorías, métodos e técnicas de avaliación e intervención que son específicos dos distintos ámbitos da investigación en Psicoloxía Aplicada e desenvolver unha actitude crítica propia do espírito científico.
A16 Adquirir os coñecementos e destrezas necesarias para a exposición e defensa dun traballo de investigación.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B2 Capacidade de organización e planificación.
B3 Traballo en equipo.
B5 Habilidades nas relacións interpersoais.
B6 Razoamento crítico.
B8 Aprendizaxe autónoma.
B15 Capacidade de traballar cun equipo interdisciplinario.
B16 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer as bases neurofisiolóxicas da acción dos psicofármacos AI12
Coñecer as características e principais factores que afectan a cada un dos catro procesos farmacocinéticos AI12
Coñecer os mecanismos xerais de acción dos fármacos, a utilidade das curvas doses-resposta e os factores implicados na variabilidade interindividual na resposta a fármacos AI2
AI12
Coñecer os principais grupos de psicofármacos, o seu mecanismo de acción e a súa aplicación clínica AI2
AI7
AI12
Coñecer as etapas no desenvolvemento de novos psicofármacos AI12
CM7
CM8
Dominar a linguaxe científica propio da disciplina e comunicarse de xeito efectivo AI3
AI13
CM1
CM6
Traballar en grupo de forma colaborativa BI2
BI3
BI5
BI6
BI8
BI15
CM3
Saber expresarse en público AI16
BI1
BI2
BI16

Contidos
Temas Subtemas
I. Introdución 1. Bases neurofisiolóxicas da Psicofarmacoloxía: neurofisioloxía celular, comunicación interneuronal, principios de psicofarmacoterapia
II. Farmacoloxía 2. Conceptos básicos en Farmacoloxía

3. Farmacocinética: procesos de absorción, distribución, metabolización e eliminación

4. Farmacodinamia: mecanismos de acción dos fármacos, curvas doses-resposta, variabilidade na resposta farmacolóxica
III. Psicofármacos 5. Fármacos psicolépticos: hipnóticos, ansiolíticos, neurolépticos

6. Fármacos psicoanalépticos: antidepresivos, psicoestimulantes, nootropos

7. Sustancias psicodislépticas
IV. Avances 8. Desenvolvemento de novos psicofármacos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A2 A12 B6 B8 C6 C7 C8 16 28 44
Seminario A16 B1 B3 B5 B6 B15 B16 C1 4 4 8
Traballos tutelados A3 A16 B1 B2 B3 B5 B15 C1 C3 C8 0 15 15
Solución de problemas A2 A7 A13 B1 B6 B8 C3 C6 2 2 4
Proba mixta A2 A12 B1 B6 C1 0 2 2
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Introdución polo profesor dos contidos do programa con axuda de materiais multimedia. Resolución ás cuestións expostas polos estudantes
Seminario Seminarios bibliográficos nos que os alumnos exporán ante a clase os traballos tutelados realizados. Posteriormente realizarase un debate sobre o tema exposto
Traballos tutelados Traballos tutelados en grupos sobre un tema proposto polo profesor. A petición dos estudantes, realizaranse tutorías para concretar os pontos a tratar en cada traballo. Os ficheiros correspondentes a cada traballo e á súa presentación entregaranse a través da plataforma Virtual Moodle antes do fin do prazo fixado. Posteriormente os traballos poranse a disposición de todos os alumnos no Moodle.
Solución de problemas Clase práctica nas que se tratará a resolución de problemas sobre distintas cuestións relacionadas co temario da materia
Proba mixta Ao finalizar o programa realizarase unha proba que constará de preguntas de resposta curta e/ou tipo test

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Alumnado con dedicación a tempo parcial: na plataforma Moodle poránse á súa disposición os materiais utilizados nas sesións maxistrais, e calquera outro material que se considere que pode ser da súa utilidade. Os prazos de entrega dos traballos e cuestionarios serán os mesmos que os do alumnado a tempo completo, e estarán especificados na plataforma Moodle.

A solicitude dos alumnos realizaranse tutorías para concretar os pontos a tratar en cada traballo, así como para resolver dúbidas e cuestións expostas polos estudantes, ofrecer orientación e axudar no desenvolvemento tanto das competencias específicas da materia como nas competencias básicas, transversais e nucleares da titulación.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A2 A12 B6 B8 C6 C7 C8 Valorarase a asistencia regular e a participación, sempre que se aprobe o exame 8
Seminario A16 B1 B3 B5 B6 B15 B16 C1 Valorarase a asistencia regular e a participación, sempre que se aprobe o exame 1
Traballos tutelados A3 A16 B1 B2 B3 B5 B15 C1 C3 C8 Realización obrigatoria dun traballo tutelado en grupo (sempre que o número de estudantes o permita). A cualificación será a mesma para todos os integrantes do grupo. Se valorará sempre que se aprobe o exame 40
Solución de problemas A2 A7 A13 B1 B6 B8 C3 C6 Valorarase a asistencia regular e a participación, sempre que se aprobe o exame 1
Proba mixta A2 A12 B1 B6 C1 Exame: cuestionario con preguntas de respuesta curta e/ou tipo test. Para os estudantes que non asistan ás sesións maxistrais por ter dispensa de asistencia, esta proba suporá o 60% da cualificación final. É necesario aprobar este exame para superar a asignatura 50
 
Observacións avaliación

Avaliación na segunda oportunidade: Os alumnos deberán entregar e expoñer o traballo tutelado (se non se fixo no seu momento) e realizarán o exame.


Fontes de información
Bibliografía básica

Brunton, L.L.; Lazo, J.S.; Parker, K.L. (2007) Goodman & Gilman Las bases farmacológicas de la terapéutica. México D.F.: McGraw-Hill Interamericana.

Cabrera Bonet, R.; Mencías Rodríguez, E.; Cabrera Forneiro, J. (1993) Toxicología de los psicofármacos. Madrid: Mosby.

Flórez, J. (2001) Farmacología humana. Barcelona: Masson.

Gómez-Jarabo, G. (2007) Farmacología de la conducta. Manual básico para psicoterapeutas y clínicos. Madrid: Síntesis.

Janicak, P.G.; Davis, J.M.; Preskorn, S.H.; Ayd, F.J. Jr.; Marder, S.R.; Pavuluri, M.N. (2006) Principles and practice of psychopharmacotherapy, 4th edition. Philadelphia: Lippincott Williams & Wilkins.

López Sáez, J.A. (2017) Los alucinógenos. Serie ¿Qué sabemos de? Madrid: CSIC-Catarata.

Pöldinger, W. (1984) Compendio de psicofarmacoterapia. Basilea: Roche.

Rahola, J.G. (2012) Lo que siempre quiso saber de los psicofármacos... y nunca se atrevió a preguntar. Madrid: Aulamédica.

Salazar, M.; Peralta, C.; Pastor, J. (2005) Tratado de psicofarmacología. Bases y aplicación clínica. Madrid: Panamericana.

Schaztberg, A.F.; Nemeroff, C.B. (2006) Tratado de psicofarmacología. Barcelona: Masson Elsevier.

Snyder, S.H. (1992) Drogas y cerebro. Barcelona: Prensa Científica.

Stahl, S.M. (2002) Psicofarmacología esencial. Bases neurocientíficas y aplicaciones clínicas. Barcelona: Ariel.

Zarranz, J.J. (2011) Neurofarmacología contemporánea. Barcelona: Elsevier.

Bibliografía complementaria

Bayés, R. (1977) Iniciación a la farmacología del comportamiento. Barcelona: Fontanella.

Bear, M.F.; Connors, B.W.; Paradiso, M.A. (1998) Neurociencia. Explorando el cerebro. Baltimor: Williams & Wilkins.

Bravo Ortiz, M.F. (2008) Psicofarmacología para psicólogos. Madrid: Síntesis.

Carlson, N.R. (2006) Fisiología de la conducta (8ª Edición). Madrid: Pearson Educación.

Mulder, G.J.; Dencker, L. (2006) Pharmaceutical Toxicology. Scarborough: Pharmaceutical Press.

Pies, R.W. (2000) Manual de psicofarmacología básica. Barcelona: Masson.

Pinel, J.P.J. (2007) Biopsicología. Madrid: Pearson Educación.

Raviña Ruvira, E. (1987) Introducción al diseño de fármacos. Santiago de Compostela: Servicio científico Roche.

Rosenzweig, M.R.; Leiman, A.L.; Breedlove, S.M. (2001) Psicología Biológica. Barcelona: Ariel.

Salazar, M.; Peralta, C.; Pastor, J. (2005) Guía de estudio del Tratado de psicofarmacología. Madrid: Panamericana.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Biopsicoloxía/652438010

Materias que continúan o temario

Observacións

-Recoméndase ter coñecementos de informática a nivel usuario, para a utilización da plataforma virtual Moodle e a preparación do traballo obrigatorio e a súa exposición.

-Recoméndase ter coñecementos de inglés, para a consulta de materiais bibliográficos.

-Para axudar a conseguir un entorno inmediato sostible e cumprir os obxectivos da Declaración ambiental da Facultad de Ciencias da Educación, no ámbito do Green Campus, os traballos documentais que se realicen nesta asignatura entregaranse en formato virtual esoporte informático. De realizarse en papel:

Non se utilizarán plásticos.

Realizaranse impresións a dobre cara.

Utilizarase papel reciclado.

Evitarase a realización de borradores.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías