Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Benestar psicolóxico Código 652438015
Titulación
Mestrado Universitario en Psicoloxía Aplicada
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Psicoloxía
Coordinación
Freire Rodríguez, Carlos
Correo electrónico
carlos.freire.rodriguez@udc.es
Profesorado
Ferradás Canedo , María del Mar
Freire Rodríguez, Carlos
Correo electrónico
mar.ferradasc@udc.es
carlos.freire.rodriguez@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia, preténdese facer un achegamento científico ao concepto de benestar psicolóxico, analizando os factores persoais e contextuais que o determinan.

Competencias do título
Código Competencias do título
A12 Adquirir un coñecemento teórico básico sobre o estado da arte nas diferentes áreas implicadas na psicoloxía aplicada.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B2 Capacidade de organización e planificación.
B3 Traballo en equipo.
B6 Razoamento crítico.
B8 Aprendizaxe autónoma.
B12 Toma de decisións.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Adquirir un coñecemento teórico básico sobre o estado da arte nas diferentes áreas implicadas na psicoloxía aplicada. AI12
Capacidade de análise e síntese. BI1
Capacidade de organización e planificación. BI2
Traballo en equipo. BI3
Razoamento crítico. BI6
Aprendizaxe autónoma. BI8
Toma de decisións. BI12
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. CM4
Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. CM6
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. CM7
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. CM8

Contidos
Temas Subtemas
1. CALIDADE DE VIDA 1.1 Concepto de calidade de vida
1.2. Dimensións da calidade de vida
1.3. A medida da calidade de vida

2. BENESTAR: BENESTAR SUBXECTIVO e BENESTAR PSICOLÓXICO 2.1. BENESTAR SUBXETIVO
2.1.1. Concepto e compoñentes do benestar subxectivo
2.1.2. A medida do benestar subxectivo.
2.2. BENESTAR PSICOLÓXICO
2.2.1. Concepto de benestar psicolóxico
2.2.2. Principais modelos explicativos do benestar
psicolóxico
2.2.3. A medida do benestar psicolóxico
3. DETERMINANTES SOCIODEMOGRÁFICOS DO BENESTAR 3.1. Xenética e ambiente
3.2. Variables de personalidade
3.3. Idade e benestar: o benestar ao longo do ciclo vital
3.4. Xénero e benestar
3.5. Educación e benestar
4. CRECEMENTO PERSOAL: VIRTUDES E FORTALEZAS HUMANAS 4.1. Identificación das fortalezas persoais
4.2. O estado de fluxo
4.3. Autodeterminación
4.4. Sentido de coherencia
4.5. Resiliencia
4.6. Mindfulness

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais B1 B2 B6 B12 C6 4 6 10
Discusión dirixida B1 B3 B6 B8 C4 6 6 12
Sesión maxistral A12 B2 B6 10 0 10
Traballos tutelados B1 B2 B3 B6 B8 C7 C8 6 15 21
Proba de resposta breve B1 B6 B8 1 10 11
Recensión bilbiográfica B1 B2 B6 B8 0 6 6
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Análise e discusión das ideas principais que se presentan a través da bibliografía básica, así como procura de nova bibliografía que xustifique ou cuestione as investigacións anteriores, facendo especial mención ás diferenzas metodolóxicas entre as investigacións.
Discusión dirixida Plantexamento dunha serie de cuestións reais ou de supostos prácticos sobre a problemática do benestar, a súa avaliación e mellora.
Sesión maxistral Exposición oral dos principais contidos do programa, sustentada na documentación previamente entregada aos estudantes
Traballos tutelados Elaboración de traballos destinados a promover a intervención e mellora do benestar psicolóxico das persoas.
Proba de resposta breve Exame escrito sobre os contidos abordados nas sesións expositivas. Formularanse varias cuestións de resposta breve.
Recensión bilbiográfica Traballo de recensión sobre a bibliografía básica da materia, que exclusivamente terán que desenvolver aqueles alumnos que por causas xustificadas non poidan acceder á maior parte das sesións presenciais

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Recensión bilbiográfica
Análise de fontes documentais
Descrición
Na solución de problemas terase un especial seguimento do labor de análise, avaliación e resolución dos problemas teórico-prácticos plantexados.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B1 B2 B3 B6 B8 C7 C8 Os alumnos terán que traballar na elaboración de actividades que, tendo como base os coñecementos previamente adquiridos no desenvolvemento da materia, teñan como fin último medir, analizar ou mellorar, o benestar psicolóxico das persoas 15
Recensión bilbiográfica B1 B2 B6 B8 Farase una traballo de profundización aplicada dacordo coas directrices marcadas polo profesor 15
Análise de fontes documentais B1 B2 B6 B12 C6 Valorarase a análise crítica sobre a bibliografía plantexada 10
Discusión dirixida B1 B3 B6 B8 C4 Valorarase a participación crítica e razoada nas clases teóricas e prácticas, nas que os estudantes aporten solucións aos casos plantexados amparándose nas diferentes teorías e modelos que estudan o benestar psicolóxico 10
Proba de resposta breve B1 B6 B8 Os alumnos terán que realizar un examen de resposta breve sobre os contidos abordados nas sesións expositivas 50
 
Observacións avaliación

Para o alumnado asistente á materia (> 80% das sesións), o exame (proba de resposta breve) computará un 50% sobre o total da avaliación. Os traballos tutelados, recensións, discusións e análise de fontes documentais constituirá o 50% restante da cualificación final. 


No caso do alumnado con recoñecemento de matrícula a tempo parcial, o exame (proba de resposta breve) constituirá o 100% da cualificación. Neste exame non só entrarán os contidos abordados nas clases expositivas, senon tamén os desenvolvidos nos traballos tutelados, recensións, discusións e análise de fontes documentais que se plantexaran ao longo do curso.

OBSERVACIÓNS ADICIONAIS:

1. Para superar a materia cómpre obtener unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (parte práctica e exame).

2. A convocatoria de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria de maio. 

3. Segundo establecen as "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" (aprobada o 19/12/2013 e modificada o 30/04/2014) no Art. 21.2: Considerarase como “Non presentado” (NP) a aquel estudante que, estando matriculado na materia, non concurra ás distintas actividades de avaliación que se establecen para o curso académico. 

Así, será cualificado como “Non presentado” cando:

a) Non complete o proceso de avaliación continua, nas condicións que figure na guía docente, ou

b) Non se presente á proba do período oficial de avaliación. 


Fontes de información
Bibliografía básica Díaz, D.; Rodríguez-Carvajal, R.; Blanco, A., Moreno-Jiménez, B.; Gallardo, I.; Valle, C., y van Die (2006). Adaptación española de las escalas de bienestar psicológico de Ryff. Psicothema, 18, 572-577
Castellón, A. y Romero, V. (2004). Autopercepción de la calidad de vida. . Revista Mulridisciplinar de Gerontología, 14 (3), 131-137
Casas, F. y Aymerich, M. (2005). Calidad de vida en las personas mayores. En S. Pinazo y M. Sánchez (Dirs.) Gerontología. Madrid: Pearson
Freire, C., y Ferradás, M. M. (2016). Calidad de vida y bienestar en la vejez. Madrid: Pirámide
Lehr, U. (2004). Calidad de vida, satisfacción con la vida, envejecimiento satisfactorio y bienestar subjetivo. Revista Española de Geriatría y Gerontología, 39, 3, 2-7
Schalock, R.L. y Verdugo, M.A. (2002). Calidad de vida. Manual para profesionales de la educación, salud y servicios sociales. Madrid: Alianza
Argyle, M. (1999). Causes and correlates of happiness. En D. Kahneman y E. Diener (Eds.) Well-being: the foundations of hedonic psychology. . N. York: Russell Sage Foundation
Hernández, P. (2005). Educación del pensamiento y de las emociones. Madrid: Tafor/Narcea
Blanco, A. y Díaz, D. (2005). El bienestar social: su concepto y medición. Psicothema, 17, 4, 582-589
Diener, E. (1994). El bienestar subjetivo. Intervención Psicosocial, 3, 67-113
Cabañero, M.J.; Richard, M.; Cabrero, J.; Orts, M.I.; Reig, A., y Tosal, B. (2004). Fiabilidad y validez de una escala de satisfacción con la vida de Diener en una muestra de mujeres embarazadas y puérperas. Psicothema, 16, 448-455
Vitterso, J. (2016). Handbook of eudaimonic well-being. Tromso: Springer
Ryff, C. (1989). Happiness is everything, or is it? Explorations on the meaning of psychological well-being. Journal of Personality and Social Psychology, 57, 1069-1081
Argyle, M. (1997). Is happiness a cause of health?. Psychological Health, 12, 769-781
Vázquez, C., y Hervás, G. (2009). La ciencia del bienestar. Fundamentos de una Psicología positiva. Madrid: Alianza Editorial
Argyle, M. (1992). La psicología de la felicidad. Madrid: Alianza
Seligman, M. E. P. (2011). La vida que florece. Barcelona: Ediciones B
García-Campayo, J. y Demarzo, M. (2015). Mindfulness y compasión: la nueva revolución. Madrid: Siglantana
Tomás, J.M.; Meléndrez, J.C., y Navarro, E. (2008). Modelos factoriales confirmatorios de las escalas de Ryff en una muestra de personas mayores. Psicothema, 20 (2), 304-310
Lawton, M.P. (1991). Mulridimensional view of quality of life in frail olders. En J. Birren (Ed.) The concept and measurement of quality of life in the frail elderly. San Diego: Academic Press
Ryan, R.M. y Deci, E.L. (2001). On happiness and human potentials: a review of research on hedonic and eudaimonic well-being. Annual Review of Psychology, 52, 141-166
Keyes, C., Shmotkin, D., y Ryff, C. (2002). Optimizing well-being: the empirical encounter of two traditions. Journal of Personality and Social Psychology, 82, 1007-1022
Neff, K. (2016). Sé amable contigo mismo. El arte de la compasión hacia uno mismo. Barcelona: Ediciones Paidós

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías