Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) A Investigación na orientación Código 652439014
Titulación
Mestrado Universitario en Innovación, Orientación e Avaliación Educativa
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Ser capaz de aplicar os coñecementos adquiridos e resolver problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa Innovación, orientación e avaliación educativa.
A3 Ser capaz de concibir, deseñar ou poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación con rigor científico e de comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que a sustentan- a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades; seguindo as pautas do método científico e dos procesos de investigación desenvoltos acordes a determinadas metodoloxías de investigación cualitativa, cuantitativa e orientadas ó cambio e á innovación.
A5 Ser capaz de demostrar unha comprensión sistemática dos procesos de innovación, orientación e avaliación educativa e o dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados coa mesma.
A7 Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
A31 Ser capaz de identificar as principais liñas de investigación en orientación e de analizar e valorar os métodos e técnicas de investigación utilizados.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B3 Traballar de forma autónoma e con iniciativa.
B4 Traballar de forma colaborativa.
B8 Ser capaz de comunicarse cos seus compañeiros, coa comunidade educativa e coa sociedade en xeral no ámbito das súas áreas de coñecemento.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Ser capaz de aplicar os coñecementos adquiridos e resolver problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa orientación. AI1
Ser capaz de concibir e deseñar un proceso substancial de investigación con rigor científico seguindo as pautas do método científico e dos procesos de investigación desenvoltos acordes a determinadas metodoloxías de investigación na orientación. AI3
Ser capaz de demostrar unha comprensión sistemática dos procesos de orientación e métodos de investigación relacionados coa mesma AI5
Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas. AI6
Capacidade de análise e síntese. BI1
Traballar de forma autónoma e con iniciativa. BI3
Traballar de forma colaborativa. BI4
Ser capaz de comunicarse cos seus compañeiros, coa comunidade educativa e coa sociedade en xeral no ámbito das súas áreas de coñecemento. BI8
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. CM1
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. CM4
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. CM8
Ser capaz de identificar as principais liñas de investigación en orientación e de analizar e valorar os métodos e técnicas de investigación utilizados. AI30

Contidos
Temas Subtemas
Institucionalización da orientación Desenvolvemento e situación actual no sistema educativo e no ámbito laboral
Implicacións para a investigación
Liñas de investigación en orientación no ámbito educativo e laboral

Avaliación de necesidades

Deseño e avaliación de programas

Avaliación de servizos de orientación

A praxe dos profesionais da orientación, dos titores e doutros especialistas.

A titoría nos distintos niveis e modalidades de ensino

Avaliación de plans de acción titorial

Desenvolvimento profesional dos profesionais da orientación e dos titores e titoras.
TICs e Orientación
Retos para a investigación en orientación na sociedade do coñecemento Retos para a investigación en orientación na sociedade do coñecemento

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais 1 0 1
Análise de fontes documentais 7 35 42
Presentación oral 1 1 2
Sesión maxistral 13 0 13
Portafolios do alumno 0 15 15
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo.
Análise de fontes documentais Supón a utilización de documentos bibliográficos relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos
Presentación oral Exposición verbal do traballo do alumnado no que o profesorado e demáis alumnos propoñen cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Portafolios do alumno É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno o longo do curso, cos comentarios e cualificacións asignadas polo profesor, o que lle permite visualizar o progreso do alumno. O portafolios ou carpeta inclúe todo o que fai o alumno, como: apuntes ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumes, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo profesor, etc.

Atención personalizada
Metodoloxías
Portafolios do alumno
Descrición
A titoría será grupal e individual e está vencellada ó seguimento e supervisión das actividades de avaliación propostas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno O portafolios ou carpeta inclúe o traballo realizado polo alumnado, acompañado dunha reflexión sobre as aprendizaxes adquiridas e sobre o propio proceso de aprendizaxe.

50
Presentación oral A presentación do traballo será oral nos horarios de clase e previa a súa titorización. Entre os criterios de valoración contémplanse a organización e síntese da información, a claridade expositiva a os elementos de análise e valoración nas temáticas estudadas. 20
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica

As revistas nacionais e internacionais e as actas dos congresos constitúen a principal fonte documental sobre as pesquisas que se veñen realizando no ámbito da orientación. Ao comezo da materia vaíse entregar unha listaxe destas publicacións co seu enderezo web, no que se pode consultar o sumario e, en moitos casos, acceder os artigos e comunicacións.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
A orientación profesional no marco da aprendizaxe ao longo da vida/652439015

Materias que continúan o temario

Observacións
<p>Esta materia é de interese para o alumnado que  queira centrar o seu TFM  en orientación e titoría,  xa que profundiza nas súas liñas de investigación e na análise das metodoloxías empregadas.</p>


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías