Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Bases biolóxicas da linguaxe Código 652498002
Titulación
Mestrado Interuniversitario en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías (plan 2015)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Psicoloxía
Coordinación
Fernandez Garcia, Rosa Maria
Correo electrónico
rosa.fernandez@udc.es
Profesorado
Fernandez Garcia, Rosa Maria
Correo electrónico
rosa.fernandez@udc.es
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias do título
A4 Os estudiantes coñecerán as características diferenciales da intervención na linguaxe e na comunicación nos ámbitos familiar, escolar, clínico e asistencial.
A5 Os alumnos/as saberán realizar unha intervención nos trastornos específicos da linguaxe oral, tales como as disartrias, alteracións da linguaxe no envellecemento e trastornos dexenerativos, as alteracións da linguaxe en enfermedades mentais, trastornos do espectro autista, etc.
B2 Serán capaces de comportarse con ética e responsabilidade social como ciudadáns e como profesionais.
C6 Os alumnos/as saberán utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da sua profesión e para o aprendizaxe ó longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
XERAIS DA MATERIA Poden describir coherentemente as bases biolóxicas, anatómicas e neuropsicolóxicas dos problemas da linguaxe e a comunicación. Poden informar sobre a clasificación, a terminoloxía e a descrición dos trastornos da linguaxe e a comunicación. Son capaces de recoñecer e discriminar entre a variedade das alteracións: os trastornos específicos do desenvolvemento da linguaxe, trastorno específico da linguaxe, atrasos da linguaxe, trastornos fonéticos e fonolóxicos; os trastornos da comunicación e a linguaxe asociadas a déficit auditivas e visuais, o déficit de atención, os trastornos do espectro autista, os trastornos específicos da linguaxe escrita; as dificultades de lectura; os trastornos da fluidez do fala; as disartrias; as disfonías; as alteracións da linguaxe no envellecemento e os trastornos dexenerativos; as alteracións da linguaxe e a comunicación en enfermidades mentais; o mutismo selectivo e as inhibicións da linguaxe. Poden describir as funcións da Intervención na área da linguaxe e a comunicación: prevención, educación, reeducación, rehabilitación e tratamento. AP4
AP5
BP2
CP6

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1. Introdución ao sistema nervioso. Células do sistema nervioso: neuronas e glía. Estrutura do sistema nervioso. Características xerais. Sistema nervioso central e sistema nervioso periférico. Plasticidade cerebral
TEMA 2. Bioloxía celular do sistema nervioso. Neurofisioloxía da neurona. Potencial de membrana. Potencial de acción. Condución do potencial de acción
TEMA 3. Neuroquímica da transmisión sináptica. A sinapse. Tipos de sinapse, elementos da sinapse, transmisión do impulso nervioso, potenciais postsinápticos, integración neuronal, autorreceptores.
TEMA 4: Neurotransmisores e neuromoduladores. Acetilcolina, monoaminas, aminoácidos, lípidos. Comunicación química non sináptica. Farmacoloxía da sinapse.
TEMA 5. Audición e equilibrio. Natureza do son. Anatomía do sistema auditivo. Vías nerviosas do oído. Codificación neural do son.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A4 A5 B2 C6 6 16 22
Lecturas B2 C6 3 12 15
Portafolios do alumno B2 C6 2 20 22
Traballos tutelados B2 C6 1 12 13
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Esquema xeral dunha sesión de tres horas tipo:
Sección teórica (hora e media): 1.- Presentación de 30 mins. por parte do profesor/a, 2. - Lectura comentada dun texto seleccionado (30 mins), 3. - Contestación individual a un cuestionario.
Sección práctica (hora e media): 1.- Presentación de 30 mins. a cargo do profesor/a, 2. - Cuestionario en grupo sobre a presentación (30 minutos), 3. - Exposición e discusión sobre as respostas de cada grupo.
No caso da sesión maxistral o profesorado presentará os contidos do tema apoiándose nunha presentación power point. A sesión maxistral utilizarase tanto para a introdución teórica do tema coma para a presentación dos casos ou as prácticas que estean planificadas. Cada materia desenvólvese en sesións de tres horas, polo que a sesión maxistral pode abranguer ao redor dunha hora por sesión: media hora para a introdución teórica e media hora para a presentación das prácticas. O profesorado poderá variar esta distribución compensándoa sempre co resto das metodoloxías para non aumentar a carga ECTS da materia
Lecturas Cada sesión de clase de tres horas contén un tempo dedicado á lectura comentada dun texto relacionado coa exposición do profesor. A duración prevista será duns 30 minutos por sesión de tres horas.
Portafolios do alumno En cada sesión de clase o estudante deberá contestar a un cuestionario individual sobre a lectura realizada e un en grupo relacionado cos casos analizados ou as prácticas realizadas. Estes cuestionarios, ademais das presentacións power point corresondientes a cada clase deberá ser incluído no seu portafolios. Nel recollerán igualmente cantos comentarios, reflexións ou actividades realícense durante o curso.
Traballos tutelados Os estudantes non realizarán por cuadrimestre máis dun traballo tutelado. Este computará en todas as materias nas que estea matriculado posto que deberá contemplar as diferentes dimensións tratadas nelas. Todos os profesores/ás implicados actuarán como titores, se ben será o coordinador da titulación quen lle asigne un titor responsable. A relación de estudantes e titores responsables comunicarase a todo o profesorado. Finalizado o traballo todos os titores farán unha valoración (previamente protocolizada para simplificala) que remitirán ao titor responsable quen cualificará o traballo.
Dado que en segundo cuadrimestre se acumulan materias, practicum e traballo fin de máster, os estudantes, coa orientación do seu titor e o acordo dos seus profesores poderán abordar un mesmo tema con tres perspectivas. Unha académica para responder á adquisición das competencias fixadas nas materias do plan de estudos. Outra profesional, para responder aos obxectivos do practicum. Unha última investigadora, onde a través da presentación dun proxecto de investigación poderán cumprir os obxectivos do traballo fin de máster. Pódese considerar, polo tanto, como un traballo único con tres partes e tres titores diferentes. Cada un recibirá o traballo completo, se ben cualificará a súa parte dando lugar a tres cualificacións independentes. O traballo deberá estar formalmente divido en tres partes independentes, posto que a parte académica debe ser valorada tamén polo profesorado do segundo cuadrimestre

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Lecturas
Portafolios do alumno
Descrición
Atención personalizada: dudas, consultas, trabajos, etc.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B2 C6 Otros trabajos relacionados con la materia 40
Sesión maxistral A4 A5 B2 C6 Exposición por parte del profesor de las materias. Consulta de dudas. 10
Lecturas B2 C6 Libro: Incógnito. David Eagleman 10
Portafolios do alumno B2 C6 Trabajo de la lectura recomendada. 40
 
Observacións avaliación

A avaliación realizarase de forma individualizada
en cada unha das materias do máster. A avaliación será continua e incluirá unha
valoración cuantitativa do rendemento de cada estudante en cada actividade
realizada (incluídas as probas de exame que se poidan programar). Estas
actividades serán recollidas polos estudantes nun portafolios por materia. Nel
os estudantes recollerán todos os esquemas, presentacións, traballos
realizados, lecturas, prácticas, cuestionarios contestados, etc. Este
portafolios estará dispoñible sempre que o profesorado queira supervisalo e, en
todo caso, será entregado ao finalizar as clases presenciais da materia para a
súa supervisión e cualificación. Cada profesor avaliará as actividades
realizadas, segundo as metodoloxías docentes empregadas, en os créditos que
teñen asignados. A cualificación na materia será o resultado da media das
cualificacións dos profesores que a impartan. A cualificación de cada profesor
será ponderada segundo o número de créditos que imparte. No caso de utilizar
probas puntuais de exame (proba obxectiva, preguntas tipo tema, etc.) a súa
cualificación considerarase como parte do portafolios da materia, sen que o seu
peso poida superar o 50% da nota total asignada ao portafolios. O resto da
cualificación virá determinada polos criterios seguintes: Asistencia a clase
(por enriba do 80%): 10% Realización de lecturas e traballos tutelados: 30%
Nivel de rendemento madureza demostrada en actividades prácticas e tutorías:10%


Fontes de información
Bibliografía básica

J Pinel, Biopsicología

 Carlsson, Fisiología de la conducta.

 Kandel. Principios de Neurociencia

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías