Identifying Data 2018/19
Subject (*) Psychological Assessment of Language and Communication Disorders Code 652498007
Study programme
Mestrado Interuniversitario en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías (plan 2015)
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree 1st four-month period
First Optional 6
Language
Spanish
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Psicoloxía
Coordinador
Otero Otero, Patricia
E-mail
patricia.otero.otero@udc.es
Lecturers
Otero Otero, Patricia
E-mail
patricia.otero.otero@udc.es
Web
General description Nesta materia preténdese que os estudantes coñezan cales son as técnicas de avaliación psicolóxica que se empregan nalgúns trastornos que implican dificultades na linguaxe e a comunicación, así como os procesos de avaliación que se segue en cada un deles.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Os estudiantes saberán aplicar os modelos, técnicas e instrumentos de avaliación empregados na avaliación da linguaxe oral..
A2 Os estudiantes poderán levar a cabo a avaliación de trastornos específicos da linguaxe oral, tales como as disartrias, alteracións da linguaxe no envellecemento e trastornos dexenerativos, as alteracións da linguaxe en enfermedades mentais, trastornos do espectro autista, etc.
A3 Os alumnos/as saberán realizar a avaliación das dificultades de lectura e de trastornos específicos da linguaxe escrita.
A6 Saberán realizar unha intervención nas dificultades de lectura e dos trastornos específicos da linguaxe escrita.
B2 Serán capaces de comportarse con ética e responsabilidade social como ciudadáns e como profesionais.
B4 Os estudiantes serán capaces de tomar decisións con autonomía e responsabilidade.
C7 Os alumnos/as entenderán a importancia da cultura emprendedora e coñecerán os medios ó alcance das persoas emprendedoras.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
XERAIS DA MATERIA Poden explicar por escrito cales son os fundamentos do proceso de avaliación e diagnóstico. Son capaces de aplicar os modelos, técnicas e instrumentos de avaliación empregados nas alteracións específicas da linguaxe e a comunicación. Poden realizar unha avaliación das alteracións da linguaxe nos trastornos específicos do desenvolvemento da linguaxe: trastorno específico da linguaxe, atrasos da linguaxe, trastornos fonéticos e fonolóxicos; os trastornos da comunicación e a linguaxe asociados a déficit auditivos e visuais, o déficit de atención; os trastornos do espectro autista, os trastornos específicos da linguaxe escrita; as dificultades de lectura; os trastornos da fluidez do fala; as disartrias; as disfonías; as alteracións da linguaxe no envellecemento e os trastornos dexenerativos; as alteracións da linguaxe e a comunicación en enfermidades mentais; o mutismo selectivo e as inhibicións da linguaxe. Son capaces de redactar un informe de avaliación. Foron capaces de realizar unha avaliación tras a intervención. Poden reflexionar por escrito acerca dos problemas e avances no ámbito da avaliación da linguaxe e a comunicación. Adquirir un coñecemento práctico da avaliación na área da linguaxe e a comunicación. Coñecer a actuación profesional e os ámbitos onde se desenvolve a práctica. Adquirir ou desenvolver os recursos persoais para a intervención: habilidades sociais e comunicativas, habilidades profesionais, avaliación da propia actuación profesional, técnicas de observación, técnicas de dinamización ou toma de decisións. Realizar a selección, avaliación e aplicación de recursos das Tecnoloxías da Información e a Comunicación na prevención e intervención sobre as dificultades de aprendizaxe relacionadas co desenvolvemento da linguaxe e a comunicación. AJ1
AJ2
AJ3
AJ6
BJ2
BJ4
CJ7

Contents
Topic Sub-topic
TEMA 1: O PROCESO DE AVALIACIÓN E INSTRUMENTOS EMPREGADOS NAS ALTERACIÓNS DA LINGUAXE E A COMUNICACIÓN Obxectivos xerais da avaliación da linguaxe. Aspectos básicos a ter en conta na avaliación da linguaxe.
Principais métodos de avaliación da linguaxe: entrevista, observación, cuestionarios, probas estandarizadas, análisis de mostras da linguaxe
O informe de avaliación.
TEMA 2: AVALIACIÓN DA TARTAMUDEZ Métodos de avaliación. Avaliación diagnóstica. Avaliación funcional.
TEMA 3. AVALIACIÓN DO MUTISMO SELECTIVO E INHIBICIÓNS DA LINGUAXE Selección das estratexias de avaliación. O proceso xeral de avaliación. Estratexias e instrumentos para a avaliación
TEMA 4: AVALIACIÓN DO TRASTORNO POR DÉFICIT DE ATENCIÓN CON HIPERACTIVIDADE (TDAH) Evaluación xeral: intelixencia, linguaxe e aprendizaxe. Avaliación específica: hiperactividade/impulsividade e atención. Avaliación funcións executivas no TDAH
TEMA 5: AVALIACIÓN DO TRASTORNO ESPECÍFICO DA LINGUAXE (T.E.L) Obxectivos da avaliación do TEL. Importancia da detección temperá. Técnicas empregadas: mostras de fala, informes e inventarios, probas estandarizadas. O proceso de avaliación da linguaxe no TEL

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A2 B4 C7 12 12 24
Workbook A2 A3 9 18 27
Student portfolio A1 A6 B2 4 8 12
Objective test A2 B4 1 11 12
Supervised projects A2 A3 A6 B4 18 54 72
 
Personalized attention 3 0 3
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de preguntas dirixidas aos estudantes. Ao longo destas sesións presentaranse os contidos básicos da materia
Workbook Se realizarán lecturas de textos relacionados coa exposición do profesor.
Student portfolio En cada sesión de clase o estudante deberá contestar a un cuestionario individual sobre a lectura realizada e un en grupo relacionado cos casos analizados ou as prácticas realizadas. Estes cuestionarios, ademais das presentacións power point corresondientes a cada clase deberá ser incluído no seu portafolios. Nel recollerán igualmente cantos comentarios, reflexións ou actividades realícense durante o curso.
Objective test Ao finalizar cada cuadrimestre os estudantes realizarán unha proba de avaliación única. Esta proba terá o formato de proba obxectiva e nela avaliaranse conxuntamente todas as materias. Para configurar a proba e dispor dun arsenal potencial, o profesorado remitirá 5 preguntas por crédito impartido nunha materia. Aos estudantes entregaráselles un cuestionario onde figurarán identificadas as materias coas preguntas que lles corresponden e contestarán só a aquelas nas que estean matriculados. A cualificación obtida en cada materia será remitida ao profesor/a correspondente para que a inclúa na avaliación do estudante. Quen suspendan unha materia recibirán indicacións do seu profesor/a para a súa recuperación.
Supervised projects Os estudantes non realizarán por cuadrimestre máis dun traballo tutelado. Este computará en todas as materias nas que estea matriculado posto que deberá contemplar as diferentes dimensións tratadas nelas. Todos os profesores/ás implicados actuarán como titores, se ben será o coordinador da titulación quen lle asigne un titor responsable. A relación de estudantes e titores responsables comunicarase a todo o profesorado. Finalizado o traballo todos os titores farán unha valoración (previamente protocolizada para simplificala) que remitirán ao titor responsable quen cualificará o traballo. Dado que en segundo cuadrimestre se acumulan materias, practicum e traballo fin de máster, os estudantes, coa orientación do seu titor e o acordo dos seus profesores poderán abordar un mesmo tema con tres perspectivas. Unha académica para responder á adquisición das competencias fixadas nas materias do plan de estudos. Outra profesional, para responder aos obxectivos do practicum. Unha última investigadora, onde a través da presentación dun proxecto de investigación poderán cumprir os obxectivos do traballo fin de máster. Pódese considerar, polo tanto, como un traballo único con tres partes e tres titores diferentes. Cada un recibirá o traballo completo, se ben cualificará a súa parte dando lugar a tres cualificacións independentes. O traballo deberá estar formalmente divido en tres partes independentes, posto que a parte académica debe ser valorada tamén polo profesorado do segundo cuadrimestre

Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Student portfolio
Description
Os estudantes que o soliciten poderán recibir tutorías ben individuais ou ben en pequeno grupo respecto a elaboración dos contidos tanto do portafolios como dos traballos tutelados. Os estudantes doutras universidades poderán recibir estas tutorías a través de videoconferencia.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Guest lecture / keynote speech A2 B4 C7 Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de preguntas dirixidas aos estudantes. Ao longo destas sesións presentaranse os contidos básicos da materia 10
Supervised projects A2 A3 A6 B4 Os estudantes non realizarán por cuadrimestre máis dun traballo tutelado. Este computará en todas as materias nas que estea matriculado posto que deberá contemplar as diferentes dimensións tratadas nelas. Todos os profesores/ás implicados actuarán como titores, se ben será o coordinador da titulación quen lle asigne un titor responsable. A relación de estudantes e titores responsables comunicarase a todo o profesorado. Finalizado o traballo todos os titores farán unha valoración (previamente protocolizada para simplificala) que remitirán ao titor responsable quen cualificará o traballo. Dado que en segundo cuadrimestre se acumulan materias, practicum e traballo fin de máster, os estudantes, coa orientación do seu titor e o acordo dos seus profesores poderán abordar un mesmo tema con tres perspectivas. Unha académica para responder á adquisición das competencias fixadas nas materias do plan de estudos. Outra profesional, para responder aos obxectivos do practicum. Unha última investigadora, onde a través da presentación dun proxecto de investigación poderán cumprir os obxectivos do traballo fin de máster. Pódese considerar, polo tanto, como un traballo único con tres partes e tres titores diferentes. Cada un recibirá o traballo completo, se ben cualificará a súa parte dando lugar a tres cualificacións independentes. O traballo deberá estar formalmente divido en tres partes independentes, posto que a parte académica debe ser valorada tamén polo profesorado do segundo cuadrimestre 20
Workbook A2 A3 Se realizarán lecturas de textos relacionados coa exposición do profesor. 20
Student portfolio A1 A6 B2 En cada sesión de clase o estudante deberá contestar a un cuestionario individual sobre a lectura realizada e un en grupo relacionado cos casos analizados ou as prácticas realizadas. Estes cuestionarios deberán ser incluído no seu portafolios. Nel recollerán igualmente cantos comentarios, reflexións ou actividades realícense durante o curso. 20
Objective test A2 B4 Ao finalizar cada cuadrimestre os estudantes realizarán unha proba de avaliación única. Esta proba terá o formato de proba obxectiva e nela avaliaranse conxuntamente todas as materias. Para configurar a proba e dispor dun arsenal potencial, o profesorado remitirá 5 preguntas por crédito impartido nunha materia. Aos estudantes entregaráselles un cuestionario onde figurarán identificadas as materias coas preguntas que lles corresponden e contestarán só a aquelas nas que estean matriculados. A cualificación obtida en cada materia será remitida ao profesor/a correspondente para que a inclúa na avaliación do estudante. Quen suspendan unha materia recibirán indicacións do seu profesor/a para a súa recuperación. 30
 
Assessment comments

A avaliación será continua e
incluirá unha valoración cuantitativa do rendemento de cada estudante en cada
actividade realizada (incluídas as probas de exame que se poidan programar).
Estas actividades serán recollidas polos estudantes nun portafolios por
materia. Nel os estudantes recollerán todos os esquemas, presentacións,
traballos realizados, lecturas, prácticas, cuestionarios contestados, etc. Este
portafolios estará dispoñible sempre que o profesorado queira supervisalo e, en
todo caso, será entregado ao finalizar as clases presenciais da materia para a
súa supervisión e cualificación. Cada profesor avaliará as actividades
realizadas, segundo as metodoloxías docentes empregadas, en os créditos que
teñen asignados. A cualificación na materia será o resultado da media das
cualificacións dos profesores que a impartan. A cualificación de cada profesor
será ponderada segundo o número de créditos que imparte. No caso de utilizar
probas puntuais de exame (proba obxectiva, preguntas tipo tema, etc.) a súa
cualificación considerarase como parte do portafolios da materia, sen que o seu
peso poida superar o 50% da nota total asignada ao portafolios. O resto da
cualificación virá determinada polos criterios seguintes: Asistencia a clase
(por enriba do 80%): 10% Realización de lecturas e traballos tutelados: 30%
Nivel de rendemento madureza demostrada en actividades prácticas e tutorías:10%


Sources of information
Basic

Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

Recoméndase elixir a impresión a doble cara na entrega de traballos,e no caso dos alumnos doutras universidades o envío dos traballos telemáticamente.

Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sosenibiliade nos comportamentos persoais e profesionais.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.