Identifying Data 2019/20
Subject (*) Designs in Language Research Code 652498012
Study programme
Mestrado Interuniversitario en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías (plan 2015)
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree 2nd four-month period
First Obligatory 3
Language
Spanish
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Psicoloxía
Coordinador
Risso Migues, Alicia Gloria
E-mail
alicia.risso@udc.es
Lecturers
Risso Migues, Alicia Gloria
E-mail
alicia.risso@udc.es
Web
General description Esta materia ofrece unha revisión de nivel medio sobre as metodoloxías e técnicas de investigación no ámbito da linguaxe. Realízanse análises metodolóxicas de traballos relevantes no contexto da investigación da linguaxe e vincúlase cun proxecto de investigación.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A9 Os estudiantes serán capaces de analizar críticamente as publicacións científicas.
A10 Os alumnos serán capaces de elaborar un informe científico que implique definir un problema de investigación, as hipótesis e variables asociadas, así como definir o deseño, a mostra e o seu modo de selección, as ferramentas de recollida de datos e a súa consecuente análise e discusión.
B1 Os alumnos/as saberán acceder, seleccionar e xestionar as fontes de información relevantes para a práctica profesional.
C8 Os estudiantes valorarán a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
AO FINALIZAR A MATERIA, O ALUMNADO: Pode reflexionar por escrito acerca dos fundamentos metodolóxicos da investigación sobre a linguaxe e a comunicación. Pode describir os métodos e técnicas de recollida e análise de información, fundamentalmente cuantitativos. É capaz de deseñar instrumentos de recollida de información para programas de intervención en linguaxe e comunicación. É capaz de buscar e seleccionar a documentación bibliográfica necesaria para un traballo de investigación. É capaz de analizar criticamente as publicacións científicas. Pode comunicar axeitadamente os resultados dunha investigación. É capaz de elaborar un informe científico que implique definir un problema de investigación, as hipóteses e variables asociadas, así como definir o deseño, a mostra e o seu modo de selección, as ferramentas de recollida de datos e a súa consecuente análise e discusión. AJ9
AJ10
BJ1
CJ8

Contents
Topic Sub-topic
1. Métodología experimental e cuasiexperimental, observacional e de enquisas na investigación da linguaxe. 1. Metodoloxía experimental e cuasi-experimental
2. A observación como metodoloxía e como técnica
3. Enquisas e entrevistas
2. Deseño, construción, avaliación e aplicación de instrumentos de recollida da información. 1. Deseño
2. Construción
3. Avaliación
4. Aplicación
5. Asignación e interpretación de puntuacións
3. Aplicación das novas tecnoloxías á recollida de información. 1. A recollida de datos a través de internet: características, consideracións, vantaxes e inconvenientes
2. Programas informáticos e software de apoio
3. Aplicacións prácticas

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Workbook A9 A10 5 15 20
Workshop A9 A10 B1 C8 5 10 15
Supervised projects A9 A10 B1 C8 6 12 18
Oral presentation A9 B1 C8 1 6 7
Objective test A9 A10 B1 C8 1 8 9
 
Personalized attention 6 0 6
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Workbook Selección de lecturas que se comentan posteriormente en clase e que serven para os traballos tutelados. Responderase a un cuestionario online sobre elas, como control de lectura.
Workshop Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado.
Supervised projects Análise metodolóxica de investigacións relevantes dentro do ámbito da investigación da linguaxe, seguindo as directrices da Guía de Análise que se ofrece no curso.
Oral presentation Exposición dun dos traballos tutelados realizados.
Objective test Pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.

Personalized attention
Methodologies
Oral presentation
Supervised projects
Workshop
Description
Os traballos requiren dun seguimento individual, ou en grupo pequeno, do profesorado.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Oral presentation A9 B1 C8 Exposición, grabada en vídeo, dun dos traballos tutelados realizados. (Actividade de equipo). 12
Supervised projects A9 A10 B1 C8 Realización de análises metodolóxicas de publicacións relevantes no campo da investigación da linguaxe, de acordo coa "Guía de análise" que ofrece a materia. (Actividade de equipo). 18
Workbook A9 A10 Avaliaranse cos traballos tutelados e na proba obxectiva final. 0
Workshop A9 A10 B1 C8 Resolución das prácticas iniciadas en clase e rematadas de forma non-presencial. (Actividade de equipo).
Sumarase individualmente a asistencia, a condición de que estea por encima do 80 %.
20
Objective test A9 A10 B1 C8 Exame final. Proba obxectiva con catro opcións de resposta por cuestión, das que só unha será correcta. 50
 
Assessment comments

Importante: Para aprobar será necesario obter, como mínimo, a metade da puntuación
total posible en cada unha das metodoloxías de avaliación.

Opción A: As prácticas e os traballos tutelados, así como a exposición oral, realizaranse en equipo.

Opción  B: O alumnado a tempo completo que non alcance o 80 % de asistencia presencial realizará as prácticas e os traballos tutelados de forma individual. A presentación oral poderá facerse con algún dos equipos existentes.

Opción C: O alumnado a tempo parcial con dispensa de asistencia concedida realizará de forma individual (ou nun equipo con outros/as estudantes na mesma situación) as prácticas e os traballos tutelados. De non existir equipo de estudantes con dispensa, a presentación oral poderá facerse con algún dos equipos existentes.


Sources of information
Basic

MANUAL DE APOIO:

NAVAS ARA, M. J. (coord.)(2002). Métodos, diseños y técnicas de investigación psicológica. Madrid: UNED.

Libro pensado para o ensino non-presencial, que abrangue practicamente todos os temas relacionados coa metodoloxía de investigación, dende unha introdución sobre o método científico ás distintas metodoloxías e o seu emprego, pasando pola construción de instrumentos de medida.

OUTROS TEXTOS RECOMENDADOS:

LEÓN, O. y MONTERO, I. (2000). Diseño de investigaciones. Madrid: McGraw-Hill.

Libro de lectura doada e amena, con múltiples exemplos. Moi recomendable.

DELGADO, A. R. y PRIETO, G. (1997): Introducción a los métodos de investigación de la Psicología. Madrid: Pirámide.

Libro breve y sencillo que aborda una buena parte de los contenidos incluidos en el programa.

FONTES, S.; GARCÍA, C.; GARRIGA, A. J.; PÉREZ-LLANTADA, M. C. y SARRIÁ, E. (2001): Diseños de investigación en Psicología. Madrid: UNED.

Libro breve e sinxelo que aborda unha boa parte dos contidos incluídos no programa..

GARCÍA, C.; QUINTANILLA, L.; GARRIGA, A. J.; FONTES, S.; PÉREZLLANTADA, M. C. y SARRIÁ, E. (2003): Diseños de investigación en Psicología. Cuaderno de Prácticas. Madrid: UNED.

Trátase dun Caderno de Prácticas elaborado para esa materia da titulación de Psicoloxía que acompaña á obra do mesmo título realizada por Fontes e col. (2001). Nel ofrécense numerosos extractos de investigacións sobre as que se propoñen distintas actividades aos lectores.

GARCÍA, M.; IBÁÑEZ, J. y ALVIRA, F. (comp.) (1994): El análisis de la realidad social. Métodos y técnicas de investigación (2.a ed.). Madrid: Alianza.

Manual cunha perspectiva sociolóxica no que se aborda a análise da realidade social considerando os deseños e a forma de recoller e analizar posteriormente os datos. Examínanse as metodoloxías incluídas n programa, cun peso maior á cualitativa e á de enquisas, un capítulo para a metodoloxía observacional e algunha referencia á metodoloxía experimental, pouco utilizada no ámbito do que trata o libro.

MELTZOFF, J. (2000): Crítica a la investigación. Psicología y campos afines. Madrid: Alianza.

Libro claro e didáctico organizado en dúas partes. Na primeira revísanse todas as fases implicadas na realización dunha investigación. Na segunda proponse un conxunto de 16 artigos ficticios creados polo autor e con erros que o lector debe detectar, se ben cada artigo vai seguido dun comentario do autor onde se sinalan unha boa parte deles.

MERINO, J. M.; MORENO, E.; PADILLA, M.; RODRIGUEZ-MIÑÓN, P. y VILLARINO, A. (2001): Análisis de datos en Psicología I. Madrid: UNED.

Libro concibido expresamente para o estudo a distancia da estatística descritiva, moi claro e didáctico, cheo de exemplos sinxelos e aclaracións, que resultará de grande utilidade para o alumnado que se achega por vez primeira a eses conceptos estatísticos.

Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.