Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Métodos e diseños na investigación da linguaxe Código 652498012
Titulación
Mestrado Interuniversitario en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías (plan 2015)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Non presencial
Prerrequisitos
Departamento Psicoloxía
Coordinación
Risso Migues, Alicia Gloria
Correo electrónico
alicia.risso@udc.es
Profesorado
Risso Migues, Alicia Gloria
Correo electrónico
alicia.risso@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia ofrece unha revisión de nivel medio sobre as metodoloxías e técnicas de investigación no ámbito da linguaxe. Realízanse análises metodolóxicas de traballos relevantes no contexto da investigación da linguaxe e vincúlase cun proxecto de investigación.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos.
Non se modifican.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Lecturas, Obradoiro, Traballos tutelados, Presentación oral, Proba obxectiva.

*Metodoloxías docentes que se modifican
Sesión maxistral: substituiranse por sesións síncronas equivalentes a través do equipo da materia en Teams.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Teams da materia, teléfono do despacho, correo electrónico.

4. Modificacións na avaliación
Non son necesarias.

*Observacións de avaliación:

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non son necesarias. Os materiais de lectura e traballo estarán dispoñibles no Moodle da materia desde o inicio do cuadrimestre.

Competencias do título
Código Competencias do título
A9 Os estudiantes serán capaces de analizar críticamente as publicacións científicas.
A10 Os alumnos serán capaces de elaborar un informe científico que implique definir un problema de investigación, as hipótesis e variables asociadas, así como definir o deseño, a mostra e o seu modo de selección, as ferramentas de recollida de datos e a súa consecuente análise e discusión.
B1 Os alumnos/as saberán acceder, seleccionar e xestionar as fontes de información relevantes para a práctica profesional.
C8 Os estudiantes valorarán a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
AO FINALIZAR A MATERIA, O ALUMNADO: Pode reflexionar por escrito acerca dos fundamentos metodolóxicos da investigación sobre a linguaxe e a comunicación. Pode describir os métodos e técnicas de recollida e análise de información, fundamentalmente cuantitativos. É capaz de deseñar instrumentos de recollida de información para programas de intervención en linguaxe e comunicación. É capaz de buscar e seleccionar a documentación bibliográfica necesaria para un traballo de investigación. É capaz de analizar criticamente as publicacións científicas. Pode comunicar axeitadamente os resultados dunha investigación. É capaz de elaborar un informe científico que implique definir un problema de investigación, as hipóteses e variables asociadas, así como definir o deseño, a mostra e o seu modo de selección, as ferramentas de recollida de datos e a súa consecuente análise e discusión. AP9
AP10
BP1
CP8

Contidos
Temas Subtemas
1. Métodología experimental e cuasiexperimental, observacional e de enquisas na investigación da linguaxe. 1. Metodoloxía experimental e cuasi-experimental
2. A observación como metodoloxía e como técnica
3. Enquisas e entrevistas
2. Deseño, construción, avaliación e aplicación de instrumentos de recollida da información. 1. Deseño
2. Construción
3. Avaliación
4. Aplicación
5. Asignación e interpretación de puntuacións
3. Aplicación das novas tecnoloxías á recollida de información. 1. A recollida de datos a través de internet: características, consideracións, vantaxes e inconvenientes
2. Programas informáticos e software de apoio
3. Aplicacións prácticas

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas A10 A9 0 15 15
Obradoiro A9 A10 B1 C8 7 10 17
Traballos tutelados A9 A10 B1 C8 5 10 15
Presentación oral A9 B1 C8 1 5 6
Sesión maxistral A10 A9 B1 C8 7 0 7
Proba obxectiva A9 A10 B1 C8 1 8 9
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Selección de lecturas que se comentan posteriormente en clase e que serven para os traballos tutelados. Responderase a un cuestionario online sobre elas, como control de lectura.
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado.
Traballos tutelados Análise metodolóxica de investigacións relevantes dentro do ámbito da investigación da linguaxe, seguindo as directrices da Guía de Análise que se ofrece no curso.
Presentación oral Exposición dun dos traballos tutelados realizados.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Proba obxectiva Pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Traballos tutelados
Obradoiro
Descrición
Os traballos requiren dun seguimento individual, ou en grupo pequeno, do profesorado.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A9 B1 C8 Exposición, grabada en vídeo, dun dos traballos tutelados realizados. (Actividade de equipo). 12
Traballos tutelados A9 A10 B1 C8 Realización de análises metodolóxicas de publicacións relevantes no campo da investigación da linguaxe, de acordo coa "Guía de análise" que ofrece a materia. (Actividade de equipo). 18
Lecturas A10 A9 Avaliaranse cos traballos tutelados e na proba obxectiva final. 0
Obradoiro A9 A10 B1 C8 Resolución das prácticas iniciadas en clase e rematadas de forma non-presencial. (Actividade de equipo).
Sumarase individualmente a asistencia, a condición de que estea por encima do 80 %.
20
Proba obxectiva A9 A10 B1 C8 Exame final. Proba obxectiva con catro opcións de resposta por cuestión, das que só unha será correcta. 50
Sesión maxistral A10 A9 B1 C8 Avaliaranse cos traballos tutelados e na proba obxectiva final. 0
 
Observacións avaliación

Importante: Para aprobar será necesario obter, como mínimo, a metade da puntuación
total posible en cada unha das metodoloxías de avaliación.

Opción A: As prácticas e os traballos tutelados, así como a exposición oral, realizaranse en equipo.

Opción  B: O alumnado a tempo completo que non alcance o 80 % de asistencia presencial (Teams) realizará as prácticas e os traballos tutelados de forma individual. A presentación oral poderá facerse con algún dos equipos existentes.

Opción C: O alumnado a tempo parcial con dispensa de asistencia concedida realizará de forma individual (ou nun equipo con outros/as estudantes na mesma situación) as prácticas e os traballos tutelados. De non existir equipo de estudantes con dispensa, a presentación oral poderá facerse con algún dos equipos existentes.


Fontes de información
Bibliografía básica

MANUAL DE APOIO:

NAVAS ARA, M. J. (coord.)(2002). Métodos, diseños y técnicas de investigación psicológica. Madrid: UNED.

Libro pensado para o ensino non-presencial, que abrangue practicamente todos os temas relacionados coa metodoloxía de investigación, dende unha introdución sobre o método científico ás distintas metodoloxías e o seu emprego, pasando pola construción de instrumentos de medida.

OUTROS TEXTOS RECOMENDADOS:

LEÓN, O. y MONTERO, I. (2000). Diseño de investigaciones. Madrid: McGraw-Hill.

Libro de lectura doada e amena, con múltiples exemplos. Moi recomendable.

DELGADO, A. R. y PRIETO, G. (1997): Introducción a los métodos de investigación de la Psicología. Madrid: Pirámide.

Libro breve y sencillo que aborda una buena parte de los contenidos incluidos en el programa.

FONTES, S.; GARCÍA, C.; GARRIGA, A. J.; PÉREZ-LLANTADA, M. C. y SARRIÁ, E. (2001): Diseños de investigación en Psicología. Madrid: UNED.

Libro breve e sinxelo que aborda unha boa parte dos contidos incluídos no programa..

GARCÍA, C.; QUINTANILLA, L.; GARRIGA, A. J.; FONTES, S.; PÉREZLLANTADA, M. C. y SARRIÁ, E. (2003): Diseños de investigación en Psicología. Cuaderno de Prácticas. Madrid: UNED.

Trátase dun Caderno de Prácticas elaborado para esa materia da titulación de Psicoloxía que acompaña á obra do mesmo título realizada por Fontes e col. (2001). Nel ofrécense numerosos extractos de investigacións sobre as que se propoñen distintas actividades aos lectores.

GARCÍA, M.; IBÁÑEZ, J. y ALVIRA, F. (comp.) (1994): El análisis de la realidad social. Métodos y técnicas de investigación (2.a ed.). Madrid: Alianza.

Manual cunha perspectiva sociolóxica no que se aborda a análise da realidade social considerando os deseños e a forma de recoller e analizar posteriormente os datos. Examínanse as metodoloxías incluídas n programa, cun peso maior á cualitativa e á de enquisas, un capítulo para a metodoloxía observacional e algunha referencia á metodoloxía experimental, pouco utilizada no ámbito do que trata o libro.

MELTZOFF, J. (2000): Crítica a la investigación. Psicología y campos afines. Madrid: Alianza.

Libro claro e didáctico organizado en dúas partes. Na primeira revísanse todas as fases implicadas na realización dunha investigación. Na segunda proponse un conxunto de 16 artigos ficticios creados polo autor e con erros que o lector debe detectar, se ben cada artigo vai seguido dun comentario do autor onde se sinalan unha boa parte deles.

MERINO, J. M.; MORENO, E.; PADILLA, M.; RODRIGUEZ-MIÑÓN, P. y VILLARINO, A. (2001): Análisis de datos en Psicología I. Madrid: UNED.

Libro concibido expresamente para o estudo a distancia da estatística descritiva, moi claro e didáctico, cheo de exemplos sinxelos e aclaracións, que resultará de grande utilidade para o alumnado que se achega por vez primeira a eses conceptos estatísticos.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías