Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Intervención nas alteracións da linguaxe, fala, audición e voz: da teoría á práctica clínica Código 652498029
Titulación
Mestrado Interuniversitario en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías (plan 2015)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Losada Puente, Luisa
Correo electrónico
luisa.losada@udc.es
Profesorado
Losada Puente, Luisa
Correo electrónico
luisa.losada@udc.es
Web
Descrición xeral Asignatura para adquirir los conocimientos de la intervención de los trastornos del lenguaje, habla, voz y audición.

Competencias do título
Código Competencias do título
A4 Os estudiantes coñecerán as características diferenciales da intervención na linguaxe e na comunicación nos ámbitos familiar, escolar, clínico e asistencial.
A5 Os alumnos/as saberán realizar unha intervención nos trastornos específicos da linguaxe oral, tales como as disartrias, alteracións da linguaxe no envellecemento e trastornos dexenerativos, as alteracións da linguaxe en enfermedades mentais, trastornos do espectro autista, etc.
B2 Serán capaces de comportarse con ética e responsabilidade social como ciudadáns e como profesionais.
B4 Os estudiantes serán capaces de tomar decisións con autonomía e responsabilidade.
C7 Os alumnos/as entenderán a importancia da cultura emprendedora e coñecerán os medios ó alcance das persoas emprendedoras.
C8 Os estudiantes valorarán a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Poden informar sobre os principios xerais da intervención nas dificultades da linguaxe e a comunicación. AP4
BP2
BP4
Poden describir as funcións da Intervención na área da linguaxe e a comunicación: prevención, educación, reeducación, rehabilitación e tratamento. AP4
CP8
Son capaces de aplicar os modelos e as técnicas de intervención. AP4
AP5
BP4
CP8
Poden describir as características diferenciais da intervención na linguaxe e a comunicación nos ámbitos familiar, escolar, clínico e asistencial. AP4
BP4
CP8
Son capaces de realizar unha intervención en trastornos específicos do desenvolvemento da linguaxe os trastornos específicos da linguaxe escrita; as dificultades de lectura; os trastornos da fluidez do fala; as disartrias; as disfonías; as alteracións da linguaxe no envellecemento e os trastornos dexenerativos; as alteracións da linguaxe e a comunicación en enfermidades mentais; o mutismo selectivo y as inhibicións da linguaxe. AP4
AP5
BP2
BP4
CP7
Son capaces de facer unha planificación estratéxica da intervención na área da linguaxe e a comunicación. AP5
BP2
BP4
CP7
CP8
Posúen os recursos persoais para a intervención: habilidades sociais e comunicativas, habilidades profesionais, avaliación da propia actuación profesional, técnicas de observación, técnicas de dinamización ou toma de decisións. BP2
BP4
CP7
CP8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Fundamentos básicos da Terapia vocal: principios, indicacións, limitacións, enfoques terapéuticos e perfil do terapeuta. 1.1. Terapia vocal: definición de conceptos, principios, indicacións e limitacións.
1.2. Alteracións da voz: definicións e tipos.
1.3. Enfoques terapeúticos e perfil do terapeuta.
Tema 2. Intervención logopédica nas Disfonías funcionáis e nas Disfonías orgánicas.


2.1. Disfonía: tipoloxías e aspectos básicos para a intervención vocal
2.2. Disfonía funcional: etioloxía e evolución clínica, diagnóstico, adestramento práctico dos recursos terapéuticos.
2.3. Adestramentos para a disfonía funcional: postura e xesticulación corporal, respiración, fonación, impostación e articulación.
2.4. Disfonía orgánica: definición e tipos (conxénita ou adquirida).
2.5. O caso da parálise vocal
Tema 3. Principios de intervención da voz profesional.
3.1. Técnicas vocais: primeiros pasos e obxectivos
3.2. Bases metodolóxicas para a investigación en terapia vocal.
3.3. Aplicación de exercicios de rectificación de erros
3.4. Elaboración de informe
Tema 7. Intervención en trastornos específicos da linguaxe na infancia Introducción
Objetivos
USAL Presentación de la asignatura
Tema 8. Rehabilitación en trastornos da fala Introducción.
Disglosia. Definición e clasificación. Abordaxe xeral.
Disartria. Definición e clasificación. Rehabilitación.
Disfemia. Rehabilitación en nenos. Rehabilitación en adultos. Técnicas específicas de control da fala
Tema 9. Aspectos básicos da deficiencia auditiva Definición e consecuencias da deficiencia auditiva no nenoe no adulto.
Prótesis auditivas e Implante coclear.
Tema 10. Rehabilitación audiolóxica en adultos con deficiencia auditiva. Elementos da rehabilitación audiolóxica.
Entrenamento auditivo e da comunicación.
A discapacidade como obxetivo nos programas de rehabilitación audiolóxica.
Tema 11. Orientación e estratexias de intervención en nenos con deficiencia auditiva. O neno deficiente auditivo portador de Implante Coclear. Consideracións xerais.
Criterios de selección e factores diferenciadores e de prognóstico.
Rehabilitación e intervención pedagóxica.
Programa de adestramento auditivo.
Tema 12.- La afasia - Definición
- Semioloxía
- Manifestacións que acompañan á afasia
- Formas clínicas de afasia
Tema 13.- Rehabilitación da afasia - Pautas xerais sobre a rehabilitación nas afasias
- Rehabilitación da sintomatoloxía nas afasias

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A4 A5 B2 B4 C7 9 18 27
Lecturas C8 6 6 12
Portafolios do alumno A5 B2 0 15 15
Traballos tutelados B4 1 15 16
Obradoiro A4 6.5 0 6.5
Estudo de casos B4 14 14 28
Discusión dirixida B2 B4 3 3 6
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Esquema xeral dunha sesión de tres horas tipo:
Sección teórica (hora e media): 1.- Presentación de 30 mins. por parte do profesor/a, 2. - Lectura comentada dun texto seleccionado (30 mins), 3. - Contestación individual a un cuestionario.
Sección práctica (hora e media): 1.- Presentación de 30 mins. a cargo do profesor/a, 2. - Cuestionario en grupo sobre a presentación (30 minutos), 3. - Exposición e discusión sobre as respostas de cada grupo.
No caso da sesión maxistral o profesorado presentará os contidos do tema apoiándose nunha presentación power point. A sesión maxistral utilizarase tanto para a introdución teórica do tema coma para a presentación dos casos ou as prácticas que estean planificadas. Cada materia desenvólvese en sesións de tres horas, polo que a sesión maxistral pode abranguer ao redor dunha hora por sesión: media hora para a introdución teórica e media hora para a presentación das prácticas. O profesorado poderá variar esta distribución compensándoa sempre co resto das metodoloxías para non aumentar a carga ECTS da materia
Lecturas Cada sesión de clase de tres horas contén un tempo dedicado á lectura comentada dun texto relacionado coa exposición do profesor. A duración prevista será duns 30 minutos por sesión de tres horas.
Para a Prof. Carmen Sánchez Mollón será de lectura obrigatoria:
Capítulo IX "Consideracións Xerais sobre a rehabilitación das afasias e trastornos asociados", En - Pena Casanova. J. e Pérez Pamies, Masón.: Rehabilitación das afasias e trastornos asociados. Masson, 1984
Portafolios do alumno En cada sesión de clase o estudante deberá contestar a un cuestionario individual sobre a lectura realizada e un en grupo relacionado cos casos analizados ou as prácticas realizadas. Estes cuestionarios, ademais das presentacións power point corresondientes a cada clase deberá ser incluído no seu portafolios. Nel recollerán igualmente cantos comentarios, reflexións ou actividades realícense durante o curso.

As actividades desenvolvidas nos obradouros da profesora Luisa Losada Puente serán recollidos nun portafolio grupal, no que se incluirá unha actividade (opcional) a desenvolver de forma individual.
Traballos tutelados Os estudantes non realizarán por cuadrimestre máis dun traballo tutelado. Este computará en todas as materias nas que estea matriculado posto que deberá contemplar as diferentes dimensións tratadas nelas. Todos os profesores/ás implicados actuarán como titores, se ben será o coordinador da titulación quen lle asigne un titor responsable. A relación de estudantes e titores responsables comunicarase a todo o profesorado. Finalizado o traballo todos os titores farán unha valoración (previamente protocolizada para simplificala) que remitirán ao titor responsable quen cualificará o traballo.
Dado que en segundo cuadrimestre se acumulan materias, practicum e traballo fin de máster, os estudantes, coa orientación do seu titor e o acordo dos seus profesores poderán abordar un mesmo tema con tres perspectivas. Unha académica para responder á adquisición das competencias fixadas nas materias do plan de estudos. Outra profesional, para responder aos obxectivos do practicum. Unha última investigadora, onde a través da presentación dun proxecto de investigación poderán cumprir os obxectivos do traballo fin de máster. Pódese considerar, polo tanto, como un traballo único con tres partes e tres titores diferentes. Cada un recibirá o traballo completo, se ben cualificará a súa parte dando lugar a tres cualificacións independentes. O traballo deberá estar formalmente divido en tres partes independentes, posto que a parte académica debe ser valorada tamén polo profesorado do segundo cuadrimestre
Obradoiro A parte práctica da profesora Luisa Losada Puente se desenvolverá combinando metodoloxías e probas (exposicións, debates, prácticas guiadas...) en forma de obradoiro.

A parte práctica da prof.a Carmen Sánchez Mollón consistiá en:

1.- Presentación de casos clínicos (Historia clínica)
2.- Elaboración do programa inicial de rehabilitación (por grupos de alumnos)
3.- Exposición e debate,
Estudo de casos A parte práctica impartida polo prof. Eliseo Martín consistirá en:

Presentación de caso moi representativo de neno con implante coclear.
Cuestionario para o traballo en grupo sobre a presentación realizada.
Exposición e comentario sobre as respostas achegadas no cuestionario.
Discusión dirixida A discusión dirixida forma parte da sección práctica de cada sesión de tres horas. Logo de que os estudantes contestasen por grupos ás preguntas do cuestionario que acompaña á presentación do profesor, cada grupo expoñerá as súas respostas ao conxunto da clase, abríéndose unha quenda de intervencións ao respecto. A discusión pecharase coas conclusións do profesor/a

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
O alumnado recibirá a atención personalizada, ben en hora de tutoría (despacho) ou ben pola plataforma online Campus Virtual (foro) se fose unha mensaxe xeral, ou ben por correo electrónico de cada profesor/a.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos B4 Diferentes casos clínicos relacionados cos trastornos da linguaxe, fala, voz ou audición 10
Discusión dirixida B2 B4 Ao final farase unha reflexión crítica dos aspectos programados apra o caso clínico ou ben das lecturas realizadas. 10
Obradoiro A4 Faranse grupos en clase para traballar os distintos aspectos prácticos. 10
Sesión maxistral A4 A5 B2 B4 C7 Asistencia a clase para recibir os contidos teóricos e prácticos 10
Lecturas C8 Haberá lecturas relacionadas coos contidos teóricos. 10
Portafolios do alumno A5 B2 O alumnado fará un portafolio coas intervencións realizadas. 40
Traballos tutelados B4 O alumnado fará unha procura bibliográfica para o marco teórico do trastorno. 10
 
Observacións avaliación
A avaliación realizarase de forma individualizada. A avaliación será continua e incluirá unha valoración cuantitativa do rendemento de cada estudante en cada actividade realizada (incluídas as probas de exame que se poidan programar). Estas actividades serán recollidas polos estudantes nun portafolios por materia. Nel os estudantes recollerán todos os esquemas, presentacións, traballos
realizados, lecturas, prácticas, cuestionarios contestados, etc. Este portafolios estará dispoñible sempre que o profesorado queira supervisalo e, en todo caso, será entregado ao finalizar as clases presenciais da materia para a súa supervisión e cualificación.
Cada profesor avaliará as actividades realizadas, segundo as metodoloxías docentes empregadas, nos créditos que teñen asignados. A cualificación na materia será o resultado da media das cualificacións dos profesores que a impartan. A cualificación de cada profesor será ponderada segundo o número de créditos que imparte. No caso de utilizar probas puntuais de exame (proba obxectiva, preguntas tipo tema, etc.) a súa cualificación considerarase como parte do portafolios da materia, sen que o seu peso poida superar o 50% da nota total asignada ao portafolios. O resto da
cualificación virá determinada polos criterios seguintes:
- Asistencia a clase (por enriba do 80%): 10%
- Realización de lecturas e traballos tutelados: 30%
- Nivel de rendemento madureza demostrada en actividades prácticas e tutorías:10%

Fontes de información
Bibliografía básica Perelló, J. y Slavá, J.A. (1980). Alteraciones de la voz. Barcelona: Científico Médica
Rubin, J., Sataloff, R. y Korovín, G. (2006). Diagnosis and treatment of voice disorders (3ª ed). San Diego: Singular Publishing Group
Berckhan, B, Krause, C y Róder, U. (2008). El arte de hablar en público: cómo ganar respeto con serenidad. Madrid: Santillana
Bustos Sánchez, I. (2013). Intervención logopédica en trastornos de la voz. Barcelona: Paidotribo
Jackson, M. (2005). La voz normal. Buenos Aires: Médica Panamerica
Jackson, M. (2002). La voz patológica. Buenos Aires: Médica Panamerica
Bustos Sánchez, I. (2003). La voz. La técnica y la expresión. Barcelona: Paidotribo
Le Huche, F y Allali, A. (2004). La voz: Terapéurica de los trastornos vocales. Barcelona: Masson
Irwin, D., Pannbacker, M. y Lass, N. (2007). linical research methods in speech-language pathology and audiology. San Diego: Singular Publishing Group
Andrews, M. (1999). Manual of voice treatment. Pediatrics trhrough geriatrics (2ª ed.). San Diego: Singular Publishing Group
Sataloff, R.T. (1991). Professional voice: The science and art of clinical care. . Nueva York: Paven Press
Casado Morente, J.C. (2009). Trastornos de la voz: del diagnóstico al tratamiento. Málaga: Aljibe
Heuillet-Martin, G y Garson-Bavard H. y Legré A. (2003). Una voz para todos. La voz normal y cómo optimizarla. Barcelona: Sola

Ademáis das referencias propostas pola profesora Luisa Losada Puente, recomendase a lectura de artículos nas seguientes revistas: - Journal of Voice. EEUU. - Larygoscope. EEUU. - Journal of Speech and Hearing Research (ASHA). EEUU. - Revista Española de Logopedia, Foniataría y Audiología (AELFA). España. - Journal of Acoustical Society of América. BIBLIOGRAFÍA PROF. ELISEO MARTÍN MARTIN - Datta, G. y col. 2006. Implante coclear en los primeros años de vida: los primeros pasos. Pamplona: Cínica Universitaria de Navarra. - Datta, G. y Harrigan, S. 2007. Implantes cocleares para niños pequeños sordos: las primeras palabras. Pamplona. EUNSA. - Furmanski, M. H. (2003). Implantes cocleares en niños: Rehabilitación auditiva y terapia auditivo verbal. Barcelona: Neux Ediciones. - Huarte, A. (1991). Guía de rehabilitación del Implante Coclear en niños. Pamplona: Ed. Servicio de Publicaciones de la Universidad de Navarra. - Juarez, A. y Monfort, M. (2001). Algo que decir. Hacia la adquisición del lenguaje: Manual de Orientación para los padres de niños con sordera, de 0 a 5 años. Madrid: Ed. Entha Ediciones. - Manrique, M. y Huarte, A. (2002). Implantes Cocleares. Barcelona: Ed. Massón. BIBLIOGRAFÍA PROF. CARMEN SÁNCHEZ MOLLÓN - Arango Lasprilla, J.C.: Rehabilitación neurpsicológica. Manual Moderno, 2006 - Bruna Irabassa, O. : Rehabilitación Neurospsicológica: Intervención y práctica clínica. Masson, 2012 - Catalá, ., Gallego, M. y Talavera, M.: Logos, Material para la rehabilitación de las afasias y otras alteraciones del lenguaje. Lébon. - Christensen, A-L. El diagnóstico neuropsicológico de Luria. Visor Libros. 1987 - Ducarne de Ribaucourt, B.: Reeducación semiológica de las afasias, traducción al español. Masson S.A 1989. Barcelona - González Lázaro, P., González Ortuño, B.: De la teoría a la práctica. Panamericana. 2005 - Helm Estabrooks, A.: Manual de la afasia y de la terapia de la afasia. Panamericana, S.A, 2005 - Lobos, E., del Río, M., Zabala, K. Y J.L Nespoulous. : Protocolo Montreal- Toulouse. Buenos Aires - Peña Casanova,. J. y; Pérez Pamies, Masón.: Rehabilitación de las afasias y trastornos asociados. Masson, 1984. - Perelló Gilbergá, j.: Diccionario de Logopedia, Foniatría y Audiología. Lébon, S.L. 2007 - Schuell, HM.:Afasias en el adulto según Schuell. Diagnóstico, Pronóstico y Tratamiento.Panamericana
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías