Identifying Data 2020/21
Subject (*) Intervention in Language and Communication Difficulties in A.S.D. and some Computerized Proposals fo Code 652498031
Study programme
Mestrado Interuniversitario en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías (plan 2015)
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree 2nd four-month period
First Optional 3
Language
Spanish
Teaching method Non-attendance
Prerequisites
Department Ciencias da Saúde
Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinador
Pereira Loureiro, Javier
E-mail
javier.pereira@udc.es
Lecturers
Groba Gonzalez, Betania
Nieto Riveiro, Laura
Pereira Loureiro, Javier
E-mail
b.groba@udc.es
laura.nieto@udc.es
javier.pereira@udc.es
Web http://talionis.citic.udc.es/formacion
General description Nesta materia o alumno/a poderá:
- Coñecer e comprender os principios xerais da intervención nos trastornos do espectro do autismo (TEA), con especial referencia ao ámbito da comunicación e a linguaxe.
- Coñecer e analizar criticamente os principais modelos teóricos que fundamentan as estratexias e/ou programas de intervención comunmente aplicados nos TEA
- Coñecer os obxectivos, estrutura e procedementos dos principais programas de intervención aplicados en TEA.
- Seleccionar, adaptar e implementar algúns dos procedementos e/ou programas máis representativos para o desenvolvemento da linguaxe e a comunicación en TEA.
- Diseñar, implementar e avaliar un programa de intervención adaptado ás necesidades de cada caso concreto.
- Coñecer as posibilidades da intervención con persoas con TEA con programas informáticos que capaciten para a comunicación e creación de contidos de interese.
- Desenvolver unha experiencia práctica co manexo de sistemas de comunicación dinámicos: Acceso aos dispositivos ou programas, interruptores de control, emuladores de teclado, emuladores de rato, coleccións de sons e pictogramas con especial atención a ARASAAC
Contingency plan 1. Modificacións nos contidos:
Non se realizan.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesión maxistral, Portafolios, Estudo de casos.

*Metodoloxías docentes que se modifican
Non se modifica ningunha metodoloxía. As metodoloxías se desenvolverán de xeito virtual.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
A través de Teams e correo electrónico en horario de titorías.

4. Modificacións na avaliación
Non hai ningunha modificación.

*Observacións de avaliación:

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
No hai ningunha modificación.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A4 Os estudiantes coñecerán as características diferenciales da intervención na linguaxe e na comunicación nos ámbitos familiar, escolar, clínico e asistencial.
A5 Os alumnos/as saberán realizar unha intervención nos trastornos específicos da linguaxe oral, tales como as disartrias, alteracións da linguaxe no envellecemento e trastornos dexenerativos, as alteracións da linguaxe en enfermedades mentais, trastornos do espectro autista, etc.
A8 Os estudiantes adquirirán un coñecemento práctico en intervención na área da linguaxe e comunicación.
B1 Os alumnos/as saberán acceder, seleccionar e xestionar as fontes de información relevantes para a práctica profesional.
B2 Serán capaces de comportarse con ética e responsabilidade social como ciudadáns e como profesionais.
B3 Os estudiantes poderán comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
B4 Os estudiantes serán capaces de tomar decisións con autonomía e responsabilidade.
C6 Os alumnos/as saberán utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da sua profesión e para o aprendizaxe ó longo da súa vida.
C7 Os alumnos/as entenderán a importancia da cultura emprendedora e coñecerán os medios ó alcance das persoas emprendedoras.
C8 Os estudiantes valorarán a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Coñecer as tecnoloxías de apoio relacionadas coa comunicación aumentativa e alternativa AJ4
CJ8
Utilizar e aplicar dispositivos e programas informáticos específicos para a intervención en persoas con patoloxías da linguaxe AJ5
BJ3
CJ6
Coñecer os requisitos de comunicación das persoas e adaptar as tecnoloxías de apoio axeitadas para resolver as súas necesidades AJ4
CJ8
Identificar as fontes de información de aplicacións gratuitas e comerciales para resolver posibles problemas de comunicación BJ1
BJ4
· Conocer os principios xerais da intervención nas alteracións da linguaxe e a comunicación nos TEA AJ8
CJ6
· Conocer e aplicar os principais modelos e técnicas de intervención nos TEA, con especial referencia ao ámbito da linguaxe e a comunicación. AJ8
CJ6
·Diseñar, implementar e avaliar intervencións na área da linguaxe e a comunicación en TEA nos ámbitos familiar, escolar e clínico, e en colaboración con outros profesionais. AJ8
CJ6
XERAIS DA MATERIA Poden informar sobre os principios xenerais da intervención nas dificultades da linguaxe e a comunicación. Poden describir as funcións da Intervención na área da linguaxe e a comunicación: prevención, educación, reeducación, rehabilitación e tratamento. Son capaces de aplicar os modelos e as técnicas de intervención. Poden describir as características diferenciais da intervención na linguaxe e a comunicación nos ámbitos familiar, escolar, clínico e asistencial. Son capaces de realizar unha intervención en trastornos específicos do desenvolvemento da linguaxe os trastornos específicos da linguaxe escrita; as dificultades de lectura; os trastornos da fluidez do fala; as disartrias; as disfonías; as alteracións da linguaxe no envellecemento e os trastornos dexenerativos; as alteracións da linguaxe e a comunicación en enfermidades mentais; o mutismo selectivo y as inhibicións da linguaxe. Son capaces de facer unha planificación estratéxica da intervención na área da linguaxe e a comunicación. Posúen os recursos persoais para a intervención: habilidades sociais e comunicativas, habilidades profesionais, avaliación da propia actuación profesional, técnicas de observación, técnicas de dinamización ou toma de decisións. AJ4
AJ5
BJ2
BJ4
CJ7
CJ8

Contents
Topic Sub-topic
BLOQUE I.
Universidad de Zaragoza
1. Principios xerais de intervención nos TEA.
2. Principais modelos de intervención: enfoques conductuales, evolutivos e sociopragmáticos.
3. Programas globais de intervención (ABA; TEACCH; SCERTS). Fundamentos, procedementos e avaliación de resultados.
4. Procedementos específicos de intervención: intervención en habilidades pragmáticas e mentalistas.
5. Determinación do perfil lingüístico e comunicativo individualizado e selección de estratexias de intervención apropiadas.
Bloque II. Aplicacións Informáticas
(Prof. Javier Pereira, Betania Groba y Laura Nieto).
Universidade da Coruña
1. O uso das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) para o acceso aos dispositivos e programas. Tecnoloxías de apoio.
2. Software de intervención no TEA. Comunicación Aumentativa y Alternativa (SAAC). Experiencias e aplicación de exemplo
4. Práctica: Creación de contidos para a intervención no TEA

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A4 A8 B2 B4 C6 C8 6 12 18
Workbook A4 A5 A8 B1 B3 B2 C7 1 7 8
Student portfolio A4 A8 B1 B3 B2 B4 C6 C7 C8 0 14 14
Supervised projects A4 A5 A8 B1 B3 B2 B4 C6 1 7 8
ICT practicals C6 8 5 13
Directed discussion A8 B1 B3 B2 B4 C8 3 8 11
 
Personalized attention 3 0 3
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Esquema xeral dunha sesión de tres horas tipo:
Sección teórica (hora e media): 1.- Presentación de 30 mins. por parte do profesor/a, 2.- Lectura comentada dun texto seleccionado (30 mins), 3.- Contestación individual a un cuestionario.
Sección práctica (hora e media): 1.- Presentación de 30 mins. a cargo do profesor/a, 2.- Cuestionario en grupo sobre a presentación (30 minutos), 3.- Exposición e discusión sobre as respostas de cada grupo.
No caso da sesión maxistral o profesorado presentará os contidos do tema apoiándose nunha presentación power point. A sesión maxistral utilizarase tanto para a introdución teórica do tema como para a presentación dos casos ou as prácticas que estean planificadas. Cada materia desenvólvese en sesións de tres horas, polo que a sesión maxistral pode abarcar ao redor dunha hora por sesión: media hora para a introdución teórica e media hora para a presentación das prácticas. O profesorado poderá variar esta distribución compensándoa sempre co resto das metodoloxías para non aumentar a carga ECTS da materia
Workbook Cada sesión de clase de tres horas contén un tempo dedicado á lectura comentada dun texto relacionado coa exposición do profesor. A duración prevista será duns 30 minutos por sesión de tres horas.
Student portfolio En cada sesión de clase o estudante deberá contestar a un cuestionario individual sobre a lectura realizada, e un en grupo relacionado cos casos analizados ou as prácticas realizadas. Estes cuestionarios, ademais das presentacións power point correspondentes a cada clase deberá ser incluído no seu portafolios. Nel recollerán igualmente cantos comentarios, reflexións ou actividades realícense durante o curso.
Supervised projects Os estudantes non realizarán por cuadrimestre máis dun traballo tutelado. Este computará en todas as materias nas que estea matriculado posto que deberá contemplar as diferentes dimensións tratadas nelas. Todos os profesores/ás implicados actuarán como titores, se ben será o coordinador da titulación quen lle asigne un titor responsable. A relación de estudantes e titores responsables comunicarase a todo o profesorado. Finalizado o traballo todos os titores farán unha valoración (previamente protocolizada para simplificala) que remitirán ao titor responsable quen cualificará o traballo.
Dado que no segundo cuadrimestre se acumulan materias, practicum e traballo fin de máster, os estudantes, coa orientación do seu titor e o acordo dos seus profesores, poderán abordar un mesmo tema con tres perspectivas. Unha académica para responder á adquisición das competencias fixadas nas materias do plan de estudos. Outra profesional, para responder aos obxectivos do practicum. Unha última investigadora, onde a través da presentación dun proxecto de investigación poderán cumprir os obxectivos do traballo fin de máster. Pódese considerar, polo tanto, como un traballo único con tres partes e tres titores diferentes. Cada un recibirá o traballo completo, se ben cualificará a súa parte dando lugar a tres cualificacións independentes. O traballo deberá estar formalmente divido en tres partes independentes, posto que a parte académica debe ser valorada tamén polo profesorado do segundo cuadrimestre
ICT practicals Desenvolvemento de contidos multimedia para unha intervención en persoas con TEA empregando ferramentas vistas na clase.
Directed discussion A discusión dirixida forma parte da sección práctica de cada sesión de tres horas. Logo de que os estudantes contestasen por grupos ás preguntas do cuestionario que acompaña á presentación do profesor, cada grupo expoñerá as súas respostas ao conxunto da clase, comezando unha quenda de intervencións ao respecto. A discusión pecharase coas conclusións do profesor/a

Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
ICT practicals
Description
Using Moodle platform (www.imedir.udc.es/formacion) each student will have to access practical contents and exercices.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Student portfolio A4 A8 B1 B3 B2 B4 C6 C7 C8 Bloque I. 40% pola entrega do portafolios que deberá recoller un traballo monografico final no que o alumno afondará nalgún aspecto específico dos temas presentados no temario 30
Supervised projects A4 A5 A8 B1 B3 B2 B4 C6 Bloque I. Realización de traballos breves que poderán consistir en: elaboración e presentación de casos prácticos, recensións e comentario de lecturas, busca e confección de fichas técnicas sobre programas de intervención ou presentación de artigos de investigación pertinentes e a elección do alumno 20
ICT practicals C6 Bloque II. (50% da cualificación na materia): A realización das prácticas e a súa superación supoñerá ata 5 puntos na nota final. 50
 
Assessment comments

Para superar a materia é preciso obter un aprobado en cada un dos dous bloques nos que se divide a materia. A nota final será a media das dúas partes.


Sources of information
Basic

Bibliografía básica: 

Martos, J. & Perez Juliá, M. (2002). Autismo: un enfoque orientado a la intervención en logopedia. Valencia: Nau Llibres Riviere, A. (2001). 
Autismo: orientaciones para la intervención educativa. Madrid: Trotta Rivière, A. y Martos, J. (1997). 
El Tratamiento del Autismo. Nuevas Perspectivas. Madrid: APNA y Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales. Salvadó-Salvadó, B; Palau-Baduell, M.; Clofent Torrentó, M.; Montero Camacho, M & Hernández Latorre, M. (2012). 
Modelos de intervención global en personas con trastornos del espectro autista. Rev. Neurol, 54 (1), 63- 71 Tamarit J. (2010).
Buenas prácticas profesionales en la intervención en personas con TEA. XV Congreso Nacional Profesionales del Autismo.Zaragoza, España. Valdez, D. (comp., 2005). Evaluar e intervenir en autismo. Madrid: Machado

Complementary

Gerber, S. (2003). A developmental perspective on language assessment and intervention for children on the autism spectrum. Topics in language disorders, 23, 72-95. Howlin, P. ; Barón Cohen, S. & Hadwin, J. (2006). Enseñar a los niños autistas a comprender a los demás. Guía práctica para educadores. Barcelona: CEAC. Lovaas, O.I. (2002). Teaching individuals with developmental delays. Basic intervention techniques. Austin: TX: PRO-ED. Monfort, M. & Monfort, I. (2001). En la mente. Un soporte para el entrenamiento de habilidades pragmáticas en niños. Madrid: Entha. Prizant, B., Wetherby, A & Rydell, P. (2000). Communication intervention issues for children with ASD. En: A. Wetherby; B. Prizant (eds.) Autism spectrum disorders: a transactional developmental perspective. Baltimore: Paul Brookes Sussman, F. (2001). More than words. Helping parents and professionals promote communication and social skills in children with ASD. The Hanen Centre. National Library of Canada. Sussman, F. (2006). Talk ability: People skills for verbal children on the autism spectrum. The Hanen Centre. National Library of Canada


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

Todos os traballos do Bloque II son entregados a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos, contribuindo deste modo a unha educación baseada nun modelo sostible.

Para o Bloque II é preciso asistir a clase cun ordenador portátil.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.