Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Avaliación dos Procesos Cognitivo-Lingüísticos Implicados na Aprendizaxe Lecto-escritor Código 652498049
Titulación
Mestrado Interuniversitario en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías (plan 2015)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 2
Idioma
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Psicoloxía
Coordinación
Vieiro Iglesias, Maria del Pilar
Correo electrónico
pilar.vieiro@udc.es
Profesorado
Vieiro Iglesias, Maria del Pilar
Correo electrónico
pilar.vieiro@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia pretende afondar nas relacións entre cognición, linguaxe e lectura, así como nos procesos que interveñen e o seu desenvolvemento.

Competencias do título
Código Competencias do título
A3 Os alumnos/as saberán realizar a avaliación das dificultades de lectura e de trastornos específicos da linguaxe escrita.
B3 Os estudiantes poderán comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
B4 Os estudiantes serán capaces de tomar decisións con autonomía e responsabilidade.
C1 Poseer y comprender conocimientos que aporten una base u oportunidad de ser originales en el desarrollo y/o aplicación de ideas, a menudo en un contexto de investigación
C3 Que los estudiantes sean capaces de integrar conocimientos y enfrentarse a la complejidad de formular juicios a partir deuna información que, siendo incompleta o limitada, incluya reflexiones sobre las responsabilidades sociales y éticas vinculadas a la aplicación de sus conocimientos y juicios

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
XERAIS DA MATERIA Poden informar por escrito sobre a clasificación, a terminoloxía e a descrición das alteracións da lecto-escritura. Son capaces de recoñecer e discriminar os trastornos específicos da linguaxe escrita e as dificultades de lectura. Poden informar sobre os principios xenerais da avaliación e diagnóstico nas alteracións da lecto-escritura. Son capaces de seleccionar e aplicar as técnicas de avaliación e diagnóstico máis apropiadas para avaliar a aprendizaxe lecto-escritor. Poden describir os procesos cognitivo-lingüísticos implicados na actividade de lectura. Son capaces de realizar este tipo de avaliación no caso de nenos con deficiencia auditiva. Poden reflexionar sobre o estado do coñecemento no ámbito da avaliación da lecto-escritura, os seus problemas e perspectivas. AP3
BP3
BP4
CP1
CP3

Contidos
Temas Subtemas
1.-Cognición, linguaxe e lectura: Procesos e desenvolvemento Procesos
Desnvolvemento
2.-Modelo colaborador de avaliación da linguaxe escrita Analise do modelo
3.-Avaliación da conciencia fonolóxica na primeira infancia Procesos fonolóxicos
4. -Competencia lectora e zona de desenvolvemento próximo ZDP

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas C1 3 6 9
Obradoiro A3 B4 C3 3 3 6
Discusión dirixida B3 C3 6 0 6
Portafolios do alumno A3 B3 C1 C3 1 5 6
Traballos tutelados A3 C1 6 0 6
Proba obxectiva A3 C1 C3 1 2 3
Sesión maxistral A3 6 0 6
 
Atención personalizada 8 0 8
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Cada sesión de clase de tres horas contén un tempo dedicado á lectura comentada dun texto relacionado coa exposición do profesor. A duración prevista será duns 30 minutos por sesión de tres horas
Obradoiro A materia considera a realización de prácticas na aula. Estas realizaranse en formato de taller.
Discusión dirixida A discusión dirixida forma parte da sección práctica de cada sesión de tres horas. Logo de que os estudantes contestasen por grupos ás preguntas do cuestionario que acompaña á presentación do profesor, cada grupo expoñerá as súas respostas ao conxunto da clase, abríéndose unha quenda de intervencións ao respecto. A discusión pecharase coas conclusións do profesor/a
Portafolios do alumno En cada sesión de clase o estudante deberá contestar a un cuestionario individual sobre a lectura realizada e un en grupo relacionado cos casos analizados ou as prácticas realizadas. Estes cuestionarios, ademais das presentacións power point corresondientes a cada clase deberá ser incluído no seu portafolios. Nel recollerán igualmente cantos comentarios, reflexións ou actividades realícense durante o curso
Traballos tutelados Os estudantes non realizarán por cuadrimestre máis dun traballo tutelado. Este computará en todas as materias nas que estea matriculado posto que deberá contemplar as diferentes dimensións tratadas nelas. Todos os profesores/ás implicados actuarán como titores, se ben será o coordinador da titulación quen lle asigne un titor responsable. A relación de estudantes e titores responsables comunicarase a todo o profesorado. Finalizado o traballo todos os titores farán unha valoración (previamente protocolizada para simplificala) que remitirán ao titor responsable quen cualificará o traballo. Dado que en segundo cuadrimestre se acumulan materias, practicum e traballo fin de máster, os estudantes, coa orientación do seu titor e o acordo dos seus profesores poderán abordar un mesmo tema con tres perspectivas. Unha académica para responder á adquisición das competencias fixadas nas materias do plan de estudos. Outra profesional, para responder aos obxectivos do practicum. Unha última investigadora, onde a través da presentación dun proxecto de investigación poderán cumprir os obxectivos do traballo fin de máster. Pódese considerar, polo tanto, como un traballo único con tres partes e tres titores diferentes. Cada un recibirá o traballo completo, se ben cualificará a súa parte dando lugar a tres cualificacións independentes. O traballo deberá estar formalmente divido en tres partes independentes, posto que a parte académica debe ser valorada tamén polo profesorado do segundo cuadrimestre
Proba obxectiva Ao finalizar cada cuadrimestre os estudantes realizarán unha proba de avaliación única. Esta proba terá o formato de proba obxectiva e nela avaliaranse conxuntamente todas as materias. Para configurar a proba e dispor dun arsenal potencial, o profesorado remitirá 5 preguntas por crédito impartido nunha materia. Aos estudantes entregaráselles un cuestionario onde figurarán identificadas as materias coas preguntas que lles corresponden e contestarán só a aquelas nas que estean matriculados. A cualificación obtida en cada materia será remitida ao profesor/a correspondente para que a inclúa na avaliación do estudante. Quen suspendan unha materia recibirán indicacións do seu profesor/a para a súa recuperación.
Sesión maxistral Esquema xeral dunha sesión de tres horas tipo:
Sección teórica (hora e media): 1.- Presentación de 30 mins. por parte do profesor/a, 2. - Lectura comentada dun texto seleccionado (30 mins), 3. - Contestación individual a un cuestionario.
Sección práctica (hora e media): 1.- Presentación de 30 mins. a cargo do profesor/a, 2. - Cuestionario en grupo sobre a presentación (30 minutos), 3. - Exposición e discusión sobre as respostas de cada grupo.
No caso da sesión maxistral o profesorado presentará os contidos do tema apoiándose nunha presentación power point. A sesión maxistral utilizarase tanto para a introdución teórica do tema coma para a presentación dos casos ou as prácticas que estean planificadas. Cada materia desenvólvese en sesións de tres horas, polo que a sesión maxistral pode abranguer ao redor dunha hora por sesión: media hora para a introdución teórica e media hora para a presentación das prácticas. O profesorado poderá variar esta distribución compensándoa sempre co resto das metodoloxías para non aumentar a carga ECTS da materia

Atención personalizada
Metodoloxías
Portafolios do alumno
Traballos tutelados
Descrición
As profesoras da materia guiarán aos estudantes acerca dos contidos que se deben incluir no portafolios, así como na elaboración do traballo tutelado, tratando de solventar todas as dúbidas xurdidas no proceso de elaboración dos mesmos

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A3 Presentaranse os contidos de cada tema apoiándose nunha presentación power point. A sesión maxistral utilizarase tanto para a introdución teórica do tema coma para a presentación dos casos ou as prácticas que estén planificadas 10
Lecturas C1 Cada sesión de clase de tres horas contén un tempo dedicado á lectura comentada dun texto relacionado coa exposición do profesor. A duración prevista será duns 30 minutos por sesión de tres horas 10
Discusión dirixida B3 C3 discusión dirixida forma parte da sección práctica de cada sesión de tres horas. Logo de que os estudantes contestasen por grupos ás preguntas do cuestionario que acompaña á presentación do profesor, cada grupo expoñerá as súas respostas ao conxunto da clase, abríéndose unha quenda de intervencións ao respecto. A discusión pecharase coas conclusións do profesor/a 10
Portafolios do alumno A3 B3 C1 C3 En cada sesión de clase o estudante deberá contestar a un cuestionario individual sobre a lectura realizada e un en grupo relacionado cos casos analizados ou as prácticas realizadas. Estes cuestionarios, ademais das presentacións power point corresondientes a cada clase deberá ser incluído no seu portafolios. Nel recollerán igualmente cantos comentarios, reflexións ou actividades realícense durante o curso 40
Traballos tutelados A3 C1 Os estudantes deberán realizar un traballo académico relacionado cos contidos coa finalidade de valorar á adquisición das competencias fixadas na materia 10
Proba obxectiva A3 C1 C3 Os estudantes realizarán unha proba obxectiva ao finalizar o cuatrimestre, na que deberán responder a un máximo de 10 preguntas con tres alternativas de resposta, donde só unha e correcta 20
 
Observacións avaliación
A avaliación será continua e incluirá unha valoración cuantitativa do rendemento de cada estudante en cada actividade realizada (incluídas as probas de exame que se poidan programar). Estas actividades serán recollidas polos estudantes nun portafolios por materia. Nel os estudantes recollerán todos os esquemas, presentacións, traballos realizados, lecturas, prácticas, cuestionarios contestados, etc. Este portafolios estará dispoñible sempre que o profesorado queira supervisalo e, en todo caso, será entregado ao finalizar as clases presenciais da materia para a súa supervisión e cualificación. Cada profesor avaliará as actividades realizadas, segundo as metodoloxías docentes empregadas, en os créditos que teñen asignados. A cualificación na materia será o resultado da media das cualificacións dos profesores que a impartan. A cualificación de cada profesor será ponderada segundo o número de créditos que imparte. No caso de utilizar probas puntuais de exame (proba obxectiva, preguntas tipo tema, etc.) a súa cualificación considerarase como parte do portafolios da materia, sen que o seu peso poida superar o 50% da nota total asignada ao portafolios. O resto da cualificación virá determinada polos criterios seguintes: Asistencia a clase (por enriba do 80%): 10% Realización de lecturas e traballos tutelados: 30% Nivel de rendemento madureza demostrada en actividades prácticas e tutorías:10%

Fontes de información
Bibliografía básica
BRADY, S.A. y SHANKWEILER, D.P. (1991) Phonological Processes in Literacy. LEA -BRAVO VALDIVIESO, L. (2004) La conciencia fonológica como una posible “zona de desarrollo próximo” para el aprendizaje de la lectura inicial. Revista Latinoamericana de Psicología, 36, 21-32 -CRUZ, A. (2001) El TEL y la dislexia ¿una relación causa-efecto? En E. Mendoza (coord.): Trastorno específico del lenguaje. Madrid: Pirámide -DEFIOR, S. y SERRANO, F.(2011) La conciencia fonémica, aliada de la adquisición del lenguaje. Rev. de Logopedia, Foniatría y Audiología, 31, (1):2-13 -FERNÁNDEZ, M.L., PERALBO, M., MAYOR, M.A., ZUBIAUZ, B., y TUÑAS, A. (2008) Efectos delSistema de Reconocimiento de Voz en los inicios del aprendizaje de la lectura Estudios de desarrollo del lenguaje y educación, 32, 349-356 . Aula Abierta: Universidad de Oviedo ICE
Bibliografía complementaria
-SELLES,P.(2006) Estado actual de la evaluación de los predictores y las habilidades relacionadas

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías