Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Avaliación da Lectura en Xordos. Cara a unha Educación Inclusiva Código 652498050
Titulación
Mestrado Interuniversitario en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías (plan 2015)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Non presencial
Prerrequisitos
Departamento Psicoloxía
Coordinación
Bao Fente, María Concepción
Correo electrónico
maria.bao@udc.es
Profesorado
Bao Fente, María Concepción
Correo electrónico
maria.bao@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia analiza desde unha perspectiva teórica e práctica as particularidades do proceso lector nas persoas con xordeira. A docencia é compartida entre as universidades participantes no mestrado.
Plan de continxencia DOCENCIA VIRTUAL POR TEAMS SINCRÓNICA


1. Modificacións nos contidos:
Non se realizan.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Manteñense todas

*Metodoloxías docentes que se modifican
Non se modifica ningunha metodoloxía. As metodoloxías se desenvolverán de xeito virtual. Con apoio de studium

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
A través de Teams e correo electrónico en horario de titorías.

4. Modificacións na avaliación
Non hai ningunha modificación.

*Observacións de avaliación:

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
No hai ningunha modificación.

Competencias do título
Código Competencias do título
A3 Os alumnos/as saberán realizar a avaliación das dificultades de lectura e de trastornos específicos da linguaxe escrita.
B3 Os estudiantes poderán comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
B4 Os estudiantes serán capaces de tomar decisións con autonomía e responsabilidade.
C1 Poseer y comprender conocimientos que aporten una base u oportunidad de ser originales en el desarrollo y/o aplicación de ideas, a menudo en un contexto de investigación
C2 Que los estudiantes sepan aplicar los conocimientos adquiridos y su capacidad de resolución de problemas en entornos nuevos o poco conocidos dentro de contextos más amplios (o multidisciplinares) relacionados con su área de estudio
C3 Que los estudiantes sean capaces de integrar conocimientos y enfrentarse a la complejidad de formular juicios a partir deuna información que, siendo incompleta o limitada, incluya reflexiones sobre las responsabilidades sociales y éticas vinculadas a la aplicación de sus conocimientos y juicios

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
XERAIS DA MATERIA Poden informar por escrito sobre a clasificación, a terminoloxía e a descrición das alteracións da lecto-escritura. Son capaces de recoñecer e discriminar os trastornos específicos da linguaxe escrita e as dificultades de lectura. Poden informar sobre os principios xenerais da avaliación e diagnóstico nas alteracións da lecto-escritura. Son capaces de seleccionar e aplicar as técnicas de avaliación e diagnóstico máis apropiadas para avaliar a aprendizaxe lecto-escritor. Poden describir os procesos cognitivo-lingüísticos implicados na actividade de lectura. Son capaces de realizar este tipo de avaliación no caso de nenos con deficiencia auditiva. Poden reflexionar sobre o estado do coñecemento no ámbito da avaliación da lecto-escritura, os seus problemas e perspectivas. AP3
BP3
BP4
CP1
CP2
CP3

Contidos
Temas Subtemas
Introdución: Bases téoricas para a avaliacion da lectura nos xordos Modelos
Tema 1. As persoas xordas e a lingua escrita
Tema 2. Estratexias de lectura e escritura das persoas xordas
Tema 3. Fonoloxía e aprendizaxe da lectura en persoas xordas
Características
Tema 4. Propostas para a avaliación da lectura do alumnado con xordeira no ensino obrigatorio 4.1. Nivel de lectura dos alumnos con xordeira no ensino obrigatorio.
4.2. Estratexias que utilizan no acceso á lingua escrita.
4.3. Diferenzas entre os alumnos oíntes, e alumnos xordos con e sen axudas técnicas.
4.4. Propostas de avaliación e intervención.
Tema 5. A educación inclusiva do alumnado con xordeira: precisións lingüísticas e metodolóxicas 5.1. Linguas orais, linguas de signos e linguas escritas. ¿En que lingua/s ensinamos?
5.2. A competencia comunicativa do alumnado con xordeira (L1/L2). ¿En qué lingua/s avaliamos?
5.3. O ensino da lectoescritura ao alumnado xordo. ¿Cómo podemos faciltar o proceso?

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas C3 6 12 18
Discusión dirixida B3 C1 C2 6 0 6
Obradoiro A3 B3 B4 6 18 24
Portafolios do alumno C1 C3 8 32 40
Proba obxectiva A3 C1 C2 1 6 7
Traballos tutelados A3 B4 C1 C2 8 32 40
Sesión maxistral A3 C3 6 0 6
 
Atención personalizada 9 0 9
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Cada sesión de clase de tres horas contén un tempo dedicado á lectura comentada dun texto relacionado coa exposición do profesor. A duración prevista será duns 30 minutos por sesión de tres horas
Discusión dirixida A discusión dirixida forma parte da sección práctica de cada sesión de tres horas. Logo de que os estudantes contestasen por grupos ás preguntas do cuestionario que acompaña á presentación do profesor, cada grupo expoñerá as súas respostas ao conxunto da clase, abríéndose unha quenda de intervencións ao respecto. A discusión pecharase coas conclusións do profesor/a
Obradoiro A materia considera a realización de prácticas na aula. Estas realizaranse en formato de taller.
Portafolios do alumno En cada sesión de clase o estudante deberá contestar a un cuestionario individual sobre a lectura realizada e un en grupo relacionado cos casos analizados ou as prácticas realizadas. Estes cuestionarios, ademais das presentacións power point correspondientes a cada clase deberán ser incluidos no seu portafolio. Nel recollerán igualmente cantos comentarios, reflexións ou actividades realizasen durante o curso.
Proba obxectiva Ao finalizar cada cuadrimestre os estudantes realizarán unha proba de avaliación única. Esta proba terá o formato de proba obxectiva e nela avaliaranse conxuntamente todas as materias. Para configurar a proba e dispor dun arsenal potencial, o profesorado remitirá 5 preguntas por crédito impartido nunha materia. Aos estudantes entregaráselles un cuestionario onde figurarán identificadas as materias coas preguntas que lles corresponden e contestarán só a aquelas nas que estean matriculados. A cualificación obtida en cada materia será remitida ao profesor/a correspondente para que a inclúa na avaliación do estudante. Quen suspendan unha materia recibirán indicacións do seu profesor/a para a súa recuperación.
Traballos tutelados Os estudantes non realizarán por cuadrimestre máis dun traballo tutelado. Este computará en todas as materias nas que estea matriculado posto que deberá contemplar as diferentes dimensións tratadas nelas. Todos os profesores/ás implicados actuarán como titores, se ben será o coordinador da titulación quen lle asigne un titor responsable. A relación de estudantes e titores responsables comunicarase a todo o profesorado. Finalizado o traballo todos os titores farán unha valoración (previamente protocolizada para simplificala) que remitirán ao titor responsable quen cualificará o traballo. Dado que en segundo cuadrimestre se acumulan materias, practicum e traballo fin de máster, os estudantes, coa orientación do seu titor e o acordo dos seus profesores poderán abordar un mesmo tema con tres perspectivas. Unha académica para responder á adquisición das competencias fixadas nas materias do plan de estudos. Outra profesional, para responder aos obxectivos do practicum. Unha última investigadora, onde a través da presentación dun proxecto de investigación poderán cumprir os obxectivos do traballo fin de máster. Pódese considerar, polo tanto, como un traballo único con tres partes e tres titores diferentes. Cada un recibirá o traballo completo, se ben cualificará a súa parte dando lugar a tres cualificacións independentes. O traballo deberá estar formalmente divido en tres partes independentes, posto que a parte académica debe ser valorada tamén polo profesorado do segundo cuadrimestre
Sesión maxistral Esquema xeral dunha sesión de tres horas tipo:
Sección teórica (hora e media): 1.- Presentación de 30 mins. por parte do profesor/a, 2. - Lectura comentada dun texto seleccionado (30 mins), 3. - Contestación individual a un cuestionario.
Sección práctica (hora e media): 1.- Presentación de 30 mins. a cargo do profesor/a, 2. - Cuestionario en grupo sobre a presentación (30 minutos), 3. - Exposición e discusión sobre as respostas de cada grupo.
No caso da sesión maxistral o profesorado presentará os contidos do tema apoiándose nunha presentación power point. A sesión maxistral utilizarase tanto para a introdución teórica do tema coma para a presentación dos casos ou as prácticas que estean planificadas. Cada materia desenvólvese en sesións de tres horas, polo que a sesión maxistral pode abranguer ao redor dunha hora por sesión: media hora para a introdución teórica e media hora para a presentación das prácticas. O profesorado poderá variar esta distribución compensándoa sempre co resto das metodoloxías para non aumentar a carga ECTS da materia

Atención personalizada
Metodoloxías
Portafolios do alumno
Traballos tutelados
Descrición
As profesoras da materia guiarán aos estudantes acerca dos contidos que se deben incluir no portafolio, así como na elaboración do traballo tutelado, tratando de solventar todas as dúbidas xurdidas no proceso de elaboración dos mesmos

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A3 C3 Presentaranse os contidos de cada tema apoiándose nunha presentación power point. A sesión maxistral utilizarase tanto para a introdución teórica do tema coma para a presentación dos casos ou as prácticas que estén planificadas 10
Lecturas C3 Cada sesión de clase de tres horas contén un tempo dedicado á lectura comentada dun texto relacionado coa exposición do profesor. A duración prevista será duns 30 minutos por sesión de tres horas 10
Discusión dirixida B3 C1 C2 A discusión dirixida forma parte da sección práctica de cada sesión de tres horas. Logo de que os estudantes contestasen por grupos ás preguntas do cuestionario que acompaña á presentación do profesor, cada grupo expoñerá as súas respostas ao conxunto da clase, abríéndose unha quenda de intervencións ao respecto. A discusión pecharase coas conclusións do profesor/a 10
Portafolios do alumno C1 C3 En cada sesión de clase o estudante deberá contestar a un cuestionario individual sobre a lectura realizada e un en grupo relacionado cos casos analizados ou as prácticas realizadas. Estes cuestionarios, ademais das presentacións power point correspondientes a cada clase deberán ser incluídos no seu portafolios. Nel recollerán igualmente cantos comentarios, reflexións ou actividades realícense durante o curso 40
Proba obxectiva A3 C1 C2 Os estudantes realizarán unha proba obxectiva ao finalizar o cuatrimestre, na que deberán responder a un máximo de 30 preguntas con tres alternativas de resposta, donde só unha é correcta 10
Traballos tutelados A3 B4 C1 C2 Os estudantes deberán realizar un traballo académico relacionado cos contidos coa finalidade de valorar á adquisición das competencias fixadas na materia 20
 
Observacións avaliación
A avaliación será continua e incluirá unha valoración cuantitativa do rendemento de cada estudante en cada actividade realizada (incluídas as probas de exame que se poidan programar). Estas actividades serán recollidas polos estudantes nun portafolios por materia. Nel os estudantes recollerán todos os esquemas, presentacións, traballos realizados, lecturas, prácticas, cuestionarios contestados, etc. Este portafolio estará dispoñible sempre que o profesorado queira supervisalo e, en todo caso, será entregado ao finalizar as clases presenciais da materia para a súa supervisión e cualificación. Cada profesor avaliará as actividades realizadas, segundo as metodoloxías docentes empregadas, nos créditos que teñen asignados. A cualificación na materia será o resultado da media das cualificacións dos profesores que a impartan. A cualificación de cada profesor será ponderada segundo o número de créditos que imparte. No caso de utilizar probas puntuais de exame (proba obxectiva, preguntas tipo tema, etc.) a súa cualificación considerarase como parte do portafolios da materia, sen que o seu peso poida superar o 50% da nota total asignada ao portafolio. O resto da cualificación virá determinada polos criterios seguintes: Asistencia a clase (por enriba do 80%): 10% Realización de lecturas e traballos tutelados: 30% Nivel de rendemento madureza demostrada en actividades prácticas e tutorías:10%

Fontes de información
Bibliografía básica

-BRADY, S.A. y SHANKWEILER, D.P. (1991) Phonological Processes in Literacy. LEA -BRAVO VALDIVIESO, L. (2004) La conciencia fonológica como una posible “zona de desarrollo próximo” para el aprendizaje de la lectura inicial. Revista Latinoamericana de Psicología, 36, 21-32 - COUNCIL OF EUROPE (2001) Common European Framework of Reference for Languages: Learning, Teaching, Assessment. Strasbourg: Council for Cultural Cooperation Education Committee Language Policy Division. Traducción al español del Instituto Cervantes (2002). Marco Común Europeo de Referencia para las Lenguas: aprendizaje, enseñanza y evaluación. Madrid: Secretaría General del MECD, Subdirección General de Información y Publicaciones y Grupo ANAYA, S.A. - CUETOS VEGA, F. (2008). Psicología de la lectura. Madrid: Wolters Kluwer (7ª ed.) -CRUZ, A. (2001) El TEL y la dislexia ¿una relación causa-efecto? En E. Mendoza (coord.): Trastorno específico del lenguaje. Madrid: Pirámide -DEFIOR, S. y SERRANO, F.(2011) La conciencia fonémica, aliada de la adquisición del lenguaje. Rev. de Logopedia, Foniatría y Audiología, 31, (1):2-13 -FERNÁNDEZ, M.L., PERALBO, M., MAYOR, M.A., ZUBIAUZ, B., y TUÑAS, A. (2008) Efectos del Sistema de Reconocimiento de Voz en los inicios del aprendizaje de la lectura Estudios de desarrollo del lenguaje y educación, 32, 349-356 . Aula Abierta: Universidad de Oviedo ICE - SÁNCHEZ MIGUEL, E. (1999). ¿Qué es el lenguaje escrito?. En C. Velasco y A.B. Domínguez (coords.) Lenguaje escrito y sordera : enfoques teóricos y derivaciones prácticas. Universidad Pontificia de Salamanca: Servicio de Publicaciones, 21-46. 

Bibliografía complementaria
- ALEGRÏA, Jesús y DOMÍNGUEZ, Ana Belén. (2009). Los alumnos sordos  y la lengua escrita. Revista Latinoameriacana de Educación Inclusiva, 3, 95-111 - BÁEZ MONTERO, Inmaculada C. (2015) y María C. BAO FENTE (2015). “La implantación del Portafolio Europeo de las Lenguas en lengua de signos: Desde Galicia hasta Europa”. En I.C. Báez y H. Otero (eds.). Buscando respuestas en lengua de signos. Lugo: Axac, pp. 53-65 -BAO FENTE, María C. e Inmaculada C. BÁEZ MONTERO (2020). Mi Primer Portfolio. Guía didáctica (versión multimodal). Madrid: MECD - Secretaría General Técnica, Subdirección General de Documentación y Publicaciones -DOMÍNGUEZ,  Ana Belén  (2011,  30  de  abril).  ¿Qué  sabemos  y  qué  deberíamos  saber  sobre  la enseñanza-aprendizaje  de  la  lengua  escrita  de  los  estudiantes  sordos?, Leer.es.  - PÉREZ, Isabel, SORIANO, Juana y DOMÍNGUEZ, Ana Belén (2010). Evaluación de la lectura en las personas sordas. En M. Carrillo Y A.B. Domínguez (coords.). Dislexia y Sordera: Líneas actuales en el estudio de la lengua escrita y sus dificultades. Málaga: Ed. Aljibe, 237-248 - QUADROS, Ronice MÜLLER DE y Magali L.P. SCHMIEDT (2006). Ideas para ensinar portugués para alunos surdos. Brasilia: MEC, SEESP.

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías