Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Estudo de necesidades e avaliación de programas Código 652511206
Titulación
Mestrado Universitario en Psicopedagoxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Ríos de Deus, María Paula
Correo electrónico
paula.rios.dedeus@udc.es
Profesorado
Ríos de Deus, María Paula
Correo electrónico
paula.rios.dedeus@udc.es
Web
Descrición xeral Nos proxectos ou programas, en xeral, requírese da avaliación para adoptar decisións racionais.

Esta avaliación é diferente dependendo da etapa do proxecto na que se realice: durante a súa formulación, permite fixar os criterios que nos permitirán aceptalo ou rexeitalo, mentres que durante o seu desenvolvemento ou ao final, permítenos determinar o grao de alcance dos obxectivos perseguidos, así como os custes.

Unha das fases das que goza maior importancia todo programa é a análise de necesidades; esta análise ten que realizarse daqueles contextos no que o programa esté inmerso así como dos/das seus/súas destinatarios/as.

Competencias do título
Código Competencias do título
A8 Deseñar, implementar e avaliar prácticas educativas, programas e servizos que dean resposta ás necesidades das persoas, organizacións e colectivos específicos, promovendo a presenza, participación e éxito de todo o alumnado en contornos educativos e sociolaborais.
A9 Desenvolver estratexias, técnicas e recursos para a prevención, detección e avaliación de necesidades específicas de atención educativa
B1 Capacidade de creatividade e innovación
B2 Aprender a aprender
B4 Capacidade de aplicar coñecementos na práctica psicopedagóxica
B5 Capacidade para expoñer as ideas elaboradas, de forma oral e escrita
B7 Traballar de forma colaborativa
B9 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B10 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos más amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Ser capaces de realizar un proceso de avaliación de programas AP8
BM2
BM4
BM5
BM7
BM10
CM1
CM3
CM7
CM8
Definir, describir e aplicar unha análise de necesidades dos diferentes contextos AP8
BM2
BM4
BM5
BM7
BM9
BM10
CM1
CM3
Ser capaces de deseñar un programa en función das necesidades detectadas e en diferentes contextos AP8
AP9
BM1
BM2
BM4
BM5
BM7
BM10
CM1
CM3
CM7

Contidos
Temas Subtemas
Delimitación conceptual da análise de necesidades e avaliación de programas.
A determinación das necesidades dos destinatarios dos programas.

O deseño de programas de intervención.
O proceso de avaliación de programas.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Aprendizaxe colaborativa B7 2 10 12
Portafolios do alumno A9 A8 B1 B4 B5 C1 C3 C7 2 10 12
Análise de fontes documentais B2 B9 C7 C8 2 4 6
Estudo de casos A9 B4 B10 2 5 7
Traballos tutelados A9 B4 B10 2 5 7
Discusión dirixida B2 B5 B9 C1 C7 C8 10 4.5 14.5
Sesión maxistral B2 B9 C1 10 5 15
 
Atención personalizada 1.5 0 1.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Portafolios do alumno É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado nun período de tempo, cos comentarios e cualificacións asignadas polo profesor, o que lle permite visualizar o progreso do alumnado
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Estudo de casos
Portafolios do alumno
Descrición
Orientarase aos estudantes, tanto dentro como fora da aula (presencial ou virtualmente mediante as ferramentas que habilita a UDC), a encamiñar ben o traballo e a aclarar aqueles aspectos que resultan máis complicados de comprender de modo que se asegure unha aprendizaxe significativa.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A9 B4 B10 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
100
 
Observacións avaliación

De acordo coas Normas de Avaliación, Revisión
e Reclamación de Titulacións dos estudos de Grao e Mestrado, a materia aposta
pola avaliación continua e as metodoloxías de aprendizaxe activa. Para aprobar
a materia, o alumnado deberá obter un 5 na cualificación global da materia e
ter superado cada unha das metodoloxías avaliables.

Para o alumnado que non poida asistir por
causa xustificada, manterase o mesmo sistema de avaliación, polo que deberá
coñecer as actividades propostas e as súas datas de entrega.

Polo tanto, o día sinalado no calendario
oficial non se realizará ningún exame, xa que a avaliación continua terá
rematado ao remate da impartición da materia.

Enténdese que os universitarios asumiron as
capacidades lingüísticas en relación coa expresión oral e a escrita. Polo
tanto, a corrección ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación), a
corrección gramatical e léxica resulta imprescindible e obrigatoria nos
traballos e exames realizados como condición imprescindible para superar a
materia.

En canto á realización fraudulenta das probas de avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no REGULAMENTO DISCIPLINAR DO ESTUDANTADO DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA Aprobado polo Consello de Goberno do 27/02/2023.


Fontes de información
Bibliografía básica Anaya Nieto, D. (2003). Diagnóstico en educación : diseño y uso de instrumentos. Madrid : Sanz y Torres
Anaya Nieto, D. (1999 (2000 reimp.)). Diagnóstico en orientación e intervención psicopedagógica bases conceptuales y metodológicas. Madrid : Universidad Nacional de Educación a Distancia
Moreno Bonilla, R. (2009). Evaluación de programas educativos de intervención psicopedagógica. La Zubia, Granada: Planetbuk
Alonso Tapia, J. (2012). Evaluación psicopedagógica y orientación educativa. Madrid : Síntesis
García Sanz, M.J. (2012). Fundamentos teóricos y metodológicos de la evaluación de programas. Murcia: DM
Granados García-Tenorio, P. y Mudarra Sánchez, M.J. (2010). Diagnóstico en educación social. Madrid: UNED
Iglesias Cortizas, M.J. (2006). Diagnóstico escolar : teoría, ámbitos y técnicas. Madrid : Pearson Educación
Martínez Mediano, C. (2017). Evaluación de programas. Madrid: UNED
Rebolloso, E. (2008). Evaluación de programas de intervención social. Madrid: Síntesis
Castillo Arredondo, S. (2003). Evaluación de programas de intervención socioeducativa : agentes y ámbitos . Madrid : Pearson
Martínez Mediano, C. (2007). Evaluación de programas: modelos y procedimientos. Madrid: UNED
Expósito López, J. (2002). La evaluación de programas: teoría, investigación y práctica. Granada: Grupo Editorial Universitario
Barrero González, N. (2006). Manual para el diseño y evaluación de programas de orientación educativa. Santa Fe:El Cid Editor

Bibliografía complementaria González Afonso, M.C. y Álvarez Pérez, P.R. (2010). El programa compañero-tutor [Recurso electrónico] : evaluación de un programa de tutoría entre iguales en la enseñanza universitaria. La Laguna : Universidad de La Laguna
Timón Benítez, M. y Hormigo Gamarro, F. (coordinadores) (2010). La atención a la diversidad en el marco escolar : propuestas de integración para alumnos con necesidades específicas de apoyo educativo. Sevilla : Wanceulen
Torres González, J.A. (1996). La formación del profesor-tutor como orientador análisis de las necesidades de formación del Profesor-tutor en el marco de la atención a la diversidad para desempeñar tareas de orientación en el aul. Jaén : Universidad
Sobrado Fernández, L. (2000). Orientación profesional diagnóstico e inserción sociolaboral. Barcelona : Estel
Gallardo Garranzo, F. (2003). Orientación sociolaboral teoría y práctica. Alcalá La Real : Formación Alcalá
Silva Salinas, S. (2003). Atención a la diversidad : necesidades educativas : guía de actuación para docentes. Vigo : Ideaspropias
Álvarez González, M. (coord.) (2011 (3.ª ed.)). Diseño y evaluación de programas de educación emocional. Las Rozas : Wolters Kluwer Educación


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Recoméndase os envíos dos traballos telemáticamente e de non ser posible, non utilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibiliade nos comportamentos persoais e profesionais.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías