Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Intervención psicopedagóxica nos trastornos do desenvolvemento Código 652511213
Titulación
Mestrado Universitario en Psicopedagoxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Psicoloxía
Coordinación
Valle Arias, Antonio
Correo electrónico
antonio.valle@udc.es
Profesorado
López Castro, Leticia
Valle Arias, Antonio
Correo electrónico
leticia.lopezc@col.udc.es
antonio.valle@udc.es
Web
Descrición xeral A materia pretende profundizar no coñecemento e a comprensión dos trastornos do desenvolvemento, co obxectivo de que o alumnado adquira as competencias psicopedagóxicas axeitadas para a avaliación e a intervención.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Planificar programas, proxectos e servizos de intervención para a mellora dos membros da comunidade educativa, aplicables a diferentes contextos e grupo destinatario.
A2 Ser capaz de asesorar centros, profesionais, familias e institucións co fin de axudar a resolver problemas educativos e promover a innovación
A3 Capacidade para considerar as múltiples variables intrapersoais, interpersoais e contextuais que inciden no proceso de ensino-aprendizaxe e para avaliar e intervir na mellora dos recursos motivacionais.
A4 Capacidade para coordinar, facilitar e impulsar a utilización de medios e recursos didácticos e multimedia favorecedores de atención á diversidade
A5 Planificar a intervención educativa en diferentes contextos, identificando e interpretando as dificultades e trastornos que poidan xurdir no proceso de ensino-aprendizaxe.
A6 Dominar o marco lexislativo que regula o funcionamento das diversas institucións e adoptar un marco teórico de referencia que ampare os criterios de selección dos diferentes instrumentos e estratexias de diagnóstico, intervención e avaliación.
A7 Potenciar a xustiza curricular mediante o uso de estratexias didácticas respectuosas coa diversidade social, cultural e ambiental, analizando criticamente a experiencia histórica de exclusión educativa, e elaborando as adaptacións do currículo que garantan unha perspectiva inclusiva da educación
A8 Deseñar, implementar e avaliar prácticas educativas, programas e servizos que dean resposta ás necesidades das persoas, organizacións e colectivos específicos, promovendo a presenza, participación e éxito de todo o alumnado en contornos educativos e sociolaborais.
A9 Desenvolver estratexias, técnicas e recursos para a prevención, detección e avaliación de necesidades específicas de atención educativa
A10 Fomentar a investigación-acción para mellorar as prácticas educativas e profesionais favorecendo o traballo cooperativo
A11 Redactar, presentar, defender informes e outros documentos básicos que contribúan a unha óptima comunicación en contextos multidisciplinares
A12 Comprender a necesidade de incorporar o enfoque de xénero e deseñar propostas de orientación profesional que integren esta dimensión
A13 Ser capaz de deseñar, desenvolver e avaliar procesos de investigación educativa, utilizando os métodos máis apropiados á natureza do problema, á finalidade da investigación e os criterios científicos máis adecuados, con especial énfase nos procesos de investigación na aula
A14 Coñecer as necesidades formativas básicas nos diferentes contextos escolares e sociolaborais, poñendo especial atención naquelas competencias que favorezan o traballo en contornos multiculturais
A15 Coñecer e valorar as competencias que buscan o desenvolvemento do potencial individual, os procedementos que se utilizan para a súa concreción práctica, o contido e nivel de cualificación, así como a necesidade da educación ao longo da vida
A16 Coñecer os principios básicos do comportamento, as súas alteracións, e colaborar no deseño de programas de promoción da saúde
B1 Capacidade de creatividade e innovación
B2 Aprender a aprender
B3 Capacidade de resolución de problemas
B4 Capacidade de aplicar coñecementos na práctica psicopedagóxica
B5 Capacidade para expoñer as ideas elaboradas, de forma oral e escrita
B6 Traballar de forma autónoma e con iniciativa
B10 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos más amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B12 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer as características diferenciais dos Trastornos do desenvolvemento, factores e causas dos memos B2 T4 Recoñecer os niveis de explicación acerca dos trastornos e as áreas implicadas desde un punto de vista actual e actualizado B4T6 Ser capaz de desenvolver estratexias e apoios adecuados para cada persoa acordes ás suas necesidades así como plantexar a sua millora e estimulación continua T3 B2 Desenvolver programas persoais adaptados aos entornos e circunstancias de vida de cada unha das persoas así como promover situacións de vida ricas e estimulantes para o seu desenvolvemento e aprendizaxe B4 T4 Investigar na acción e utilizar documentos rigurosos e científicos con respecto á avaliación e intervención en trastornos do desenvolvemento Actuar de forma autonoma e responsable coas persoas obxeto de axuda establecendo vínculos que reforcen a sua capacidade así como determinen a sua millora aprendizaxe e desenvolvemento B2 T3 Procurar a formación continuada e actual así como desenvolver estratexias continuadas de millora profesional que redunden nas boas prácticas e na calidade de atención e servizo B4T4 AP1
AP2
AP3
AP4
AP5
AP6
AP7
AP8
AP9
AP10
AP11
AP12
AP13
AP14
AP15
AP16
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
BM6
BM10
BM12

Contidos
Temas Subtemas
1. Factores e características do desenvolvemento humano: implicacións actuais e contemporáneas: principais riscos diferenciais do desenvolvemento humano.
2. Concepto e niveis de explicación dos Trastornos do Desenvolvemento, características, factores desencadenantes, tipoloxía e investigacións contemporáneas así como clasificación internacional.
3. A investigación actual e principais hipóteses de traballo acerca da casuística e afectación nas persoas con Trastornos do Desenvolvemento.
4. O nivel de explicación psicolóxica dos Trastornos do Desenvolvemento. Tipos de características dos trastornos, niveis de incidencia.
5. A intervención psicopedagóxica nos Trastornos do Desenvolvemeneto: Paradigma e Principios contemporáneos.
1.1. Definicións de partida
1.2. Factores e características do desenvolvemento humano
1.3. Áreas de intervención psicopedagóxica
1.4. Contextos de intervención psicopedagóxica
2.1. Características
2.2. Factores desencadenantes
2.3. Tipoloxía
2.4. Clasificacións internacionais dos Trastornos do Desenvolvemento (CIE-11 e DSM-5)
3.1. Investigación actual sobre a casuística
3.2. Hipóteses de traballo sobre a afectación das persoas con Trastornos do Desenvolvemento
4.1. Trastorno do desenvolvemento intelectual
4.2. Trastorno do desenvolvemento da linguaxe
4.3. Trastorno do espectro autista
4.4. Trastorno da aprendizaxe (lectura, escritura e cálculo)
4.5. Trastorno do desenvolvemento da coordinación motora
4.6. Trastorno por hiperactividade con déficit de atención
5.1 Clasificación dos modelos xerais de intervención psicopedagóxica
5.2. Modelos básicos de intervención (modelo clínico, modelo de consulta, modelo de programas)
5.3. Metodoloxía dos modelos teóricos (conductual, cognitivo, constructivista, sistémico, psicoanalista e humanista)
5.4. Modelos organizativos
5.5. Modelos mixtos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Presentación oral A2 A3 A1 A13 B1 B2 B3 B6 2 6 8
Estudo de casos A4 A5 A6 A7 A8 A14 B4 B10 4 4 8
Aprendizaxe colaborativa A12 A15 6 12 18
Análise de fontes documentais A3 A4 A10 A13 B12 2 8 10
Actividades iniciais B4 B5 1.5 0 1.5
Discusión dirixida A5 A9 A14 A16 B5 3 6 9
Portafolios do alumno A2 A3 A1 A5 A7 A8 A15 A16 B1 B5 B6 3 15 18
Traballos tutelados A2 A3 A1 A8 A9 A11 B1 B3 B4 B5 4 16 20
Resumo A3 A1 A9 B1 2 8 10
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Presentación oral Exporanse de forma oral en pequeno grupo algúns dos contidos traballados durante o curso.
Estudo de casos Analizaranse casos ficticios o máis achegados á realidade pretendendo a súa avaliación e intervención.
Aprendizaxe colaborativa Será fundamental aprender a colaborar así como as prácticas de debate e análise conxunta co obxecto de acadar a aprendizaxe colaborativa
Análise de fontes documentais O profesor proporá a análise de diversas fontes documentais (lecturas, vídeos, programas, etc.) relacionadas cos trastornos do desenvolvemento
Actividades iniciais Realizarase unha dinámica de grupo para coñecer mellor as competencias, coñecementos e intereses do alumnado
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador. Debateranse temas de interese para a materia.
Portafolios do alumno É un cartafol ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno nun período de tempo, cos comentarios e cualificacións asignadas polo profesor, o que permite visualizar o progreso do alumno. O portafolio ou cartafol inclúe todo o que fai o alumno, como: apuntamentos ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumos, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo profesor, etc.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do “como facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Resumo Consiste nunha síntese dos principais contidos traballados. É un recurso óptimo para facilitar a comprensión do texto e a concentración persoal sobre o material obxecto de estudo. É tamén unha axuda importante para o repaso e a preparación de exames.

Atención personalizada
Metodoloxías
Portafolios do alumno
Traballos tutelados
Presentación oral
Descrición
O alumnado poderá plantexar as súas dúbidas e dificultades tanto na clase como nas titorías

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A2 A3 A1 A5 A7 A8 A15 A16 B1 B5 B6 Cada portafolio conterá unha serie de resumos e estudos de caso, así como as notas das actividades de clase. 40
Discusión dirixida A5 A9 A14 A16 B5
Valorarase a participación activa nas presentacións e nas actividades interactivas de clase.
10
Traballos tutelados A2 A3 A1 A8 A9 A11 B1 B3 B4 B5 O alumnado fará un plan de intervención psicopedagóxica en grupo pequeno, que será presentado en clase. 25
Presentación oral A2 A3 A1 A13 B1 B2 B3 B6 Realizarase a presentación da estratexia de intervención psicopedagóxica que abarcará 3-4 tipos de trastornos distintos. A presentación realizarase en grupo pequeno e cada persoa terá que demostrar coñecementos do plan completo de intervención. 15
Aprendizaxe colaborativa A12 A15 Analizarase e avaliarase a capacidade e interese na aprendizaxe conxunta e do traballo en grupo. 10
 
Observacións avaliación

Modalidade A 

 Alumnado con dedicación completa: asistencia/participación nas actividades de clase igual ou superior ao 80%: 

a) Elaboración e presentación dos traballos tutelados (40%). Os traballos realizados recompilaranse nun dossier que será entregado ao profesor na data indicada por este.
b) Portafolio do alumno. O portafolio será entregado ao profesor na data indicada por este (40 %).
c) Puntuarase a participación nas presentacións grupais de clase e nas discusións dirixidas (20 %). 

 OPCIÓN B. Primeira convocatoria 
 Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "Norma que regula ou réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dúas estudantes de grao e mestrado universitario na Universidade daCoruña" (aprobada en Consello de Goberno do 28 de xuño do 2016):

a) Proba escrita para cubrir os contidos teóricos da materia (60 %)
b) Portafolio do alumno. O portafolio será entregado ao profesor na data indicada por este (40%). 

 OBSERVACIÓNS ADICIONAIS: 

 1. Para superar a materia é necesario obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación. 
 2. A convocatoria de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria de maio. 
 3. Segundo establecen as "Normas de avaliación, revisión e reclamación dás cualificacións dúas estudos de grao e mestrado universitario" (aprobada o 19/12/2013 e modificada o 30/04/2014) no Art. 21.2: Considerarase como “Non presentado” ( NP) a aquel estudante que, estando matriculado na materia, non concorra ás distintas actividades de avaliación que se establecen para o curso académico.

Así, será cualificado como “Non presentado” cando: 
 a) Non complete o proceso de avaliación continua, nas condicións que figure na guía docente, 
 b) Non se presente á proba do período oficial de avaliación. 

Fontes de información
Bibliografía básica

Asociación Americana de Psiquiatría (APA, 2014). Manual diagnóstico y estadístico delos trastornos mentales (DSM-5) 5ª Ed . Editorial Médica Panamericana.

Barker, C., Pistrang, N. y Elliot, R. (2002). Research methods in clinical and counseling psychology. Chichester,England: Jhon Wiley & Sons.

Baron, J. B. E., & Sternberg, R. J. (1987). Teaching thinking skills: Theory and practice .WH Freeman/Times Books/Henry Holt & Co.

Bronfenbrenner, U. (1979). Contexts of child rearing: Problems and prospects. Americanpsychologist , 34 (10), 844.

Bisquerra, A. R. y Álvarez, G. M. (2010).Concepto de orientación e intervención psicopedagógica. En R. Bisquerra(Coord.) Modelos de orientación e intervención psicopedagógica (8ª edición), pp. 9-22. Wolters Kluwer España,S. A.

Bisquerra, A. R. y Oliveros, M.V. L. (2010). XXV Contextos de intervención. En R. Bisquerra (Coord.) Modelos de orientación e intervención psicopedagógica (8ª edición),pp. 377-390. Wolters Kluwer España, S. A.

Casalta, C. H. y Becerra, J.(1981). Modificación de conducta.Tácticas de observación e intervención. Universidad Central de Venezuela.

Castejón, J. L., Lozano, B. M. y Veas, A. (2017). Teorías conductistas del aprendizaje. En J. L. Castejón y L. Navas (Eds.), Aprendizaje, desarrollo y disfunciones para el profesorado de Educación Secundaria (pp. 51-84). Editorial Club Universitario.

Cidad, M. E. (1997). Modificación de conducta en el aula e integración escolar. Impresos y revistas S. A.

Cronin, M. y Patton, J. (1993). LifeSkills Instruction for All Students with Special Needs. A Practical G4uide forIntegrating Real-Life Content into the Curriculu m. PRO-CD Inc.

Ellis, A. (1980). Psychotherapy and atheistic values. Journal of individualpsychology, 13 (1), 1-14.

Freud, S. (1996). Obras completas. Amorrotu.

García, J. N.(2005). Intervención psicopedagógica en los trastornos del desarrollo. Ed. Pirámide.

Gardner, H. (2005). Inteligenciasmúltiples. Paidós.

González, M. (2000). Campos de trabajo del Psicopedagogo. Análisis y reflexión. En F. Márquez y M. Guzmán, La psicopedagogía y sus ámbitos (43-62). Hergué.

Gracia, M.,Tercero, M. R., y Labián, B. (2017). Atención a las unidades de convivencia. Síntesis.

Henao, L. G. C., Ramírez, N., L. A. y Ramírez,P. C. (2006). Qué es la intervenciónpsicopedagógica: definición, principios y componentes . AGO.USB, 6 (2), 147-315. https://bit.ly/3ucaMZD

Hernández, F. A. (2009). Fundamentos de intervención psicopedagógica. PUbliCan, ediciones dela Universidad de Cantabria.

Méndez, I. y Cerezo, F. (2010) Test Bull-s: programa informático de evaluación de laagresividad entre escolares. En Arnaiz, P.; Hurtado, Mª.D. y Soto, F.J.(Coords.) 25 Años de Integración Escolar en España: Tecnología e Inclusiónen el ámbito educativo, laboral y comunitario . Consejería de Educación,Formación y Empleo.

Morral, G.P. (2019). Compendi de 14 perfils delpedagog/a y psicopedag/a en el marc social. Seu del Collegi dePedagogs a Barcelona.

Olivares, J. y Méndez, F. X. (2013). Técnicas de modificación de conducta (6ªed.). Editorial Biblioteca Nueva, S. L.

OrganizaciónMundial de la Salud. (2022). CIE-11 para estadísticas de mortalidad ymorbilidad. Organización Mundial de la Salud.

Pelechano, V., & Báguena,M. J. (1979). La escala ESE-2 de hábitos perturbadores de socialización enambientes escolares. Análisis y Modificación de Conducta , 5 (8).http://dx.doi.org/10.33776/amc.v5i8.1498

Piaget, J. (1980). Teoría del desarrollo cognitivo de Piaget. Creative Commons Attribution-Share Alike, 3 , 1-13.

Sacristán, R. J. y Párraga, P.J. (1982). Técnicas de modificación de conducta. Aplicaciones a la psicopatología infanto-juvenil y a la educaciónespecial. Universidad Secretariado de Publicaciones.

Vallés, A. A. (1988). Modificaciónde la conducta problemática del alumno, técnicas y programas. Marfil.

Vygotsky,L. S. (1978). The development of higher forms of attention in childhood. Soviet Psychology, 18 (1), 67-115.

Vygotsky, L.S. (1979). Desarrollo de los procesos psicológicos superiores. Barcelona: Grijalbo.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías