Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Deseño e interpretación de probas diagnósticas Código 652511215
Titulación
Mestrado Universitario en Psicopedagoxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Losada Puente, Luisa
Correo electrónico
luisa.losada@udc.es
Profesorado
Losada Puente, Luisa
Correo electrónico
luisa.losada@udc.es
Web http://https://campusvirtual.udc.gal/course/view.php?id=8183
Descrición xeral O diagnóstico no campo da Psicopedagoxía esixe dunha capacitación profesional relativa ao coñecemento e recoñecemento acerca das estratexias, técnicas e recursos máis adecuados para previr, detectar e avaliar as necesidades específicas que poidan presentar os/as escolares, e empregalas para a recollida de información que resulte nun informe de diagnóstico psicopedagóxico. Os/as profesionais da Psicopedagoxía deben dispor dunha base de coñecementos de utilidade para a toma de decisión relativas á selección e/ou diseño das ferramentas para acadar os seus obxectivos de indagación.

Por isto, esta materia está contemplada para coñecer estratexias e procedementos que capaciten ao alumnado para deseñar probas diagnósticas e protocolos de avaliación nas dificultades de aprendizaxe e atención á diversidade, así como a interpretación dos diferentes resultados obtidos nas valoracións realizadas.

Competencias do título
Código Competencias do título
A6 Dominar o marco lexislativo que regula o funcionamento das diversas institucións e adoptar un marco teórico de referencia que ampare os criterios de selección dos diferentes instrumentos e estratexias de diagnóstico, intervención e avaliación.
A9 Desenvolver estratexias, técnicas e recursos para a prevención, detección e avaliación de necesidades específicas de atención educativa
A11 Redactar, presentar, defender informes e outros documentos básicos que contribúan a unha óptima comunicación en contextos multidisciplinares
B1 Capacidade de creatividade e innovación
B5 Capacidade para expoñer as ideas elaboradas, de forma oral e escrita
B7 Traballar de forma colaborativa
B8 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional
B10 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos más amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B11 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B12 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer as estratexias e os procedementos que capaciten ao alumnado para o deseño de probas diagnósticas no campo das dificultades de aprendizaxe. AP6
AP9
BM1
BM5
BM7
BM8
BM10
Saber interpretar os resultados obtidos nas probas diagnósticas que se aplican ao campo das dificultades de aprendizaxe. AP6
AP9
AP11
BM5
BM7
BM8
BM11
BM12
CM1
CM6

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Conceptualización do diagnóstico: diagnóstico das dificultades de aprendizaxe e atención á diversidade.
1.1. Conceptualización do diagnóstico e enfoques
1.2. Proceso de diagnóstico: Procedemento xeral e específico.
1.3. Elementos do informe de diagnóstico.
Tema 2. Deseño de probas diagnósticas e instrumentos. 2.1. Abordaxe metodolóxica do diagnóstico.
2.2. Tipos de instrumentos:
2.2.1. Principais características, vantaxes e inconvintes.
2.2.2. Estudo da validez e da fiabilidade.
Tema 3. Interpretación de resultados e informe final 3.1. Interpretación da información cuantitativa e cualitativa.
3.2. A presentación dos resultados para as diversas audiciencias.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A6 A9 A11 B11 7 0 7
Actividades iniciais B1 B5 B8 B10 C1 C6 1 2 3
Análise de fontes documentais A6 A11 B5 B7 B11 C1 C6 1 8 9
Estudo de casos A9 B5 B10 B11 B12 C6 6 15 21
Proba obxectiva A6 B5 B10 B11 B12 C1 C6 2 20 22
Discusión dirixida A11 B5 B12 C1 2 0 2
Aprendizaxe colaborativa A9 B1 B7 B8 B10 B11 C6 2 8 10
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Actividades iniciais Actividade que se desenvolverá antes de iniciar o proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados ao deseño e interpretación de probas diagnósticas. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado.
Análise de fontes documentais O alumnado realizará unha análise de documentos relevantes que amplíen a comprensión de conceptos básicos da materia e permitan a elaboración de pensamentos razoados sobre o deseño e a interpretación de probas diagnósticas.

Esta actividade desenvolverase en grupos de traballo (segundo o número de alumnado), desenvolvéndose en cada grupo unha temática específica.
Estudo de casos O alumnado será exposto a enfrontarse ante a descripción dunha situación específica que formula un problema que debe ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través de un proceso de discusión. Trátase dun problema concreto, unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Proba obxectiva Proba escrita para a avaliación dos coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

Poderase combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
Discusión dirixida Proporanse dinámicas nas que se aborden temáticas que inviten á reflexión do alumnado acerca de contidos relativos ao diagnóstico no campo educativo. Preténdese favorecer a construción dunha visión crítica á hora de interpretar a realidade educativa.

Utilizaranse recursos como lecturas ou vídeos para a contextalización das discusións, para o cal requerirase que o estudantado, previamente, realice a súa lectura/visionado crítico (traballo autónomo).
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.

Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Análise de fontes documentais
Estudo de casos
Descrición
Durante o desenvolvemento das actividades prácticas, os grupos disporán de 1h (aprox.) de atención personalizada na aula, entendida como atención, supervisión e seguemento dos grupos de traballo, para resolver as dúbidas que poidan xurdir durante o manexo de fontes e a resolución de problemas prácticos. Isto supón que o alumnado debe participar nas sesións prácticas de xeito activo.

O alumnado poderá consultar dúbidas no horario de titorías. As ditas titorías serán atendidas de forma presencial (despacho P1 A19), exclusivamente no horario de titorías que figura na web da Facultade.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial, segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudante dos Grao na UDC (Art. 2.3.,3b y 4.5) (29%5/212)".
Este alumnado desenvolverá a súa actividade coa asistencia e a participación nas dinámicas recollidas no apartado de "Metodoloxías" y en "Atención personalizada", aplicable ás prácticas de "análise de fontes documentais" e "estudo de casos", sempre que lle sexa posible. As actividades faranse seguindo as observacións de avaliación sobre a flexibilidade da asistencia-participación e os requerimentos para superar a materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A6 A11 B5 B7 B11 C1 C6 Valorarase, a través dunha rúbrica, elaborada expresamente para a avaliación desta metoloxía, atendendo a criterios relativos á riqueza e pertinencia das fontes bibliográficas, á capacidade de síntese, precisión e expresión escrita correcta, e ao correcto emprego das Normas APA 7ª ed.

A actividade levarase a cabo en grupos e presentarase como "Introducción" ao estudo de caso que será entregado ao final do cuadrimestre.
10
Proba obxectiva A6 B5 B10 B11 B12 C1 C6 Valorarase a adquisición dos coñecementos teóricos e prácticos mediante varias probas ao longo do cuadrimestre que poderá incluir preguntas de resposta múltiple, ordenación, resposta breve, discriminación, completar e/ou asociación, ou ben pódese construír con un só tipo dalgunha destas.

Realizarase en dous partes, incorporando na primeira delas, contidos teórico-prácticos relativos ao Tema 1 e a segunda, aos Temas 2 e 3.

Os tipos de preguntas seguirán o sseguinte sistema de corrección:

- Preguntas V/F: unha resposta incorrecta, restará unha resposta correcta.

- Preguntas resposta múltiple: aplicarase a fórmula de corrección ao azar (acertos - erros/nº alternativas - 1).

- Preguntas resposta curta: valorarase a claridade e a capacidade de síntese e adecuación da respuesta á pregunta formulada.

- Preguntas de asociación e completar: cada erro resta a metade dun acerto.


Nota importante: a proba mixta introdúcese no formato de “Avaliación continua” que substitúen a exame final; é dicir, o alumnado deberá ir superando as probas ao longo do curso, non existindo una “proba final”. Cada una destas dúas probas terá contidos diferenciados e excluíntes (é dicir, eliminase materia tras cada proba) e ser calificarán de forma independiente sobre 10 puntos. Para a superación da metodoloxía “proba obxectiva” é requerido que o estudante obteña un 5 ou máis puntos como resultados da media aritmética de ambas partes, así como que, en cada proba, se acade un mínimo de 4 puntos, para que esta metodoloxía sexa considerada “superada”.


A modo de exemplo:
• Un estudante obtén un 7.5 na primeira proba e un 4 na segunda. O resultado da metodoloxía proba será 5.75. Non terá que repetir a segunda proba xa que, ainda que a nota da segunda proba foi inferior a 5 puntos, é de 4 puntos.
• Un estudante obtén un 3.5 na primeira proba e un 9 na segunda. A media aritmética sería de 6.25 puntos, pero terá que realizar a primeira proba de novo (no exame da 1ª convocatoria oficial), para se lle poder facer a media, con ambos exames aprobados (ou acadando o mínimo de 4 puntos).
• Un estudante obtén un 4 na primeira proba e un 4.5 na segunda. A calificación final é de 4.25 puntos. Terá que someterse á avaliación na 2ª oportunidade de Xullo, xa que non superou o 50% da calificación global para esta metodoloxía.
40
Estudo de casos A9 B5 B10 B11 B12 C6 Cada grupo de estuddantes traballará cun caso ao longo de todo o cuadrimestre. Deberá ir aplicando, de forma progresiva, os coñecementos teórico-prácticos desenvolvidos nas sesións expositivas ao un problema real, que presentará por escrito e de forma oral,, e que será valorado a través dunha rúbrica elaborada expresamente para a avaliación desta metodología.

Terase en conta a capacidade do alumnado para aplicar os coñecementos teóricos adquiridos, para resolver problemas en entornos novos ou pouco conecidos, a súa integración para formular xuizos e para comunicar as conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan.
50
 
Observacións avaliación

REQUERIMENTOS PARA SUPERAR A MATERIA:

  • Asistir a clase. A asistencia a clase é
    obrigatoria nun 80% das sesiones.
  • Participar na clase. A condición de alumnado asistente (80% de asistencia)
    supón, non só a asistencia, senón tamén a participación e aproveitamento do
    tempo de clase.
  • Realizar
    todas as actividades obrigatorias que computan na avaliación final da materia;
    isto é: a proba obxectiva (final e/ou parciais), a análise de fontes
    documentais e os estudos de casos. 
  • Acadar
    o 50% da calificación en cada unha das metodoloxías de avaliación para superar
    a materia, calquera que sexa a modalidade de avaliación á que se somete o
    estudante. No caso de non acadar o 50% nalgunha das partes, a calificación
    final será de 4 puntos.
  • Axustarse ás datas de entrega sinaladas no calendario
    presentado durante a presentación da materia. As entregas fóra de prazo ou a
    ausencia de entrega terán unha calificación de 0 puntos e, polo tanto, suporán
    unha calificación final de suspenso.
  • Realizar as actividades propostas, aproveitando e
    optimizando o tempo que se destina na aula
  • Realizar
    traballos de carácter orixinal. O incumprimento das normas éticas na
    realización de traballos académicos suporá unha calificación de 0 puntos na
    mesma e, polo tanto, dará lugar a unha calificación final de suspenso. Baixo
    ningunha circunstancia aceptaranse traballos parcial ou totalmente extraídos
    doutras fontes que non foran debidamente citadas.

MODALIDADES DE AVALIACIÓN



Tendo en conta a posible existencia de alumnado que, polas súas
circunstancias particulares non cumpla co requisito de asistencia, terase en
conta diversas modalidades de avaliación segundo o réxime de adicación do alumnado:

  • Avaliación continua: modalidad de
    avaliación aplicable a alumnado asistente; é dicir, a aquel
    que cumpla co requisito de asistencia dun 80%, tanto das sesións teóricas como
    prácticas; e ao alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial:
    • Alumnado asistente: Será
      evaluado ao longo do proceso de aprendizaxe, a través da realización das
      diversas prácticas establecidas dentro das metodoloxías de avaliación (análise
      de fontes documentais, estudos de caso) que será entregado nas datas establecidas
      pola docente. De forma complementaria, poderánse realizar probas (tests) de
      avaliación continua, que computen na porcentaxe asignada á “proba obxectiva”.
    • Alumnado con recoñecemento
      de dedicación a tempo parcial
      : atendiendo á norma que regula o réxime
      de adicación ao estudo e a permanencia e progresión dos estudantes de grao e
      mestrado universitario na Universidade da Coruña (aprobada en Consello de
      Goberno o 28 de xuño de 2016), nos seus artigos 4, 5 y 6, será necesario que
      este alumnado solicite a dispensa e a entregue á docente, concertando unha
      titoría na que lle informará sobre o xeito en que se desenvolverá o proceso de
      aprendizaxe. Realizará as actividades de forma individual, e a súa avaliación
      consistirá na entrega das prácticas establecidas dentro das metodoloxías de
      avaliación (de maneira autónoma, e cunha ponderación de 60%) e a avaliación
      final por medio da proba obxectiva (40%), podéndose someter ás avaliacións
      continuas nas mesmas condicións que o alumnado non asistente, sempre que cumpra
      os prazos establecidos pola docente.  
  • Avaliación
    final: 
    modalidade de avaliación aplicable ao alumnado non asistente (aquel
    que non cumpre co requisito de asistencia mínimo do 80%). Recoméndaselle a
    realización das actividades prácticas (análise de fontes documentais, estudo de
    casos) de modo autónomo, e acoder regularmente a titorías para a consulta de
    dúbidas sobre as mesmas. Será avaliado mediante proba obxectiva na que se
    introducirán (a) preguntas relativas aos contidos das actividades realizadas
    polo alumnado na modalidade de avaliación continua (60%) e (b) preguntas
    referidas aos contidos teóricos da materia (40%). 
As
metodoloxías que se teñan aprobadas na primeira oportunidade só se gardarán
para a segunda oportunidade (xullo) do ano en curso.

Fontes de información
Bibliografía básica Ibáñez López, P., & Mudarra Sánchez, M.J. (2014). Atención temprana. Diagnóstico e intervención psicopedagógica. UNED.
Anaya Nieto, D. (2003). Diagnóstico en educación. Diseño y uso de instrumentos. Sanz y Torres.
Marí Molla, R. (2001). Diagnóstico pedagógico: Un modelo para la intervención psicopedagógica. Ariel Educación.
Cardona Moltó, M.C., Chiner Sanz, E., & Lattur Devesa, A. (2010). Diagnóstico psicopedagógico. ECU.
Romero Pérez, J.F., & Lavigne Cerván, R. (2005). Dificultades en el aprendizaje: Unificación de criterios diagnósticos (Vol. I). Junta de Andalucía.
Romero Pérez, J.F., & Lavigne Cerván, R. (2006). Dificultades en el aprendizaje: Unificación de criterios diagnósticos (Vol. II). Junta de Andalucía.
Ayala Flores, C.L. (2001). Evaluación e informes psicopedagógicos: de la teoría a la práctica. CEPE.
Alonso Tapia, J. (2012). Evaluación psicopedagógica y orientación educativa. Síntesis.
Anaya Nieto, D. (1994). Introducción al diagnóstico en orientación. Sanz y Torres.
Díaz, M.I., Ruíz, M.A., & Villalobos, A. (2017). Manual de técnicas y terapias cognitivo conductuales. UNED.
Padilla, M.T. (2002). Técnicas e instrumentos para el diagnóstico y la evaluación educativa. CCS.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías