Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Tutoría, mentoría e coaching Código 652511216
Titulación
Mestrado Universitario en Psicopedagoxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Ríos de Deus, María Paula
Correo electrónico
paula.rios.dedeus@udc.es
Profesorado
Ríos de Deus, María Paula
Correo electrónico
paula.rios.dedeus@udc.es
Web http://www.educacion.udc.es/index.php?pagina=asignatura&codigo=652511216&grupo=
Descrición xeral A través desta materia poderanse ampliar coñecementos e incorporar ferramentas para mellorar habilidades e recursos en titoría, mentoría e coaching:

A nivel educativo, a función titorial forma parte da tarefa dos/das docentes. Polo xeral, a titoría abarca todas as experiencias que permiten acadar unha educación integral, fomentando actitudes e valores positivos no alumnado. Algúns dos seus obxectivos son a solución dos problemas escolares e a mellora da convivencia social. Así mesmo a titoría é tamén moi útil para conseguir que os/las estudantes plantexen problemas que poden ter en determinadas materias, non xa só polas súas cuestións persoais en materia de aprendizaxe senón tamén polo tipo de clase que imparte un/unha profesor/a en cuestión.

O mentoring é un proceso de desenvolvemento que facilita a transición das persoas nas organizacións grazas ao acompañamento de alguén que ten máis experiencia. Este materia posibilita o deseño e a implantación de programas de mentoring en calquera tipo de organización e está dirixida ás persoas que vaian exercer o rol de coordinadoras de plans de mentoring, a profesionais de Recursos Humáns que teñan que tomar a decisión de implementarlo nas súas organizacións e a aqueles/as que vaian asumir o papel de supervisores de mentores.

Trataranse os conceptos básicos do coaching, a metodoloxía que se debe empregar nun proceso de coaching e ferramentas e recursos necesarios para entrenar as competencias máis recurrentes, indicadas para aquelas persoas que desexen ou teñan a necesidade de entrenar e desenvolver a outras. O coaching persoal e profesional está tendo moita demanda nos últimos anos.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Planificar programas, proxectos e servizos de intervención para a mellora dos membros da comunidade educativa, aplicables a diferentes contextos e grupo destinatario.
A8 Deseñar, implementar e avaliar prácticas educativas, programas e servizos que dean resposta ás necesidades das persoas, organizacións e colectivos específicos, promovendo a presenza, participación e éxito de todo o alumnado en contornos educativos e sociolaborais.
A14 Coñecer as necesidades formativas básicas nos diferentes contextos escolares e sociolaborais, poñendo especial atención naquelas competencias que favorezan o traballo en contornos multiculturais
B1 Capacidade de creatividade e innovación
B2 Aprender a aprender
B7 Traballar de forma colaborativa
B8 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional
B13 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
- Saber definir os conceptos de titoría, mentoría e coaching. BM2
BM13
- Relacionar a actual praxis da titoría coas novas tendencias de acción titorial. BM2
BM13
- Coñecer as competencias a desenvolver no novo perfil profesional. BM2
BM8
BM13
- Saber planificar unha acción de titoría en diferentes contextos: escolar, socio-laboral. AP1
AP8
AP14
BM1
BM7
CM5

Contidos
Temas Subtemas
Novos escenarios e perspectivas da acción orientadora.
Escenarios.
Perspectivas.
Concepto de titoría, mentoría e coaching.

Tutoría.
Mentoría.
Coaching.
Funcións e competencias orientadoras e titoriais no marco educativo e socio-laboral.
Funcións e competencias orientadoras e titoriais no marco educativo.
Funcións e competencias orientadoras e titoriais no marco socio-laboral.
O perfil do novo profesional. Competencias a desenvolver.
Perfís.
Competencias.
O desenvolvemento das competencias socio-emocionais como estratexia de cambio.
Competencias socio-emocionais.
Análise de programas e planificación de propostas de actuación. Análise de programas.
Planificación de propostas.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Aprendizaxe colaborativa B2 B7 B8 B13 10 5 15
Sesión maxistral A14 C5 2.5 0 2.5
Presentación oral B1 B2 B13 4 0 4
Traballos tutelados A1 A8 B7 B13 15 74 89
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Traballos tutelados Desenvolvernase actividades de aprendizaxe-servizo.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Deberán realizarse dúas titorías personalizadas ao longo do cuadrimestre co obxectivo de revisar o desenvolvemento dos traballos tutelados do/a alumno/a.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa B2 B7 B8 B13 Traballo en grupo 20
Presentación oral B1 B2 B13 Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. 20
Traballos tutelados A1 A8 B7 B13 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
60
 
Observacións avaliación

Como
consideración xeral, terase especialmente en conta as deficiencias e faltas ortográficas,
así  como unha redacción inconexa ou inadecuada, deficiente presentación, etc.
Todo elo suporá redución de puntos sobre a nota obtida.


Fontes de información
Bibliografía básica Bayón Mariné, F. y Ferrucci, C. (2012). 50 historias de coaching: mitos, fábulas, metáforas y relatos. Madrid: Centro de Estudios Ramón Areces,
Whitmore, J. (2011). Coaching : el método para mejorar el rendimiento de las personas : los principios y la práctica del coaching y del liderazgo. Madrid: Paidós
Bou Pérez, J.F. (2013). Coaching educativo. Madrid: LID
(2005). Coaching y mentoring como desarrollar el talento de alto nivel y conseguir mejores resultados. Bilbao: Deusto
Launer, V. (2011). Coaching: un camino hacia nuestros éxitos. Madrid: Pirámide
Valderrama, B. (2009). Desarrollo de competencias de mentoring y coaching. Madrid: FT Prentice Hall
Lara Ramos, A. (2008). La función tutorial: un reto en la educación de hoy. Granada: Grupo Editorial Universitario,
Villa Casal, J.P. y Caperán Vega, J.A. (2010). Manual de coaching : (guía práctica) : coaching ejecutivo, cómo se hace, herramientas de evaluación y desarrollo, ejercicios prácticos. Barcelona: Profit
Soler Anglés, M.R. (2003). Mentoring estrategia de desarrollo de recursos humanos. Barcelona: Gestión 2000
Bisquerra Alzina, R. (2012). Orientación, tutoría y educación emocional. Madrid: Síntesis
Cubeiro, J.C. (2011). Por qué necesitas un coach : verdades y mentiras del mundo del coaching. Barcelona: Alienta
Monge Crespo, M.C. (2010 (2.ª ed.)). Tutoría y orientación educativa : nuevas competencias. Las Rozas: Wolters Kluwer Educación
Martín, X. (2008 (2.ª ed.)). Tutoría: técnicas, recursos y actividades. Madrid: Alianza
Sebastián Franco, G. (2011). ¿Qué es y qué no es un coach?. Madrid: Pirámide
Álvarez, R.J. (2014). Acción tutorial y orientación: aceptación, compromiso, valores: una propuesta de estilo para la intervención de tutores y orientadores. Bilbao: Desclée de Brouwer
López Pérez, C. y Valls Ballesteros, C. (2013). Coaching educativo: las emociones, al servicio del apredizaje. Madrid: SM
Equipo Alejandría del Club de Coaching Fundesem (2012). Coaching en acción: la caja de herramientas del coach. Madrid: Wolters Kluwer España
Galán, F.J. (2011). Coaching inteligente: método A.C.C.I.O.N. Madrid: ESIC
Cajina, G. (2010). Coaching para emprender : cambia tu rumbo, despide a tu jefe. Madrid: Díaz de Santos
Fiol, A. y Obiols, M. (2013). Coaching para todos : herramientas para el cambio personal y profesional. Barcelona: Plataforma
Neenan, M. y Dryden, W. (2011). Coaching para vivir : aprende a organizarte y a ser más asertivo. Barcelona: Paidós
Pantoja Vallejo, A. (2013). La acción tutorial en la escuela. Madrid: Síntesis
Giner, A. y Puigardeu, O. (2008). La tutoría y el tutor : estrategias para su práctica. Barcelona: Horsori
Mañú Noain, J.M. (2007 (2.ª ed.)). Manual de tutorías. Madrid: Narcea
Bilbao Herrán, M. (2010). Recursos para tutoría. Barcelona: Horsori
Castillo Arredondo, S. (2009). Tutoría en la enseñanza : la universidad y la empresa: formación y práctica. Madrid: UNED: Pearson
Cutillas Sánchez, V., Morató Ascó, J. y Rizo Soler, M. (2010). Tutoría: escenario para la convivencia: sesiones para tutoría en educación secundaria. Málaga: Aljibe

Bibliografía complementaria Almacellas Bernadó, M.A. (2009). El camino hacia la madurez personal : Plan de acción tutorial para la educación secundaria obligatoria y bachillerato. Bilbao: Desclée de Brouwer,
Angulo Vargas, A. (2009 (2.ª ed.)). La tutoría en la educación primaria : manual de ayuda. Navarra: Wolters Kluwer España
Martín Jorge, M.L. (2009). Plan de orientación y acción tutorial para la enseñanza secundaria . Málaga: SPICUM
García Labiano, J.M. (2011 (2.ª ed.)). Programa de acción tutorial para la Educación Secundaria Obligatoria. Las Rozas: Wolters Kluwer Educación
Alonso García, M.A., Calles Doñate, A.M. y Sánchez Ávila, C. (2012). Diseño y desarrollo de programas de mentoring en organizaciones . Madrid: Síntesis
Wisker, G. (2012). Trabajando individualmente con cada estudiante: tutoría personalizada, coaching, mentoría y supervisión en educación superior. Madrid: Narcea


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase os envíos dos traballos telemáticamente e de non ser posible, no útilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores.

Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sosenibiliade nos comportamentos persoais e profesionais.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías