Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Orientación profesional Código 652511217
Titulación
Mestrado Universitario en Psicopedagoxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Ríos de Deus, María Paula
Correo electrónico
paula.rios.dedeus@udc.es
Profesorado
Ríos de Deus, María Paula
Correo electrónico
paula.rios.dedeus@udc.es
Web
Descrición xeral A orientación profesional conta con importantes implicacións para a intervención escolar e sociolaboral. Caracterizarase o seu desenvolvemento institucional, planificaranse e avaliaranse intervencións aplicables a diferentes contextos e persoas destinatarias, tendo en conta unha actitude crítica e transformadora ante diferentes enfoques (xénero, TICs,...).

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Planificar programas, proxectos e servizos de intervención para a mellora dos membros da comunidade educativa, aplicables a diferentes contextos e grupo destinatario.
A4 Capacidade para coordinar, facilitar e impulsar a utilización de medios e recursos didácticos e multimedia favorecedores de atención á diversidade
A6 Dominar o marco lexislativo que regula o funcionamento das diversas institucións e adoptar un marco teórico de referencia que ampare os criterios de selección dos diferentes instrumentos e estratexias de diagnóstico, intervención e avaliación.
A7 Potenciar a xustiza curricular mediante o uso de estratexias didácticas respectuosas coa diversidade social, cultural e ambiental, analizando criticamente a experiencia histórica de exclusión educativa, e elaborando as adaptacións do currículo que garantan unha perspectiva inclusiva da educación
A12 Comprender a necesidade de incorporar o enfoque de xénero e deseñar propostas de orientación profesional que integren esta dimensión
B3 Capacidade de resolución de problemas
B4 Capacidade de aplicar coñecementos na práctica psicopedagóxica
B6 Traballar de forma autónoma e con iniciativa
B8 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional
B10 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos más amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B11 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B13 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender as bases teóricas, conceptuais e legais da orientación profesional e valorar as súas implicacións para a intervención. AP6
Caracterizar o desenvolvemento institucional da orientación profesional e analizar a súa situación actual. AP6
BM3
BM4
BM6
BM10
BM11
BM13
CM4
Analizar as funcións sociopolíticas da orientación profesional e reflexionar sobre as posibilidades e características dunha orientación profesional para o cambio que incida nunha práctica non discriminatoria. AP7
AP12
Planificar e avaliar intervencións aplicables a diferentes contextos e destinatarios. AP1
AP4
AP12
BM4
Coñecer os distintos ámbitos de aplicación das TIC na orientación profesional e saber utilizalas. BM10
BM11
CM3
CM6
Comprender a necesidade de incorporar o enfoque de xénero e deseñar propostas de orientación profesional que integren a dimensión de xénero. AP7
AP12
BM3
BM6
BM8
Adquirir unha actitude crítica e transformadora ante as problemáticas da orientación profesional. AP7
CM4
CM6

Contidos
Temas Subtemas
1. Delimitación conceptual e bases teóricas da orientación profesional.
2. A orientación para a transición do mundo educativo ao mundo laboral.
3. A orientación profesional con persoas desempregadas.
4. Os itinerarios personalizados de inserción como metodoloxía de intervención.
5. As TIC e a orientación profesional: ámbitos de utilización.

6. A orientación profesional con enfoque de xénero: finalidades e pautas para a súa integración.


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A1 A6 A7 A12 B3 B4 B6 B10 B13 C6 15 20 35
Análise de fontes documentais A12 B6 B11 B13 C4 C6 3 6 9
Sesión maxistral A6 B11 B13 C3 C4 C6 16.5 7 23.5
Estudo de casos A1 A4 A6 A7 A12 B3 B4 B6 B8 B10 B11 B13 C3 C4 C6 7 0 7
Aprendizaxe colaborativa A1 A6 A7 A12 B3 B4 B6 B10 B13 C6 25 8 33
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos/das estudantes, baixo a tutela do profesorado e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos/polas estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos/das estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesorado-titor.

O alumnado realizará unha proposta de aprendizaxe-servizo (ApS): proposta educativa que combina procesos de aprendizaxe e servizo á comunidade nun só proxecto, no cal as persoas participantes se forman traballando sobre necesidades reais da contorna co obxectivo de mellorala. No contexto dos plans de estudos da UDC, a proposta de ApS efectuarase, de ser posible, no marco das distintas materias da titulación, coordinándose co profesorado responsable destas.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.

Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Estudo de casos
Descrición
As metodoloxías sinaladas complementaranse con sesións de titorías (atención personalizada) para consulta de dúbidas e axuda na resolución dos traballos propostos.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A6 A7 A12 B3 B4 B6 B10 B13 C6 O alumnado realizará traballos co fin de fomentar a aprendizaxe independente e o seguimento desa aprendizaxe polo profesorado-titor. 100
 
Observacións avaliación

De acordo coas Normas de Avaliación, Revisión e Reclamación de Titulacións dos estudos de Grao e Mestrado, a materia aposta pola avaliación continua e as metodoloxías de aprendizaxe activa. Para aprobar a materia, o alumnado deberá obter un 5 na cualificación global da materia e ter superado cada unha das metodoloxías avaliables.

Para o alumnado que non poida asistir por causa xustificada, manterase o mesmo sistema de avaliación, polo que deberá coñecer as actividades propostas e as súas datas de entrega.

Polo tanto, o día sinalado no calendario oficial non se realizará ningún exame, xa que a avaliación continua terá rematado ao remate da impartición da materia.

Enténdese que os universitarios asumiron as capacidades lingüísticas en relación coa expresión oral e a escrita. Polo tanto, a corrección ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación), a corrección gramatical e léxica resulta imprescindible e obrigatoria nos traballos e exames realizados como condición imprescindible para superar a materia.

En canto á realización fraudulenta das probas de avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no REGULAMENTO DISCIPLINAR DO ESTUDANTADO DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA Aprobado polo Consello de Goberno do 27/02/2023.


Fontes de información
Bibliografía básica Sánchez García, M. F. (2004). Orientación laboral para la diversidad y el cambio. Sanz y Torres
Álvarez González, M. (2013). Bases teórico-prácticas de la orientación profesional. UNED
Cifre Gallego, E. (2022). Desarrollando en el aula competencias de orientación profesional con perspectiva de género. http://dx.doi.org/10.6035/InnovacioEducativa.27
Rodríguez-Esteban, A. y Padín García, A. (2022). Diferencias según el género en los intereses académico-profesionales ¿persisten los estereotipos?. Revista Española de Orientación y Psicopedagogía, 33 (1),
Carrillo González, F. (2021). Efectividad de un programa para la mejora del proyecto profesional y la marca personal. Revista Española de Orientación y Psicopedagogía, 32 (2),
Sebastián Ramos, A. (2000). El mercado de trabajo y el acceso al mundo laboral una perspectiva desde la orientación profesional. Estel
Piqueras Gómez, R., Carrasco Hernández, A., Rodríguez-Arias Palomo, J. L., & Altuna Urcelay, A. (2021). Evaluación de conductas y actitudes de búsqueda de empleo. Revisión y validación de tres escalas para la orientación profesional. Revista Española de Orientación y Psicopedagogía, 32 (2)
Cobos Cedillo, A. (2012). La orientación profesional y la búsqueda de empleo. Experiencias innovadoras y técnicas de intervención que facilitan la inserción laboral. Editorial Grao
Martínez Clares, P. (2002). La orientación psicopedagógica: modelos y estrategias de intervención. EOS
Izquierdo Rus, T. (2010). Los nuevos retos del mercado laboral: una perspectiva desde la orientación profesional. Editorial Amarantos
Moreu, A.C. y Bisquerra, R. (2002). Los orígenes de la psicopedagogía: el concepto y el término. Revista Española de Orientación y Psicopedagogía, 13 (1),
Martínez Serrano. M.E., Pérez Herrero, M.H. y Burguera Condon, J. L. (2022). Orientación para el desarrollo de la carrera en educación secundaria: Una revisión sistemática. Revista de Investigación Educativa, 40 (1), 107–126
Echeverría Samanés, B. (2008). Orientación profesional. Editorial UOC
Santana Vega, L.E. (2013). Orientación profesional. Síntesis
Rodríguez Moreno, M.L. (2011). Orientación profesional no sexista: teoría y práctica. Editorial Académica Española
Sánchez García, M.F. (2013). Orientación profesional y personal (libro electrónico). UNED
Manzanares Moya, A. y Sanz López, C. (2016). Orientación profesional. Fundamentos y estrategias. Wolters Kluwer
Sobrado Fernández, L.M. y Cortés Pascual, A. (2009). Orientación profesional: nuevos escenarios y perspectivas. Biblioteca Nueva
Manzanares, A. y Sanz C. (2012). Situación actual y desafíos de la orientación: repensando la orientación en el ámbito educativo. Walters Kluwer Educacion

Para cada tema proporcionarase bibliografía e webgrafía específica.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
  • O envío de traballos se realizará mediante plataformas virtuais.
  • Débese facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
  • Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías