Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Deseño de plans de formación Código 652511218
Titulación
Mestrado Universitario en Psicopedagoxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Gonzalez Sanmamed, Mercedes
Correo electrónico
mercedes.gonzalez.sanmamed@udc.es
Profesorado
Gonzalez Sanmamed, Mercedes
Iglesias Amorin, Fernando
Rodríguez Machado, Eduardo Rafael
Correo electrónico
mercedes.gonzalez.sanmamed@udc.es
f.amorin@udc.es
e.rodriguez.machado@udc.es
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Planificar programas, proxectos e servizos de intervención para a mellora dos membros da comunidade educativa, aplicables a diferentes contextos e grupo destinatario.
A4 Capacidade para coordinar, facilitar e impulsar a utilización de medios e recursos didácticos e multimedia favorecedores de atención á diversidade
A8 Deseñar, implementar e avaliar prácticas educativas, programas e servizos que dean resposta ás necesidades das persoas, organizacións e colectivos específicos, promovendo a presenza, participación e éxito de todo o alumnado en contornos educativos e sociolaborais.
B4 Capacidade de aplicar coñecementos na práctica psicopedagóxica
B7 Traballar de forma colaborativa
B8 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional
B9 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Planificar programas, proxectos e servizos de intervención para a mellora dos membros da comunidade educativa, aplicables a diferentes contextos e grupo destinatario. AP1
Deseñar, implementar e avaliar prácticas educativas, programas e servizos que dean resposta ás necesidades das persoas, organizacións e colectivos específicos, promovendo a presenza, participación e éxito de todo o alumnado en contornos educativos e sociolaborais. AP8
Capacidade de aplicar coñecementos na práctica psicopedagóxica BM4
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse CM6
Capacidade para coordinar, facilitar e impulsar a utilización de medios e recursos didácticos e multimedia favorecedores de atención á diversidade AP4
Traballar de forma colaborativa BM7
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional BM8
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras CM5
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación. BM9

Contidos
Temas Subtemas
Características, etapas e funcións da formación en distintos contextos. Perspectivas de análisis da formación.
Expectativas e motivacións cara á formación.
Limitacións e problemas asociados á formación.
Componentes dun modelo de formación. Fundamentación, obxectivos, contidos, modalidades, recursos e avaliación.
Modalidades e estratexias de formación Técnicas formativas desde unha perspectiva tecnolóxica.
Técnicas formativas desde unha perspectiva deliberativa.
Planificación, seguimento e avaliación de programas e accións formativas. Escenarios e ferramentas para o deseño da formación.
Estratexias de implementación da formación.
Formatos de avaliación e impacto da formación.
Deseño da formación en líña Fundamentos psicopedagóxicos para o deseño da formación en liña.
Entornos virtuais de ensino-aprendizaxe.
Modalidades de formación en líña: Moocs, PLE e outros sistemas de ecoloxías de aprendizaxe.
Roles e tarefas do formador O formador coma experto e coma asesor.
A formación de formadores.
Aprendizaxe e identidade profesional dos formadores.
Roles e tarefas do formador en liña.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba mixta A8 C6 2 0 2
Análise de fontes documentais A4 B7 2 15 17
Sesión maxistral B9 9 0 9
Discusión dirixida B4 B7 B8 C5 2 5 7
Estudo de casos A1 A4 A8 B4 B7 C6 6 30 36
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Dirixida a identificar o dominio dos coñecementos básicos da materia.
Análise de fontes documentais Realizarse un estudio crítico de diversos materiais escritos ou audiovisuais vinculados coa temática da materia.
Sesión maxistral Exporanse os principios e conceptos básicos da materia.
Discusión dirixida Proporase o debate sobre aspectos controvertidos e sobre documentos que previamente serán traballados individualmente polos estudantes.
Estudo de casos Proporase a análise dun caso que se traballará en grupo baixo a orientación da profesora.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Descrición
Os estudantes serán orientados nas sesións de tutoría.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A1 A4 A8 B4 B7 C6 Rigor na análise dos elementos do caso. Coherencia no tipo de estratexia a seguir. Resposta os elementos clave que se presentan no caso. Propostas argumentadas 40
Proba mixta A8 C6 Respostas correctas. Argumentación fundamentada. 50
Análise de fontes documentais A4 B7 Selección das ideas principais e análise crítica dos argumentos e propostas. 10
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica

Atienza, L. (1998): Necesidades y expectativas de formación de los profesores de Lenguas en Asturias . Oviedo, Servicio de Publicaciones.

Fuentes Abeledo, E.J. y González Sanmamed, M. (1989): Necesidades formativas y concepciones curriculares: Bases para un diseño de formación en ejercicio. Investigación en la Escuela , 9, 57-66.

González Sanmamed, M. (1995): Necesidades formativas y aprendizaje de la enseñanza. Revista de Investigación Educativa , 25, 91-108.

González Sanmamed, M. (dir) (2006). O EEES: Perspectiva do profesorado das universidades galegas. Santiago de Compostela , Axencia para a Calidad do Sistema Universitario de Galicia. http://www.equipoeira.net/publicaciones/EEESprofesorado.pdf

Montero Mesa, M.L., González Sanmamed, M., Cepeda, O. y Cebreiro, B. (1990): Análisis de necesidades en el ámbito educativo. Revista de Investigación Educativa , 8 (16), 175-182.

Pose, H. (2007): As necesidades e demandas formativas dos profesionais da acción cultural pública en Galicia: Informe . Santiago de Compostela, Consellería de Cultura e Deporte

Sanchéz, J.; Hidalgo, V.; López, I. (2006): Las necesidades de los docentes andaluces de Educación Secundaria Obligatoria: un instrumento de evaluación. Revista de Educación , 340, 923-942.

http://www.revistaeducacion.mec.es/re340/re340_33.pdf

Bibliografía complementaria

FERNÁNDEZ, C. (1999). El diseño de un plan de formación como estrategia de desarrollo empresarial. Estructura, instrumentos y técnicas. Revista Complutense de Educación, 10 (1), pp. 181-242.

Tejedor, F.J. (1990): Perspectiva metodológica del diagnóstico y evaluación de necesidades en el ámbito educativo. Revista de Investigación Educativa , 8 (16), 15-37.

Torres, J.J. et al. (2005): Las necesidades formativas docentes de los profesores universitarios. Revista Fuentes . Vol. 6, 97-116

http://www.revistafuentes.es/gestor/apartados_revista/pdf/numeros_anteriores/kawcsxpo.pdf

Web educativas:

Identidade Dixital: https://eventos-edu.xunta.gal/identidade-dixital

EDIXGAL: http://www.edixgal.com

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/es/noticia/e-dixgal-implantacion-del-libro-digital-en-los-centros-educativos

Edmodo: http://www.edmodo.com

EspazoAbalar: https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/es

Aula Nova: https://eventos-edu.xunta.gal/aulanova#inicio

STEM LabGalicia:  http://stemlab.gal

Educación Dixital: http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/1_edudixital_2018_portal.pdf


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías