Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Necesidades de formación no ámbito laboral Código 652511220
Titulación
Mestrado Universitario en Psicopedagoxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web http://www.udc.es/dep/pdce/xmalheiro/
Descrición xeral Esta asignatura está orientada a afondar na relación que existe entre o mundo da educación e do traballo. Especialmente nas posibilidades de intervención que ofrece, desde o punto de vista profesional, tanto a formación para o traballo ou ocupacional, como a formación no traballo, ou continua.
Plan de continxencia

Competencias do título
Código Competencias do título
A6 Dominar o marco lexislativo que regula o funcionamento das diversas institucións e adoptar un marco teórico de referencia que ampare os criterios de selección dos diferentes instrumentos e estratexias de diagnóstico, intervención e avaliación.
A8 Deseñar, implementar e avaliar prácticas educativas, programas e servizos que dean resposta ás necesidades das persoas, organizacións e colectivos específicos, promovendo a presenza, participación e éxito de todo o alumnado en contornos educativos e sociolaborais.
A14 Coñecer as necesidades formativas básicas nos diferentes contextos escolares e sociolaborais, poñendo especial atención naquelas competencias que favorezan o traballo en contornos multiculturais
A15 Coñecer e valorar as competencias que buscan o desenvolvemento do potencial individual, os procedementos que se utilizan para a súa concreción práctica, o contido e nivel de cualificación, así como a necesidade da educación ao longo da vida
B1 Capacidade de creatividade e innovación
B2 Aprender a aprender
B3 Capacidade de resolución de problemas
B4 Capacidade de aplicar coñecementos na práctica psicopedagóxica
B5 Capacidade para expoñer as ideas elaboradas, de forma oral e escrita
B8 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional
B10 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos más amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
- Comprender a lexislación básica que ampara e desenvolve a intervención psicoeducativa na formación ocupacional e continua. - Coñecer as necesidades formativas básicas nos diferentes contextos sociolaborais. - Coñecer os instrumentos básicos da formación para o traballo nos diferentes ámbitos de intervención sociolaboral. - Deseñar e avaliar intervencións e programas de formación nos diferentes contornos sociolaboraies. - Coñecer e valorar as competencias que buscan o desenvolvemento do potencial individual, os procedementos que se utilizan para a súa concreción práctica, o contido e nivel de cualificación, así como a súa incidencia nas oportunidades laborais das persoas. AP6
AP8
AP14
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
CM1
CM3
CM4
CM5
CM6
CM7
CM8
Coñecer e valorar as competencias que buscan o desenvolvemento do potencial individual, os procedementos que se utilizan para a súa concreción práctica, o contido e nivel de cualificación, así como a necesidade da educación ao longo da vida AP15
BM8
BM10
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional BM8
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos más amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. BM10

Contidos
Temas Subtemas
1. Marco lexislativo

2. Intervención psicopedagóxica para a inserción laboral a través da formación ocupacional

3. Intervención psicopedagógica na ámbito laboral a través da formación continua

4. Casos prácticos de intervención sociolaboral
1.1. Formación ocupacinal
1.2. Formación continua

2.1. A Formación Ocupacional
2.2. Aspectos psicopedagóxicos
2.3. Realizacións prácticas no ámbito da formación para o emprego.

3.1. A Formación Continua
3.2. Aspectos psicopedagóxicos
3.3. Realizacións prácticas no ámbito da formación
continua.

4.1. Casos prácticos de intervención sociolaboral en fomación ocupacional
4.2. Casos prácticos de intervención sociolaboral en fomación continua


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A14 5 0 5
Sesión maxistral C3 C5 20 0 20
Discusión dirixida B3 B5 10 0 10
Estudo de casos A6 A8 A15 C4 C8 10 0 10
Lecturas C5 C6 C7 0 8 8
Proba de ensaio A6 A14 B3 B5 B8 2 0 2
Traballos tutelados B1 B2 B4 B10 C1 1 9 10
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador.
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Lecturas Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados.
Proba de ensaio Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Utilízase para a avaliación diagnóstica, formativa e sumativa. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Actividades iniciais
Traballos tutelados
Descrición
O alumnado terá opción a un seguimento individualizado do seu proceso de aprendizaxe, nomeadamente no que atinxe ás dificultades na realización do traballo tutelado, mediante as horas de atención destinadas a titorías que aparecen no horario e a utilización do mail para este fin.
A atención poderá ser :
- Presencial: directamente na aula e nos momentos que o profesor ten asignados a titorías de despacho.
- Non presencial: a través do correo electrónico, do campus virtual ou medios similares.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Actividades iniciais A14 Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado. 10
Traballos tutelados B1 B2 B4 B10 C1 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
70
Proba de ensaio A6 A14 B3 B5 B8 Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Utilízase para a avaliación diagnóstica, formativa e sumativa. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. 20
 
Observacións avaliación

1.- Para superar a materia é imprescindible ter superadas todas e cada unha das actividades de avaliación. En caso contrario, a cualificación será de suspenso. Gardaranse as partes aprobadas durante a convocatoria anual.

2.- A asistencia e participación activa e esixente nas dinámicas de aula serán consideradas de forma positiva no proceso de avaliación.

3.- Calquera circunstancia persoal que poida alterar o seguimento da materia por parte do alumnado deberá ser comunicada ao inicio do curso para a súa oportuna e axeitada consideración. Para o alumnado que, por razóns debidamente acreditadas, non poida ter unha asistencia sistemática e o faga a tempo parcial, establécense criterios de avaliación adecuados, en cada caso, ás súas circunstancias, garantindo a igualdade de oportunidades.

Criterios de avaliación:

- Proba de ensaio (50%)

- Traballos realizados en pequeno grupo (40%)

- Outros aspectos (Actitude, asistencia, interese amosado, etc.) (10%)

- O alumnado de segunda oportunidade deberá realizar unha proba obxectiva que contará o 100% da cualificación.

- No caso de ter estudantes con discapacidade, e dependendo da mesma, arbitraranse as probas oportunas contando co asesoramento da Unidade Universitaria de Atencion á Diversidade (ADI).


Fontes de información
Bibliografía básica Contreras Gallego, M. (2006). La inserción laboral de los titulados universitarios y su relación con la formación continua. Granada : Grupo Editorial Universitario,
Vaquero garcía, A. (2009). La formación continua en Galicia: Un balance. en Santiago lago Peñas, Alberto Vaquero García (Coords.): La formación para el empleo: situación act
Sarramona López, J. (2006). El nuevo modelo de formación continua en Españabalance de un año de cambios . Revista de educación, ISSN 0034-8082, Nº 341, (Exemplar dedicado a: La cualificación profesion
Sarceda Gorgoso, Mª del C. (2008). Deseño en formacion ocupacional e insercion laboral. Vigo : Universidade de Vigo
Aguilera Izquierdo, R., García Piñeiro, N., Cristóbal Roncero, R. (2005). El régimen jurídico de la formación continua. Madrid, Civitas
Miguel González, J., González Soto, Ángel Pío (2000). Formación y empresa: las organizaciones como marco de la formación. Educación XX1. revista de la facultad de Educación, páxs. 163-218
García Leal, C. (2006). Formación y orientación laboral. Madrid : McGrawHill,
Zapata Ros, M., Cerezo Sánchez, P. (2007). La formación continua en Cataluña, formación de formadores: Conclusiones y propuestas a partir de los resultados del estudio Formación de Formadores y competencias trasversales.. Revista de Educación a Distancia, nº 17.
Sarramona López, J. (2002). La formación continua laboral. Madrid, Biblioteca Nueva
Holgueras González, A. I., (2011). La formación docente y la fogura del formador ocupacional. Enseñanza & Teaching: Revista Interuniversitaria de Didáctica, nº 29, páxs. 27-51
Sala Franco, T., Pedrajas Moreno, A., Lleó Casanova, B. (2005). La formación profesional continua de los trabajadores en la empresa. Madrid, Tirant lo Blanch
Aznar Díaz, I., Hinojo Lucena, F. J. (2009). La integración social a través del empleo y la formación: origen y evolución histórica de la formación profesional ocupacional. Revista Iberoamericana de educación, vol. 48, nº 6
Filella, G. (Coord.) (1999). La intervenció psicopedògica en el context no formal. Lleida, Pagès
Badia Garganté, A., Mauri Majós, T., Monereo Font, C. (coords.) (2006). La práctica psicopedagógica en educación no formal. Volumen II. Barcelona : UOC
Martínez López, A. (2008). Los cursos de formación profesional ocupacional: sobre cómo se forman los formadores. Revista Iberoamericana de Educación, vol. 47, nº 4
Cueto Iglesias, B. (2010). Los efectos de la formación ocupacional: ¿Importa la duración de las acciones?. Hacienda pública española, nº 195, pp. 9-36
Molina Martín, S., Hernández García, J., Rodríguez Menéndez, Mª del C.a (2007). Los programas de formación ocupacional: una alternativa al término de la educación obligatoria. Revisya complutense de educación, vol. 18, nº 2, páxs. 105-124
Ricoy Lorenzo, Mª del C., Rivero Fernández, Mª Reyes (2009). medios tecnológicos y otros recursos educativos utilizados en los cursos de formación ocupacional. Revista complutense de educaión, vol. 20, nº 2, páxs. 435-454
Sánchez Delgado, P. (2000). Metodología y evaluación de los procesos de formación continua. Formación y Empleo. enseñanza y competencias, páxs. 199-229
Equipo IFES (Instituto de Formación y Estudios Sociales) (2008). Puentes entre la educación no formal e informal y el empleo, entre la educación permanente y el empleo: alternativas. Madrid : Subdirección General de Información Administrativa y Publicaciones, Ministerio de Trabajo e
Dautrey, P. (2009). Una lectura transversal de la Formación Ocupacional pública: entre Karl Polanyi, Max Weber y Michel Foucault. Cuadernos de Trabajo Social, nº 22, páxs. 109-121

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Deseño e desenvolvemento da acción socioeducativa/652G03002
Educación permanente/652G03008
Organización e xestión de institucións socioeducativas/652G03012
Acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables/652G03022
Métodos de avaliación de programas/652G03023
Orientación ocupacional/652G03021
Orientación e políticas de emprego/652G03031
Administración local e acción cultural e educativa/652G03040

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

- Non se admitirán traballos dos que o profesor non teña constancia da sua realización.

- As datas de entrega dos traballos son propostas con antelación suficiente para a súa realización, polo que, logo de seren consensuadas no grupo-clase, e agás casos moi excepcionais, estas son inamovibles.

- Para poder ser calificado/a e avaliado/a é necesario ter entregado todos os traballos esixidos. De faltar algunha das partes, o alumno/a figurará como NON PRESENTADO/A ao non poder ser avaliado na totalidade das propostas de aprendizaxe.

- Os traballos escritos presentaránse paxinados, grapados e ben identificados (nome do alumno/alumna, curso, grupo, materia e nome do profesor). Non é necesario encadernación, fundas de plástico, aneis ou deseños similares. É aconsellable facer copia do orixinal que se entregue.

- O calendario de titorías está exposto no lugar oficial da web da Facultade e na cortiza de anuncios da porta do despacho. (Despacho P0B16, Telf. 981167100 Ext. 4615)



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías