Identifying Data 2023/24
Subject (*) Training needs in the work setting Code 652511220
Study programme
Mestrado Universitario en Psicopedagoxía
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree 2nd four-month period
First Optional 3
Language
Spanish
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Pedagoxía e Didáctica
Coordinador
Malheiro Gutiérrez, José Manuel
E-mail
jose.malheirog@udc.es
Lecturers
Malheiro Gutiérrez, José Manuel
E-mail
jose.malheirog@udc.es
Web http://www.udc.es/dep/pdce/xmalheiro/
General description Esta asignatura está orientada a afondar na relación que existe entre o mundo da formación e o do traballo. E especialmente, explorando as posibilidades de intervención que ofrece, desde o punto de vista profesional, tanto a formación para o traballo ou ocupacional, como a formación no traballo, ou continua.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A6 Dominar o marco lexislativo que regula o funcionamento das diversas institucións e adoptar un marco teórico de referencia que ampare os criterios de selección dos diferentes instrumentos e estratexias de diagnóstico, intervención e avaliación.
A8 Deseñar, implementar e avaliar prácticas educativas, programas e servizos que dean resposta ás necesidades das persoas, organizacións e colectivos específicos, promovendo a presenza, participación e éxito de todo o alumnado en contornos educativos e sociolaborais.
A14 Coñecer as necesidades formativas básicas nos diferentes contextos escolares e sociolaborais, poñendo especial atención naquelas competencias que favorezan o traballo en contornos multiculturais
A15 Coñecer e valorar as competencias que buscan o desenvolvemento do potencial individual, os procedementos que se utilizan para a súa concreción práctica, o contido e nivel de cualificación, así como a necesidade da educación ao longo da vida
B1 Capacidade de creatividade e innovación
B2 Aprender a aprender
B3 Capacidade de resolución de problemas
B4 Capacidade de aplicar coñecementos na práctica psicopedagóxica
B5 Capacidade para expoñer as ideas elaboradas, de forma oral e escrita
B8 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional
B10 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos más amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
- Comprender a lexislación básica que ampara e desenvolve a intervención psicoeducativa na formación ocupacional e continua. - Coñecer as necesidades formativas básicas nos diferentes contextos sociolaborais. - Coñecer os instrumentos básicos da formación para o traballo nos diferentes ámbitos de intervención sociolaboral. - Deseñar e avaliar intervencións e programas de formación nos diferentes contornos sociolaboraies. - Coñecer e valorar as competencias que buscan o desenvolvemento do potencial individual, os procedementos que se utilizan para a súa concreción práctica, o contido e nivel de cualificación, así como a súa incidencia nas oportunidades laborais das persoas. AJ6
AJ8
AJ14
BC1
BC2
BC3
BC4
BC5
CC1
CC3
CC4
CC5
CC6
CC7
CC8
Coñecer e valorar as competencias que buscan o desenvolvemento do potencial individual, os procedementos que se utilizan para a súa concreción práctica, o contido e nivel de cualificación, así como a necesidade da educación ao longo da vida AJ15
BC8
BC10
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional BC8
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos más amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. BC10

Contents
Topic Sub-topic
1.A educación non formal: definición , marco normativo e ámbitos de actuación


2. A formación profesional: definición, marco normativo e ámbitos de actuación


3. A intervención psicopedagóxica no ámbito da formación profesional para o emprego ocupacional e continua




4. O profesional da psicopedagoxía como axente da Formación Profesional para o Emprego

5. Proxectode intervención sociolaboral
1.1. Definición e características da educación non formal.
2.2. Ámbitos de intervención psicopedagóxicana educación non formal.

2.1. Formación profesional regrada
2.2. Formación profesional ocupacional
2.3. Formación profesional continua

3.1. A Formación Profesional para o Emprego no espazo da ENF
3.2. Sistemas de cualificacións e acreditacións profesionais
3.3. Os certificados de profesionalidade como instrumentos de acreditación das cualificacións profesionais
3.4. Formación profesional e Emprendemento

4.1. Competencias e funcións
4.2. Desenvolvementoprofesional


Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Introductory activities A14 5 0 5
Guest lecture / keynote speech C3 C5 20 0 20
Directed discussion B3 B5 10 0 10
Case study A6 A8 A15 C4 C8 10 0 10
Workbook C5 C6 C7 0 8 8
Long answer / essay questions A6 A14 B3 B5 B8 2 0 2
Supervised projects B1 B2 B4 B10 C1 1 9 10
 
Personalized attention 10 0 10
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado.
Guest lecture / keynote speech Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Directed discussion Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador.
Case study Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Workbook Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados.
Long answer / essay questions Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Utilízase para a avaliación diagnóstica, formativa e sumativa. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
Supervised projects Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.

Personalized attention
Methodologies
Case study
Introductory activities
Supervised projects
Description
A situación actual de pandemia obriga a ter en conta aquelas adaptacións que veñan impostas polo límite de aforo das instalacións e polas posibles incidencias puntuais que se poidan producir, para o que será necesario seguir utilizando os recursos síncronos e asíncronos dos que dispón a Universidade para o apoio á docencia e a innovación: email, Teams e Campus Virtual fundamentalmente. A través desas vías combinadas, farase chegar ao alumnado toda a información necesaria (instrucións, contidos, materiais, recomendacións, informacións) para o correcto seguimento das clases.

O proceso para a elaboración dos traballos encomendados terán unha atención permanente e no seu caso persoalizada mediante as canles indicadas, coa finalidade de manter o apoio e o seguimento regular e individualizado necesarios nas diferentes propostas de aprendizaxe.

Aínda que non é obrigatoria a asistencia ás titorías, o profesor estará disponible o seu horario de atención ao alumnado de xeito regular, semanalmente, para resolver as dificultades que o seu traballo plantee. É preferible solicitar previamente a títoría. Nota importante: o profesor non avaliará aqueles traballos que non foran previamente tutelados e dos que non se teña constancia, para o cal, darase oportuna información no seu momento.

As titorías individuais poderán ser tanto virtuais como presenciais, mantendo, neste caso, as debidas medidas de seguridade. As titorías grupais serán virtuais a través de TEAMS.

Por razóns de hixiene, limpeza e desinfección do centro, estará prohibido o consumo de alimentos nas aulas.



Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Introductory activities A14 Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado. 10
Supervised projects B1 B2 B4 B10 C1 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
70
Long answer / essay questions A6 A14 B3 B5 B8 Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Utilízase para a avaliación diagnóstica, formativa e sumativa. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. 20
 
Assessment comments

Os contidos e todas as
actividades a desenvolver no marco do programa da materia, por parte do profsor, realizaranse
na lingua galega; e tratándose dun contexto de aprendizaxe como é o da
Historia da educación, terase en conta a boa disposición do alumnado á
hora de empregar este idioma, co debido respecto e atención, no
desenvolvemento das diferentes actividades de clase, ben sexa de xeito
oral ou escrito.

A puntualidade, a regularidade da asistencia ás
sesións de clase así como o interese amosado, a actitude diante da
materia e das actividades, e a participación e colaboración serán
aspectos obxecto de avaliación. Sendo así, o alumno ou alumna que
acumule máis de tres faltas de asistencia deixa de considerarse
asistente pasando a ser avaliado seguindo os criterios do alumnado non
asistente.

Aqueles alumnos ou alumnas que
por causas excepcionais non poden asistir regularmente ás clases
presenciais, ás interactivas ou a ambas, é necesario que o xustifiquen
debidamente para poder ter dereito a unha avaliación axustada ás súas
necesidades, evitando agravios co resto do alumnado. Estas
circunstancias deben ser expostas convenientemente ao profesor
ao inicio das clases, ou no momento en que se produzan, para
poder estudar a mellor opción en cada caso, en beneficio do alumno ou
alumna e o seu dereito á aprendizaxe en igualdade e equidade.

Para superar a materia é imprescindible ter realizadas de xeito positivo todas e cada unha das actividades de avaliación. En caso contrario, a cualificación será de suspenso. Gardaranse as partes aprobadas durante a convocatoria anual.

A asistencia e participación activa e esixente nas dinámicas de aula serán consideradas de forma positiva no proceso de avaliación.

Calquera circunstancia persoal que poida alterar o seguimento da materia por parte do alumnado deberá ser comunicada ao inicio do curso para a súa oportuna e axeitada consideración. Para o alumnado que, por razóns debidamente acreditadas, non poida ter unha asistencia sistemática e o faga a tempo parcial, establécense criterios de avaliación adecuados, en cada caso, ás súas circunstancias, garantindo a igualdade de oportunidades.

Criterios de avaliación:

- Proba de ensaio (50%)

- Traballos realizados en pequeno grupo (40%)

- Outros aspectos (Actitude, asistencia, interese amosado, etc.) (10%)

- O alumnado de segunda oportunidade deberá realizar unha proba obxectiva que contará o 100% da cualificación.

- No caso de ter estudantes con discapacidade, e dependendo da mesma, arbitraranse as probas oportunas contando co asesoramento da Unidade Universitaria de Atencion á Diversidade (ADI).


Sources of information
Basic Contreras Gallego, M. (2006). La inserción laboral de los titulados universitarios y su relación con la formación continua. Granada : Grupo Editorial Universitario,
Vaquero garcía, A. (2009). La formación continua en Galicia: Un balance. en Santiago lago Peñas, Alberto Vaquero García (Coords.): La formación para el empleo: situación act
García, F. J. y Aguilar, D. (2011). Competencias profesionales del pedagogo: Ámbitos laborales y nuevos yacimientos de empleo . Ediciones Aljibe.
Aznar, I., Hinojo, F. J. y Fernández, F. D. (2007). Competencias, competencias profesionales y perfil profesional: retrato del perfil del psicopedagogo. . Publicaciones, 37, 109-139.
Pérez Serrano, G. (2016). Diseño de proyectos sociales. Aplicaciones prácticas para su planificación, gestión y evaluación . Narcea
Sarramona López, J. (2006). El nuevo modelo de formación continua en Españabalance de un año de cambios . Revista de educación, ISSN 0034-8082, Nº 341, (Exemplar dedicado a: La cualificación profesion
Comisión Europea (2014). Employment and social affairs. Promoting jobs, inclusion and social policy as an investment. . Publications Office of the European Union
Palomares-Montero, D. et al. (2019). Formación y orientación para el emprendimiento. Lo que dicen la bibliometría y los emprendedores noveles . Revista Española de Orientación y Psicopedagogía REOP. 30(1), 131 – 143
D`Anna, S. y Hernández, L. (2006). Introducción a la psicopedagogía laboral.. Aprendizaje Hoy
Manso, J. y Thoilliez, B. (2015). La competencia emprendedora como tendencia educativa supranacional en la Unión Europea. Bordón, 67 (1), 85-99.
Hernández, L. (2008). . Temas de psicopedagogía laboral I. . Aprendizaje Hoy
Suárez-Ortega, M., Sánchez-García, M.F., García-García, M.C. (2016). Caracterización de buenas prácticas y necesidades de mejora en los servicios de orientación para el empleo. . Revista Española de Orientación y Psicopedagogía, REOP, 27 (3), 43-60.
García, F. J. y Aguilar, D. (2011). Competencias profesionales del pedagogo: Ámbitos laborales y nuevos yacimientos de empleo . Ediciones Aljibe
OCDE (2001). Definition and Selection of Competencies: Theoretical and Conceptual Foundations (DeSeCo). . Background Paper. Recuperado el 1 de enero de 2018, de: http://www.oecd.org/education/skills-beyond-
Sarceda Gorgoso, Mª del C. (2008). Deseño en formacion ocupacional e insercion laboral. Vigo : Universidade de Vigo
Unión Europea ( 2017 ). DigComp 2.1: The Digital Competence Framework for Citizens with eight proficiency levels and examples of use. Publications Office of the European Union
Pérez Serrano, G. (2016 ). Diseño de proyectos sociales. Aplicaciones prácticas para su planificación, gestión y evaluación . Narcea
Aguilera Izquierdo, R., García Piñeiro, N., Cristóbal Roncero, R. (2005). El régimen jurídico de la formación continua. Madrid, Civitas
Pulgar, J. L. (2016). Evaluación del aprendizaje en educación no formal: recursos prácticos. Narcea
Pulgar, J. L. (2016). Evaluación del aprendizaje en educación no formal: recursos prácticos. . Narcea.
Miguel González, J., González Soto, Ángel Pío (2000). Formación y empresa: las organizaciones como marco de la formación. Educación XX1. revista de la facultad de Educación, páxs. 163-218
García Leal, C. (2006). Formación y orientación laboral. Madrid : McGrawHill,
Sánchez Almagro, Mª Luisa (coord.) (2011). Guía práctica del asesor y orientador profesional. Madrid : Síntesis
VV.AA. (2011). Guía práctica del asesor y orientador profesional. Síntesis
Zapata Ros, M., Cerezo Sánchez, P. (2007). La formación continua en Cataluña, formación de formadores: Conclusiones y propuestas a partir de los resultados del estudio Formación de Formadores y competencias trasversales.. Revista de Educación a Distancia, nº 17.
Sarramona López, J. (2002). La formación continua laboral. Madrid, Biblioteca Nueva
Holgueras González, A. I., (2011). La formación docente y la fogura del formador ocupacional. Enseñanza & Teaching: Revista Interuniversitaria de Didáctica, nº 29, páxs. 27-51
Sala Franco, T., Pedrajas Moreno, A., Lleó Casanova, B. (2005). La formación profesional continua de los trabajadores en la empresa. Madrid, Tirant lo Blanch
Aznar Díaz, I., Hinojo Lucena, F. J. (2009). La integración social a través del empleo y la formación: origen y evolución histórica de la formación profesional ocupacional. Revista Iberoamericana de educación, vol. 48, nº 6
Filella, G. (Coord.) (1999). La intervenció psicopedògica en el context no formal. Lleida, Pagès
Badia Garganté, A., Mauri Majós, T., Monereo Font, C. (coords.) (2006). La práctica psicopedagógica en educación no formal. Volumen II. Barcelona : UOC
Martínez López, A. (2008). Los cursos de formación profesional ocupacional: sobre cómo se forman los formadores. Revista Iberoamericana de Educación, vol. 47, nº 4
Cueto Iglesias, B. (2010). Los efectos de la formación ocupacional: ¿Importa la duración de las acciones?. Hacienda pública española, nº 195, pp. 9-36
Molina Martín, S., Hernández García, J., Rodríguez Menéndez, Mª del C.a (2007). Los programas de formación ocupacional: una alternativa al término de la educación obligatoria. Revisya complutense de educación, vol. 18, nº 2, páxs. 105-124
Ricoy Lorenzo, Mª del C., Rivero Fernández, Mª Reyes (2009). medios tecnológicos y otros recursos educativos utilizados en los cursos de formación ocupacional. Revista complutense de educaión, vol. 20, nº 2, páxs. 435-454
Sánchez Delgado, P. (2000). Metodología y evaluación de los procesos de formación continua. Formación y Empleo. enseñanza y competencias, páxs. 199-229
Bravo, L. (2009). Psicología educacional, psicopedagogía y educación especial . Revista IIPSI, 2(2), 217-225.
Equipo IFES (Instituto de Formación y Estudios Sociales) (2008). Puentes entre la educación no formal e informal y el empleo, entre la educación permanente y el empleo: alternativas. Madrid : Subdirección General de Información Administrativa y Publicaciones, Ministerio de Trabajo e
Soto-González, M.D., Súarez-Ortega, M., Ortega-Leal, M.P. (). Referentes teóricos psicopedagógicos de la formación para el desarrollo de la carrera emprendedora. PUBLICACIONES, 48(2), 173-196.
Ministerio de Trabajo (2020). Repertorio Nacional de Certificados de Profesionalidad . SEPE
Dautrey, P. (2009). Una lectura transversal de la Formación Ocupacional pública: entre Karl Polanyi, Max Weber y Michel Foucault. Cuadernos de Trabajo Social, nº 22, páxs. 109-121

Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Design and Development of the Socio-Educational Action/652G03002
Lifelong Learning/652G03008
Organisation Organization and Management of Socio-Educational Institutions/652G03012
Socioeducative Socio-Educational Action in Minorities and Vulnerable Groups/652G03022
Evaluation Methods for Socio-Educational Programmes and Services/652G03023
Occupational Guidance/652G03021
Counselling and Employment Policies/652G03031
Local Government and Cultural and Educational Action/652G03040

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

- Non se admitirán traballos dos que o profesor non teña constancia da sua realización.

- As datas de entrega dos traballos son propostas con antelación suficiente para a súa realización, polo que, logo de seren consensuadas no grupo-clase, e agás casos moi excepcionais, estas son inamovibles.

- Para poder ser calificado/a e avaliado/a é necesario ter entregado todos os traballos esixidos. De faltar algunha das partes, o alumno/a figurará como NON PRESENTADO/A ao non poder ser avaliado na totalidade das propostas de aprendizaxe.

- Os traballos escritos presentaránse paxinados, grapados e ben identificados (nome do alumno/alumna, curso, grupo, materia e nome do profesor). Non é necesario encadernación, fundas de plástico, aneis ou deseños similares. É aconsellable facer copia do orixinal que se entregue.

-Sobre a entrega dos traballos, recoméndase a non impresión de borradores, o uso de medios telemáticos e, de non ser posible, as impresións a dobre cara en papel reciclado. Sobre este aspecto, o profesor dará oportunas indicacións se é do caso.

-O alumnado de modalidades específicas de aprendizaxe e apoio á diversidade, ou que teña recoñecida dedicación ao estudo a tempo parcial ou calquera outra situación excepcional, deberá informar debidamente da súa casuística ao profesor, e coa debida acreditación. Debe facerse NO INICIO DO CURSO, a efectos de poder adaptar a súa situación individual ás esixencias curriculares da materia, poder cumprir os criterios de avaliación aos que se someta o resto do alumnado e garantir a necesaria igualdade de condicións no proceso de aprendizaxe e de oportunidades na avaliación da materia.  Excepcionalmente, no caso de que o /a estudante, por razóns debidamente xustificadas, non puidera realizar todas as probas de avaliación continua, o profesor adoptará as medidas que considere oportunas para non prexudicar a súa cualificación

- No caso de estudantes con discapacidade, e dependendo da mesma, o profesor arbitrará as probas oportunas contando co asesoramento da Unidade Universitaria de Atencion á Diversidade (ADI).

- O alumnado de segunda oportunidade deberá realizar unha proba obxectiva que contará o 100% da cualificación, baseada nos contidos da materia.

- O calendario de titorías está exposto no lugar oficial da web da Facultade e na cortiza de anuncios da porta do despacho. (Despacho P0B16, Telf. 981167100 Ext. 4615)



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.