Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Liderazgo e dirección de institucións educativas Código 652512201
Titulación
Mestrado Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares e Socioeducativa
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Sanchez Bello, Ana
Correo electrónico
ana.sanchez.bello@udc.es
Profesorado
Sanchez Bello, Ana
Correo electrónico
ana.sanchez.bello@udc.es
Web
Descrición xeral A materia presenta o liderazgo e a dirección de institucións educativas como alicerces nos que se sustentan o cambio e a transformación social. Partindo desta premisa básica, apóstase por unha dirección e un liderzgo que traballen desde a cultura da colexialidade, da confianza e da participación, establecéndose como meta a creación de comunidades de aprendizaxe democráticas basadas na sustentabilidade e na xustiza social.

A metodoloxía de traballo na materia será fundamentalmente activa, onde os estudantes serán os principais protagonistas das análises, dos debates e das propostas que se formulen a partires da documentación de referencia.


Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Ser capaz de identificar os diferentes fundamentos teóricos e metodolóxicos dun proxecto de educación democrática e crítica, facendo especial énfase nos dereitos humanos e a igualdade de xénero, desenvolvendo culturas da mediación e da paz.
A2 Utilizar modelos colaborativos de acción socioeducativa que promovan verdadeiras comunidades de aprendizaxe, favorecendo o traballo en contornos multiprofesionais
A7 Ser capaz de establecer estratexias de liderado e empoderamento dos distintos axentes sociais que favorezan un clima institucional óptimo.
A11 Capacidade para fomentar e liderar a creatividade e innovación nas entidades e institucións promovendo proxectos orientados ao cambio de culturas profesionais.
A14 Adquirir destrezas para o diagnóstico de perfís competenciais idóneos dos equipos directivos, ofrecendo respostas axustadas a esa realidade.
B8 Traballo colaborativo
B9 Capacidade de innovar
B11 Capacidade de organización e planificación
B12 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B13 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos más amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B14 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B15 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B16 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Capacidade de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuizos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclua reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuizos, valorando criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información disponible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Adquirir unha visión de conxunto do desenvolvemento da dirección de institucións educativas desde a diversidade de perspectivas que a configuran, tanto en ámbitos estatais como internacionais. AP14
BM12
BM13
BM14
BM16
CM5
CM6
Concebir a dirección de centros educativos como un proceso continuado de negociación e construcción de significados, orientacións, decisións, estratexias e accións determiñadas. AP1
BM13
BM14
BM15
BM16
CM4
CM5
CM7
CM8
Interpretar a función directiva, o liderazgo e a organización de institucións educativas desde perspectivas epistemolóxicas, reglamentarias, profesionais e axiolóxicas. AP1
AP2
AP7
AP11
BM12
BM13
BM14
BM16
CM4
CM5
CM6
CM7
CM8
Desenvolver unha disposición reflexiva, negociadora, colaboradora, investigadora, igualitaria ey pro-activa en relación ao complexo papel e cometido do liderazgo e da dirección de institucións educativas. BM8
BM9
BM11
BM12
BM13
BM14
BM15
BM16
CM4
CM5
CM6
CM7
CM8

Contidos
Temas Subtemas
Conceptualización do liderazgo na dirección de organizacións educativas Significado
Características
Perspectivas
Estilos de liderazgo e cultura da organización Liderazgo colexiado e cultura da confianza
Liderazgo sostible e cultura do cambio
Liderazgo comprometido e xustiza social
Liderazgo participativo e comunidades de aprendizaxe
O papel da dirección na organización e planificación colaborativa das organizacións educativas Funcións, dimensións e órganos
Procesos de coordinación, comunicación, colaboración, convivencia e participación democrática
Procesos de seguimento, avaliación, asesoramento, dinamización, innovación e mellora.
Ética e igualdade de xénero

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais A1 A7 A14 B9 B12 B14 B16 C4 C5 C6 C8 10 12 22
Aprendizaxe colaborativa A2 A11 B8 B13 10 13 23
Estudo de casos B11 B15 10 10 20
Traballos tutelados C7 20 25.5 45.5
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Presentación dos documentos por parte da profesora e lectura e análisis do seu contido por parte do/a estudante.
Aprendizaxe colaborativa Traballo en pequeno grupo para contrastar puntos de vista sobre a información extraída dos documentos e realización do resume analítico.
Estudo de casos Análise de casos presentados en clase pola profesora ou profesionais da educación.
Traballos tutelados Traballo en grupo que implica a realización de traballo de campo en escenarios educativos (estudo de caso), ou a análise do discurso, ou a análise de documentos mais unha argumentación que relacione as evidencias descubertas con fundamentos teóricos para xustificar o estilo de liderazgo posto de manifesto.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Sesións de seguimento durante as clases e de titorías ao longo do traballo tutelado que consite nun traballo en grupo que implica a realización de traballo de campo en escenarios educativos (estudo de caso), ou a análise do discurso, ou a análise de documentos mais unha rgumentación que relacione as evidencias descubertas cos fundamentos teóricos para xustificar o estilo de liderazgo posto de manifesto.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados C7 Os critérios/requisitos mínimos a partir dos cales se avaliarán os traballos tutelados serán:

-O grao de profundidade coa que se traballe o contido.
-A utilización dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
-A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
-A presentación e a claridade da exposición.
100
 
Observacións avaliación

No traballo tutelado a avaliación de cada membro variará en función
da asistencia a clase, ás sesións obligatorias de seguimiento e en
función da implicación no trabajo.

Poden realizarse variacións na
composición e número dos membros dos grupos durante a realización do traballo tutelado sempre negociada coa profesora. Excepcionalmente pode decidirse a realización individual do traballo.

Non se admitirán propostas para o traballo unha
vez finalizado o prazo de admisión fixado na documentación complementaria
que se entregará na clase.

A asistencia ás sesións de seguimiento volcarase dentro do traballo tutelado.

As citas e referencias a calquera tipo de texto deben declararse, o uso de textos ou ideas sen declarar a fonte supón o non apto.  

O traballo se realizará seguindo as pautas que se darán na clase.


Fontes de información
Bibliografía básica (). .
Anderson, Gary L. (2009). Advocacy Leadership. Toward a post-reform agenda in educativon. London: Routledge
Hargreaves, Andy y Fullan, Michael (2014). Capital profesional. Madrid: Morata
Woods, Peter (2005). Democratic Leadership in educativon. Londen: Sage
Anderson, Gary L. (2014). Educational Leadership, Politics, and Advocacy, M.A.. http://steinhardt.nyu.edu/alt/edleadership/politics/
Bolívar, Antonio (2010). El liderazgo educativo y su papel en la mejora: una revisión actual de sus posibilidades y limitaciones. Psicoperspectivas. Individuo y Sociedad, 9 (2), págs. 9-33
Hargreaves, Andy y Fink, Dean (2008). El liderazgo sostenible. Madrid: Morata
Vázquez Recio, Rosa (2013). La dirección de centros: gestión, política, ética y política. Madrid: Morata
Ball, St. J. (1989). La micropolítica de la escuela: hacia una teoría de la organización. Barcelona: Paidós/Mec
Cantó, Natàlia; Castiñeira, Ángel y Font, Anna (2009). Las fuentes del liderazgo social. Barcelona: Editorial Mediterráneo S. L.
VV. AA. (2010). Monográfico Liderazgo educativo. Organización y gestión educativa
Bolívar, Antonio (2012). Políticas actuales de mejora y liderazgo educativo. Málaga: Aljibe
Hargreaves, Andy (1996). Profesorado, cultura y postmodernidad. Madrid: Morata
Alcande, Ana Isabel et al. (2006). Transformando la escuela: comunidades de aprendizaje. Barcelona: Graó
O’connell, Brian F. Hesselbein i M. Goldsmith (eds.), El líder del futuro/2. (2007). “Características distintivas de los líderes exitosos de organizaciones de voluntariado. Pasado, presente y futuro”,. Barcelona: Ed. Deusto.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías