Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Tratamento da información na xestión e avaliación das institucións Código 652512205
Titulación
Mestrado Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares e Socioeducativa
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 4.5
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral Na xestión e avaliación das institución se ten que traballar cun número importante de datos que nos van a servir de fundamento para a toma de decisións como xestores. Nesta materia se verá algúns deses datos, cómo se recollen e cómo se tratan.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Traballos tutelados (con Atención personalizada) (computa na avaliación)
Atención personalizada

*Metodoloxías docentes que se modifican

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

4. Modificacións na avaliación

*Observacións de avaliación:

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Competencias do título
Código Competencias do título
A5 Deseñar, analizar, seleccionar e aplicar técnicas e instrumentos de recollida e análise da información para desenvolver procesos de avaliación de programas, servizos, estratexias e recursos de intervención socioeducativa en diversos contextos.
A8 Redactar, presentar e defender proxectos de investigación e informes, memorias, regulamentos, así como outros documentos básicos que contribúan a organizar a acción escolar e/ou socioeducativa.
B2 Capacidade de resolución de problemas
B3 Habilidades para localizar e analizar información de fontes diversas
B7 Capacidade para elaborar e defender un discurso ante diferentes audiencias
B8 Traballo colaborativo
B10 Traballo autónomo
B12 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B13 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos más amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B14 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B15 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B16 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
B17 Comunicar as conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
B18 Aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e deseñar as principais técnicas de recollida da información nos procesos de intervención socioeducativa. AP5
BM3
BM8
BM10
BM12
BM16
CM3
CM7
Coñece, planifica e pon en marcha as principais técnicas de análise da información de procesos de intervención socioeducativos. AP5
AP8
BM2
BM7
BM8
BM10
BM13
BM14
BM15
BM17
BM18
CM3
CM7

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. A recollida e a análise da información no proceso de planificación e desenvolvemento da investigación, avaliacións e xestión dos programas e servizos socioeducativos
1.1. Proceso de planificación da recollida de información: aspectos clave.
1.2. Responsable/s da recollida e grupo/s destinatario/s.
1.3. Momentos da recollida da información: inicial, procesual e/ou final.
1.4. A análise da información ao longo do proceso: programas informáticos para o tratamento da información.
Tema 2. Técnicas de recollida e análise da información 2.1. A selección de técnicas de recollida de información cuantitativa e cualitativa.
2.2. Técnicas de análise de información cuantitativa (estatística descriptiva e inferencial) e cualitativa.
Tema 3. Análise e interpretación dos datos 3.1. Interpretación e valoración dos resultados
3.2. A redacción e presentación dos datos: o informe final.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Aprendizaxe colaborativa B8 C7 10 12 22
Sesión maxistral A5 A8 B12 B13 B14 C7 8.5 0 8.5
Análise de fontes documentais B2 B3 B7 B10 8 12 20
Discusión dirixida B2 B3 B13 B14 B15 B18 C3 8 12 20
Presentación oral B2 B3 B7 8 12 20
Proba obxectiva B3 B10 B12 B14 B15 B16 B17 C7 2 10 12
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Traballo en grupos pequenos para a resolución dos problemas plantexados na aula
Sesión maxistral Algúns contidos do programa precisan unha exposición maxistral por parte do profesorado para centrar o proceso de ensino-aprendizaxe.

Por iso, as clases expositivas, céntranse na exposición oral dos ditos contidos, complementada co emprego de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Análise de fontes documentais Supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador.
Presentación oral Presentación dos traballos de clase
Proba obxectiva Proba escrita para a avaliación da aprendizaxe. Pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Descrición
Na atención personalizada se dará resposta as dúbidas plantexadas polo alumnado. Está vinculada, principalmente á resolución dos problemas plantexados na aula e polas metodoloxías empregadas. A súa finalidade e facer un seguimento do traballo do alumnado e proporcionar as orientacións necesarias para a súa realización, poñendo en xogo unha avaliación procesual e formativa.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais B2 B3 B7 B10 Analizaranse fontes documentais relacionados con algún dos apartados dos temas do programa que seleccionará o alumnado. Os pasos a seguir son: documentación, guión xeral, sesións periódicas co profesor para o seguimento, preparación da presentación e exposición na aula…. 20
Presentación oral B2 B3 B7 Exposición oral dos traballos realizados. 10
Aprendizaxe colaborativa B8 C7 Realizaranse traballos en grupo relacionados con algún dos apartados dos temas do programa que seleccionará o alumnado. Os pasos a seguir son: selección do tema, documentación, guión xeral, sesións periódicas co profesor para o seguimento, preparación da presentación e exposición na aula…. 20
Proba obxectiva B3 B10 B12 B14 B15 B16 B17 C7 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, etc.

A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
40
Discusión dirixida B2 B3 B13 B14 B15 B18 C3 Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador. 10
 
Observacións avaliación
ASISTENCIA: A asistencia ás sesión presenciais é obrigatoria (> 80%). O alumnado con asistencia regular, que non acuda a unha clase na que se realice algunha actividade, terá que facela individualmente e entregala no prazo indicado á clase.

Aquelas persoas con matrícula a tempo parcial poderán acollerse a unha modalidade de avaliación específica. Para esto, fai falta solicitar unha tutoría, antes ou inmediatamente despis do inicio da materia, co obxecto de establecer as actividade de avaliación e o proceso de supervisión e seguimento.

REQUERIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA:

- Acalificación final será o resultado da puntuación obtida nas actividades realizadas (prácticas a través de TIC, solución de problemas), a asistencia a clase (ata un máximo de 1 punto) e da proba mixta, sendo indispensable obter a metade da cualificación en cada parte para superar a materia. Se un/a alumno/a non obten o mínimo nalgunha das parte da materia, terá unha calificación de 4 (calquera que fora a súa cualificación) na 1ª oportunidade.

- Na oportunidade de xullo realizará un exame teórico sobre os contenidos tratados na aula.

PLAXIO: o plaxio en calquera das actividades realizadas durante a materia, será motivo de suspenso.
FALSIFICACIÓN DUNHA FIRMA: Firmar na folla de asistencia por un/unha compañeiro/a ausente será penalizado coa perda da avaliación continua.
COPIA NOS EXAMES: O uso indebido de información durante os exámenes tamén será motivo de suspenso.

Fontes de información
Bibliografía básica Rubio, MJ. y Varas, J. (2011). El análisis de la realidad en la intervención social. Madrid: CCS
Carlberg, C. (2012). Análisis estadístico con excel. Madrid: Anaya
Pulido San Román, A. (1992). Estadística y técnicas de investigación social. Madrid. Pirámide
Amezcua Viedma, C. (1996). Evaluación de programas sociales. Madrid: Diaz Santos
García Samz, M.P. (2012). Fundamentos teóricos y metodológicos de la evaluación de programas. Murcia: DM
Grima, P. (2011). La certeza absoluta y otras ficciones. Los secretos de la estadística. Barcelona: RBA
Anduiza Perea, E. (1999). Metodología de la ciencia política. Madrid: Centro de investigaciones sociológicas
Rodriguez Osuna, J. (1993). Métodos de muetreo. Casos prácticos. Madrid: Centro de investigaciones sociológicas
Martinez Mediano, C. y Galán González, A. (2014). Técnicas e instrumentos de recogida y análisis de datos. Madrid: UNED
Gil Pascual, J.A. (2016). Técnicas e instrumentos para la recogida de información . Madrid: UNED

A medida que avance a materia irase referenciando bibliografía específica sobre a temática tratada.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

 "Recoméndase enviar os traballos telematicamente e, de non ser  posible, non utilizar plásticos, elixir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais".



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías