Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Institucións e axentes na comunidade: acción socioeducativa na sociedade rede Código 652512206
Titulación
Mestrado Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares e Socioeducativa
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Pose Porto, Hector Manuel
Correo electrónico
hector.pose@udc.es
Profesorado
Pose Porto, Hector Manuel
Correo electrónico
hector.pose@udc.es
Web
Descrición xeral A Administración Local, dado o seu carácter subsidario diante da cidadanía, está chamada a significarse como unha axencia educativa máis. Atender aos desafíos que as novas sociedades teñen formulados xera novos retos e capacidades tanto individuais como comunitarias e, nestes, a educación e a cultura deben ter un rol preponderante. Xa que logo, a educación ao longo da vida tradúcese en servizos, programas e actividades interxeracionais que os municipios e os seus recursos deberán atender cada vez máis.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Ser capaz de identificar os diferentes fundamentos teóricos e metodolóxicos dun proxecto de educación democrática e crítica, facendo especial énfase nos dereitos humanos e a igualdade de xénero, desenvolvendo culturas da mediación e da paz.
A2 Utilizar modelos colaborativos de acción socioeducativa que promovan verdadeiras comunidades de aprendizaxe, favorecendo o traballo en contornos multiprofesionais
A6 Desenvolver proxectos educativos de centro e/ou propostas pedagóxicas innovadoras baseadas na xustiza, a democracia e a diversidade.
A9 Capacidade para desenvolver procedementos e metodoloxías que potencien a interdependencia e unha comunicación fluída entre diferentes axentes educativos e culturais tanto a nivel interno como co social más amplo.
A10 Ser capaz de impulsar e desenvolver estratexias que impulsen a cultura de traballo en rede.
A13 Ser capaz de detectar axentes locais e as súas políticas culturais e educativas activas así como as súas prácticas máis innovadoras.
B1 Capacidade de análise e síntese
B3 Habilidades para localizar e analizar información de fontes diversas
B4 Aprender a aprender
B8 Traballo colaborativo
B12 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B13 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos más amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B14 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B15 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B16 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
B17 Comunicar as conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
B18 Aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B19 Capacidade de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos, valorando criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que debe enfrontarse.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer as principais teorías pedagóxicas relativas á pedagoxía urbana AP1
AP2
AP6
BM1
BM12
BM15
BM16
BM18
Coordinar recursos humanos e materiais no deseño, implementación e avaliación de proxectos educativos locais AP9
BM3
BM4
BM8
Manexar conceptos e estratexias na acción educativa e cultural local AP9
AP10
BM3
BM4
BM13
BM14
BM17
Acadar habilidades cognitivas e comunicacionais nestes ámbitos AP13
BM19
CM4

Contidos
Temas Subtemas
1. A pedagoxía urbana: concepto e trazos definitorios.
2. O movemento das Cidades Educadoras: boas prácticas
3. Políticas educativas e culturais de proximidade: ámbitos, programas e iniciativas.
4. Os axentes educativo-culturais de comunidade: identificación
5. A Axenda 21 da Cultura. Por outra acción cultural local.
3.1 Ámbitos
3.2 Tipoloxía de programas
3.3 Análise de iniciativas

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais B1 B3 B4 1 5 6
Presentación oral B19 B17 1 1.5 2.5
Sesión maxistral A10 B4 9 49.5 58.5
Traballos tutelados A1 A2 A6 B1 B8 B12 B15 B16 B18 1 18 19
Discusión dirixida B14 C4 3 6 9
Estudo de casos A9 A13 B13 3 13.5 16.5
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador.
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A6 B1 B8 B12 B15 B16 B18 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
75
Discusión dirixida B14 C4 Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador. 25
 
Observacións avaliación
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.

Fontes de información
Bibliografía básica www.agenda21culture.net (). .
www.dicoruna.es/cultura/interea (). .
Grial, núm. 177 (2008). .
Pose, H. (2010). "Animación Sociocultural" e "Democracia cultural". CARIDE, J. A. E TRILLO, F. (Dtors): Dicionario galego de Pedagoxía. Galaxia: Vigo. Pps. 39 e 163.
Caride, J.A & Pose, H. (2013). "Los museos como pedagogía social o la necesidad de cambiar la mirada cívica y cultural". En Revista Cuestiones Pedagógicas, núm. 22, Universidad de Sevilla. Sevilla, pp. 141-160.
Zolberg, V. (2007). "Los retos actuales de la política cultural: una nueva idea de comunidad". Rodríguez Morató, A. (ed.). La sociedad de la cultura. Barcelona:Ariel, 89-105
Bouzada, X. (coord.) (2000). Cultura e Concellos: as estratexias da promoción cultural no ámbito local. Santiago.Consello da Cultura Galega
López de Aguileta, I. (2000). Cultura y ciudad. Manual de política cultural municipal. Gijón.Trea
Rausell, P. (dir.) (2007). Cultura. Estrategia para el desarrollo local. Madrid.AECI
As.I.Cidades Educadoras (Edit.) (2008). Educación y vida urbana: 20 años de ciudades educadoras. Madrid. Santillana
Comellas, J. (2009). Familia y escuela:compartir la educación. Barcelona. Graó
Colombo, A. e Roselló, D. (edits.) (2008). Gestión cultural. Estudios de casos. Barcelona. Ariel
Bonet, Ll. e outros (2000). Gestión de proyectos culturales. Barcelona.Ariel
Subirats, J. (coord.) (2002). Gobierno Local y Educación. Barcelona.Ariel
Pascual, J. e Dragojevic, S. (2007). Guía para la participación ciudadana en el desarrollo de políticas culturales locales.. Barcelona.Interarts
Trilla, J. (coord.) (1997). La Animación Sociocultural. Teorías, programas y ámbitos. Barcelona.Ariel
Gómez-Granell, C. e Vila, I. (coords.) (2001). La ciudad como proyecto educativo. Barcelona.Octaedro
Ayuntamiento de Barcelona (edit.) (1990). La ciudad educadora. Barcelona. Ayto. Barcelona
Pose, H. (2006). La cultura en las ciudades. Un quehacer cívico-social. Barcelona. Graó
Castro, Mª e outros (2007). La escuela en la comunidad. La comunidad en la escuela. Barcelona.Graó
Rodriguez, J. (2008). La participación como un acto educador y constructor de la ciudad educadora. UAM.Colombia
Manito, F. (coord.) (2008). La planificación estratégica en cultura en España. Madrid.Fundación Autor
Aldanondo, P. e Escudero,J. (2002). La política cultural en el municipio. Madrid. Autor
Úcar, X. e Llena, A. (2006). Miradas y diálogos en torno a la acción comunitaria. Barcelona.Graó
Asensio, M. e Pol, E. (2002). Nuevos escenarios en educación: aprendizaje informal, museos y la ciudad. Buenos Aires.Aique
Participación educativa (2007). núm. 6.
Rius-Ulldemolins, J e outros (2016). Treinta años de políticas culturales en España. PUV: Universitat de Valencia
Pose, H. (2009). “La pequeña librería como espacio profesional del educador/a social: una práctica”. . YUBERO, S.; CARIDE, J. A. e LARRAÑAGA, E. (Coords.): Sociedad educadora, sociedad lectora. Ediciones
Fraguela, R.; Pose, H. & Varela, L. (2011). “Nuevos tiempos para la acción socioeducativa municipal: deporte, educación y cultura”. . Educación Social, revista de intervención socioeducativa, vol. 47, Fundación Pere Tarrés: Barcelona,

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Atender e consensuar co profesor aos aspectos de soporte e presentación dos traballos cara unh acultura da sostenibilidade



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías