Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Xestión e innovación das institucións socioeducativas Código 652512214
Titulación
Mestrado Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares e Socioeducativa
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 4.5
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Cruz Lopez, Laura
Correo electrónico
laura.cruz@udc.es
Profesorado
Candedo Gunturiz, Maria Dolores Fatima
Cruz Lopez, Laura
Iglesias Galdo, Ana Maria
Serantes Pazos, Araceli
Zapico Barbeito, Mª Helena
Correo electrónico
dolores.candedo@udc.es
laura.cruz@udc.es
ana.iglesias@udc.es
araceli.serantes.pazos@udc.es
helena.zapico@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia, integrada na especializade da acción socioeducativa, está orientada a identificar as claves da innovación, concebida como un proceso de mellora. Farase especial fincapé na dimensión ética e política da xestión, así como nas relacións de xénero e (des)igualdade nas organizacións.

Partindo das culturas de traballo de diferentes ámbitos profesionais da Educación Social (protección e reeducación de menores, envellecemento e programas interxeracionais, servizos sociais e comunitarios, educación ambiental), propoñémonos recoñecer aqueles elementos asociados ás "boas prácticas", que incidan especialmente na promoción de redes comunitarias de aprendizaxe e innovación.


Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Utilizar modelos colaborativos de acción socioeducativa que promovan verdadeiras comunidades de aprendizaxe, favorecendo o traballo en contornos multiprofesionais
A3 Elaborar plans estratéxicos a nivel directivo e operativo para asegurar o incremento da calidade nas organizacións ou institucións educativas.
A6 Desenvolver proxectos educativos de centro e/ou propostas pedagóxicas innovadoras baseadas na xustiza, a democracia e a diversidade.
A8 Redactar, presentar e defender proxectos de investigación e informes, memorias, regulamentos, así como outros documentos básicos que contribúan a organizar a acción escolar e/ou socioeducativa.
A10 Ser capaz de impulsar e desenvolver estratexias que impulsen a cultura de traballo en rede.
A11 Capacidade para fomentar e liderar a creatividade e innovación nas entidades e institucións promovendo proxectos orientados ao cambio de culturas profesionais.
B2 Capacidade de resolución de problemas
B5 Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión
B7 Capacidade para elaborar e defender un discurso ante diferentes audiencias
B12 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B13 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos más amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B14 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B15 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B16 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C6 Capacidade de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuizos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclua reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuizos, valorando criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información disponible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Identificar as claves dos procesos de innovación nas institucións AP3
AP6
AP10
AP11
BM2
BM5
BM7
BM12
BM13
BM14
BM15
BM16
CM4
CM6
CM7
CM8
Recoñecer elementos asociados ás "boas prácticas" nos distintos ámbitos de xestión AP6
AP8
AP11
BM2
BM5
BM7
BM12
BM13
BM14
BM15
BM16
CM4
CM6
CM7
CM8
Coñecer procesos de funcionamento de redes comunitarias de aprendizaxe e innovación AP2
AP10
AP11
BM2
BM5
BM7
BM12
BM13
BM14
BM15
BM16
CM4
CM6
CM7
CM8

Contidos
Temas Subtemas
1. Perspectiva de xénero e innovación 1.1. O deseño da innovación como proceso de mellora.
1.2. Relacións de xénero e (des)igualdade nas organizacións.
2. Ética e política na xestión de organizacións inclusivas 2.1. Ética aplicada ao ámbito socioeducativo
2.2. Calidade ética das organizacións: tomar decisións prudentes e moralmente xustas
3. Dimensións e ámbitos de xestión 3.1 Xestión e innovación en centros de protección e reeducación.
3.2. Xestión e innovación no eido do envellecemento e a solidariedade interxeneracional.
3.3. Xestión e innovación na educación ambiental.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais 10 32 42
Discusión dirixida 10 0 10
Estudo de casos 10 0 10
Seminario 10 0 10
Proba de ensaio 0 32.5 32.5
Presentación oral 2 4 6
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Discusión dirixida En base a lecturas previas de carácter obrigatorio, a través das que recoller diferentes argumentacións sobre unha temática, favorecendo o debate e contraste de opinións fundamentadas, coa finalidade de que o alumnado constrúa unha visión crítica das diferentes formas de interpretar a realidade socioeducativa.
Estudo de casos Consiste na procura e/ou achegamento dunha serie de casos ou experiencias socioeducativas para o seu estudo, análise e discusión á luz dos referentes teóricos da materia.
Seminario Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todas as persoas participantes no seminario.
Proba de ensaio Busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando a capacidade de razoamento (argumentar, establecer sinerxías, etc.), creatividade e orixinalidade, espírito crítico, síntese, precisión conceptual e redacción. Implica, polo tanto, un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.

Presentación oral Exposicións de tarefas realizadas tanto de xeito individual como colectivo, diante do grupo de referencia, procurando tirar algunhas conclusións sobre o problema de investigación, documento ou experiencia abordada.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba de ensaio
Descrición
A atención personalizada, ben en sesións de aula, ou en titorías en pequeno grupo ou individuais relacionáse coa necesidade dun seguimento do traballo do alumnado cando se empregan as metodoloxías sinaladas, e, ten especial relevancia na conexión das actividades relacionadas coas clases interactivas e expositivas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todas as persoas participantes no seminario.
Esixe un traballo previo individual e autónomo sobre os documentos, así como a asistencia e participación na aula, formulando preguntas, explorando contradicións, achegando argumentos... co obxectivo de favorecer a reflexión crítica e a comprensión.
Valorarase o grao de participación, a calidade das achegas, a capacidade de crítica e reflexión.
20
Proba de ensaio Implica un estudo amplo e profundo das cuestións clave abardadas na materia, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. Valoraranse as capacidades de razoamento (argumentación, sinerxías...), síntese, creatividade e orixinalidade, espírito crítico, precisión conceptual e calidade da redacción, empregando unha linguaxe propia do contexto disciplinar. 70
Presentación oral Exposicións de tarefas realizadas tanto de xeito individual como colectivo, diante do grupo de referencia, procurando tirar algunhas conclusións sobre o problema de investigación, documento ou experiencia abordada. 10
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica CORTINA, Adela (1999). La empresa ante la crisis del estado de bienestar una perspectiva ética. Madrid: Miraguano
DELANTY, gerard (2006). Community Comunidad, educación ambiental y ciudadanía . Barcelona: Grao
VILAR, Jesús (2013). Cuestiones éticas en la educación social: del compromiso político a la responsabilidad en la práctica profesional. Barcelona: UOC
MOGENSEN, Finn; MAYER, Michela; BREITING, Soren; VARGA, Attila (2009). Educacion para el desarrollo sostenible. Tendencias, divergencias y criterios de calidad. Barcelona: Grao
CAMPS, Victoria (2010). El declive de la ciudadanía: la construcción de una ética pública. Boadilla del Monte (Madrid): PPC
CAMPS, Victoria (2011). El gobierno de las emociones. Barcelona: Herder
PULEO, Alicia (Ed.) (2008). El reto de la igualdad de género. Madrid:Biblioteca Nueva
UBiETO,J (2009). El Trabajo en Red. Usos posibles en Eduación, Salud Mental y Atención social. Barcelona: Gedisa
CORTINA, Adela (2001). Ética aplicada y democracia radical. Madrid: Tecnos
VÁZQUEZ RECIO, Rosa (2013). La dirección de Centros: Gestión, ética y política. Madrid: Morata
SÁNCHEZ MARTÍNEZ, Mariano (Dir.) (2007). La evaluación de los programas intergeneracionales. Madrid: IMSERSO
VERNIS, A et al (2004). Los retos de la gestión en las instituciones no lucrativas . Barcelona: Ediciones Granica
SÁNCHEZ MARTÍNEZ, Mariano; KAPLAN, Matthew e SÁEZ CARRERAS, Juan (2010). Programas intergeneracionales. Guía introductoria. Madrid: IMSERSO
DÍAZ-GIBSON, J. y CIVÍS, M (2011). Redes socioeducativas promotoras de Capital Social en la comunidad: un marco teórico de referencia. Cultura y Educación. Fundación Infancia y Aprendizaje, 23 (3), 415-429..
FOUCAULT, Michel (2012). Vigilar y castigar: nacimiento de la prisión. Madrid: Biblioteca Nueva

Revistas

  • Educación Social. Revista de Intervención Socioeducativa.
  • Documentación Social.
  • Pedagogía Social. Revista Interuniversitaria.
  • Revista Galega de Educación.
  • ambientalMENTE sustentable.
  • RES, Revista de Educación Social.
  • Revista Enlace.
  • Educational Gerontology Journal.
Bibliografía complementaria DUBET, François (2006). El declive de la institución. Barcelona: Gedisa
BERMEJO, Lourdes (Ed.) (2010). Envejecimiento activo y actividades socioeducativas con personas mayores: Guía de buenas prácticas . Madrid: Médica Panamericana
CORTINA, Adela (1994). Ética de la emprsa. Madrid: Trotta
FISCHER, Thomas (ed.) (2008). Intergenerational Learning in Europe. Policies, Programmes & Practical Guidance. University of Erlangen-Nuremberg
CAUSAPIÉ LOPESINO, Purificación (Coord.) (2011). Libro Blanco del Envejecimiento Activo. Madrid: IMSERSO
FANTOVA, Fernando (2005). Manual para la gestión de la intervención social. Madrid: Editorial CCS
FERNÁNDEZ, Tomás e ARES, Antonio (coords.) (2002). Servicios sociales: dirección, gestión y planificación. Madrid: Alianza Editorial
PASCUAL BARRIO, M. Belén e GOMILA GRAU, M. Antònia (2013). Treball comunitari intergeneracional: l’experiència de dos projectes socioeducatius intergeneracionals a Palma. Anuari de L’Envelliment, Illes Balears 2013, pp. 84-102


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías