Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Planificación estratéxica e cultura participativa Código 652512215
Titulación
Mestrado Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares e Socioeducativa
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 4.5
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Candedo Gunturiz, Maria Dolores Fatima
Correo electrónico
dolores.candedo@udc.es
Profesorado
Candedo Gunturiz, Maria Dolores Fatima
Cruz Lopez, Laura
Serantes Pazos, Araceli
Correo electrónico
dolores.candedo@udc.es
laura.cruz@udc.es
araceli.serantes.pazos@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia, integrada na especialidade de Institución Socieducativas, aborda as claves da Planificación estratéxica e a Cultura Participativa como eixes fundamentais das Políticas Públicas no ámbito socieducativo. A gobernanza das institucións socieducativas require profesionais que coñezan os procesos de planificación ( deseño, desenvolvemento e avaliación ) e saiban determinar o seu carácter estratéxico introducindo en todos os elementos da planificación a participación da comunidade obxecto de atención. Pretende igualmente dar a coñecer Planes estratéxicos relevantes en diferentes ámbitos socieducativos prestando especial interese ao seu compromiso coa igualdade, a normalización lingüística, a sustentabilidade e convivencia interxeracional, entre outros valores asociados á xustiza social e a convivencia.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Utilizar modelos colaborativos de acción socioeducativa que promovan verdadeiras comunidades de aprendizaxe, favorecendo o traballo en contornos multiprofesionais
A3 Elaborar plans estratéxicos a nivel directivo e operativo para asegurar o incremento da calidade nas organizacións ou institucións educativas.
A7 Ser capaz de establecer estratexias de liderado e empoderamento dos distintos axentes sociais que favorezan un clima institucional óptimo.
A8 Redactar, presentar e defender proxectos de investigación e informes, memorias, regulamentos, así como outros documentos básicos que contribúan a organizar a acción escolar e/ou socioeducativa.
B1 Capacidade de análise e síntese
B5 Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión
B7 Capacidade para elaborar e defender un discurso ante diferentes audiencias
B12 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B13 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos más amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B14 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B15 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B16 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
C1 Comunicar as conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades
C2 Aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos mais amplos (ou multidisciplinais) relacionados coas súas áreas de estudo.
C6 Capacidade de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuizos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclua reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuizos, valorando criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información disponible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Dominar metodoloxías participativas de análise da realidade, planificación e avaliación AP2
AP3
AP7
AP8
BM1
BM13
BM15
BM16
CM2
CM6
Saber definir e desenvolver propostas participativas axeitadas a diferentes contextos de acción AP2
AP3
AP7
AP8
BM5
BM7
BM13
BM14
BM15
CM1
CM2
CM6
Elaborar a documentación pertinente derivada do proceso de planificación: plans de acción, proxectos, informes, memorias... AP3
AP8
BM1
BM12
BM13
BM14
BM16
CM2
CM6
Demostrar habilidades no manexo de procesos participativos a través de técnicas concretas AP2
AP7
BM5
CM6

Contidos
Temas Subtemas
1. Planificación estratéxica e cultura participativa 1.1. Cidadanía e políticas públicas
1.2. Participación cidadá e desenvolvemento comunitario
1.3. Planificación estratéxica: dimensión conceptual e eixes de desenvolvemento.
2. Metodoloxías participaticas 2.1. Análise da realidade
2.2. Formulación e avaliación do plan estratéxico
2.3. Modalidades de planificación: plan de caso, marco lóxico, axenda 21, orzamentos participativos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais A2 A3 A8 B1 B7 B13 0 25 25
Discusión dirixida A2 A3 A7 B1 B5 B14 C6 10 5 15
Estudo de casos A2 A3 B1 B12 B13 C2 5 5 10
Traballos tutelados A2 A3 A7 A8 B12 B13 C1 C6 5 34 39
Aprendizaxe colaborativa A2 A7 B5 B14 B16 C6 5 5 10
Eventos científicos e/ou divulgativos B12 B13 B16 C6 C2 5 0 5
Presentación oral A8 B5 B7 B12 B15 C1 C6 1.5 5 6.5
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Discusión dirixida Participación na aula en base a lecturas previas de carácter obrigatorio, a través das que recoller diferentes argumentacións sobre unha temática, favorecendo o debate e contraste de opinións fundamentadas, coa finalidade de que o alumnado constrúa unha visión crítica das diferentes formas de interpretar a realidade socioeducativa.
Estudo de casos Consiste na procura e/ou achegamento dunha serie de casos ou experiencias socioeducativas para o seu estudo, análise e discusión á luz dos referentes teóricos da materia.
Traballos tutelados Técnica de traballo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema ou dun caso. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todas as persoas participantes no seminario.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo
Eventos científicos e/ou divulgativos Actividades realizadas polo alumnado que implican a asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.) co obxectivo de profundar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia. Estas actividades proporcionan ao alumnado coñecementos e experiencias actuais que incorporan as últimas novidades referentes a un determinado ámbito de estudo.
Presentación oral Exposicións de tarefas realizadas diante do grupo de referencia, procurando tirar algunhas conclusións sobre o problema de investigación, documento ou experiencia abordada.

Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Traballos tutelados
Aprendizaxe colaborativa
Descrición
Atención particular para a elaboración e seguimiento de prácticas, traballos tutelados, e presentacións orais asociadas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A8 B5 B7 B12 B15 C1 C6 Exposicións de tarefas reaiizadas , diante do grupo de referencia, procurando tirar algunhas conclusións sobre o problema de investigación, documento ou experiencia abordada. 10
Discusión dirixida A2 A3 A7 B1 B5 B14 C6 Participación na aula en base a lecturas previas de carácter obrigatorio, a través das que recoller diferentes argumentacións sobre unha temática, favorecendo o debate e contraste de opinións fundamentadas, coa finalidade de que o alumnado constrúa unha visión crítica das diferentes formas de interpretar a realidade socioeducativa. 10
Traballos tutelados A2 A3 A7 A8 B12 B13 C1 C6 Técnica de traballo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase polo estudo, a discusión, e a elaboración dun documento sobre un tema central da materia.
Esixe un traballo previo individual e autónomo sobre os documentos, asícomo a asistencia e participación na aula, formulando preguntas, explorando contradicións, achegando argumentos... co obxectivo de favorecer a reflexión crítica e a comprensión.
Valorarase o grao de participación, a calidade das achegas, a capacidade de crítica e reflexión.
70
Aprendizaxe colaborativa A2 A7 B5 B14 B16 C6 Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo 10
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica
  • AA.VV. (1992). Guía metodológica de apoyo a proyectos y acciones para el desarrollo . Madrid: IEPALA
  • AA.VV. (2010). La Democracia en Acción: Una visión desde las metodologías participativas. Madrid: Antígona
  • ANDER- EGG, Ezequiel (2007). Introducción a la planificación estratégica. Buenos Aires: Lumen
  • BLANCO, Ismael e GOMÁ, Ricard (coords) (2002). Gobiernos locales y redes participativas. Barcelona: Ariel
  • CABALLO VILLAR, MB e FRAGUELA VALE, R (coords) (2007). A investigación-acción participativa no quefacer municipal . A Coruña: Deputación Provincial
  • CAMPO, Alejandro (2012). Herramientas para directivos escolares II. Madrid: Wolters Kluwer
  • COLINO, César e DEL PINO, Eloisa (2003). “Un fantasma recorre Europa: Renovación democrática mediante iniciativas de promoción participativa en los gobiernos locales”. Ponencia presentada a las II Jornadas del Comité de Investigación en Soci. http://www.fes-web.org/sociopolitica/paginas/2jornadas.htm
  • DE LA RIVA, Fernando (2003). Metodologías de análisis de la realidad global y local. Plataforma para la Promoción del Voluntariado en España
  • FONT, Nuria; SUBIRATS, Joan (2000). Local y sostenible la Agenda 21 Local en España . Barcelona: Icaria
  • GANUZA, Ernesto e ÁLVAREZ, Carlos (coord.) (2003). Democracia y presupuestos participativos. Barcelona: Icaria
  • GÓMEZ GALÁN, Manuel (2003). Orientaciones para la aplicación del enfoque del marco lógico: errores frecuentes y sugerencias para evitarlos. Madrid: CIDEAL
  • ICLEI (). Guía europea para la planificación de las Agendas 21 Locales. Bilbao: Bakez
  • MARCHIONI, Marco (2006). “Democracia participativa y de la crisis política. La experiencia de los planes comunitarios”. Cuadernos de Trabajo Social, 19, 213-224.
  • MARTÍNEZ LÓPEZ, Miguel (2007). Complejidad y participación: la senda de la invención estratégica. Política y Sociedad, Vol. 44.
  • MÚJICA, Marta; GÓMEZ-LIMÓM, Javier (2002). Plan de acción para los espacios naturales protegidos del Estado Español. Madrid: Europarc
  • PEREZ RÚA, M; CABALLO VILLAR,MB e MONTERO SOUTO (coords) (2006). Asociacionismo e participación cidadá: análise e propostas. A Coruña: Deputación Provincial
  • POSE,H e FRAGUELA, R (coords) (2006 ). Planificación estratéxico en cultura . A Coruña: Deputación Provincial
  • VILLASANTE, Tomás; MONTAÑÉS Manuel e MARTÍN, Pedro (coord.) (2001). Prácticas locales de creatividad social. Construyendo ciudadanía/2.. Barcelona: El Viejo Topo
  • VILLASANTES, Tomás e GARRIDO Fco. Javier (coords.) (2002). Metodologías y presupuestos participativos. Madrid: IEPALA, CIMAS
  • VILLASANTE, Tomás (2013). ¿Hay ingeniería social en los movimientos y en los procesos sociales? http://www.redcimas.org/biblioteca/teoria-y-epistemologia/
  • WEISSMANN, Hilda; LLABRÉS, Antonia (2001). Guia para hacer la Agenda 21 Escolar. Bilbao: Ministerio de Medio Ambiente

Revistas:

  • Educación Social. Revista de Intervención Socioeducativa.
  • Documentación Social.
  • Pedagogía Social. Revista Interuniversitaria.
  • Revista Galega de Educación.
  • Revista de CC. Sociales. 
  • AmbientalMENTE sustentable.
  • Revista Enlace.
  • El Viejo Topo 
  • Revista Encrucijadas
  • Educational Gerontology Journal.

Bibliografía complementaria

CAMACHO, Hugo (2001). El enfoque del marco lógico 10 casos prácticos : cuaderno para la identificación y diseño de proyectos de desarrollo. Madrid: CIDEAL

RAMÍREZ, Alfredo (2010). Democracia participativa: la democracia participativa como profundización en la democracia . Valencia: Tirant lo Blanch


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías