Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Instrumentos para a avaliación de programas e servizos Código 652512218
Titulación
Mestrado Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares e Socioeducativa
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Filosofía e Métodos de Investigación en Educación
Coordinación
Arias Rodriguez, Maria Alicia
Correo electrónico
alicia.arias.rodriguez@udc.es
Profesorado
Arias Rodriguez, Maria Alicia
Correo electrónico
alicia.arias.rodriguez@udc.es
Web http://http://www.udc.es/fymide
Descrición xeral Toda avaliación non ten sentido se non nos preguntamos e respondemos á pregunta: que queremos conseguir. Son moitos os instrumentos que podemos utilizar para obter datos para a avaliación e por elo é necesario ter coñecemento do amplo abano de posibilidades. Un bo profesional será aquel que saiba optar, en cada circunstancia, polas técnicas e instrumentos que mellor se adapten á situación. Por iso, é necesario afondar no coñecemento e no dominio das distintas ferramentas que temos á nosa disposición. Así nesta materia se irá analizando as principais técnicas e instrumentos de avaliación que poden ser aplicadas para a avaliación de programas e servizos educativos e socioeducativos, indicando as súas características fundamentais, as vantaxes e inconvenientes que presentan e as circunstancias ou momentos máis adecuados para poñelas en práctica.

Competencias do título
Código Competencias do título
A5 Deseñar, analizar, seleccionar e aplicar técnicas e instrumentos de recollida e análise da información para desenvolver procesos de avaliación de programas, servizos, estratexias e recursos de intervención socioeducativa en diversos contextos.
A8 Redactar, presentar e defender proxectos de investigación e informes, memorias, regulamentos, así como outros documentos básicos que contribúan a organizar a acción escolar e/ou socioeducativa.
A9 Capacidade para desenvolver procedementos e metodoloxías que potencien a interdependencia e unha comunicación fluída entre diferentes axentes educativos e culturais tanto a nivel interno como co social más amplo.
B1 Capacidade de análise e síntese
B3 Habilidades para localizar e analizar información de fontes diversas
B6 Capacidade de crítica e autocrítica
B7 Capacidade para elaborar e defender un discurso ante diferentes audiencias
B8 Traballo colaborativo
B10 Traballo autónomo
B11 Capacidade de organización e planificación
B12 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B13 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos más amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B14 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B15 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B16 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
B17 Comunicar as conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
B18 Aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B19 Capacidade de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos, valorando criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que debe enfrontarse.
C1 Comunicar as conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades
C2 Aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos mais amplos (ou multidisciplinais) relacionados coas súas áreas de estudo.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Capacidade de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuizos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclua reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuizos, valorando criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información disponible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Deseñar, seleccionar e aplicar técnicas e instrumentos de recollida e análise da información para desenvolver procesos de avaliación de programas, servizos, estratexias e recursos de intervención socioeducativa en diversos contextos AP5
AP8
AP9
BM1
BM3
BM6
BM7
BM8
BM10
BM11
Analizar a información recollida nos procesos de intervención socioeducativos, empregando as técnicas de análise adecuadas BM12
BM13
BM14
BM15
BM16
BM17
BM19
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse dende diversas perspectivas e unha de elas as perspectiva de xénero BM18
CM1
CM2
CM5
CM6
CM7
CM8

Contidos
Temas Subtemas
Tema I- Fundamentación da avaliación de programas e servizos 1.1 Conceptualización.
1.2. Proceso avaliador e funcións da avaliación
1.3. Tipos de avaliación
1.4. Deseño de avaliación
1.5 Modelos de avaliación
Tema II-A avaliación de axentes, ámbitos e proxectos socioeducativos 2.1. Avaliación de axentes de intervención
2.2. Avaliación de ámbitos de intervención
2.3. Avaliación de proxectos de intervención
Tema III- Procedementos, técnicas e instrumentos de avaliación. 3.1. Técnicas e análise da realidade de diagnóstico (análise documental, técnica parellas a rotación caderno de campo; de brainstorming)
3.2. Técnicas para implantación e seguimento de fase (construción dunha torre, observación, debate en grupo, entrevista, prazas de arte)
3.3. técnicas de avaliación (técnica DAFO; lista de control; cuestionario técnico)
Tema IV. Redacción e presentación de informes de avaliación 4.1. Tipos de informes
4.2. Organización e estrutura do informe
4.3. Redacción e criterios de valoración do informe

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A9 B1 B11 B12 B14 C7 11.5 0 11.5
Aprendizaxe colaborativa A5 B3 B6 B8 B10 B18 C5 C8 0 21 21
Traballos tutelados A8 B19 B17 C1 0 45 45
Obradoiro B7 B13 B15 B16 C2 C6 20 11 31
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clase impartida polo profesor sobre os contidos xa citados na guía docente. Esta metodoloxía utiliza exclusivamente a palabra como vía de transmisión da información a todo o grupo.
Aprendizaxe colaborativa Esta formada por un conxunto de metodoloxías como a discusión dirixida, obradoiro, análise de fontes documentais, esquemas, lecturas, mapas conceptuais, solución de problemas, etc. Todos estes procedementos guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e da comunicación. Concretamente, nesta metodologia configurásense grupos pequenos (non máis de 5 persoas). Cada alumno traballase para o grupo na resolución das tarefas que propón o profesor para así optimizar a súa propia aprendizaxe e o doutros membros do grupo.
Traballos tutelados A materia débese completar cun traballo practico que recolla todos os aspectos traballados nas clases. Para iso este traballo realizarase de xeito individual ou grupal. Se é grupal non pode ser máis de dúas persoas.
Obradoiro Con esta tarefa preténdese combinar outras metodoloxías, como por exemplo, exposicións orais, solucións de problemas, prácticas guiadas, etc. Pero tendo presente que con ela o alumno desenvolve tarefas puramente prácticas sobre un tema específico con apoio e supervisión do profesorado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Sesión maxistral
Aprendizaxe colaborativa
Traballos tutelados
Descrición
Na atención personalizada o profesor resolverá as dúbidas que teña o alumno sobre os diferentes temas a traballar na materia. Pero ademais calquera dúbida que poida xurdir para a solución de problemas, nas lecturas, no obradorio, na aprendizaxe colaboradora, a análise de fontes documentais como na discusión dirixida. Durante estas sesións, realizarase un seguimento do traballo do alumno, supervisando e orientando máis directamente o proceso a seguir en cada unha das actividades realizadas.

Esta atención personalizada realizarase no despacho do profesorado (P1A18) no horario de tutorias. Este horario está colgado no taboleiro que está no despacho do profesor, na páxina web do departamento de Filosofía e Métodos de Investigación en Educación como da Facultade de Ciencias da Educación.

A ATENCIÓN PERSONALIZADA REALIZARASE CARA A CARA ENTRE O ALUMNO E PROFESOR POLO QUE A ATENCIÓN VITUAL NON SE REALIZARÁ NESTA MATERIA. O CORREO ELECTRÓNICO DO PROFESOR NON SE DEBE UTILIZAR COMO: ELEMENTO PARA SOLICITAR CITA NIN PARA REALIZAR CONSULTAS.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro B7 B13 B15 B16 C2 C6 Durante as sesións maxistrais o profesor realizará algún problema para que o estudante observei o proceso. Para a avaliación desta actividade terase en conta: o desenvolvemento da actividade, a axilidade na súa realización, a presentación, etc. 30
Aprendizaxe colaborativa A5 B3 B6 B8 B10 B18 C5 C8 Como é unha metodoloxía para observar a aprendizaxe de cada estudante. Por iso, o estudante tendá que:conocer e manexar os ordenadores. Nesta metodoloxía convértese nun instrumento moi importante de avaliación, xa que o alumno para desenvolver outras metodoloxías aquí expostas, terá que optimizar a súa propia aprendizaxe e o do resto do grupo.
Como é complemento a outras metodoloxías aplicarase un punto sobre as seguintes tarefas: analisis de fontes documentales,discursion dirixida e obradoiro. Tamén, hai que ter en conta que para que se compute o punto a cada unha desas metodoloxías se debe cumprir os requisitos desas metodoloxías descriptos nesta avaliación, como son: a capacidade de traballo individual, capacidade de traballo en equipo, coñecementos xerais básicos, capacidade de sintesis e análise, capacidade de aplicar os coñecementos das sesións maxistrais á práctica, capacidade para xerar novas ideas (innovación e creatividade), capacidade crítica e autocrítica, toma de decisións, comunicación oral e escrita e habilidades de investigación.
20
Traballos tutelados A8 B19 B17 C1 O traballo vale o 50% da cualificación final sempre que se supere positivamente.

Este traballo será a posta en practica do realizado en clase. Polo tanto, contará de 3 partes que serán presentadas ao alumnado o primeiro día de clases. Para a revisión do traballo en OBRIGATORIO a asistencia a catro tutorias, aínda que se pode asistir a todas aquelas que o alumnado precise. As tutorias serán sempre no horario establecido pola profesora. BAIXO NINGÚN CONCEPTO RELIZARÁSE TUTORIAS PARA ESTE TRABALLO EN HORARIO FOSE DO ESTABLECIDO.

ESTE TRABALLO TERÁ QUE SER ENTREGADO O ÚLTIMO DIA DE CLASES ESTABLECIDO NO CALENDARIO ACADEMICO 2016-2017. TODO AQUEL TRABALLO QUE ENTREGESE FORA DE PLAZO NON SE ACEPTARÁ E TEÑA SUSPENSA ESTA PARTE E CON ISO TODA A MATERIA. AQUEL GRUPO QUE O ENTREGUE ANTES NON RECIBIRÁ A NOTA ANTES QUE TODOS OS DEMAS GRUPOS.
50
 
Observacións avaliación

Na avaliación da materia terase en conta antes de nada o seguinte:


 a-O ALUMNADO QUE ASISTA MENOS DUN 80% (3 faltas non xustificadas). 

ÁS CLASES SÓ TERÁ DEREITO A UN EXAME DE TODA A MATERIA. O temario para ese exame será sobre os contidos da materia e sobre as prácticas que se realizen en clase. Por iso este exame dividirase en dúas partes: unha parte será tipo test (que puntuará sobre 10) e outra parte que será sobre supostos prácticos (que puntuará sobre 10). Aprobarase o exame sempre que se alcance en ambas as dúas partes un aprobado (apróbase cun 5) La data do exame será a que marque o propio mestrado non se pode modificar. 

A DATA DE INICIO DESTA MATERIA É PUBLICA NA PÁXINA WEB DO MESTRADO E NO TABOLEIRO DESTE. O alumno que non se puxese en contacto co profesor antes da data de inicio das clases e non asista a clase (sexa o motivo que sexa) dende o primeiro día. O profesor considerarao como alumno que asista menos dun 80% ás clases (coas condicións expostas ao inicio desta apartado)
 

Os alumnos que por calquera motivo non asistan menos dun 80% a clase e comuníquenllo ao profesor. DEBEN PRESENTAR UN XUSTIFICANTE, nos seguintes termos:

 1-se é unha xustificación por enfermidade. Un xustificante médico cumprido correctamente. 
2-se é por un emprego. O xustificante é unha fotocopia do traballo e un papel (cuberto correctamente) onde se indique que as horas de clase se solapen coas do traballo.

Se se cumpren algún destes dous termos. O profesor adiantará co alumno as practicas que realizará en clase e a avaliará como aos alumnos que asistan a clases. 

PERO SENÓN SE CUMPRE ALGUNHA DESTA CONDICIÓNS O PROFESOR NON REALIZA NINGÚN TRABALLO EXTRA AO ALUMNO, NIN FÓRA DO PERÍODO DE CLASES ESTABLECIDO PARA ESTA MATERIA DENDE O MESTRADO. POR O TANTO, SE O ALUMNO SE ENCONTRA NESTA SITUACIÓN É CONSIDERADO COMO UN ALUMNO QUE ASISTE MENOS DUN 80% DE CLASES.  

b-A OS ALUMNOS QUE ASISTAN O 80% A CALSES NON TERÁN EXAME FINAL DA MATERIA. A estes alumnos aplicaráselles todo o exposto no apartado de avaliación. É dicir, cada metodologia e a súa descrición adecúase unha cualificación. A nota para estes alumnos nesta materia virá dada polo traballo que realicen ao longo da materia. Ao final da materia expoñerase no taboleiro do despacho do profesor a nota alcanzada por cada alumno nos distintos apartados a avaliar.

Se o alumno quere mellorar a nota que expuxo o profesor no taboleiro ten que presentarse ao exame. O temario para ese exame será sobre os contidos da materia e sobre as prácticas que se realizen en clase. Por iso este exame dividirase en dúas partes: unha parte será tipo test (que puntuará sobre 10) e outra parte que será sobre supostos prácticos (que puntuará sobre 10). Aprobarase o exame sempre que se alcance en ambas as dúas partes un aprobado (apróbase cun 5) La data do exame será a que marque o propio mestrado non se pode modificar.

Fontes de información
Bibliografía básica

Comité Conjunto de Estándares para la evaluación educativa (1998). Estándares para la evaluación de programas. Bilbao: Edic. Mensajero 

REBOLLOSO, E.; FERNÁNDEZ-RAMIREZ, B. y CANTÓN, P. (2008). Evaluación de programas de intervención social. Madrid: Edit. Síntesis 
STUFFLEBEAM, D.L. y SHINKFIELD, A.J. (2007). Evaluation Theory, Models & applications. San Francisco, CA: 
Jossey-Bass AEC (2000). Guía para la Gestión de la Calidad de los Servicios Públicos (Adaptación de la Norma UNE-EN-ISO 9004-2). Madrid: MAP 
ALVIRA MARTÍN, F. (1991). Metodología de la evaluación de programas. (Cuadernos Metodológicos, 2). Madrid: CIS
Bibliografía complementaria

Desler, G. (2001 ). Administración del personal . México. Perason.

 Ministerio de Administración Pública (2007). El marco común de evaluación. Mejorar una organización por medio de la autoevaluación. MAP 
 Camison et al. (2006). Gestión de la calidad: conceptos, enfoques, modelos y sistemas. Madrid. Pearson  
Ministerio de Administración Pública (2006). Guía de autoevaluación para la administración pública. MAP
 Ministerio de Administración Pública (2006). Guía de evlauación. Modelo EVAM. MAP Ministerio de Administración Pública (2006). Guía para el desarrollo de cartas de servicio. MAP 
 Club de excelencia (2003 ). Guía práctica para desarrollar, implantar y revisar la Autoevaluacsión de mi organización . Madrid. EFQM 
Observatorio para la calidad de los servicios públicos (2004). Modelo ciudadanía. Observatorio para la calidad de los servicios públicos

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Deseño de proxectos educativos de centro/652512209
Tratamento da información na xestión e avaliación das institucións/652512205
Avaliación de recursos e materiais didácticos/652512210

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Xestión e innovación das institucións socioeducativas /652512214
Deseño de proxectos educativos de centro/652512209
Tratamento da información na xestión e avaliación das institucións/652512205
Avaliación de recursos e materiais didácticos/652512210

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías