Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Instrumentos para a avaliación de programas e servizos Código 652512218
Titulación
Mestrado Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares e Socioeducativa
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Arias Rodriguez, Maria Alicia
Correo electrónico
alicia.arias.rodriguez@udc.es
Profesorado
Arias Rodriguez, Maria Alicia
Correo electrónico
alicia.arias.rodriguez@udc.es
Web http://https://www.udc.es/es/centros_departamentos_servizos/departamentos/departamento/?codigo=D162
Descrición xeral A realidade socio-educativa do educador/a social é complexa, diversa e difícil de analizar, describir e interpretar, por iso é necesario, que ao longo da súa formación académica, adquira unha serie de competencias que lle permitan desenvolver a súa posterior actividade profesional. Por tal circunstancia, a aprendizaxe e aplicación de diversas metodoloxías de investigación, que se planifican nesta materia, permitirá nun futuro ao educador social seleccionar a máis adecuada para solucionar os problemas que se encontrará no seu próximo ámbito laboral. Sen esquecer que o/a educador/a social dentro do seu ámbito laboral terá que investigar para poder achegar posibles solucións que melloren o contexto no que se desenvolva a súa actividade laboral.
A diversidade de concepcións epistemolóxicas aplicables ás distintas situacións sociais será fonte de información para o/a investigador/a social, permitíndolle determinar cal é a máis adecuada para solucionar o problema ao que se enfronta. Non se pretende establecer unha prelación ou unha orde de importancia entre os variados modos de investigación, senón que é o problema de investigación o que determinará a elección dunha metodoloxía ou outra, facendo dela a máis válida para este tipo de problema.
Toda isto non ten sentido se non nos preguntamos e respondemos á pregunta: que queremos conseguir. Son moitos os instrumentos que podemos utilizar para obter datos e, por elo, é necesario ter coñecemento do amplo abano de posibilidades. Un bo/oa profesional será aquel/a que saiba optar, en cada circunstancia, polas técnicas e instrumentos que mellor se adapten á situación. Por iso, é necesario afondar no coñecemento e no dominio das distintas ferramentas que temos á nosa disposición. Así nesta materia se irá analizando as principais técnicas e instrumentos que poden ser aplicadas ao ámbito socioeducativo, indicando as súas características fundamentais, as ventaxes e inconvenientes que presentan e as circunstancias ou momentos máis adecuados para poñelas en práctica.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Ser capaz de identificar os diferentes fundamentos teóricos e metodolóxicos dun proxecto de educación democrática e crítica, facendo especial énfase nos dereitos humanos e a igualdade de xénero, desenvolvendo culturas da mediación e da paz.
A5 Deseñar, analizar, seleccionar e aplicar técnicas e instrumentos de recollida e análise da información para desenvolver procesos de avaliación de programas, servizos, estratexias e recursos de intervención socioeducativa en diversos contextos.
A8 Redactar, presentar e defender proxectos de investigación e informes, memorias, regulamentos, así como outros documentos básicos que contribúan a organizar a acción escolar e/ou socioeducativa.
A9 Capacidade para desenvolver procedementos e metodoloxías que potencien a interdependencia e unha comunicación fluída entre diferentes axentes educativos e culturais tanto a nivel interno como co social más amplo.
B1 Capacidade de análise e síntese
B3 Habilidades para localizar e analizar información de fontes diversas
B5 Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión
B6 Capacidade de crítica e autocrítica
B7 Capacidade para elaborar e defender un discurso ante diferentes audiencias
B8 Traballo colaborativo
B10 Traballo autónomo
B11 Capacidade de organización e planificación
B12 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B13 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos más amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B14 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B15 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B16 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
B17 Comunicar as conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
B18 Aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B19 Capacidade de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos, valorando criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que debe enfrontarse.
C1 Comunicar as conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades
C2 Aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos mais amplos (ou multidisciplinais) relacionados coas súas áreas de estudo.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Capacidade de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuizos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclua reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuizos, valorando criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información disponible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Deseñar, seleccionar e aplicar técnicas e instrumentos de recollida e análise da información para desenvolver procesos de avaliación de programas, servizos, estratexias e recursos de intervención socioeducativa en diversos contextos AP1
AP5
AP8
AP9
BM1
BM3
BM6
BM7
BM8
BM10
BM11
Analizar a información recollida nos procesos de intervención socioeducativos, empregando as técnicas de análise adecuadas BM12
BM13
BM14
BM15
BM16
BM17
BM19
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse dende diversas perspectivas e unha de elas a perspectiva de xénero BM5
BM18
CM1
CM2
CM5
CM6
CM7
CM8

Contidos
Temas Subtemas
Tema I-A avaliación de axentes, ámbitos e proxectos socioeducativos 1.1. Avaliación de axentes de intervención
1.2. Avaliación de ámbitos de intervención
1.3. Avaliación de proxectos de intervención
Tema II- Procedementos, técnicas e instrumentos de avaliación. 2.1. Técnicas e análise da realidade de diagnóstico (análise documental, técnica parellas a rotación caderno de campo; de brainstorming)
2.2. Técnicas para implantación e seguimento de fase (construción dunha torre, observación, debate en grupo, entrevista, prazas de arte)
2.3. Técnicas de avaliación (técnica DAFO; lista de control; cuestionario técnico)
Tema III- Redacción e presentación de informes de avaliación 3.1. Tipos de informes
3.2. Organización e estrutura do informe
3.3. Redacción e criterios de valoración do informe

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A9 B1 B11 B12 B14 C7 11.5 0 11.5
Aprendizaxe colaborativa A1 A5 B3 B6 B8 B10 B18 C5 C8 0 21 21
Traballos tutelados A8 B5 B19 B17 C1 0 45 45
Obradoiro B7 B13 B15 B16 C2 C6 20 11 31
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clase impartida polo/a profesor/a sobre os contidos xa citados na guía docente. Esta metodoloxía utiliza, exclusivamente, a palabra como vía de transmisión da información a todo o grupo.
Aprendizaxe colaborativa Esta formada por un conxunto de metodoloxías como a discusión dirixida, obradoiro, análise de fontes documentais, esquemas, lecturas, mapas conceptuais, solución de problemas, etc. Todos estes procedementos guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e da comunicación. Concretamente, nesta metodoloxía configurásense grupos pequenos (non máis de 5 persoas). Cada alumno/a traballará para o grupo na resolución das tarefas que propón o profesor/a para así optimizar a súa propia aprendizaxe e o doutros membros/as do grupo.
Traballos tutelados A materia débese completar cun traballo practico que recolla todos os aspectos traballados nas clases. Para iso este traballo realizarase de xeito individual ou grupal. Se é grupal non pode ser máis de dúas persoas.
Obradoiro Con esta tarefa preténdese combinar outras metodoloxías, como por exemplo, exposicións orais, solucións de problemas, prácticas guiadas, etc. Pero tendo presente que con ela o alumno/a desenvolve tarefas puramente prácticas sobre un tema específico con apoio e supervisión do profesorado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Sesión maxistral
Aprendizaxe colaborativa
Traballos tutelados
Descrición
Na atención personalizada, o/a profesor/a resolverá as dúbidas que teña o/a alumno/a sobre os diferentes temas a traballar na materia. Pero ademáis calquera dúbida que poida xurdir para a solución de problemas, nas lecturas, no obradoiro, na aprendizaxe colaboradora, a análise de fontes documentais como na discusión dirixida. Durante estas sesións, realizarase un seguimento do traballo do alumnado, supervisando e orientando máis directamente o proceso a seguir en cada unha das actividades realizadas.
Esta atención personalizada realizarase no despacho do profesorado (P1A18) no horario de titorías. Este horario está colgado no taboleiro que está no despacho do/a profesor,/a na páxina web do departamento como da Facultade de Ciencias da Educación.
A ATENCIÓN PERSONALIZADA REALIZARASE CARA A CARA ENTRE O/A ALUMNO/A E PROFESOR/a POLO QUE A ATENCIÓN VITUAL NON SE REALIZARÁ NESTA MATERIA. O CORREO ELECTRÓNICO DO PROFESORADO NON SE DEBE UTILIZAR COMO: ELEMENTO PARA SOLICITAR CITA NIN PARA REALIZAR CONSULTAS.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro B7 B13 B15 B16 C2 C6 Durante as sesións maxistrais o/a profesor/a realizará algún problema para que o estudante observe o proceso. Para a avaliación desta actividade terase en conta: o desenvolvemento da actividade, a axilidade na súa realización, a presentación, etc. 30
Aprendizaxe colaborativa A1 A5 B3 B6 B8 B10 B18 C5 C8 Como é unha metodoloxía para observar a aprendizaxe de cada estudante. Por iso, o/a estudante tera que: coñecer e manexar os ordenadores. Nesta metodoloxía convértese nun instrumento moi importante de avaliación, xa que o/a alumno/a para desenvolver outras metodoloxías aquí expostas, terá que optimizar a súa propia aprendizaxe e o do resto do grupo.
Como é complemento a outras metodoloxías aplicarase unha valoración proporcional sobre as seguintes tarefas: análises de fontes documentais, discusión dirixida e obradoiro. Tamén, hai que ter en conta que para que se compute a cada unha desas metodoloxías se debe cumprir os requisitos desas metodoloxías descritos nesta avaliación, como son: a capacidade de traballo individual, capacidade de traballo en equipo, coñecementos xerais básicos, capacidade de sínteses e análise, capacidade de aplicar os coñecementos das sesións maxistrais á práctica, capacidade para xerar novas ideas (innovación e creatividade), capacidade crítica e autocrítica, toma de decisións, comunicación oral e escrita e habilidades de investigación.
20
Traballos tutelados A8 B5 B19 B17 C1 O traballo vale o 50% da cualificación final sempre que se supere positivamente. Este traballo será a posta en practica do realizado en clase. Polo tanto, contará de 3 partes que serán presentadas ao alumnado o primeiro día de clases. Para a revisión do traballo en OBRIGATORIO a asistencia a catro titorías, aínda que se pode asistir a todas aquelas que o alumnado precise. As titorías serán sempre no horario establecido pola profesora. BAIXO NINGÚN CONCEPTO RELIZARÁSE TUTORIAS PARA ESTE TRABALLO EN HORARIO FORA DO ESTABLECIDO.
ESTE TRABALLO TERÁ QUE SER ENTREGADO O ÚLTIMO DIA DE CLASES ESTABLECIDO NO CALENDARIO ACADEMICO. TODO AQUEL TRABALLO QUE ENTREGESE FORA DE PLAZO NON SE ACEPTARÁ E TERÁ SUSPENSA ESTA PARTE E CON ISO TODA A MATERIA. AQUEL GRUPO QUE O ENTREGUE ANTES NON RECIBIRÁ A NOTA ANTES QUE TODOS OS DEMAIS GRUPOS.
50
 
Observacións avaliación

Na avaliación da materia terase en conta antes de nada o seguinte:

a-O ALUMNADO QUE ASISTA MENOS DUN 80% (3 faltas non xustificadas) Ás CLASES

SÓ TERÁ DEREITO A UN EXAME DE TODA A MATERIA. O temario para ese exame será sobre os contidos da materia e sobre as prácticas que se realicen en clase. Por iso, este exame dividirase en dous partes: unha parte será tipo test (que puntuará sobre 10) e outra parte que será sobre supostos prácticos (que puntuará sobre 10). Aprobarase o exame sempre que se alcance en ambas as partes un aprobado (apróbase cun 5) La data do exame será a que marque o propio mestrado non se pode modificar.

A DATA DE INICIO DESTA MATERIA É PUBLICA NA PÁXINA WEB DO MESTRADO E NO TABOLEIRO DO MESMO. O/A alumno7a que non se puxese en contacto co/coa profesor/a antes da data de inicio das clases e non asista a clase (sexa o motivo que sexa) dende o primeiro día. O/a profesor/a considerarao como alumno/a que asista menos dun 80% ás clases (coas condicións expostas ao comezo desta apartado) 

Os alumnos que por calquera motivo non asistan menos dun 80% a clase e comuníquenlo ao profesor/a. DEBEN PRESENTAR UN XUSTIFICANTE, nos seguintes termos:

 1-unha xustificación por enfermidade. Un xustificante médico cumprido correctamente.

2-por un emprego. O xustificante é unha fotocopia do traballo e un papel (cuberto correctamente) onde se indique que as horas de clase se solapen coas do traballo. Se se compren algún destes dous termos. O/A profesor7A adiantará co/coa alumno/a practicas que realizará en clase e avaliaraa como aos alumnos/as que asistan a clases.

PERO SENÓN CÚMPRESE ALGUNHA DESTA CONDICIÓNS O/A PROFESOR/A NON REALIZA NINGÚN TRABALLO EXTRA AO ALUMNO/A, NIN FÓRA DO PERÍODO DE CLASES ESTABLECIDO PARA ESTA MATERIA DESDE O MESTRADO. POR TANTO, SE O/A ALUMNO/A ATÓPASE NESTA SITUACIÓN É CONSIDERADO COMO UN/UNHA ALUMNO/A QUE ASISTE MENOS DUN 80% DE CLASES. 

b-As/Os ALUMNOS/AS QUE ASISTAN O 80% A CALSES NON TERÁN EXAME FINAL DA MATERIA.

A este alumnado aplicaráselles todo o exposto no apartado de avaliación. É dicir, cada metodoloxía e a súa descrición adecúase unha cualificación. A nota para estes alumnos/as nesta materia virá dada polo traballo que realicen ao longo da materia. Ao final da materia expoñerase no taboleiro do despacho do/a profesor/a a nota alcanzada por cada alumno/a nos distintos apartados a avaliar. Se o alumno/a quere mellorar a nota que expuxo o/a profesor/a no taboleiro ten que presentarse ao exame. O temario para ese exame será sobre os contidos da materia e sobre as prácticas que se realicen en clase. Por iso este exame dividirase en dous partes: unha parte será tipo test (que puntuará sobre 10) e outra parte que será sobre supostos prácticos (que puntuará sobre 10). Aprobarase o exame sempre que se alcance en ambas as partes un aprobado (apróbase cun 5) A data do exame será a que marque o propio mestrado non se pode modificar.


Fontes de información
Bibliografía básica

ANEAES (2017). Fuentes, técnica e instrumentos de recolección de datos. Recuperado de: http://www.aneaes.gov.py/aneaes/datos/post2017/fuentesTecnicasInstrumentosRecoleccionDatos.pdf (consultado: 03/07/2018)

Alemán, C (2012) Evaluación de servicios sociales. Cizur Menor: Civita

Alvira, F. (1991). Metodología de la evaluación de programas. (Cuadernos Metodológicos, 2). Madrid: CIS

Cabella, N (2014). Técnicas e instrumentos para evaluar aprendizajes. Recuperado de: http://iudag.com/site/wp-content/uploads/2014/07/T%C3%A9cnicas-e-instrumentos-para-evaluaci%C3%B3n.pdf (consultado: 03/07/2018)

Castillo, S (2010). La práctica de la evaluación educativa: materiales e instrumentos. Madrid: Pearson educación

Comité Conjunto de Estándares para la evaluación educativa (1998). Estándares para la evaluación de programas. Bilbao: Edic. Mensajero 

Díaz, F. y Barriga, A. (2002) Estrategias Docentes para un Aprendizaje Significativo: una interpretación constructivista. México: McGraw Hill. Recuperado de: http://postgrado.una.edu.ve/evaluacionaprendizajes/paginas/diazbarrigacap8-1.pdf (consultado: 03/07/2018)

 Equipo EFIF (2008) Manual de instrumentos de evaluación familiar. Madrid: CCS 

Jossey-Bass AEC (2000). Guía para la Gestión de la Calidad de los Servicios Públicos (Adaptación de la Norma UNE-EN-ISO 9004-2). Madrid: MAP 

López, V.M. (2009). Evaluación formativa y compartida en Educación Superior. Propuestas, técnicas, instrumentos y experiencias. Barcelona: Narcea

Merino, J. V. (2000) Programas de animación sociocultural tres instrumentos para su diseño y evaluación. Madrid: Narcea

Morales, L (2013). Técnicas e instrumentos de recolección de datos. Recuperado de: https://www.mindmeister.com/es/298220514/t-cnicas-e-instrumentos-de-recolecci-n-de-datos

(consultado: 03/07/2018)

Padilla, M. T (2014). Técnicas e Instrumentos para el diagnóstico y la evaluación educativa Madrid: CCS

Rebolloso, E.; Fernández-Ramirez, B. y Cantón, P. (2008). Evaluación de programas de intervención social. Madrid: Edit. Síntesis

Stufflebeam, D.L. y Shinkfield, A.J. (2007). Evaluation Theory, Models & applications. San Francisco, CA: 

Tapia. F.J. (2011). La Técnica y los instrumentos de evaluación. Recuperado de: http://www.mat.uson.mx/~ftapia/Lecturas%20Adicionales%20%28C%C3%B3mo%20dise%C3%B1ar%20una%20encuesta%29/EscalasDeMedicion.pdf (consultado: 03/07/2018)

Enlaces web:

Técnicas de recogida de datos: https://alojamientos.uva.es/guia_docente/uploads/2013/475/46197/1/Documento5.pdf (consultado: 03/07/2018)

Técnicas e instrumentos de evaluación: https://prezi.com/qh8ubrgow22w/tecnicas-e-instrumentos-de-evaluacion/ (consultado: 03/07/2018)

Bibliografía complementaria

  Ad-ECOS (2015). Como elaborar los indicadores de un proyecto social paso a paso. Recuperado de: http://www.ad-ecos.com/blog-de-formacioacuten/como-elaborar-los-indicadores-de-un-proyecto-social-paso-a-paso (consultado 03/07/2018)

 Ander-EGG, E. y Aguilar, M.J. (2017). Como elaborar un proyecto: guía para diseñar proyectos sociales y culturales. Recuperado de: http://abacoenred.com/wp-content/uploads/2017/05/Como-elaborar-un-proyecto-1989-Ed.1-Ander-Egg-Ezequiel-y-Aguilar-Id%C3%A1%C3%B1ez-MJ.pdf.pdf   (consultado 03/07/2018)

Camison et al. (2006). Gestión de la calidad: conceptos, enfoques, modelos y sistemas. Madrid. Pearson 

 Club de excelencia (2003). Guía práctica para desarrollar, implantar y revisar la Autoevaluación de mi organización. Madrid: EFQM 

Desler, G. (2001). Administración del personal. México. Perason.

Junta de Andalucia (2010). Manual de proyectos. Junta de Andalucia: Conserjería de Gobernación. Recuperado de: http://fapacordoba.org/wp-content/uploads/2010/10/manualdeproyectos-voluntariado.pdf (consultado 03/07/2018)

Losada, S (2016). Metodología de la Intervención Social. Madrid: Editorial Síntesis Recuperado de: https://www.sintesis.com/data/indices/9788490773550.pdf  (consultado 03/07/2018)

Ministerio de Administración Pública (2006). Guía de autoevaluación para la administración pública. MAP Recuperado de: http://www.aeval.es/es/difusion_y_comunicacion/publicaciones/Guias/Guias_Marco_General_Mejora_Calidad/guia_iberoamericana.html (consultado 03/07/2018)

 Ministerio de Administración Pública (2006). Guía de evaluación. Modelo EVAM. MAP Recuperado de: http://www.aeval.es/es/difusion_y_comunicacion/publicaciones/Guias/Guias_Marco_General_Mejora_Calidad/evam.html  (consultado 03/07/2018)

Ministerio de Administración Pública (2009). Guía para el desarrollo de cartas de servicio. MAP Recuperado de: http://www.aeval.es/export/sites/aeval/comun/pdf/calidad/guias/Guia_CARTAS_2009.pdf  (consultado 03/07/2018)

Pérez, O (coord.) (2007). Plan Estratégico del Tercer Sector de Acción Social. Guía de evaluación de programas y proyectos sociales Recuperado de: https://www.msssi.gob.es/ssi/familiasInfancia/ongVoluntariado/docs/evaluaciondeprogramasyproyectossociales.pdf (consultado 03/07/2018)

 Enlaces web:

Diseño de estrategias http://www.juntadeandalucia.es/agriculturaypesca/desarrollo/documentos/manual_61.pdf (consultado 03/07/2018)

Elaboración de proyectos sociales. http://nevada.ual.es/decahuma/REL_INTER/archivos/comoelaborarproyectos.pdf (consultado 03/07/2018)

Gestión de proyectos sociales https://www.diba.cat/c/document_library/get_file?uuid=f067d455-fe09-488b-a2a0-04656503eed0&groupId=527890 (consultado 03/07/2018)

Métodos y técnicas más útiles en la gestión de proyectos http://www.eoi.es/blogs/pedroismaelvegazo/2011/11/24/metodos/ (consultado 03/07/2018)

Plataforma de ONG de acción social: https://www.plataformaong.org/plan-estrategico-tercer-sector.php  (consultado 03/07/2018)


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Deseño de proxectos educativos de centro/652512209
Tratamento da información na xestión e avaliación das institucións/652512205
Avaliación de recursos e materiais didácticos/652512210

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Xestión e innovación das institucións socioeducativas /652512214
Deseño de proxectos educativos de centro/652512209
Tratamento da información na xestión e avaliación das institucións/652512205
Avaliación de recursos e materiais didácticos/652512210

Materias que continúan o temario

Observacións

Recomendase para cumprir coa perspectiva de xénero utilizar el lenguaxe inclusivo

Comité Ambiental da Facultade (GREEN CMPUS) recoméndase:

-Recoméndase os envíos dos traballos telemáticamente e de non ser posible, no útilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores.

-Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

-Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sosenibiliade nos comportamentos persoais e profesionais.

 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías