Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Análise de experiencias interdisciplinares Código 652513204
Titulación
Mestrado Universitario en Didácticas Específicas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer as bases teóricas do traballo interdisciplinar e identificar os seus centros de interese en contextos escolares e non escolares.
A2 Identificar e analizar criticamente propostas interdisciplinares no ámbito educativo.
A3 Deseñar, xustificar, organizar e avaliar de forma sistemática propostas interdisciplinares en distintos contextos educativos
A9 Ensaiar e avaliar formulacións de ensino disciplinares ou interdisciplinares en contextos educativos reais, e promover propostas de mellora en relación cos resultados obtidos.
A13 Analizar e valorar criticamente investigacións e proxectos de innovación en ámbitos disciplinares específicos.
A17 Seleccionar, adaptar e aplicar materiais e recursos TIC e doutra índole, para mellorar o ensino e a aprendizaxe das diferentes ámbitos disciplinares.
B1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permita continuar estudando dun modo que terá que ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
B6 Capacidade de análise e síntese.
B8 Traballar de forma autónoma e con iniciativa.
B9 Traballar de forma colaborativa.
B10 Capacidade de organización e planificación en ámbitos educativos disciplinares e interdisciplinares.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnoloxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Analizar plantexamentos interdisciplinares en diferentes contextos. AP2
AP13
BP3
BP6
BP10
CP4
CP7
CP8
Identificar elementos curriculares que poidan abordarse desde unha perspectiva interdisciplinar. AP2
AP9
BP6
BP10
Identificar as características desexables da resolución de problemas aplicables a distintas materias. AP2
AP3
AP17
BP1
BP2
BP3
BP5
BP8
BP9
BP10
CP1
CP6
Coñecer distintos tipos de linguaxe e identificalos e valoralos en diferentes contextos curriculares. AP1
AP2
BP4
BP10
CP1
CP3
CP4
CP6
CP8

Contidos
Temas Subtemas
Estratexias interdisciplinares en contextos sociais e culturais na educación formal e non formal. .
A resolución de problemas como estratexia interdisciplinar. .
Experiencias interdisciplinares nos ámbitos da educación ambiental, o consumo, a actividade física e a saúde. .
A competencia como marco para estudar a interdisciplinariedade no currículo. .
As diferentes linguaxes como estratexia interdisciplinar. .

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Aprendizaxe colaborativa A2 A3 A13 B1 B9 B10 C4 6 12.5 18.5
Análise de fontes documentais A1 A2 B8 C8 1 10 11
Traballos tutelados A1 A2 A9 A17 B2 B4 B5 B6 C1 C6 C7 3 39 42
Sesión maxistral A1 A2 16 18 34
Discusión dirixida B3 B6 B8 C1 C3 5 1 6
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Os traballos tutelados e, excepcionalmente, a proba de ensaio, requiren atención personalizada por iso as titorías terán unha importancia relevante para resolver as dúbidas que o alumnado poida presentar.

Estas medidas serán aplicábeis tanto ao alumnado que asiste regularmente ás aulas como a aquel con dispensa académica.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A9 A17 B2 B4 B5 B6 C1 C6 C7 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
100
 
Observacións avaliación
O/a estudante será avaliado en ambas as oportunidades por un traballo tutelado que poderá ser
realizado individualmente ou en grupo de dúas ou tres persoas. Este traballo deberá integrar cando menos unha das disciplinas ou áreas traballadas na materia (a saber, lingua e literatura, educación músical e artes plásticas).
Para que o alumno/a sexa avaliado unicamente polo traballo tutelado deberá asistir cando menos ao 80% das sesións presenciais, a excepción daquel alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. O estudante que non chegue a unha asistencia do 80% das clases presenciais, ou teña dispensa académica, deberá ser avaliado en ambas as oportunidades ademais de polo traballo, por unha proba individual. Neste caso os dous ítems da avaliación (traballo e proba individual) terán unha ponderación do 50% esixíndose en cada unha delas a nota igual ou superior a 5 sobre 10.
Recoméndase os envíos dos traballos telematicamente e de non ser posíbe, non utilizar plásticos, elixir a impresión a dupla cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso sustentábel dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

Fontes de información
Bibliografía básica Fontanil, Y., Alcedo, Mª A. y Roberts, J.(eds.) (2013). Análisis interdisciplinar de la violencia de género. . Oviedo: KRK Ediciones
Aguilar, C. (2003). Didáctica de la Literatura e interdisciplinaridad crítica. En A. Cano; C. Pérez (coords.), Canon, Literatura infantil y juvenil y otras literaturas. Cuenca: Ed
González Caravaca, G., Huerta López, A., Iglesias Varela, B., De la Madrid Heitzmann, L., Ramos Pére (2013). Encuentro de cuentos: reflexiones en torno a una experiencia de trabajo por proyectos en secundaria. Tendencias pedagógicas, 21 (Monográfico: Experiencias innovadoras en Educación), 47-62.
Quiles Cabrera, M. C. (2012). Entre pinceles y libros : textos para un enfoque intertextual e interdisciplinar en el aula de lengua . Álabe, 6. Recuperado de http://revistaalabe.com/index/alabe/article/view/115/104.
Purcell Cone, T., Werner, P. y Cone, S. (2009). Interdisciplinary Elementary Physical Education-2nd Edition . Champaign: Human Kinetics
Arbonés, J. y Milrud, P. (2001). La armonía es numérica. Música y matemáticas. . España: RBA.
Monge, J.J. y Portillo, R. (1996). La formación del profesorado desde una perspectiva interdisciplinar retos ante el siglo XXI. Santander: Servicio de Publicaciones de la Universidad de Cantabria.
Juanola, R. (2011). La investigación didáctica: hacia la interdisciplinariedad y la cooperación. Educatio Siglo XXI, Vol. 29 nº 1 · 2011, pp. 233-262
Pérez Aldeguer, S. y Leganés Lavall, E. N. (2012). La Música como herramienta interdisciplinar: un análisis cuantitativo en el aula de Lengua Extranjera de Primaria.. Revista de Investigación en Educación, 10 (1), 127-143.
Díez Navarro, C. (1995). La oreja verde de la escuela. Trabajo por proyectos y vida cotidiana en la escuela infantil. . Madrid: Ed. de la Torre.
Catalá M. y otros (2002). Las ciencias en la escuela. Teorías y Prácticas.. Barcelona. Graó
Bengoechea Bartolomé, M. (2015). Lengua y género. Madrid: Síntesis
Sanmartín Rei, G. (ed.) (2012). Lingua e Ecoloxía / VIII Xornadas sobre Lingua e Usos. . A Coruña: Universidade da Coruña, Servizo de Publicacións
Mosquera Carregal, X. (2011). Lingua e Sanidade / VII Xornadas sobre Lingua e Usos. . A Coruña: Universidade da Coruña, Servizo de Publicacións
Mosquera Carregal, X. (2010). Lingua e xénero / VI Xornadas sobre Lingua e Usos. A Coruña: Universidade da Coruña, Servizo de Publicacións
Da Silva Santos, A. (2016). Literatura de cordel e interdisciplinariedade: rumos da literatura popular. Revista de Estudos Linguísticos, Literários, Culturais e da Contemporaneidade 18b, 44-50.
Gomes Dutra Magalhães, H. (2013). Literatura e interdisciplinaridade no ensino fundamental. Revista Litteris 12, 77-93.
Escobar Martínez, M. D. (2012). Literatura y Música. Propuestas interdisciplinares para Educación Secundaria. Murcia: Consejería de Educación, Universidade y Empleo.
Algás Pardos, P. et al. (2010). Los proyectos de trabajo en el aula. Barcelona. Graó.
Liern, V., Queralt, T. (2008). Música y Matemáticas: La Armonía de los Números. Día escolar de las matemáticas. . Badajoz, Servicio de publicaciones de la FESPM.
Fernández-Carrión, M. (2011). Música y Matemáticas: La Armonía de los Números. Día escolar de las matemáticas. . http://recursostic.educacion.es/artes/
Arias Correa, A. et al. (2009). O traballo por proxectos en Infantil, Primaria e Secundaria. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.
Majó Masferrer, F.; Baqueró Alos, M. (2014 ). Ocho ideas clave. Los proyectos interdisciplinarios . Barcelona. Graó
Quiles , M. C. (2008). Textos con música: cómo desarrollar las habilidades comunicativas desde una perspectiva interdisciplinar. Glosas Didácticas. Revista Electrónica Internacional 17.
Martínez Miguélez, M. (2003). Transdisciplinariedad y Lógica Dialéctica. Un enfoque para la complejidad del mundo actual. Conciencia activa, 21, 107-146. Recuperado de http://prof.usb.ve/miguelm/transdiscylogicadialectica.
Rodríguez Marcos, A. (coord.) (1994). Un Enfoque interdisciplinar en la formación de los maestros. Madrid: Narcea, D.L.
Villacañas, L. (2013). Una didáctica interdisciplinar de la literatura infantil en inglés. Didáctica. Lengua y Literatura 25, 353-373.
Gómez González, F. J. (2016). ¿El mito de la ciencia interdisciplinar? : obstáculos y propuestas de cooperación entre disciplinas. Madrid: Los Libros de la Catarata

Esta bibliografía poderá ser complementada no transcurso da materia.

Bibliografía complementaria Escutia, M. (2009). El huerto escolar ecológico . Barcelona: Graó
érez Egea, E., Baeza Verdú, Mª. C. e Miralles Martínez, P. (Ed.) (2008). El rincón de los tiempos. Un palacio en el aula de Educación Infantil.. Revista Iberoamericana de Educación, 1 (48): 1- 10.
Conde, J., Torre, E., Cárdenas,D. y López, M. (2010). La concepción del profesorado sobre los factores que influyen en el tratamiento interdisciplinar de la Educación Física en Primaria. Cultura, ciencia y deporte, 13, pp. 11-24
Miralles Martínez, P., Rivero Gracia, P (2012). Propuestas de innovación para la enseñanza de la historia en Educación Infantil.. Revista Electrónica Interuniversitaria de Formación del Profesorado, 15/1: 81-90.
Otero Saborido, F. M. (2010). Proyecto globalizador en un centro educativo. Educación Física interdisciplinar: juegos olímpicos en la antigua Grecia. Tándem: Didáctica de la educación física, 33, pp. 36-45
Jover, G. (coord.ª) (2009). Sentirse raro. Miradas sobre la adolescencia. Málaga. Junta de Andalucía. Recuperado de: http://www.juntadeandalucia.es/educacion/webportal/abaco-
Edo, M. (2012). Situaciones interdisciplinarias para el desarrollo del pensamiento matemático en Educación Infantil en la formación de maestros.. Ciudad Real: SEIEM.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías