Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Didáctica dos espazos culturais en contextos educativos Código 652513211
Titulación
Mestrado Universitario en Didácticas Específicas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral Na educación regrada e nos ámbitos da educación non regrada estase a dar un incremento das relacións entre docentes/educadores e os contextos culturais de diferentes ámbitos, nun diálogo enriquecedor que se nos ofrece como interesante potencial educativo.
Ademais, constitúen un importante xacemento de emprego con novas figuras profesionais e especificamente aquelas relacionadas co ensino non regrado e co ámbito da comunicación dos coñecementos sociais e culturais.
O coñecemento destes espazos culturais e a activación de recursos didácticos en relación con eles, é o eixo principal desta materia, caracterizada por unha orientación práctica e vivencial.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen

*Metodoloxías docentes que se modifican

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

4. Modificacións na avaliación

*Observacións de avaliación:

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer as bases teóricas do traballo interdisciplinar e identificar os seus centros de interese en contextos escolares e non escolares.
A2 Identificar e analizar criticamente propostas interdisciplinares no ámbito educativo.
A3 Deseñar, xustificar, organizar e avaliar de forma sistemática propostas interdisciplinares en distintos contextos educativos
A6 Establecer os descritores xerais que caracterizan unha investigación: seleccionar, elaborar, tratar e interpretar os datos, e presentar os resultados de acordo cos propósitos da investigación.
A7 Capacidade de aplicar coñecementos teóricos relativos ás Didácticas Específicas, tanto á investigación como á innovación e a avaliación.
A8 Ser capaz de defender e argumentar de forma oral e escrita o traballo de investigación e/ou innovación realizado, utilizando, de ser o caso, recursos audiovisuais de apoio.
A15 Identificar criterios de calidade e control, tanto na investigación como na práctica docente, fomentando o espírito crítico, reflexivo e innovador.
A16 Deseñar, xustificar, organizar e avaliar propostas para a investigación e a innovación no ámbito das Didácticas Específicas.
A17 Seleccionar, adaptar e aplicar materiais e recursos TIC e doutra índole, para mellorar o ensino e a aprendizaxe das diferentes ámbitos disciplinares.
B1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B6 Capacidade de análise e síntese.
B9 Traballar de forma colaborativa.
B11 Capacidade de innovar (creatividade) dentro de contextos educativos escolares e non escolares.
B12 Comportarse con ética e responsabilidade social e ambiental como docente e/ou investigador.
B13 Ser capaz de comunicarse cos seus compañeiros, coa comunidade educativa e coa sociedade en xeral no ámbito das súas áreas de coñecemento.
B15 Ter capacidade para actualizar os coñecementos, as metodoloxías e as estratexias na práctica docente.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnoloxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e identificar os espazos culturais e o seu potencial educativo en diferentes contextos. AP1
CP8
Familiarizarse cos diferentes ámbitos dos espazos culturais dende unha perspectiva interdisciplinar e integradora. BP1
BP12
CP7
Experimentar e vivenciar situacións e procesos de aprendizaxe en relación cos espazos culturais e desenvolver as capacidades emocionais e creativas. BP13
CP4
Coñecer, analizar e avaliar experiencias e propostas innovadoras. AP2
AP3
AP15
AP16
BP6
CP6
Ser capaz de deseñar propostas didácticas coherentes e innovadoras aplicando os coñecementos adquiridos en diferentes contextos educativos. AP6
AP7
AP8
AP16
AP17
BP2
BP4
BP9
BP11
BP15
CP1

Contidos
Temas Subtemas
A comprensión do espazo. · O espazo conceptualizado e vivenciado polo ser humano.
· Diversificación do espazo e espazos culturais.
A pedagoxía das paisaxes e espazos. · Do espazo vivido e comprendido ao espazo para a didáctica.
· Espazos culturais como recursos e ferramentas didácticas.
Os espazos culturais e as súas relacións cos contextos educativos. · Potencialidade didáctica dos espazos culturais en diferentes contextos educativos: da vivencia á proposta.
· A perspectiva transdisciplinar.
Experiencias e propostas didácticas en espazos culturais. · A paisaxe xeográfica, o patrimonio, as paisaxes urbanas, de conflito, da memoria, etc.: análise de experiencias e perspectivas de acción.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A1 1 0 1
Análise de fontes documentais A2 A6 B6 1 1 2
Aprendizaxe colaborativa B9 2 3.5 5.5
Obradoiro A7 A15 A16 A17 B13 3 6 9
Saídas de campo B2 B12 C4 C7 8.5 17 25.5
Sesión maxistral A1 A16 B1 B15 C6 C8 6 12 18
Traballos tutelados A3 A8 B1 B4 B11 C1 3 9 12
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Periódica e sistematicamente faranse debates e discusións de ideas previas sobre a motivación, interese e coñecementos con respecto á planificación e desenvolvemento da materia.
Análise de fontes documentais Realizaranse actividades para o coñecemento de fontes documentais de ampla diversidade que acheguen información acerca de contidos e, sobre todo, recursos didácticos en relación cos espazos culturais.
Aprendizaxe colaborativa Actividades que promovan o traballo en pequenos grupos: intercambio de información, discusións, postas en común, toma de decisións, comprensión do grupo como unha tarefa única.
Obradoiro Están concibidos como ensaios de experimentación de aprendizaxes de traballo por proxectos e por centros de interese. Materializanse en encontros, simulacións, debates, exposicións, etc., arredor de temáticas concretas, deseñados e desenvolvidos polo alumnado e guiados pola profesora.
Saídas de campo Son unha parte moi importante no desenvolvemento da materia e serán saídas programadas a contextos culturais formativos e a contextos do contorno inmediato.
Preténdese que o alumnado adquira tanto capacidades de organización de saídas como o coñecemento de institucións, actividades, exposicións, paisaxes, etc. e a comprensión do seu potencial educador.
O alumnado desenvolverá capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a experimentación e a recollida de información.
Sesión maxistral As explicacións teóricas referiranse ós contidos básicos que forman a estrutura de cada tema. Realizaranse co apoio de documentación específica e medios audiovisuais e estará directamente relacionada coas metodoloxías utilizadas na docencia interactiva.
Traballos tutelados A aprendizaxe de metodoloxías para a súa aplicación didáctica concretarase na elaboración dun estudo ou traballo acerca dalgunha das temáticas consideradas no espectro dos espazos culturais. O alumnado seleccionará un tema, formulará os obxectivos, realizará unha xustificación, desenvolverá a metodoloxía idónea, resolverá o tema e/ou proposta e obterá as conclusións pertinentes.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Os traballos tutelados conlevan unha atención personalizada nas titorías.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Saídas de campo B2 B12 C4 C7 As actividades previas e posteriores ás saídas a centros de interese cultural serán obxecto de avaliación, valorándose a participación activa e a calidade na realización das tarefas encomendadas. 40
Sesión maxistral A1 A16 B1 B15 C6 C8 Realizarase unha proba simple, individual, no que o alumnado demostre a comprensión e asimilación dos contidos básicos tratados. 10
Traballos tutelados A3 A8 B1 B4 B11 C1 O proceso de deseño e elaboración dos traballos, os resultados dos mesmos, así como a exposición oral, serán obxecto de avaliación. Terase en conta a idoneidade do tema escollido e o seu desenvolvemento.
Realizaranse por parellas, quedando ao criterio da docente a posibilidade de realizalos individualmente.
50
 
Observacións avaliación

O alumnado terá que realizar todas as saídas que se programen. Se por causa xustificada non a puidera facer co grupo, deberá facela individualmente, exceptuando aqueles casos que polas características non o permitan, polo que tería que realizar unha tarefa de contidos ou características semellantes.

Para superar a materia, o alumnado terá que superar cada unha das metodoloxías de avaliación.

O alumnado con matrícula a tempo parcial será avaliado polo traballo tutelado e a proba individual, da mesma maneira que aqueles/as que non cumpran coa asistencia do 80%. Así mesmo, deberán seguir as indicacións da profesora para suplir a realización das saídas de campo. A nota final será a media das cualificacións obtidas, requiríndose en cada unha delas unha nota igual ou superior a 5 sobre 10 para aprobar a materia.


Fontes de información
Bibliografía básica Cifre- Mas, J. e Adrover J. M. (2012). Aprender a través de los ambientes. Una propuesta para una escuela activa y competencial. . Aula de Innovación Educativa. Aula de espacios y tiempos
Rivero, Pilar (2006). Didáctica de las Ciencias Sociales fuera de la escuela: competencias para una mayor empleabilidad.. Barcelona: IV Congrés Internacional Docència Universitària Innovació "La competència docente&qu
Calaf Masachs, R. (2009). Didáctica del patrimonio: epistemología, metodología y estudio de casos.. Asturias: Trea
Hernández Carretero, A. M. (2010). El valor del paisaje cultural como estrategia didáctica.. Tejuelo, 9
Fontal Merillas, O., Gómez-Redondo, C. (2015). Evaluación de programas educativos que abordan los procesos de patrimonialización.. Didáctica de las ciencias experimentales y sociales
Estepa Giménez, J. (2013). La educación patrimonial en la escuela y el museo: investigación y experiencias.. Huelva: Servicio de Publicaciones Universidad de Huelva
Asensio, M. e Pol, E. (2002). Nuevos escenarios en educación. Aprendizaje informal sobre el patrimonio, los museos y la ciudad. . Buenos Aires: Aique
Liceras Ruiz, A. (2003). Observar e interpretar el paisaje. Estrategias didácticas. . Granada: Grupo Editorial Universitario.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías