Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Técnicas e recursos para a ensinanza musical Código 652513216
Titulación
Mestrado Universitario en Didácticas Específicas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral Esta materia ofrece ao profesorado a posibilidade de crear os seus propios materiais didácticos a través da análise, a composición e as novas tecnoloxías aplicadas á educación musical. Por outra parte permite unha aproximación práctica á improvisación musical e ao acompañamento de melodías.
No deseño desta materia tívose en conta a grande utilidade de todos estes recursos e técnicas para potenciar a creatividade na educación musical.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer as bases teóricas do traballo interdisciplinar e identificar os seus centros de interese en contextos escolares e non escolares.
A3 Deseñar, xustificar, organizar e avaliar de forma sistemática propostas interdisciplinares en distintos contextos educativos
A7 Capacidade de aplicar coñecementos teóricos relativos ás Didácticas Específicas, tanto á investigación como á innovación e a avaliación.
A9 Ensaiar e avaliar formulacións de ensino disciplinares ou interdisciplinares en contextos educativos reais, e promover propostas de mellora en relación cos resultados obtidos.
A11 Coñecer, comprender e utilizar a linguaxe científica e aplicala correctamente nas distintas formas de expresión e comunicación
A17 Seleccionar, adaptar e aplicar materiais e recursos TIC e doutra índole, para mellorar o ensino e a aprendizaxe das diferentes ámbitos disciplinares.
B1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permita continuar estudando dun modo que terá que ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
B6 Capacidade de análise e síntese.
B7 Capacidade de adaptación a situacións novas.
B8 Traballar de forma autónoma e con iniciativa.
B9 Traballar de forma colaborativa.
B11 Capacidade de innovar (creatividade) dentro de contextos educativos escolares e non escolares.
B15 Ter capacidade para actualizar os coñecementos, as metodoloxías e as estratexias na práctica docente.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnoloxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os principais aspectos que interveñen no proceso de selección e secuenciación do material didáctico da educación musical desde unha óptica creativa e interdisciplinar. AP1
AP3
AP17
BP1
BP3
BP6
BP8
BP9
BP11
CP3
CP4
CP6
CP7
Aplicar a composición, o acompañamento e a improvisación no deseño e a posta en práctica de actividades didácticas empregando instrumentos tradicionais e virtuais. AP7
AP9
AP17
BP2
BP5
BP6
BP7
BP9
BP15
CP1
CP3
CP7
Empregar as tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) e as novas tecnoloxías aplicadas á educación musical como ferramentas educativas. AP17
BP7
BP8
BP9
BP11
CP3
CP6
Posuír coñecementos metodolóxicos que permitan a realización de investigacións sobre a expresión musical e as súas posibles aplicacións didácticas. AP1
AP7
AP11
BP2
BP4
BP8
CP1
CP4
CP8

Contidos
Temas Subtemas
1. Análise do repertorio escolar 1.1. Obtención de material didáctico a partir de diversas fontes: cancioneros, libros especializados, recompilacións de música folclórica, Internet, etc.
1.2. Clasificación dos exemplos extraídos partindo da análise dos parámetros básicos da melodía.
2. Musicalización de textos. 2.1. Principios elementais da composición musical.
2.2. Relación texto - música.
2.3. Os editores de partituras na elaboración do material.
2.4. Os editores de audio na creación de paisaxes sonoras.
3. Acompañamento. 3.1. Tipos de acompañamento.
3.2. Práctica do acompañamento empregando instrumentos tradicionais ou virtuais.
4. Improvisación musical. 4.1. Fundamentos teóricos.
4.2. Elementos que interveñen na improvisación.
4.3. Aplicación didáctica da improvisación.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A1 C6 C7 C8 1 0 1
Análise de fontes documentais A11 A17 B3 B5 B6 B8 B9 B15 C6 0 10 10
Aprendizaxe colaborativa A1 A9 B2 B7 B9 C4 C7 2 6 8
Obradoiro A3 A7 A9 A17 B2 B5 B9 B11 C3 C7 10 10 20
Sesión maxistral A1 A7 A11 B1 B3 B4 B5 C1 C4 C6 C7 C8 5 5 10
Presentación oral A1 A11 B4 B6 B7 B8 C1 C3 C7 1 4 5
Traballos tutelados A1 A3 A7 A11 B1 B2 B4 B5 B6 B8 B9 B11 B15 C1 C3 C6 C8 2 18 20
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe co fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos, que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos coñecementos previos do alumnado.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise destes. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar, a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc.) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e a supervisión do profesorado.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é coñecida tamén como "conferencia", "método expositivo" ou "lección maxistral". Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do "como facer as cousas". Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.

Atención personalizada
Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Traballos tutelados
Descrición
Está dirixida tanto ao alumnado con matrícula total como ao que teña dispensa académica de exención de asistencia.
O profesorado realizará o seguimento dos traballos indicados, e atenderá as dúbidas que poidan xurdir sobre a materia. A atención personalizada levará a cabo en titorías presenciais ou a través do correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A3 A7 A9 A17 B2 B5 B9 B11 C3 C7 Realización de exercicios prácticos relativos a: interpretación, composición e improvisación musicais, empregando os materiais previamente traballados. 25
Traballos tutelados A1 A3 A7 A11 B1 B2 B4 B5 B6 B8 B9 B11 B15 C1 C3 C6 C8 Elaboración individual dunha proposta didáctica na que se apliquen as técnicas e os recursos estudados. 40
Aprendizaxe colaborativa A1 A9 B2 B7 B9 C4 C7 En grupos reducidos realizaranse diferentes tarefas que serán expostas en clase. 20
Presentación oral A1 A11 B4 B6 B7 B8 C1 C3 C7 Realización de presentacións orais dos traballos que se indiquen, empregando os medios tecnolóxicos dispoñibles. 15
 
Observacións avaliación
  • A asistencia ás clases presenciais é obrigatoria. 
  • O alumnado con dispensa académica de exención de asistencia, do mesmo xeito que o que non alcance un 80% de asistencia ás sesións presenciais, será avaliado mediante un traballo e unha proba individual que terán unha ponderación do 50%, esixíndose en cada caso unha cualificación igual ou superior a 5 sobre 10.
  • Os traballos escritos entregaranse ao finalizar as clases presenciais preferentemente en formato dixital.

Fontes de información
Bibliografía básica

Alonso, C. (2008). Improvisación libre. La composición en movimiento. Vigo: Dos Acordes.

Alsina, P. (1997). El área de educación musical. Propuestas para aplicar en el aula. Barcelona: Graó.

Alsina, P., Díaz, M., Giráldez, A., Ibarretxe, G. (2009). 10 ideas clave. El aprendizaje creativo. Barcelona: Graó.

Delalande, F. (2013). Las conductas musicales. Santander: Editorial de la Universidad de Cantabria.

Díaz, M. y Frega, A. (1998). La creatividad como transversalidad al proceso de educación musical. Vitoria-Gasteiz: AgrupArte.

Díaz, M. y Giráldez, A. (Coords.) (2007). Aportaciones teóricas y metodológicas a la educación musical. Una selección de autores relevantes. Barcelona: Graó.

Díaz, M. y Riaño, M. (Coords.) (2007). Creatividad en educación musical. Santander: Universidad de Cantabria. Servicio de Publicaciones.

Díaz, M. y Riaño, M. (2010). Voz, cuerpo y acción. Un espacio para la música. Santander: Universidad de Cantabria.

Gainza, V. (1983). La improvisación musical. Buenos Aires. Ricordi

Gainza, V. (1986): La iniciación musical del niño. Buenos Aires. Ricordi.

Gainza, V. (2002). Pedagogía musical. Dos décadas de pensamiento y acción educativa. Buenos Aires: Lumen.

Gainza, V. (2003). La educación musical entre dos siglos: del modelo metodológico a los nuevos paradigmas. Conferencia publicada el 23 de agosto de 2003 en el Seminario Permanente de Investigación de la Maestría en Educación Universidad de San Andrés. Disponible en http://www.udesa.edu.ar/files/ESCEDU/DT/DT10-GAINZA.PDF.

García, P. y Estebaranz, A. (2005). Innovación y creatividad en la enseñanza musical. Barcelona: Octaedro.

Giráldez, A. (2005). Internet y educación musical. Barcelona: Graó.

Giráldez, A. (2007). La composición en el aula de música. En VV.AA., La creatividad en la clase de música: componer y tocar (pp. 27-36). Barcelona: Graó.

Giráldez, A. (2007). La competencia cultural y artística. Madrid: Alianza.

Giráldez, A. (Coord.) (2011). Didáctica de la música. Barcelona: Graó.

Giráldez, A. (Coord.) (2011). Música. Complementos de formación disciplinar. Barcelona: Graó.

Green, L. (2009). Significado musical y reproducción social: Defensa de la recuperación de la autonomía. En Lines, D. (Comp.). La educación para el nuevo milenio. Madrid: Morata.

Gustems, J. (2013). Creatividad y educación musical: actualizaciones y contextos. Barcelona: Dinsic.

Hargreaves, D. (1991). Infancia y educación artística. Madrid: Morata.

Hargreaves, D. (1998). Música y desarrollo psicológico. Barcelona: Graó.

Gainza, V. (1983). La improvisación musical. Buenos Aires. Ricordi

Gainza, V. (2002b). Pedagogía musical. Dos décadas de pensamiento y acción educativa. Buenos Aires: Lumen.

Gainza, V. (2003). La educación musical entre dos siglos: del modelo metodológico a los nuevos paradigmas. Conferencia publicada el 23 de agosto de 2003 en el Seminario Permanente de Investigación de la Maestría en Educación Universidad de San Andrés. Disponible en http://www.udesa.edu.ar/files/ESCEDU/DT/DT10-GAINZA.PDF

Lines, D. (comp.) (2009) La educación musical para el nuevo milenio: Madrid. Morata.

Marshall, N., North, A. y Hargreaves, D. (2005). Educación musical en el siglo XXI: una perspectiva psicológica. Eufonía: Didáctica de la música, Nº 34, pp. 8-32.

Nettl, B. y Russell, M. (eds.) (2004). En el transcurso de la interpretación. Estudios sobre el mundo de la improvisación musical. Madrid. Akal.

Oriol, N (Dir.) (2001). La educación artística, clave para el desarrollo de la creatividad. Madrid: Ministerio de Educación.

Pascual, P. (2006). Didáctica de la música. Madrid: Pearson Prentice Hall.

Paynter, J. (1991). Oir, aquí y ahora.Buenos aires: Ricordi.

Paynter, J. (1999). Sonido y estructura. Madrid: Akal.

Piston, W. (1998). Armonía. Cooper City: SpanPress.

Pons, P. (2000). Jazz. Madrid: Celeste.

Ramírez, C. (2006). Música, lenguaje y educación: La comunicación humana a través de la música en el proceso educativo. Valencia: Tirant lo Blanch.

Sanmatias, C. y Cardoner, M. (1997). Expresión musical y rítmica. Valencia: Piles

Sanuy, M. (1994). Aula sonora (Hacia una educación musical en Primaria). Madrid: Morata.

Schafer, M. (1969). El compositor en el aula. Buenos Aires: Ricordi Americana

Small, C. (2006). Música, sociedad, educación. Madrid: Alianza.

Swanwick, K. (1991). Música, pensamiento y educación. Madrid: Morata

Swanwick, K. (1994). Musical knowledge. Intuition and analysis in music education. Londres: Routledge and Kegan Paul.

Tejada, J. (2001). MIDI para el conservatorio, la escuela y el instituto: encore, finale, band in a box. Barcelona: Rivera Editores.

Toch, E. (2001). Elementos constitutivos de la música. Barcelona: Idea Books.

Vílchez, L. (2009). La música y su potencial educativo. Madrid: SM.

Waisburdi, G. y Erdmenger, E. (2007). El poder de la música en el aprendizaje. Cómo lograr un aprendizaje acelerado y creativo. Sevilla: MAD.

Webber, F. (1974). La música y el niño pequeño. Buenos Aires: Ricordi.

Willems, E. (1961): Las bases psicológicas de la educación musical. Buenos Aires. Eudeba.

Willems, E. (1964): El ritmo musical. Estudio psicológico. Buenos Aires: Eudeba.

Willems, E. (1994). El valor humano de la educación musical. Barcelona: Paidós.

Willems, E. (2001). El oído musical: La preparación auditiva del niño. Barcelona: Paidós.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías