Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Investigación e innovación das Linguas Iniciais e as súas Literaturas Código 652513219
Titulación
Mestrado Universitario en Didácticas Específicas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral Cadeira através da cal se efectúa un achegamento, desenvolvemento e estudo cara ao que constitúe o eido da investigación en Didáctica da Lingua e a Literatura Galegas, así como en relación á innovación didáctica

Competencias do título
Código Competencias do título
A10 Coñecer os fundamentos teóricos que sustentan a investigación e innovación no ámbito das Didácticas Específicas
A12 Identificar as principais liñas de investigación e innovación e a súa evolución nas Didácticas Específicas.
A13 Analizar e valorar criticamente investigacións e proxectos de innovación en ámbitos disciplinares específicos.
A14 Coñecer diferentes tipos de metodoloxía que se empregan na investigación educativa considerando a súa pertinencia para a resolución de problemas concretos
A15 Identificar criterios de calidade e control, tanto na investigación como na práctica docente, fomentando o espírito crítico, reflexivo e innovador.
A16 Deseñar, xustificar, organizar e avaliar propostas para a investigación e a innovación no ámbito das Didácticas Específicas.
A17 Seleccionar, adaptar e aplicar materiais e recursos TIC e doutra índole, para mellorar o ensino e a aprendizaxe das diferentes ámbitos disciplinares.
B1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B6 Capacidade de análise e síntese.
B8 Traballar de forma autónoma e con iniciativa.
B9 Traballar de forma colaborativa.
B10 Capacidade de organización e planificación en ámbitos educativos disciplinares e interdisciplinares.
B11 Capacidade de innovar (creatividade) dentro de contextos educativos escolares e non escolares.
B12 Comportarse con ética e responsabilidade social e ambiental como docente e/ou investigador.
B13 Ser capaz de comunicarse cos seus compañeiros, coa comunidade educativa e coa sociedade en xeral no ámbito das súas áreas de coñecemento.
B14 Incorporar as TIC no proceso de investigación e a xestión da información, a análise de datos e a difusión e comunicación de resultados
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnoloxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Se atendemos ás competencias, ben xerais, ben específicas, principalmente centradas na: - capacidade para resolver problemas - comunicación oral e escrita na propia lingua - habilidade no uso das TIC - capacidade de crítica e autocrítica - compromiso ético - capacidade para aprender a traballar de forma autónoma - comprender e posuír coñecementos - aplicación de coñecementos - capacidade de emitir xuízos - capacidade de comunicar e aptitude social - habilidade para a aprendizaxe - adquisición dunha formación básica en instrumentos, técnicas e recursos para a investigación en Didáctica da Lingua e a Literatura - aplicar coñecementos básicos na construción de instrumentos de investigación e análise de datos coñecemento e análise do marco epistemolóxico da Didáctica da Lingua e a Literatura - identificación das liñas de investigación na Didáctica da Lingua e a Literatura: investigación centrada en procesos, metodoloxías, contextos, crenzas e contidos - deseño e desenvolvemento dun proxecto de investigación no ámbito da Didáctica da Lingua e a Literatura; estaremos, portanto, a destacar os seguintes obxectivos / resultados da aprendizaxe: - coñecer as características e métodos propios da investigación en Didáctica da Lingua e a Literatura - identificar as principais liñas de investigación nesta Área de Coñecemento - deseñar un proxecto de investigación utilizando unha metodoloxía coherente e adecuada aos obxectivos do estudo - saber describir e contextualizar os problemas específicos relacionados coas metodoloxías de investigación no ámbito das Ciencias Sociais (sen deixar á parte os das Humanidades) AP10
AP12
AP13
AP14
AP15
AP16
AP17
BP1
BP4
BP6
BP8
BP9
BP10
BP11
BP12
BP13
BP14
CP1
CP3
CP6
CP8
Atenderase ao desenvolvemento de proxectos interdisciplinares innovadores orientados á adquisición das habilidades docentes e de investigación didáctica, á planificación de procesos de elaboración de proxectos interdisciplinares que integren de maneira coherente a identidade curricular das didácticas específicas e á icorporación dos proxectos de innovación, procedemientos e criterios para la avaliación conxunta da actividade docente e a aprendizaxe das diferentes didácticas específicas. AP10
AP12
AP13
AP14
AP15
AP16
AP17
BP1
BP4
BP6
BP8
BP11
BP14
CP1
CP3
CP6
CP8

Contidos
Temas Subtemas
1. A INVESTIGACIÓN EN EDUCACIÓN LINGÜÍSTICA E LITERARIA

2. INNOVACIÓN PARA UN MELLORAMENTO DO PROCESO EDUCATIVO EN EDUCACIÓN LINGÜÍSTICO-LITERARIA
1. 1. Conceptualización, características e paradigmas. Principais liñas e ámbitos de investigación
2. 1. Conceptos fundamentais en innovación educativa. Modelos e tendencias. Análise de prácticas efectivas e deseño de ferramentas e recursos de innovación

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A10 A12 A13 A14 A17 B4 B6 B9 B10 B12 B13 3 13 16
Aprendizaxe colaborativa C1 C6 C8 7 20 27
Traballos tutelados A15 A16 B1 B8 B11 B14 C3 11 16 27
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Trátase de presentar a cadeira através do significado da Área e o achegamento bibliográfico, que se ofrecerá, atendendo ás necesidades do alumnado, nas sesións aulares
Aprendizaxe colaborativa Procurarase, através de debates, postas en común, exposicións e/ou participacións activas, que o grupo se implique e descubra o significado da investigación en DLL galega
Traballos tutelados Ofrecerase un abano amplio para que os alumnos e alumnas elixan o que queren facer, propóndolles a realización dun ou varios traballos que se deberán expor publicamente nas aulas

Atención personalizada
Metodoloxías
Actividades iniciais
Aprendizaxe colaborativa
Traballos tutelados
Descrición
Actividades iniciais con traballo bibliográfico e análise de fontes de información. Discusión e desenvolvemento das liñas que rexen no ámbito da DLL, especial e loxicamente no espazo da cultura galega
Traballos titorizados que o propio alumnado decida construír, coa axuda e a guía do docente, que lles proporcionará bibliografía e pautas para o seu desenvolvemento
Aprendizaxe colaborativa através de postas en común, exposicións, discusións e traballos de baleirado de información, resumos e traballos puntuais
Por outra parte, dado que a asistencia é un deber e obriga do alumnado, non se permitirá a dispensa de asistencia ás aulas e valorarase a asistencia e o interese aular

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Actividades iniciais A10 A12 A13 A14 A17 B4 B6 B9 B10 B12 B13 Consulta e baleirado de fontes bibliográficas e presentación do que é o mundo da investigación en DLL galega 20
Aprendizaxe colaborativa C1 C6 C8 Postas en escena e postas en común, participación aular e demostración de enteireza á hora de afrontar unha sesión aular 20
Traballos tutelados A15 A16 B1 B8 B11 B14 C3 Realización de traballos titorizados a respecto de resumos, consultas e realización de proxectos que lles poidan ser de interese ao alumnado. Neste sentido, trazarase e acordarase co grupo que tipo de traballos se realizarán, ofrecéndolles variedade e atendendo ás súas necesidades e/ou gustos 60
 
Observacións avaliación

Consistirá na asistencia ás aulas, na participación aular e na realización dun traballo de investigación ou ben unha proba exame. Sobre disto informarase no primeiro día de aulas. Valorarase, portanto, a participación e a asistencia ás aulas, non estando admitida a dispensa total ás aulas. Xa que logo, para aprobar só se poderá faltar a un 20% das sesións


Fontes de información
Bibliografía básica

A bibliografía de consulta, amais de descubrila nas aulas, entregarase durante o primeiro día, e irase descubrindo ao longo das aulas. Loxicamente, partirase das propias investigacións do docente no ámbito da DLL

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Atenderase especialmente aos conceptos de interdisciplinariedade e investigación no ámbito das Ciencias Sociais e as Humanidades



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías