Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Investigación e innovación en didáctica da matemática Código 652513221
Titulación
Mestrado Universitario en Didácticas Específicas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Mato Vázquez, Mª Dorinda
Correo electrónico
m.matov@udc.es
Profesorado
Mato Vázquez, Mª Dorinda
Naya Riveiro, Maria Cristina
Correo electrónico
m.matov@udc.es
cristina.naya@udc.es
Web http://http://www.educacion.udc.es/index.php?pagina=table&id_titulacion=700
Descrición xeral Esta materia forma parte da optatividade do mestrado, e o obxectivo principal da materia e coñecer e traballar as diferentes metodoloxías que predomiñan na investigación e na innovación da didáctica da matemática.
Está deseñada para traballar os diferentes contidos a través de diversas tarefas que se elaborarán e resolverán na aula.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer as bases teóricas do traballo interdisciplinar e identificar os seus centros de interese en contextos escolares e non escolares.
A2 Identificar e analizar criticamente propostas interdisciplinares no ámbito educativo.
A3 Deseñar, xustificar, organizar e avaliar de forma sistemática propostas interdisciplinares en distintos contextos educativos
A4 Desenvolver a competencia lingüística en lingua estranxeira orientada cara á docencia nas áreas específicas
A5 Adquirir unha formación metodolóxica para realizar investigacións educativas.
A6 Establecer os descritores xerais que caracterizan unha investigación: seleccionar, elaborar, tratar e interpretar os datos, e presentar os resultados de acordo cos propósitos da investigación.
A7 Capacidade de aplicar coñecementos teóricos relativos ás Didácticas Específicas, tanto á investigación como á innovación e a avaliación.
A8 Ser capaz de defender e argumentar de forma oral e escrita o traballo de investigación e/ou innovación realizado, utilizando, de ser o caso, recursos audiovisuais de apoio.
A9 Ensaiar e avaliar formulacións de ensino disciplinares ou interdisciplinares en contextos educativos reais, e promover propostas de mellora en relación cos resultados obtidos.
A10 Coñecer os fundamentos teóricos que sustentan a investigación e innovación no ámbito das Didácticas Específicas
A11 Coñecer, comprender e utilizar a linguaxe científica e aplicala correctamente nas distintas formas de expresión e comunicación
A12 Identificar as principais liñas de investigación e innovación e a súa evolución nas Didácticas Específicas.
A13 Analizar e valorar criticamente investigacións e proxectos de innovación en ámbitos disciplinares específicos.
A14 Coñecer diferentes tipos de metodoloxía que se empregan na investigación educativa considerando a súa pertinencia para a resolución de problemas concretos
A15 Identificar criterios de calidade e control, tanto na investigación como na práctica docente, fomentando o espírito crítico, reflexivo e innovador.
A16 Deseñar, xustificar, organizar e avaliar propostas para a investigación e a innovación no ámbito das Didácticas Específicas.
A17 Seleccionar, adaptar e aplicar materiais e recursos TIC e doutra índole, para mellorar o ensino e a aprendizaxe das diferentes ámbitos disciplinares.
A18 Recoñecer a investigación e a innovación aplicada ás ciencias da educación como ferramenta continua de innovación e mellora educativa e social.
B1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permita continuar estudando dun modo que terá que ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
B6 Capacidade de análise e síntese.
B7 Capacidade de adaptación a situacións novas.
B8 Traballar de forma autónoma e con iniciativa.
B9 Traballar de forma colaborativa.
B10 Capacidade de organización e planificación en ámbitos educativos disciplinares e interdisciplinares.
B11 Capacidade de innovar (creatividade) dentro de contextos educativos escolares e non escolares.
B12 Comportarse con ética e responsabilidade social e ambiental como docente e/ou investigador.
B13 Ser capaz de comunicarse cos seus compañeiros, coa comunidade educativa e coa sociedade en xeral no ámbito das súas áreas de coñecemento.
B14 Incorporar as TIC no proceso de investigación e a xestión da información, a análise de datos e a difusión e comunicación de resultados
B15 Ter capacidade para actualizar os coñecementos, as metodoloxías e as estratexias na práctica docente.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnoloxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Aplicar os principios básicos da investigación sobre o traballo práctico na análise de procesos vinculados á mellora da competencia matemática. AP1
AP3
AP4
AP6
AP13
AP14
AP15
AP16
AP17
BP6
BP7
BP8
BP9
BP10
BP11
BP12
BP14
CP1
CP5
CP7
CP8
Coñecer as principais metodoloxías, instrumentos e técnicas de investigación e innovación na didáctica da matemática. AP3
AP7
AP8
AP9
AP10
AP11
AP12
AP15
BP2
BP3
BP4
BP5
BP6
BP8
BP9
BP13
CP1
CP2
CP5
CP6
CP7
Coñecer e analizar a importancia dos recursos didácticos para mellorar as actitudes cara a matemática. AP11
AP18
BP6
BP7
BP8
BP9
BP10
BP11
BP12
BP14
CP3
CP4
CP6
CP7
CP8
Planificar investigaciones sobre problemas relacionados coa práctica, concretamente cos avances teóricos no campo de coñecemento da didáctica da matemática. AP2
AP3
AP5
AP6
AP12
AP13
AP17
BP1
BP14
BP15
CP3
CP6
CP8

Contidos
Temas Subtemas
Procesos de adquisición do coñecemento en matemáticas. Procesos de adquisición do coñecemento en matemáticas.
Deseño e traballo de metodologías, instrumentos, técnicas e recursos para o ensino-aprendizaje das matemáticas. Deseño e traballo de metodologías, instrumentos, técnicas e recursos para o ensino-aprendizaje das matemáticas.
Principios básicos da innovación e investigación en educación matemática. Principios básicos da innovación e investigación en educación matemática.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais A2 A12 A15 B14 B15 0 10 10
Aprendizaxe colaborativa A8 A9 A13 A17 B2 B3 B8 B9 B12 C7 8.5 8.5 17
Discusión dirixida A7 B1 B4 B5 B7 B12 B13 C1 C2 C4 C6 C8 10 14 24
Investigación (Proxecto de investigación) A3 A4 A5 A6 A7 A16 A17 A18 B6 B8 B9 B10 B11 C3 C5 C8 0.5 18.5 19
Presentación oral A8 B3 B4 B6 B7 B8 B9 B13 C1 C2 0.5 1.5 2
Actividades iniciais A1 A10 A11 A14 1.5 0.5 2
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador.
Investigación (Proxecto de investigación) Traballo extenso, realizado en grupo sobre un contido da materia.
Presentación oral Exposición na aula do Proxecto de investigación.
Actividades iniciais Actividades de evaluación inicial para comprobar os coñecementos previos dos estudantes.

Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Discusión dirixida
Aprendizaxe colaborativa
Actividades iniciais
Investigación (Proxecto de investigación)
Descrición
A atención personalizada descríbese en torno a estas metodoloxías como momentos de traballo presencial co profesor polo que se pide unha participación obrigatoria do estudante. A forma e o momento en que se traballen se indicará en relación a cada actividade ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia.

Aqueles estudantes con dispensa académica de exención de asistencia deberán comunicalo na primeira semán de clase e serán avaliados mediante un traballo (cunha ponderación do 50% na cualificación final) e unha proba individual (cunha ponderación do 50% na cualificación final), do mesmo xeito serán avaliados aqueles e aquelas que non cumpran un 80% de asistencia das sesións presenciais. A nota final será a media das cualificacións obtidas, solicitándose en cada unha delas para facer media unha nota igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para superar a materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A8 B3 B4 B6 B7 B8 B9 B13 C1 C2 Valorarase a clararidade, a habilidade para presentar a información e a comunicación de resultados e conclusións. 15
Aprendizaxe colaborativa A8 A9 A13 A17 B2 B3 B8 B9 B12 C7 Valorarase as comunicacións e a intervención na aula como o traballo diario e recollido na aula. 30
Investigación (Proxecto de investigación) A3 A4 A5 A6 A7 A16 A17 A18 B6 B8 B9 B10 B11 C3 C5 C8 Valorarase a metodoloxía, os resultados, a argumentación, as conclusións e a dificultade do tema elexido. 55
 
Observacións avaliación

A asistencia ás clases presenciais é obrigatoria.

Se o estudante non chega a unha asistencia do 80% das clases presenciais será avaliado:

  • por unha proba individual (exame) que será un 50% da cualificación, e
  • un traballo de investigación individual que será un 50% da cualifiación final.

Tendo en conta que a cualificación mínima para que estas dúas partes compute na cualificación final sexa de 5.


Fontes de información
Bibliografía básica Godino, J.D. (2013). Actividades de iniciación a la investigación en Educación Matemática.. Uno. Revista de Didáctica de la Matemática, 63, 69-76.
Castro Martínez, E.; Olmo Romero, Mª A.; Castro Martínez, E. (2002). Desarrollo del pensamiento matemático infantil. Departamento de Didáctica de la Matemática. Universidad de Granada, Granada.
Sivianes Valdecantos, S. (2009). El trabajo por proyectos y las matemáticas.. Números, 72, 75-80.
Burghes, D. (Editor) (2012). Enhancing primary mathematics teaching and learning.. CfBT Education Trust. Plymouth, Uk.
Santos-Trigo, M. (2009). Innovación e investigación en Educación Matemática.. Innovación Educativa, vol.9, núm. 46, 5-13.
León Gómez, N.A. (2006). ¿Qué tan innovadores somos en Educación Matemática?. Números, 63, 49-57.

Os estudantes teñen á súa disposición multitude de recursos que completan estas referencias na plataforma Moodle.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías