Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Dificultades na aprendizaxe das matemáticas. Enfoque práctico Código 652513222
Titulación
Mestrado Universitario en Didácticas Específicas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer as bases teóricas do traballo interdisciplinar e identificar os seus centros de interese en contextos escolares e non escolares.
A2 Identificar e analizar criticamente propostas interdisciplinares no ámbito educativo.
A3 Deseñar, xustificar, organizar e avaliar de forma sistemática propostas interdisciplinares en distintos contextos educativos
A8 Ser capaz de defender e argumentar de forma oral e escrita o traballo de investigación e/ou innovación realizado, utilizando, de ser o caso, recursos audiovisuais de apoio.
A9 Ensaiar e avaliar formulacións de ensino disciplinares ou interdisciplinares en contextos educativos reais, e promover propostas de mellora en relación cos resultados obtidos.
A11 Coñecer, comprender e utilizar a linguaxe científica e aplicala correctamente nas distintas formas de expresión e comunicación
A15 Identificar criterios de calidade e control, tanto na investigación como na práctica docente, fomentando o espírito crítico, reflexivo e innovador.
A16 Deseñar, xustificar, organizar e avaliar propostas para a investigación e a innovación no ámbito das Didácticas Específicas.
A17 Seleccionar, adaptar e aplicar materiais e recursos TIC e doutra índole, para mellorar o ensino e a aprendizaxe das diferentes ámbitos disciplinares.
B1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permita continuar estudando dun modo que terá que ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
B6 Capacidade de análise e síntese.
B7 Capacidade de adaptación a situacións novas.
B8 Traballar de forma autónoma e con iniciativa.
B9 Traballar de forma colaborativa.
B10 Capacidade de organización e planificación en ámbitos educativos disciplinares e interdisciplinares.
B11 Capacidade de innovar (creatividade) dentro de contextos educativos escolares e non escolares.
B12 Comportarse con ética e responsabilidade social e ambiental como docente e/ou investigador.
B13 Ser capaz de comunicarse cos seus compañeiros, coa comunidade educativa e coa sociedade en xeral no ámbito das súas áreas de coñecemento.
B14 Incorporar as TIC no proceso de investigación e a xestión da información, a análise de datos e a difusión e comunicación de resultados
B15 Ter capacidade para actualizar os coñecementos, as metodoloxías e as estratexias na práctica docente.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnoloxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e analizar as dificultadas asociadas aos distintos tipos de linguaxe e a súa interrelación na educación matemática. AP1
AP2
AP8
AP11
AP16
AP17
BP6
BP7
BP8
BP10
BP13
BP14
BP15
CP1
CP3
CP4
CP6
CP7
CP8
Coñecer os principios, técnicas e recursos didácticos para dar resposta ás dificultadas asociadas ao uso das distintas linguaxes en matemáticas. AP3
AP9
BP1
BP2
BP3
BP4
BP5
BP11
BP12
CP1
CP8
Coñecer a influencia das compoñentes afectivas no proceso de ensino-aprendizaxe da matemática. AP2
AP3
AP8
AP11
AP15
BP6
BP7
BP9
BP12
BP13
CP1
CP3
CP4
CP6
CP7
CP8
Adquirir a capacidade de resolver situacións prácticas relativas ás dificultades da aprendizaxe da matemática. AP1
AP2
AP3
AP8
AP9
AP16
AP17
BP6
BP7
BP9
BP10
BP11
BP12
BP13
BP15
CP1
CP4
CP6
CP7
CP8

Contidos
Temas Subtemas
As linguaxes da matemática
Importancia do uso simultáneo de linguaxes distintas na actividade matemática.

A linguaxe verbal

A linguaxe simbólica

A linguaxe gráfica
Compoñentes afectivos.
Actitudes cara as matemáticas

Ansiedade matemática

Influencia das compoñentes afectivas no desempeño matemático
Análise e estudo de casos prácticos. Dificultades en contexto

Resposta ás dificultades

Metacognición en matemáticas

Tarefas auténticas e tarefas estándar

Implementación práctica de actividades metacognitivas na aula

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais A11 A15 A17 B3 B5 B8 B15 C3 C6 0 15 15
Aprendizaxe colaborativa A3 A8 A16 A17 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 C1 8 8 16
Discusión dirixida A8 A11 A15 A17 B4 B6 B9 B12 B13 3 5 8
Investigación (Proxecto de investigación) A1 A2 A3 A8 A9 A11 A15 A16 A17 B1 B6 B7 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 C1 C3 C4 C6 C7 C8 5 20 25
Presentación oral A8 A11 B6 B10 B13 C1 1 3 4
Actividades iniciais A1 A2 B2 B6 4 2 6
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Utilización de documentos de toda tipoloxía, aplicables e relacionados coas didácticas específicas (primarias, secundarias e terciarias: arquivísticos, bibliográficos, audiovisuais, hemerográficos, arqueolóxicos, orais, textuais, literarias, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para o traballo coas mesmas.
Aprendizaxe colaborativa Realización de traballos en grupos.
Discusión dirixida Posta en común dos contidos analizados nas fontes documentáis.
Discusión sobre a súa aplicabilidade.
Investigación (Proxecto de investigación) Proceso orientado á aprendizaxe do alumnado mediante a realización de actividades de carácter práctico a través das que se propoñen situacións que requiren ao estudante identificar un problema obxecto de estudo, formulalo con precisión, desenvolver os procedementos pertinentes, interpretar os resultados e sacar as conclusións oportunas do traballo realizado.
Presentación oral Exposición verbal, coa utilización dos recursos expositivos adecuados, que debe reflectir todas as fases do proceso de creación e desenvolvemento dos traballos titelados.
Actividades iniciais Presentación das liñas xerais da materia e toma de contacto cos estudantes, os seus intereses e expectativas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Investigación (Proxecto de investigación)
Descrición

Orientación dos grupos de estudantes na realización do traballo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A1 A2 A3 A8 A9 A11 A15 A16 A17 B1 B6 B7 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 C1 C3 C4 C6 C7 C8 Traballo en equipo ou individual sobre un tema de interese.
Terase en conta a dificultade do tema elixido, a metodoloxía seguida na súa realización, a exposición dos resultados atopados e a argumentación das conclusións, entre outras cousas.
60
Presentación oral A8 A11 B6 B10 B13 C1 O alumnado terá que facer a presentación oral e defensa dun traballo.
Terase en conta a corrección na expresión oral, capacidade de síntese, capacidades comunicativas, así como a corrección e argumentación das respostas e a súa adecuación ás posibles cuestións que se formulen.
10
Aprendizaxe colaborativa A3 A8 A16 A17 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 C1 Terase en conta a participación razoada, a realización razoada das tarefas e a aportación ás dinámicas de grupo. 30
 
Observacións avaliación

Non se admite a dispensa académica de exención de docencia.

Se o
estudante non chega a unha asistencia do 80% das clases presenciales
deberá ser evaluado por unha proba
individual.

Nos traballos de avaliación que se entreguen, os
contidos incluidos deben estar apropiadamente referenciados
ao longo
do traballo e no apartado de referencias usando certas
normas. O
texto literal debe declararse usando ditas normas. No
parafraseado deben figurar
as fontes orixinais das ideas que se reelaboran. A presencia
de fontes
científicas no traballo é un signo de credibilidade que é un
requisito
imprescindible para demostrar a excelencia académica.


Recoméndase consultar:

http://www.udc.es/biblioteca/servizos/apoio_investigacion/servizos_apoio/publicar/citar.html


Tense que evitar o plaxio.


As citas e as referencias a calquera texto debe declararse,
o uso literal do
texto ou ideas doutros autores parafraseadas sen declarar a
fonte supón o
suspenso do traballo en aplicación do artigo 14.4 da NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E
RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS DOS ESTUDOS DE GRAO E
MESTRADO UNIVERSITARIO, aprobada polo
Consello de Goberno do
19 de decembro de 2013 e modificada o 29 de xaneiro de 2015, na
que se indica que "na realización de traballos,
o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído
aquel obtido a
través de internet, sen indicación expresa da súa
procedencia e, se é o caso, o
permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de
cualificación de suspenso
na actividade".


Fontes de información
Bibliografía básica van Velzen, Joke H. (2016). Evaluating the suitability of mathematical thinking problems for senior high-school students by including mathematical sense making and global planning. THE CURRICULUM JOURNAL

Bayetto, Anne Free Tips and Resources for Phonics Teaching. What does the research tell us? http://www.speld-sa.org.au/links/free-tips-and-resources-for-phonics-teaching.html?task=view&id=84

Effective Strategies for Teaching Students with Difficulties in Mathematics. The National Council of Teachers of Mathematics. 2007. http://www.nctm.org/uploadedFiles/Research_and_Advocacy/research_brief_and_clips/Research_brief_02_-_Effective_Strategies.pdf

Kramarski, Bracha; Mevarech, Zemira R.; Arami, Marsel (2002) The effects of metacognitive instruction on solving Mathematical authentic tasks. Educational Studies in Mathematics 49: 225–250

Munro, J. (1995). SUCCESS in learning mathematics : A learning strategies approach. Hawthorn, VIC : EdAssist. https://students.education.unimelb.edu.au/selage/pub/readings/mathsld/LD-N%20%20teaching%20framework.pdf

Munro, John (2003) Dyscalculia : A unifying concept in understanding mathematics learning disabilities. Australian Journal of Learning Disabilities, 2003 8, (4). https://students.education.unimelb.edu.au/selage/pub/readings/mathsld/Types_of_dyscalcula.pdf

Munro, John. Mathematics underachievers learning spatial knowledge. https://students.education.unimelb.edu.au/selage/pub/readings/mathsld/Spatial%20article.pdf

Naya, Mª Cristina; Soneira, Carlos; Mato, Mª Dorinda; de la Torre, Enrique (2014) Cuestionario sobre actitudes hacia las matemáticas en futuros maestros de Educación Primaria. Revista de Estudios e Investigación en Psicología y Educación. Vol.1, No. 2, 141-149

Naya-Riveiro, M.C., Soneira, C., Mato, D. y de la Torre, E. (2015). Actitudes hacia las Matemáticas y rendimiento académico en función de los estudios de acceso y curso en futuros maestros. En C. Fernández, M. Molina y N. Planas (eds.), Investigación en Educación Matemática XIX (pp. 423-430). Alicante: SEIEM.

Orrantia, Josetxu: Tarín, Julio & Vicente, Santiago (2011) El uso de la información situacional en la resolución de problemas aritméticos, Infancia y Aprendizaje, 34:1, 81-94. http://dx.doi.org/10.1174/021037011794390094

Orrantia, Josetxu; González, Lourdes B.; Vicente, Santiago (2005) Un análisis de los problemas aritméticos en los libros de texto de Educación Primaria. Infancia y Aprendizaje, 28 (4), 429-451

Phonapichat, Prathana; Wongwanich, Suwimon; Sujiva, (2014) An analysis of elementary school students’ difficulties in mathematical problem solving Siridej  Procedia - Socialand Behavioral Sciences,116, pp. 3169-3174 http://www.sciencedirect.com/science/article/pii/S1877042814007459

Soneira, Carlos; Naya, Mª Cristina; Mato, Mª Dorinda; de la Torre, Enrique (2015) Autoconcepto matemático de los estudiantes de grado de Educación Primaria. En Ramiro-Sánchez, T. y Ramiro, M.T. (2015 )Avances en Ciencias de la Educación y del Desarrollo 2015.San Sebastián: Univ. de Granada. Pp. 521-526.

Turner, R. (2016). Lessons from PISA 2012 about mathematical  literacy: An illustrated essay. PNA, 10(2), 77-94

Verschaffel, L.; DeCorte, E.; Lasure, S (1994) Realistic considerations in mathematical modeling of school arithmetic word problems. Learning and Instruction 4(4):273-294. https://www.researchgate.net/publication/223690245_Realistic_considerations_in_mathematical_modeling_of_school_arithmetic_word_problems

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase os envíos dos traballos telemáticamente e, de non ser posible, non utilizar plásticos. Elixir a impresión a doble cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores.

Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías