Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Deseño de Proxectos Interdisciplinares  Código 652534004
Titulación
Mestrado Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Garcia Barros, Susana
Correo electrónico
susana.gbarros@udc.es
Profesorado
Garcia Barros, Susana
Santamaría Recio, María Celina
Correo electrónico
susana.gbarros@udc.es
celina.santamaria@udc.es
Web
Descrición xeral Materia obrigatoria na que se analizan e aplican os principios do deseño de proxectos, contemplando o seu carácter competencial en contextos concretos para niveis educativos de infantil e primaria.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 E1 - Coñecer as bases teóricas do traballo interdisciplinar e identificar os seus centros de interese en contextos escolares e non escolares.
A2 E2 - Identificar e analizar criticamente propostas interdisciplinares no ámbito educativo.
A3 E3 - Deseñar, xustificar, organizar e avaliar de forma sistemática propostas interdisciplinares en distintos contextos educativos.
A8 E8 - Ser capaz de defender e argumentar de forma oral e escrita o traballo de investigación e/ou innovación realizado, utilizando no seu caso recursos audiovisuais de apoio.
A9 E9 - Ensaiar e avaliar formulacións de ensino disciplinares ou interdisciplinares en contextos educativos reais, e promover propostas de mellora en relación cos resultados obtidos.
B1 CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B2 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B4 CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B6 G1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
B8 G3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
B12 G7 - Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
B13 G8 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C3 T3 - Traballar de forma autónoma e con iniciativa.
C4 T4 - Traballar de forma colaborativa.
C5 T5 - Capacidade de organización e planificación en ámbitos educativos disciplinares e interdisciplinares.
C6 T6 - Capacidade de innovar (creatividade) dentro de contextos educativos escolares e non escolares.
C9 T9 - Incorporar as TIC no proceso de investigación e a xestión da información, a análise de datos e a difusión e comunicación de resultados.
C10 T10 - Ter capacidade para actualizar os coñecementos, metodoloxías e estratexias na práctica docente.
C11 T11 - Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria.
C12 T12 - Capacidade para comunicarse por oral e por escrito en lingua galega.
C13 T13 - Sustentabilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Identificar e valorar as características da metodoloxía por proxectos. AM1
AM2
BM1
BM8
BM12
CM3
CM4
CM9
Desenvolver proxectos interdisciplinares innovadores orientados ao desenvolvemento das habilidades docentes e de investigación didáctica. AM3
BM2
BM13
CM5
CM10
CM11
Planificar procesos de elaboración de proxectos interdisciplinares que integren de xeito coherente a identidade curricular das didácticas específicas. AM1
AM2
AM3
AM8
AM9
BM2
BM8
CM4
CM5
CM6
CM13
Incorporar os proxectos de innovación, procedementos e criterios para a avaliación conxunta da actividade docente e a aprendizaxe das diferentes didácticas específicas. AM3
AM8
AM9
BM4
BM6
CM12

Contidos
Temas Subtemas
Os proxectos. Súas características - Orixen
- Evolución e estado actual
Deseño, desenvolvemento e avaliación de proxectos interdisciplinares: modelos, principios e estrutura. - Tipos de proxectos
- Características que deben atender
Estratexias metodológicas innovadoras no desenvolvemento de proxectos interdisciplinares. - A resolución de problemas e a indagación como estratxgias
metodológicas no diseño de proxectos
- Exemplos de proyestos. O séu análise e mellora
Elaboración de proxectos interdisciplinares baseados no traballo colaborativo e en mellóraa da práctica educativa. - Deseño de proxectos personales seguindo as pautas establecidas
- Exposición e xustificación da idoneidade do proyecto

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Aprendizaxe colaborativa A3 A8 A9 B4 B6 C4 C5 C11 C12 8 8 16
Sesión maxistral A1 B12 B13 C11 13 20 33
Traballos tutelados A3 A9 B2 C4 C5 C6 C9 C13 6.5 21 27.5
Presentación oral A8 B4 B6 2 2 4
Análise de fontes documentais A1 A2 B2 B8 B12 B13 C3 0 17 17
Proba mixta A1 A2 B1 B8 B12 B13 C3 C10 2 10 12
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral vai acompañada dun intercambio e diálogo continuo co alumnado
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Proba mixta Proba que integra preguntas teórico-prácticas de carácter individual e escrito.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Os traballos tutelados serán dirixidos directamente por as profesoras da materia a través das titorías.

Facilitarase a integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades para superar a materia, mediante as axudas oportunas e a atención personalizada requerida.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A8 B4 B6 Os traballos tutelados serán presentados e discutidos en gran grupo coa intervención dos demás compañeiros. Será avaliada moi especialmente a capacidade de argumentación do alumnado 15
Análise de fontes documentais A1 A2 B2 B8 B12 B13 C3 Esta análise mostrarase no traballo tutelado, dado que resulta imprescindible para súa fundamentación 15
Traballos tutelados A3 A9 B2 C4 C5 C6 C9 C13 Traballo que consistirá na elaboración/diseño dun proxecto de carácter interdisciplinar dirixido a un curso concreto de infantil ou primaria 50
Proba mixta A1 A2 B1 B8 B12 B13 C3 C10 Consistirá nunha proba personal dirixida a particularizar a cualificación final do alumando 20
 
Observacións avaliación

A avaliación desta materia consistirá na presentación e defensa dun proxecto interdisciplinar, en grupos de dous ou tres persoas, e excepcionalmente de xeito individual. O traballo titorizado consistirá no desenvolvemento dun proxecto interdisciplinar, centrado principalmente en ciencias naturais e matemáticas. Valorarase a calidade do traballo en si (50%), a análise documental que presenta (15%) e a súa exposición oral (15%). Ademais, realizarase unha proba mixta (20%). 

Se o/a alumno/a non alcanza o 80% das clases presenciais ou ten unha exención académica para a asistencia, deberán poñelo en conocimento das profesoras na primeira seman de clase, e avaliarase mediante as seguintes actividades: Traballo tutelado (25%); exposición oral (10%); análise de fontes documentais (5%), traballos propostos para a aula (20%) e proba mixta (40%). Todas as entregas deberán realizarse de xeito individual e nos mesmos prazos que o resto de estudantes. 

Para aprobar a materia será necesario acadar unha puntuación de 4 sobre 10 en cada un dos apartados.

Importante: nos traballos presentados considerarase a corrección da expresión e da ortografía. Por outra banda, o plaxio será a causa da suspensión da actividade avaliada, en coherencia co artigo 14.4 das NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DE GRADOS DE ESTUDOS DE BACHARELATO E MÁSTER, aprobadas polo Consello de Goberno o 19 de decembro de 2013 e modificadas o 29 de xuño de 2017.


Fontes de información
Bibliografía básica Amorós, E y Hostal, A. (2013). 44 Experiencias 0-3. Barcelona. Graó
Doménech-Casal, J. (). Aprendizaje basado en proyectos, trabajos prácticos y controversias. 28 propuestas y reflexiones para enseñar Ciencias. Barcelona. Octaedro
Sanmartí, N. y Márquez, C. (2017). Aprendizaje de las ciencias basado en proyectos: del contexto a la acción. Ápice. Revista de Educación Científica, 1(1) 3-16
Xunta de Galicia (2015). Competencias Clave . https://www.boe.es/boe_gallego/dias/2015/01/29/pdfs/BOE-A-2015-738-G.pdf
Xunta de Galicia (2009). Currículo Educación Infantil. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2009/20090623/Anuncio202E2_es.html
Xunta de Galicia (2014). Currículo Educación Primaria. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2014/20140909/AnuncioG0164-050914-0005_gl.pdf
Díaz Barahona, J. (2010). El desarrollo de la competencia matemática desde la educación física. Aula de Innovación Educativa, 189, 23-29
Abril, A.M.; Blanco, A. y Franco, A.J. (). Enseñanza de las ciencias en tiempos de COVID-19 De la Investigación didáctica al aula. Barcelona. Graó
Alsina, A (2012). Hacia un enfoque globalizado de la educación matemática en las primeras edades. Numeros, (80),7-24
García Barros, S. Martínez Losada, C (2013). Inmersos en el aire miramos al cielo.. Barcelona: Graó
Mato-Vázquez, D.; López Chao, V. y Pérez-Mato, A. (2015). Interdisciplinaridad entre Matemáticas y Educación Plástica en educación Infantil. XII Foro Internacional sobre Evaluación de la Calidad de la Investigación y la Educación Superior In
Cabello, A. España, E. y Blanco A. (2016). La competencia en alimentación. Barcelona: Octaedro
Ramiro, E. (2010). La maleta de la ciencia. 60 experimentos de aire y agua y centenares de recursos para todos.. Barcelona. Graó
Hernández, F. (2002). Los proyectos de trabajo. Mapa para navegantes en mares de incertidumbre.. Cuadernos de Pedagogía, 310, 78-82
Majó Masferrer, F.; Baqueró Alos, M. 2014 (2014). Ocho ideas clave. Los proyectos interdisciplinarios. Barcelona:Graó
López Sancho, J M..; Gómez Díaz, M. J.; Refolio Refolio, M. C.; López Álvarez, J. M.; Moreno Gómez, (2009). Óptica para maestros Una aproximación del modelo de rayos para el aula de educación infantil y primaria. . Recuperado de https://digital.csic.es/handle/10261/83872

Esta bibliografía completarase no transcurso do curso adaptándose ás necesidades académicas.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase que os envíos dos traballos sexa telemáticamente e se non fose posible, non utilizar plásticos, elexir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Debése ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais. 

Evitaráse a discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. Usarase linguaxe non sexista, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías