Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Análise de Experiencias Interdisciplinares  Código 652534005
Titulación
Mestrado Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Composición
Didácticas Específicas
Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Chao Fernandez, Rocio
Correo electrónico
rocio.chao@udc.es
Profesorado
Calviño Santos, Guillermo Francisco
Chao Fernandez, Rocio
Díaz Caneiro, María Eugenia
Correo electrónico
guillermo.calvino@udc.es
rocio.chao@udc.es
eugenia.diaz.caneiro@udc.es
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 E1 - Coñecer as bases teóricas do traballo interdisciplinar e identificar os seus centros de interese en contextos escolares e non escolares.
A2 E2 - Identificar e analizar criticamente propostas interdisciplinares no ámbito educativo.
A3 E3 - Deseñar, xustificar, organizar e avaliar de forma sistemática propostas interdisciplinares en distintos contextos educativos.
A9 E9 - Ensaiar e avaliar formulacións de ensino disciplinares ou interdisciplinares en contextos educativos reais, e promover propostas de mellora en relación cos resultados obtidos.
A13 E13 - Analizar e valorar criticamente investigacións e proxectos de innovación en ámbitos disciplinares específicos.
A17 E17 - Seleccionar, adaptar e aplicar materiais e recursos TIC e doutra índole, para mellorar o ensino e aprendizaxe dos diferentes ámbitos disciplinares.
B1 CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B2 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B3 CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B4 CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B5 CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
B6 G1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
B8 G3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
B9 G4 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
B11 G6 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
B12 G7 - Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
B13 G8 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C1 T1 - Capacidade de análise e síntese.
C3 T3 - Traballar de forma autónoma e con iniciativa.
C4 T4 - Traballar de forma colaborativa.
C5 T5 - Capacidade de organización e planificación en ámbitos educativos disciplinares e interdisciplinares.
C11 T11 - Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria.
C12 T12 - Capacidade para comunicarse por oral e por escrito en lingua galega.
C13 T13 - Sustentabilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os aspectos básicos da interdisciplinariedade en diversos contextos educativos. AM1
AM9
BM1
BM2
BM3
BM11
CM1
CM3
CM4
CM5
Buscar contextos que permitan tratar a interdisciplinariedade buscando a sinerxia entre distintas materias curriculares. AM2
AM13
AM17
BM5
Analizar críticamente as pautas e concrecións interdisciplinares que aparecen nos currícula escolares. AM2
AM9
BM4
BM8
Identificar e analizar/valorar críticamente as metodoloxías docentes que mellor se axustan ao traballo interdisciplinar en cada contexto. AM3
BM6
BM9
BM12
BM13
Dotar ao alumnado de instrumentos para analizar e avaliar propostas de ensino interdisciplinares. AM3
AM9
CM11
CM12
CM13

Contidos
Temas Subtemas
Introdución á interdisciplinariedade. Liñas básicas do trabajo interdisciplinar: antecedentes, fundamentación teórica, modelos, etc. Introdución á interdisciplinariedade. Liñas básicas do trabajo interdisciplinar: antecedentes, fundamentación teórica, modelos, etc.
Centros de interés para o trabalo interdisciplinar. Análise da aportación das distintas disciplinas curriculares. Centros de interés para o trabalo interdisciplinar. Análise da aportación das distintas disciplinas curriculares.
Estudo da interdisciplinariedade a través das competencias chave e estándares de aprendizaxe no currículum. Estudo da interdisciplinariedade a través das competencias chave e estándares de aprendizaxe no currículum.
Metodoloxías máis utilizadas no traballo interdisciplinar. Metodoloxías máis utilizadas no traballo interdisciplinar.
Análise avaliación de propostas interdisciplinares concretas. Análise avaliación de propostas interdisciplinares concretas.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais A1 A13 A17 B5 B11 B13 C3 1 20 21
Traballos tutelados A2 A3 A9 C4 C5 C11 C12 C13 10 50 60
Discusión dirixida A2 B1 B8 B9 C1 4 0 4
Sesión maxistral A1 A2 5 15 20
Presentación oral B4 B6 1 5 6
Aprendizaxe colaborativa B2 B3 B12 1 10 11
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón o emprego de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artígos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades específicamente deseñadas para o análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe de “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade polo seu propio aprendizaxe.
Este sistema de ensino basease en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador.
Sesión maxistral Exposición oral complementada có uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecmentos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade adoitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso casi exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da cal o alumnado e o profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicación, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe de “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade polo seu propio aprendizaxe.
Este sistema de ensino basease en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral B4 B6 Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da cal o alumnado e o profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. 30
Aprendizaxe colaborativa B2 B3 B12 Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicación, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. 10
Análise de fontes documentais A1 A13 A17 B5 B11 B13 C3 Técnica metodolóxica que supón o emprego de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artígos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades específicamente deseñadas para o análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. 20
Traballos tutelados A2 A3 A9 C4 C5 C11 C12 C13 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe de “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade polo seu propio aprendizaxe.
Este sistema de ensino basease en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
As características propias do traballo explicaranse no transcurso das clases.
40
 
Observacións avaliación
Para aprobar a asignatura é necesario aprobar cada un dos
apartados anteriores. No caso contrario non se fai media.

A asistencia ás clases presenciais é obrigatoria. O alumnado, individualmente ou en pequeno grupo (como máximo 2/3 alumnos/as)
entregará, unha vez rematadas as clases presenciais, o traballo
realizado.

Se o estudante non chega a unha asistencia do 80% das clases
presenciais; deberá ser avaliado, ademáis de polo mesmo que todo o alumnado, por unha
proba individual. Neste caso, os ítems da avaliación e o traballo terán unha ponderación do 50%, esixíndose en
cada unha delas unha nota igual ou superior a 5 sobre 10.

Como consideración xeral, terase especialmente en conta, tanto nos
exames como nos
traballos, as deficiencias ortográficas de puntuación e acentuación,
así
como unha redacción inconexa ou inadecuada, deficiente presentación,
excesivo número de tachaduras, etc. Todo elo suporá a redución de puntos
sobre a nota
obtida.
En caso de que a/o profesor detecte plaxio nalgún
traballo, suporá un 0 na cualificación. No caso de reiteración, darase traslado á Comisión Académica para a toma de medidas oportunas.
Farase especial fincapé no cuidado do medio
ambiente en pro dunha
educación e sociedade sostible. Os traballos
serán enviados exclusivamente telemáticamente, e de
non ser posible, nos documentos impresos non se empregarán plásticos,
elixirase a impresión a dobre cara e papel reciclado, evitando
imprimir borradores.

Débese facer un uso sustentábel dos recursos e a prevención de impactos
negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos
principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos
comportamentos persoais e profesionais. Para elo, sempre que sexa posible na
elaboración dos traballos empregarase material de reciclaxe e evitarase o
emprego de materiais de plástico na entrega dos mesmos.

Fontes de información
Bibliografía básica Chen, W., Cone, T.P., Cone, S.L. (2007). A collaborative approach to developing an interdisciplinary unit. Journal of Teaching in Physical Education. Journal of Teaching in Physical Education, 26 (2), 103-124.
Chao-Fernández, R.; Mato-Vázquez, D. y Chao-Fernández, A. (2015). Actividades interdisciplinares de Matemáticas y Música para Educación Infantil. Revista de estudios e Investigación en Psicología y Educación.
Prats Cuevas, J. (2000). Disciplinas e interdisciplinariedad. El espacio relacional y polivalente de los contenidos de la didáctica de las ciencias sociales.. Iber: Didáctica de las Ciencias Sociales, Geografía e Historia, 24, 7-18.
Díaz Lucea, J. (2010). Educación física e interdisciplinariedad, una relación cada vez más necesaria. . Tándem: Didáctica de la Educación Física, 33, 7-21.
Quiles Cabrera, M. C. (2012). Entre pinceles y libros : textos para un enfoque intertextual e interdisciplinar en el aula de lengua . Álabe, 6. Recuperado de http://revistaalabe.com/index/alabe/article/view/115/104
Purcell Cone, T., Werner, P. y Cone, S. (2009). Interdisciplinary Elementary Physical Education-2nd Edition . Champaign: Human Kinetics
Arbonés, J. y Milrud, P. (2001). La armonía es numérica. Música y matemáticas. . España: RBA.
Román-García, S.; Mato-Vázquez, D. & Chao-Fernández, R. (2016). La escuela infantil del siglo XXI: ¿interdisciplinariedad en el aula?. Madrid: McGraw Hill Education
Monge, J.J. y Portillo, R. (1996). La formación del profesorado desde una perspectiva interdisciplinar retos ante el siglo XXI. . Santander: Servicio de Publicaciones de la Universidad de Cantabria.
Juanola, R. (2011). La investigación didáctica: hacia la interdisciplinariedad y la cooperación. . Educatio Siglo XXI,29(1), 233-262
Pérez Aldeguer, S. y Leganés Lavall, E. N. (2012). La Música como herramienta interdisciplinar: un análisis cuantitativo en el aula de Lengua Extranjera de Primaria. Revista de Investigación en Educación, 10 (1), 127-143.
Díez Navarro, C. (1995). La oreja verde de la escuela. Trabajo por proyectos y vida cotidiana en la escuela infantil.. Madrid: Ed. de la Torre.
Gutiérrez Ferrer, M. L. (2001). Las excursiones escolares y la interdisciplinariedad en ciencias sociales.. Iber: Didáctica de las Ciencias Sociales, Geografía e Historia, 27, 113-120.
Chao-Fernández, R., Mato-Vázquez, D. (2017). Las relaciones y los beneficios de la conexión entre música y lógica-matemática en Educación infantil. Madrid: la Muralla
Da Silva Santos, A. (2016). Literatura de cordel e interdisciplinariedade: rumos da literatura popular. . Revista de Estudos Linguísticos, Literários, Culturais e da Contemporaneidade 18b, 44-50.
Escobar Martínez, M. D (2012). Literatura y Música. Propuestas interdisciplinares para Educación Secundaria. Murcia: Consejería de Educación, Universidade y Empleo.
Méndez, A. y Fernández-Río, J. (2010). Los juegos tradicionales infantiles: un marco privilegiado para el trabajo interdisciplinar y competencial.. Tándem. Didáctica de la Educación Física, 33, 67-76.
Algás, P. et al. (2010). Los proyectos de trabajo en el aula: reflexiones y experiencias prácticas. . Barcelona: Graó.
Hernández, F. (2002). Los proyectos de trabajo. Mapa para navegantes en mares de incertidumbre. . Cuadernos de Pedagogía, 310, 78-82.
Fernández-Carrión, M. (2011). Música y Matemáticas: La Armonía de los Números. http://recursostic.educacion.es/artes/
Liern, V., Queralt, T. (2008). Música y Matemáticas: La Armonía de los Números. Badajoz, Servicio de publicaciones de la FESPM.
Mato-Vázquez, D.; Chao-Fernández, R. y Chao-Fernández, A (2017). O Piano matemático. Revista de estudios e Investigación en Psicología y Educación.
Arias Correa, A. et al. (2009). O traballo por proxectos en Infantil, Primaria e Secundaria. . Santiago de Compostela: Xunta de Galicia
Majó Masferrer, F.; Baqueró Alos, M. (2014). Ocho ideas clave. Los proyectos interdisciplinarios. Barcelona. Graó
Miralles Martínez, P., Rivero Gracia, P (2012). Propuestas de innovación para la enseñanza de la historia en Educación Infantil. Revista Electrónica Interuniversitaria de Formación del Profesorado, 15/1, 81-90.
Otero Saborido, F. M. (2010). Proyecto globalizador en un centro educativo. Educación Física interdisciplinar: juegos olímpicos en la antigua Grecia. . Tándem: Didáctica de la Educación Física, 33, 36-45.
Quiles Cabrera, M. C. (2008). Textos con música: cómo desarrollar las habilidades comunicativas desde una perspectiva interdisciplinar. . Glosas Didácticas. Revista Electrónica Internacional 17.
García, E. R., Cervantes, C. T. y de la Torre Navarroa, E (2012). Trans)formar docentes, (trans)formar personas. Una experiencia interdisciplinar para democratizar el aula universitaria. Estudios Pedagógicos, 38 (ESPECIAL), 347-370.
Villacañas, L. (2013). Una didáctica interdisciplinar de la literatura infantil en inglés. Didáctica. Lengua y Literatura 25, 353-373.
Gómez González, F. J. (2016). ¿El mito de la ciencia interdisciplinar? : obstáculos y propuestas de cooperación entre disciplinas.. Madrid: Los Libros de la Catarata
Chao-Fernández, R.; Mato-Vázquez, D. y L-Chao, A.M. (2015). ¿Se trabajan de forma interdisciplinar Música y Matemáticas en Educación Infantil? . Educação e Pesquisa 41 (4), 1009-1022.

Esta bibliografía poderá ampliarse no trascurso da materia.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase que os envíos dos traballos sexa telemáticamente e se non fose posible, non utilizar plásticos, elexir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Debése ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais. 

Evitaráse a discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. Usarase linguaxe non sexista.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías