Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) A Contorna como Recurso Educativo  Código 652534006
Titulación
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas
Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Fraguela Vale, Raul
Correo electrónico
raul.fraguela@udc.es
Profesorado
Diéguez Cequiel, Uxío-Breogán
Fraguela Vale, Raul
Correo electrónico
uxio.breogan.dieguez.cequiel@udc.es
raul.fraguela@udc.es
Web
Descrición xeral Nun contexto socioeducativo no que a infancia e a mocidade están cada vez máis afastadas do medio natural e ven reducidas as súas posibilidades de aprendizaxe experiencial ante o avance das pantallas e as contornas virtuais, son moitas as voces que reclaman un replantexamento da educación cara a enfoques máis experienciais e activos. Tanto en contexto educativos escolares como non escolares, a aprendizaxe do e a través da contorna próxima debe ser unha das bases do proceso de aprendizaxe, especialmente en idades temperás. O aproveitamento didáctico dos recursos que ofrece a contorna supón un cambio metodolóxico, saír das aulas e aumentar o contacto do alumnado co seu contexto vital. Supón tamén descubrir e pór en valor o patrimonio material e inmaterial de cada territorio para que sexa o primeiro estímulo e motivación do alumnado que o habita. Os docentes deben desenvolver competencias para ler a contorna en clave educativa, para xerar experiencias que desenvolvan aprendizaxes e ser capaces de elaborar recursos didácticos a partir de cada contexto.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 E1 - Coñecer as bases teóricas do traballo interdisciplinar e identificar os seus centros de interese en contextos escolares e non escolares.
A2 E2 - Identificar e analizar criticamente propostas interdisciplinares no ámbito educativo.
A3 E3 - Deseñar, xustificar, organizar e avaliar de forma sistemática propostas interdisciplinares en distintos contextos educativos.
A8 E8 - Ser capaz de defender e argumentar de forma oral e escrita o traballo de investigación e/ou innovación realizado, utilizando no seu caso recursos audiovisuais de apoio.
A10 E10 - Coñecer os fundamentos teóricos que sustentan a investigación e innovación no ámbito das Didácticas Específicas.
A11 E11 - Coñecer, comprender e utilizar a linguaxe científica e aplicalo correctamente nas distintas formas de expresión e comunicación.
A13 E13 - Analizar e valorar criticamente investigacións e proxectos de innovación en ámbitos disciplinares específicos.
A15 E15 - Identificar criterios de calidade e control tanto na investigación como na práctica docente, fomentando o espírito crítico, reflexivo e innovador.
A17 E17 - Seleccionar, adaptar e aplicar materiais e recursos TIC e doutra índole, para mellorar o ensino e aprendizaxe dos diferentes ámbitos disciplinares.
A18 E18 - Recoñecer a investigación e a innovación aplicada ás ciencias da educación como ferramenta continua de innovación e mellora educativa e social.
B1 CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B2 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B4 CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B5 CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
B8 G3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
B11 G6 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C1 T1 - Capacidade de análise e síntese.
C3 T3 - Traballar de forma autónoma e con iniciativa.
C4 T4 - Traballar de forma colaborativa.
C5 T5 - Capacidade de organización e planificación en ámbitos educativos disciplinares e interdisciplinares.
C9 T9 - Incorporar as TIC no proceso de investigación e a xestión da información, a análise de datos e a difusión e comunicación de resultados.
C10 T10 - Ter capacidade para actualizar os coñecementos, metodoloxías e estratexias na práctica docente.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os conceptos básicos de contorna e aprendizaxe. AM1
AM10
Establecer as relacións entre ambos: como se descobre, inclúe e proxecta a contorna como elemento de expansión educativa e recurso didáctico. BM1
CM1
CM4
Analizar experiencias de aprendizaxe na contorna desde as diferentes áreas de coñecemento ou disciplinas. AM2
CM3
CM9
Identificar os axentes da aprendizaxe en relación coa contorna, desde o individuo á comunidade educativa e a sociedade. AM13
Adquirir recursos para o deseño de propostas didácticas para a utilización da contorna para a aprendizaxe. AM3
AM11
AM15
BM8
BM11
CM5
CM10
Deseñar propostas educativas a partir dos recursos que ofrece a contorna próxima. AM3
AM8
AM17
AM18
BM2
BM4
BM5
BM8
CM1
CM3
CM4

Contidos
Temas Subtemas
Fundamentos básicos para relacionar a aprendizaxe como práctica docente coa contorna como recurso educativo. .
A clasificación dos contextos de aprendizaxe en relación coa contorna: criterios para a clasificación dos conceptos "formal", "non formal" e "informal", a súa evolución e estado actual da cuestión. .
A contorna desde as diferentes perspectivas e a interdisciplinariedade: o seu potencial formador; análise para a identificación dos elementos da contorna e as súas linguaxes para establecer modelos de ensino-aprendizaxe. .
As propostas para a aprendizaxe na contorna: análise de propostas, proxectos ou experiencias que se basean na contorna como recurso educativo. Metodoloxías, estratexias e resultados. .
A contorna como recurso no deseño de propostas educativas: o proceso de deseño de propostas a partir dos recursos que ofrece a contorna próxima. .

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais A1 A2 A11 A13 C1 C3 C10 1 14 15
Aprendizaxe colaborativa A10 C5 C4 6 12 18
Discusión dirixida B4 C1 C3 C10 2 2 4
Presentación oral A8 B4 B5 C9 C1 3 6 9
Saídas de campo A2 A18 4 4 8
Sesión maxistral A2 A1 B11 C5 15 15 30
Traballos tutelados A3 A15 A17 B1 B2 B8 C4 C9 1 39 40
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Saídas de campo Actividades desenvolvidas nun contexto externo ao contorno académico universitario (empresas, institucións, organismos, monumentos, etc.) relacionadas co ámbito de estudo da materia. Estas actividades céntranse no desenvolvemento de capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a recollida de información, o desenvolvemento de produtos (bosquexos, deseños, etc.), etc.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Os traballos tutelados requiren atención personalizada, polo que as titorías e as sesións de asesoramento sobre o traballo tutelado serán referencias importantes para a realización do mesmo. O profesorado poderá realizar suxestións ou solicitar modificacións sobre o traballo tutelado que deberán ser aplicadas antes da súa entrega definitiva.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia poderá recibir orientación sobre a preparación da materia no horario habitual de titorías.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A8 B4 B5 C9 C1 Intervención baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado. Cada grupo deberá expor o seu traballo tutelado e responder as consideracións e preguntas realizadas polo profesorado da materia e os seus propios compañeiros. 30
Traballos tutelados A3 A15 A17 B1 B2 B8 C4 C9 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesorado e en escenarios variados (académicos e profesionais). Cada grupo deberá realizar un traballo seguindo os criterios que serán indicados polo profesorado da materia. 70
 
Observacións avaliación

O alumnado será
avaliado a través dun traballo tutelado que poderá ser realizado grupalmente e,
excepcionalmente e por causas xustificadas, de forma individual. Para que o
alumnado sexa avaliado polo traballo tutelado e a exposición oral deberá
asistir polo menos ao 80% das sesións presenciais. Se o estudante non alcanza
este nivel de asistencia, será avaliado polo traballo tutelado e por unha proba
individual. Neste caso, os dous ítems de avaliación (traballo e proba
individual) terán unha ponderación do 50%, solicitándose en cada unha delas unha
nota igual ou superior a 5 sobre 10 para aprobar a materia.

Este sistema de
avaliación será o mesmo para a primeira e segunda oportunidade, entendéndose
que o alumnado que alcanzase os requisitos de asistencia, ten dereito a ser
avaliado a través do traballo tutelado e a exposición oral nas dúas
oportunidades.

As dúas opcións
de avaliación son aplicables aos alumnos con recoñecemento de dedicación a
tempo parcial, en función de se alcanzan ou non o 80% de asistencia ás sesións
presenciais.

Aqueles alumnos
con dispensa académica de exención de asistencia terán que avaliarse a través
do traballo tutelado e a proba individual, cunha ponderación do 50%,
solicitándose en cada unha delas unha nota igual ou superior a 5 sobre 10 para
aprobar a materia.


Fontes de información
Bibliografía básica

Esta bibliografía é orientativa e poderá ser ampliada polo profesorado ao comezo da materia.

Algás, P. et al. (2010). Los proyectos de trabajo en el aula: reflexiones y experiencias prácticas. Barcelona: Graó.

Arias Correa, A. et al. (2009). O traballo por proxectos en Infantil, Primaria e Secundaria. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.

Bilton, H. (2010). Outdoor Learning in the Early Years. Management and Innovation, 3rd Edition. London: Routledge.

Chen, W., Cone, T.P., Cone, S.L. (2007). A collaborative approach to developing an interdisciplinary unit. Journal of Teaching in Physical Education, 26 (2), 103-124.

Conde, J., Torre, E., Cárdenas, D. y López, M. (2010). La concepción del profesorado sobre los factores que influyen en el tratamiento interdisciplinar de la Educación Física en Primaria. Cultura, Ciencia y Deporte, 13, 11-24.

Díaz Lucea, J. (2010). Educación física e interdisciplinariedad, una relación cada vez más necesaria. Tándem: Didáctica de la Educación Física, 33, 7-21.

Díez Navarro, C. (1995). La oreja verde de la escuela. Trabajo por proyectos y vida cotidiana en la escuela infantil. Madrid: Ed. de la Torre.

Eschenhagen, María Luisa (2011). Contexto y exigencias a las ciencias sociales para afrontar los problemas ambientales. Polis [En línea], nº 30.

Fraguela-Vale, R. y Varela-Garrote, L. (2016). Las actividades de orientación y conocimiento del entorno en Educación Primaria. Tándem: Didáctica de la Educación Física, 51, 24-31.

García, E. R., Cervantes, C. T. y de la Torre Navarroa, E. (2012). (Trans)formar docentes, (trans)formar personas. Una experiencia interdisciplinar para democratizar el aula universitaria. Estudios Pedagógicos, 38 (ESPECIAL), 347-370.

Gutiérrez Ferrer, M. L. (2001). Las excursiones escolares y la interdisciplinariedad en ciencias sociales. Alejandro de Tudela. Iber: Didáctica de las Ciencias Sociales, Geografía e Historia, 27, 113-120.

Hernández, F. (2002). Los proyectos de trabajo. Mapa para navegantes en mares de incertidumbre. Cuadernos de Pedagogía, 310, 78-82.

Holt, N. L. (Ed.) (2008). Positive youth development through sport. London: Routledge.

Humberstone, B., Prince, H. y Henderson, K. A. (2017). Routledge International Handbook of Outdoor Studies. London: Routledge.

Juanola, R. (2011). La investigación didáctica: hacia la interdisciplinariedad y la cooperación. Educación Siglo XXI, Vol. 29 nº 1 · 2011, 233-262.

Louv, R. (2018). Los últimos niños en el bosque. Madrid: Capitán Swing.

Majó Masferrer, F.; Baqueró Alos, M. (2014). Ocho ideas clave. Los proyectos interdisciplinarios. Barcelona. Graó.

Martin, A. y Franc, D. (2017). Outdoor and Experiential Learning. London: Routledge.

Méndez, A. y Fernández-Río, J. (2010). Los juegos tradicionales infantiles: un marco privilegiado para el trabajo interdisciplinar y competencial. Tándem. Didáctica de la Educación Física, 33, 67-76.

Millington, B., Wilson, B. (2010). Context masculinities: Media consumption, physical education, and youth identities. American Behavioral Scientist, 53 (11), pp. 1669-1688.

Miralles Martínez, P., Rivero Gracia, P (2012). Propuestas de innovación para la enseñanza de la historia en Educación Infantil. Revista Electrónica Interuniversitaria de Formación del Profesorado, 15/1, 81-90.

Otero Saborido, F. M. (2010). Proyecto globalizador en un centro educativo. Educación Física interdisciplinar: juegos olímpicos en la antigua Grecia. Tándem: Didáctica de la Educación Física, 33, 36-45.

Prats Cuevas, J. (2000). Disciplinas e interdisciplinariedad. El espacio relacional y polivalente de los contenidos de la didáctica de las ciencias sociales. Iber: Didáctica de las Ciencias Sociales, Geografía e Historia, 24, 7-18.

Purcell Cone, T., Werner, P. y Cone, S. (2009). Interdisciplinary Elementary Physical Education-2nd Edition. Champaign: Human Kinetics.

Souto González, X. M. (2011). “Geografía y otras ciencias sociales: la interdisciplinariedad y la selección de contenidos didácticos” en Prats Cuevas, J., Didáctica de la Geografía y la Historia, 131-144.

Waite, S. (2017). Children Learning Outside the Classroom From Birth to Eleven, Second Edition. London: SAGE Publications Ltd.

Wallerstein, I. (coord.) (2001 [1996]), Abrir las Ciencias Sociales. México: Siglo XXI.

Woods, A. (2016). Elemental Play and Outdoor Learning. London: Routledge.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

No caso de que se solicite entregar algún traballo impreso, teranse en conta as seguintes recomendacións: non utilizar plásticos, elixir impresión a dobre cara e empregar papel reciclado. Na medida do posible, evitar a impresión de borradores.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías