Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) A Contorna como Recurso Educativo  Código 652534006
Titulación
Mestrado Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas
Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Fraguela Vale, Raul
Correo electrónico
raul.fraguela@udc.es
Profesorado
Fraguela Vale, Raul
Correo electrónico
raul.fraguela@udc.es
Web
Descrición xeral Nun contexto socioeducativo no que a infancia e a mocidade están cada vez máis afastadas do medio natural e ven reducidas as súas posibilidades de aprendizaxe experiencial ante o avance das pantallas e as contornas virtuais, son moitas as voces que reclaman un replantexamento da educación cara a enfoques máis experienciais e activos. Tanto en contexto educativos escolares como non escolares, a aprendizaxe do e a través da contorna próxima debe ser unha das bases do proceso de aprendizaxe, especialmente en idades temperás. O aproveitamento didáctico dos recursos que ofrece a contorna supón un cambio metodolóxico, saír das aulas e aumentar o contacto do alumnado co seu contexto vital. Supón tamén descubrir e pór en valor o patrimonio material e inmaterial de cada territorio para que sexa o primeiro estímulo e motivación do alumnado que o habita. Os docentes deben desenvolver competencias para ler a contorna en clave educativa, para xerar experiencias que desenvolvan aprendizaxes e ser capaces de elaborar recursos didácticos a partir de cada contexto.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 E1 - Coñecer as bases teóricas do traballo interdisciplinar e identificar os seus centros de interese en contextos escolares e non escolares.
A2 E2 - Identificar e analizar criticamente propostas interdisciplinares no ámbito educativo.
A3 E3 - Deseñar, xustificar, organizar e avaliar de forma sistemática propostas interdisciplinares en distintos contextos educativos.
A8 E8 - Ser capaz de defender e argumentar de forma oral e escrita o traballo de investigación e/ou innovación realizado, utilizando no seu caso recursos audiovisuais de apoio.
A10 E10 - Coñecer os fundamentos teóricos que sustentan a investigación e innovación no ámbito das Didácticas Específicas.
A11 E11 - Coñecer, comprender e utilizar a linguaxe científica e aplicalo correctamente nas distintas formas de expresión e comunicación.
A13 E13 - Analizar e valorar criticamente investigacións e proxectos de innovación en ámbitos disciplinares específicos.
A15 E15 - Identificar criterios de calidade e control tanto na investigación como na práctica docente, fomentando o espírito crítico, reflexivo e innovador.
A17 E17 - Seleccionar, adaptar e aplicar materiais e recursos TIC e doutra índole, para mellorar o ensino e aprendizaxe dos diferentes ámbitos disciplinares.
A18 E18 - Recoñecer a investigación e a innovación aplicada ás ciencias da educación como ferramenta continua de innovación e mellora educativa e social.
B1 CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B2 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B4 CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B5 CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
B8 G3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
B11 G6 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C1 T1 - Capacidade de análise e síntese.
C3 T3 - Traballar de forma autónoma e con iniciativa.
C4 T4 - Traballar de forma colaborativa.
C5 T5 - Capacidade de organización e planificación en ámbitos educativos disciplinares e interdisciplinares.
C9 T9 - Incorporar as TIC no proceso de investigación e a xestión da información, a análise de datos e a difusión e comunicación de resultados.
C10 T10 - Ter capacidade para actualizar os coñecementos, metodoloxías e estratexias na práctica docente.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os conceptos básicos de contorna e aprendizaxe. AM1
AM10
Establecer as relacións entre ambos: como se descobre, inclúe e proxecta a contorna como elemento de expansión educativa e recurso didáctico. BM1
CM1
CM4
Analizar experiencias de aprendizaxe na contorna desde as diferentes áreas de coñecemento ou disciplinas. AM2
CM3
CM9
Identificar os axentes da aprendizaxe en relación coa contorna, desde o individuo á comunidade educativa e a sociedade. AM13
Adquirir recursos para o deseño de propostas didácticas para a utilización da contorna para a aprendizaxe. AM3
AM11
AM15
BM8
BM11
CM5
CM10
Deseñar propostas educativas a partir dos recursos que ofrece a contorna próxima. AM3
AM8
AM17
AM18
BM2
BM4
BM5
BM8
CM1
CM3
CM4

Contidos
Temas Subtemas
Fundamentos básicos para relacionar a aprendizaxe como práctica docente coa contorna como recurso educativo. .
A clasificación dos contextos de aprendizaxe en relación coa contorna: criterios para a clasificación dos conceptos "formal", "non formal" e "informal", a súa evolución e estado actual da cuestión. .
A contorna desde as diferentes perspectivas e a interdisciplinariedade: o seu potencial formador; análise para a identificación dos elementos da contorna e as súas linguaxes para establecer modelos de ensino-aprendizaxe. .
As propostas para a aprendizaxe na contorna: análise de propostas, proxectos ou experiencias que se basean na contorna como recurso educativo. Metodoloxías, estratexias e resultados. .
A contorna como recurso no deseño de propostas educativas: o proceso de deseño de propostas a partir dos recursos que ofrece a contorna próxima. Seguridade e prevención do risco. .

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais A1 A2 A11 A13 C1 C3 C10 1 11.5 12.5
Aprendizaxe colaborativa A10 C4 C5 4 8 12
Proba mixta A3 A10 C1 C3 C10 5 5 10
Presentación oral A8 B4 B5 C1 C9 3.5 3.5 7
Saídas de campo A2 A18 8 16 24
Sesión maxistral A1 A2 B11 C5 8 16 24
Traballos tutelados A3 A15 A17 B1 B2 B8 C4 C9 2 20 22
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
Utilízase en dinámicas de clase para comprobar o nivel de asimilación dos contidos e propoñer ao alumnado problemas que teñen que resolver utilizando os recursos vistos na clase. Poderán plantexarse de forma individual ou grupal, según o criterio dos docentes.
Presentación oral Intervención baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado. Cada grupo deberá expor o seu traballo tutelado e responder as consideracións e preguntas realizadas polo profesorado da materia e os seus propios compañeiros.
Saídas de campo Actividades desenvolvidas nun contexto externo ao contorno académico universitario (empresas, institucións, organismos, monumentos, etc.) relacionadas co ámbito de estudo da materia. Estas actividades céntranse no desenvolvemento de capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a recollida de información, o desenvolvemento de produtos (bosquexos, deseños, etc.), etc.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesorado e en escenarios variados (académicos e profesionais). Cada grupo deberá realizar un traballo seguindo os criterios que serán indicados polo profesorado da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Os traballos tutelados requiren atención personalizada, polo que as titorías e as sesións de asesoramento sobre o traballo tutelado serán referencias importantes para a realización do mesmo. O profesorado poderá realizar suxestións ou solicitar modificacións sobre o traballo tutelado que deberán ser aplicadas antes da súa entrega definitiva.

Nesta materia non se admite dispensa académica de exención de asistencia salvo no caso do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC" - Aprobada polo Consello Social do 04/05/2017-. Para aquelas actividades que non poida realizar por non asistir a clase, deberá acudir ás revisións das mesmas co profesorado para poder desenvolvelas.

A atención personalizada realizarase a través das seguintes canles, en función das posibilidades e necesidades de cada momento: titorías en persoa no despacho do profesorado, titorías en directo a través da área de traballo “Teams” da UDC, mediante videoconferencia, conexión de audio ou chat; a través do correo electrónico institucional; a través dos chats e foros dispoñibles en Teams e Moodle.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A8 B4 B5 C1 C9 Intervención baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado. Cada grupo deberá expor o seu traballo tutelado e responder as consideracións e preguntas realizadas polo profesorado da materia e os seus propios compañeiros. 20
Traballos tutelados A3 A15 A17 B1 B2 B8 C4 C9 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesorado e en escenarios variados (académicos e profesionais). Cada grupo deberá realizar un traballo seguindo os criterios que serán indicados polo profesorado da materia. 60
Proba mixta A3 A10 C1 C3 C10 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
Utilízase en dinámicas de clase para comprobar o nivel de asimilación dos contidos e propoñer ao alumnado problemas que teñen que resolver utilizando os recursos vistos na clase. Poderán plantexarse de forma individual ou grupal, según o criterio dos docentes.
20
 
Observacións avaliación

Para que o alumnado sexa avaliado segundo os criteriosanteriores deberá participar polo menos no 80% das sesións. Se o estudante non alcanza este nivel de participación, será avaliado polo traballo tutelado e por unha proba individual. Neste caso, os dous ítems de avaliación (traballo eproba individual) terán unha ponderación do 50%, solicitándose en cada un deles unha nota igual ou superior a 5 sobre 10 para aprobar a materia.

Este sistema de avaliación será o mesmo para a primeira e asegunda oportunidade, entendéndose que o alumnado que alcanzase os requisitos de participación, ten dereito a ser avaliado novamente a través do traballo tutelado e da exposición oral. As probas mixtas realizadas na clase non poden realizarse na segunda oportunidade, polo que se conservarán as súas puntuacións no caso de superar o 50% deste apartado de avaliación. De non ser o caso, o seu valor repartirase entre o traballo tutelado (que pasará a un valor do 70%) e a presentación oral (que pasará a un valor de 30%). Na segunda oportunidade, poderase solicitar ao alumnado que realice ambos de forma individual.

As dúas opcións de avaliación son aplicables aos alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial, en función de se alcanzan ou non o 80% de participación nas sesións da materia.

Aqueles alumnoscon dispensa académica de exención de asistencia terán que avaliarse a travésdo traballo tutelado e a proba individual, cunha ponderación do 50%, solicitándose en cada unha delas unha nota igual ou superior a 5 sobre 10 para aprobar a materia.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

A metodoloxía “Saídas de campo” está suxeita á posibilidade de garantir as medidas de seguridade dos participantes. Se non sedan as condicións de seguridade adecuadas, esta metodoloxía poderase substituír por sesións de aula ou mesmo virtuais (o desenvolvemento das competenciasligadas a estas metodoloxías incorporaríanse ás metodoloxías “Aprendizaxe colaborativa”, “Sesión maxistral”, “Presentación oral”, “Traballos tutelados”).

Os traballos desta materia se entregan preferentemente de forma electrónica, procurando o uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Tamén se pretenderá o mesmo obxectivo coas saídas de campo, tratando en todo momento de ser responsables co medio ambiente.

Na asignatura facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

Asemade deberase incorporar a perspectiva de xénero nos traballos e exposicións nesta materia.

É primordial e necesaria a corrección ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación), gramatical e léxica nos traballos realizados como condición imprescindible para superar a materia.


Fontes de información
Bibliografía básica

Esta bibliografía é orientativa e poderá ser ampliada polo profesorado ao comezo da materia.

Algás, P. et al. (2010). Los proyectos de trabajo en el aula: reflexiones y experiencias prácticas. Barcelona: Graó.

Arias Correa, A. et al. (2009). O traballo por proxectos en Infantil, Primaria e Secundaria. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.

Bilton, H. (2010). Outdoor Learning in the Early Years. Management and Innovation, 3rd Edition. London: Routledge.

Carretero-García, M.; Varela-Garrote, L. y Fraguela-Vale, R. (2020) Jornada escolar y actividad física: escuela tradicional vs escuela en la naturaleza en Educación Infantil. Cuadernos de Pedagogía. 506, 75-81.

Chen, W., Cone, T.P., Cone, S.L. (2007). A collaborative approach to developing an interdisciplinary unit. Journal of Teaching in Physical Education, 26 (2), 103-124.

Conde, J., Torre, E., Cárdenas, D. y López, M. (2010). La concepción del profesorado sobre los factores que influyen en el tratamiento interdisciplinar de la Educación Física en Primaria. Cultura, Ciencia y Deporte, 13, 11-24.

Díaz Lucea, J. (2010). Educación física e interdisciplinariedad, una relación cada vez más necesaria. Tándem: Didáctica de la Educación Física, 33, 7-21.

Diéguez Cequiel, U.-B. (2019). A Ribeira Sacra luguesa desde a didáctica das ciencias sociais. Ensino e aprendizaxe do tempo e o espazo desde unha paisaxe singular en Marcía Arce, C.; Armas Quintá, F.X; Rodríguez Lestegás, F. (coords.). La reconfiguración del medio rural en la sociedad de la información: nuevos desafíos en la educación geográfica. Santiago de Compostela: Andavira.

Díez Navarro, C. (1995). La oreja verde de la escuela. Trabajo por proyectos y vida cotidiana en la escuela infantil. Madrid: Ed. de la Torre.

Donelly, A.A. y Macintyre, T.E. (2019).Physical Activity in Natural Settings: Green Exercise and Blue Exercise. London: Routledge.

Eschenhagen, M. L. (2011). Contexto y exigencias a las ciencias sociales para afrontar los problemas ambientales. Polis [Enlínea], nº 30.

Fraguela-Vale, R. y Varela-Garrote, L. (2016). Las actividades de orientación y conocimiento del entorno en Educación Primaria. Tándem: Didáctica de la Educación Física , 51, 24-31.

Fraguela, R., Varela, L. y Carretero, M. (2018). Los derechos de la infancia en el deporte competitivo, el juego y la naturaleza. En S. Romero y Y. Lázaro (Eds.), Deporte y sociedad: una aproximación desde el fenómeno del ocio (pp. 121-138). Bilbao: Instituto de Estudios de Ocio. Publicaciones de la Universidad de Deusto. ISBN: 978-84-1325-030-4.

García,E. R., Cervantes, C. T. y de la Torre Navarroa, E. (2012). (Trans)formar docentes,(trans)formar personas. Una experiencia interdisciplinar para democratizar el aula universitaria. Estudios Pedagógicos, 38 (ESPECIAL), 347-370.

Gutiérrez Ferrer, M. L. (2001). Las excursiones escolares y la interdisciplinariedad en ciencias sociales. Alejandro de Tudela. Iber: Didáctica de las Ciencias Sociales, Geografía e Historia , 27,113-120.

Hernández, F.(2002). Los proyectos de trabajo. Mapa para navegantes en mares de incertidumbre. Cuadernos de Pedagogía, 310, 78-82.

Holt, N. L. (Ed.) (2008). Positive youth development through sport. London: Routledge.

Humberstone, B. y Prince, H. (2020). Research Methods in Outdoor Studies. London: Routledge.

Humberstone, B., Prince, H. y Henderson, K. A. (2017). Routledge International Handbook of Outdoor Studies. London: Routledge.

Juanola,R. (2011). La investigación didáctica: hacia la interdisciplinariedad y la cooperación. Educación Siglo XXI, Vol. 29 nº 1 · 2011, 233-262.

Lombao Gómez, C. (2017). Unha proposta de investigación-acción a través da didáctica do patrimonio en Marcía Arce, C. (coord.). Ensinar na sociedade actual. Santiago de Compostela: Andavira.

Louv, R. (2018). Los últimos niños en el bosque . Madrid: Capitán Swing.

Majó Masferrer, F.; Baqueró Alos, M. (2014). Ocho ideas clave. Los proyectos interdisciplinarios. Barcelona. Graó.

Martin, A. y Franc, D. (2017). Outdoor and Experiential Learning. London: Routledge.

Méndez, A. y Fernández-Río, J. (2010). Los juegos tradicionales infantiles: un marco privilegiado para el trabajo interdisciplinar y competencial. Tándem. Didáctica de la Educación Física, 33, 67-76.

Miralles Martínez, P., Rivero Gracia, P (2012). Propuestas de innovación para la enseñanza de la historia en Educación Infantil. Revista Electrónica Interuniversitaria de Formación del Profesorado, 15/1, 81-90.

Otero Saborido, F. M. (2010). Proyecto globalizador en un centro educativo. Educación Física interdisciplinar: juegos olímpicos en la antigua Grecia. Tándem: Didáctica de la Educación Física, 33, 36-45.

Parry, J. & Allison, P. (2019). Experiential Learning and Outdoor Education. Traditions of Practice and Philosophical Perspectives. Routledge.

Pérez-Brunicardi, D. y Martín del Barrio, M. (2021). Seguridad y accidentes en educación en la naturaleza. FDMESCYL. https://www.fclm.com/seguridadjovenes/ 

Prats Cuevas, J. (2000). Disciplinas e interdisciplinariedad. El espacio relacional y polivalente de los contenidos de la didáctica de las ciencias sociales. Iber: Didáctica de las Ciencias Sociales, Geografía e Historia, 24, 7-18.

Purcell Cone, T., Werner, P. y Cone, S.(2009). Interdisciplinary Elementary Physical Education-2nd Edition. Champaign: Human Kinetics.

Souto González, X. M. (2011). “Geografía y otras ciencias sociales: la interdisciplinariedad y la selección de contenidos didácticos” en Prats Cuevas, J., Didáctica de la Geografía y laHistoria, 131-144.

Varela-Garrote L, Carretero-García M, Fraguela-Vale R, Losada-Puente L. (2022) Promoting active lifestyles in schools. Effect of school day on daily physical activity levels. Physical Activity Review. 10(1): 130-140. doi: 10.16926/par.2022.10.14.

Waite, S. (2017). Children Learning Outside the Classroom From Birth to Eleven, Second Edition. London: SAGEPublications Ltd.

Waite, S. (2019). Outdoor Learning Research. Insight into forms and functions. London: Routledge.

Wallerstein, I. (coord.) (2001 [1996]),Abrirlas Ciencias Sociales. México: Siglo XXI.

Woods, A. (2016). Elemental Play and Outdoor Learning. London: Routledge.

Bibliografía complementaria

Becker, C., Lauterbach, G., Spengler, S., Dettweiler, U., & Mess, F. (2017). Effects of regular classes in outdoor education settings: A systematic review on students’ learning, social and health dimensions. International Journal of Environmental Research and Public Health, 14(5). https://doi.org/10.3390/ijerph14050485

Bentsen, P., Nielsen, G., Bølling, M., Mygind, L., Stevenson, M. P., & Mygind, E. (2019). Greening education: education outside the classroom in natural settings as a school-based health promotion approach for child and youth populations. In A. A. Donelly & T. E. Macintyre (Eds.), Physical Activity in Natural Settings: Green Exercise and Blue Exercise (pp. 256–275). Routledge.

Bølling, M., Niclasen, J., Bentsen, P., & Nielsen, G. (2019). Association of Education Outside the Classroom and Pupils’ Psychosocial Well-Being: Results From a School Year Implementation. Journal of School Health, 89(3), 210–218. https://doi.org/10.1111/josh.12730

Bølling, M., Otte, C. R., Elsborg, P., Nielsen, G., & Bentsen, P. (2018). The association between education outside the classroom and students’ school motivation: Results from a one-school-year quasi-experiment. International Journal of Educational Research, 89, 22–35. https://doi.org/10.1016/j.ijer.2018.03.004

Chow, J. T., & Lau, S. (2015). Nature gives us strength: Exposure to nature counteracts ego-depletion. Journal of Social Psychology, 155(1), 70–85. https://doi.org/10.1080/00224545.2014.972310

Honig, A. S. (2019). Outdoors in nature: special spaces for young children’s learning. Early Child Development and Care, 189(4), 659–669. https://doi.org/10.1080/03004430.2017.1337609

Marchant, E., Todd, C., Cooksey, R., Dredge, S., Jones, H., Reynolds, D., Stratton, G., Dwyer, R., Lyons, R., & Brophy, S. (2019). Curriculum-based outdoor learning for children aged 9-11: A qualitative analysis of pupils’ and teachers’ views. In PLoS ONE (Vol. 14, Issue 5). https://doi.org/10.1371/journal.pone.0212242

Mygind, L., Stevenson, M. P., Liebst, L. S., Konvalinka, I., & Bentsen, P. (2018). Stress response and cognitive performance modulation in classroom versus natural environments: A quasi-experimental pilot study with children. International Journal of Environmental Research and Public Health, 15(6). https://doi.org/10.3390/ijerph15061098

Nielsen, G., Mygind, E., Bølling, M., Otte, C. R., Schneller, M. B., Schipperijn, J., Ejbye-Ernst, N., & Bentsen, P. (2016). A quasi-experimental cross-disciplinary evaluation of the impacts of education outside the classroom on pupils’ physical activity, well-being and learning: the TEACHOUT study protocol. BMC Public Health, 16(1), 1–15. https://doi.org/10.1186/s12889-016-3780-8

Ohly, H., White, M. P., Wheeler, B.W., (...), Nikolaou, V., & Garside, R. (2016). Attention Restoration Theory: A systematic review of the attention restoration potential of exposure to natural environments. Journal of Toxicology and Environmental Health - Part B: Critical Reviews, 19(7), 305–343.

Pagels, P., Raustorp, A., Guban, P., Froberg, A., & Boldemann, C. (2016). Compulsory School In- and Outdoors-Implications for School Children’s Physical Activity and Health during One Academic Year. International Journal of Environmental Research and Public Health, 13(7). https://doi.org/10.3390/ijerph13070699

Pietilä, M., Neuvonen, M., Borodulin, K., Korpela, K., Sievänen, T., & Tyrväinen, L. (2015). Relationships between exposure to urban green spaces, physical activity and self-rated health. Journal of Outdoor Recreation and Tourism, 10, 44–54. https://doi.org/10.1016/j.jort.2015.06.006

Prince, H. E. (2019). Changes in outdoor learning in primary schools in England, 1995 and 2017: lessons for good practice. Journal of Adventure Education and Outdoor Learning, 19(4). https://doi.org/10.1080/14729679.2018.1548363

Saez-Padilla, J., Tornero Quinones, I., & Sierra Robles, A. (2017). Current situation of the teacher training in outdoors activities by physical education teachers. A qualitative study with experts in Andalusia. Espiral-Cuadernos Del Profesorado, 10(21), 100–117.

Sando, O. J. (2019). The outdoor environment and children’s health: a multilevel approach. International Journal of Play, 8(1). https://doi.org/10.1080/21594937.2019.1580336

Sampson, S. D. (2023). Criando salvajes. El arte y la ciencia de enamorarse de la naturaleza. La traviesa ediciones y FEEFNAT.

Schneller, M. B., Duncan, S., Schipperijn, J., Nielsen, G., Mygind, E., & Bentsen, P. (2017). Are children participating in a quasi-experimental education outside the classroom intervention more physically active? BMC Public Health, 17(1). https://doi.org/10.1186/s12889-017-4430-5

Schneller, M. B., Schipperijn, J., Nielsen, G., & Bentsen, P. (2017). Children’s physical activity during a segmented school week: Results from a quasi-experimental education outside the classroom intervention. International Journal of Behavioral Nutrition and Physical Activity, 14(1). https://doi.org/10.1186/s12966-017-0534-7

Wattchow, B. & Brown, M. (2011). A Pedagogy of Place: Outdoor Education for a Changing World. Monash University Press.

Webster, C. A., Russ, L., Vazou, S., Goh, T. L., & Erwin, H. (2015). Integrating movement in academic classrooms: Understanding, applying and advancing the knowledge base. Obesity Reviews, 16(8), 691–701. https://doi.org/10.1111/obr.12285

Wheeler, B. W., Cooper, A. R., Page, A. S., & Jago, R. (2010). Greenspace and children’s physical activity: A GPS/GIS analysis of the PEACH project. Preventive Medicine, 51(2), 148–152. https://doi.org/10.1016/j.ypmed.2010.06.001

Woods, A. (2016). Elemental Play and Outdoor Learning. Routledge.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Intervención Didáctica en Espazos Culturais /652534020
Traballo por Proxectos en Educación Física /652534018
Investigación e Innovación en Didáctica das Ciencias Sociais /652534021
Investigación e Innovación en Didáctica da Expresión Corporal /652534019

Observacións

Nesta materia incorpórase a perspectiva de xénero (por exemplo, úsase linguaxe non sexista, bibliografía de autores/as de ambos sexos e propíciase a intervención en clase de alumnos e alumnas). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. En caso de detectar calquera situación de discriminación por razón de xénero, proporanse accións e medidas para corrixilas.

No caso de que se solicite entregar algún traballo impreso, teranse en conta as seguintes recomendacións: non utilizar plásticos, elixir impresión a dobre cara e empregar papel reciclado. Na medida do posible, evitar a impresión de borradores.

A metodoloxía “Saídas de campo” está suxeita á posibilidade de garantir as medidas de seguridade dos participantes. Se non se dan as condicións de seguridade adecuadas, esta metodoloxía poderase substituír por sesións de aula ou mesmo virtuais (o desenvolvemento das competencias ligadas a estas metodoloxías incorporaríanse ás metodoloxías “Aprendizaxe colaborativa”, “Sesión maxistral”, “Presentación oral”, “Traballos tutelados”).



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías