Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Prácticum  Código 652534008
Titulación
Mestrado Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Garcia Barros, Susana
Correo electrónico
susana.gbarros@udc.es
Profesorado
Arufe Giraldez, Victor
Bobadilla Pérez, María
Chao Fernandez, Rocio
Couto Cantero, Pilar
Fraguela Vale, Raul
Garcia Barros, Susana
García Morís, Roberto
Mato Vázquez, Mª Dorinda
Mesías Lema, José María
Naya Riveiro, Maria Cristina
Rivadulla López, Juan Carlos
Correo electrónico
v.arufe@udc.es
m.bobadilla@udc.es
rocio.chao@udc.es
pilar.couto@udc.es
raul.fraguela@udc.es
susana.gbarros@udc.es
roberto.garcia.moris@udc.es
m.matov@udc.es
jose.mesias@udc.es
cristina.naya@udc.es
juan.rivadulla@udc.es
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 E1 - Coñecer as bases teóricas do traballo interdisciplinar e identificar os seus centros de interese en contextos escolares e non escolares.
A2 E2 - Identificar e analizar criticamente propostas interdisciplinares no ámbito educativo.
A7 E7 - Capacidade de aplicar coñecementos teóricos relativos ás Didácticas Específicas, tanto á investigación como á innovación e a avaliación.
A9 E9 - Ensaiar e avaliar formulacións de ensino disciplinares ou interdisciplinares en contextos educativos reais, e promover propostas de mellora en relación cos resultados obtidos.
A10 E10 - Coñecer os fundamentos teóricos que sustentan a investigación e innovación no ámbito das Didácticas Específicas.
A15 E15 - Identificar criterios de calidade e control tanto na investigación como na práctica docente, fomentando o espírito crítico, reflexivo e innovador.
B2 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B5 CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
B9 G4 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
B12 G7 - Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C1 T1 - Capacidade de análise e síntese.
C2 T2 - Capacidade de adaptación a situacións novas.
C3 T3 - Traballar de forma autónoma e con iniciativa.
C5 T5 - Capacidade de organización e planificación en ámbitos educativos disciplinares e interdisciplinares.
C6 T6 - Capacidade de innovar (creatividade) dentro de contextos educativos escolares e non escolares.
C7 T7 - Comportarse con ética e responsabilidade social e ambiental como docente e/ou investigador.
C8 T8 - Ser capaz de comunicarse cos seus compañeiros, coa comunidade educativa e coa sociedade en xeral no ámbito das súas áreas de coñecemento.
C11 T11 - Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria.
C13 T13 - Sustentabilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer formas de colaboración cos distintos sectores da comunidade educativa e do entorno social. AM2
BM5
BM9
BM12
CM1
CM2
CM5
Relacionar teoría e práctica en contextos educativos reais, tanto no ámbito docente como investigador, aplicando un pensamento crítico, lóxico e creativo. AM7
AM15
BM2
CM3
CM6
CM7
Coñecer e analizar propostas educativas innovadoras, que polas súas características particulares, teñan un valor exemplarizante. AM9
BM2
BM5
CM8
CM11
CM13
Ser capaz de recabar información en contextos de Educación Infantil e/ou Primaria para o seu posterior análise e aplicación a proxectos de investigación e/ou innovación educativa. AM1
AM2
AM10
BM5
BM9
CM1
CM5
CM6

Contidos
Temas Subtemas
Proxectos de innovación aplicados en contextos escolares e non escolares. Desenvolver, na medida do posible, un proxecto aplicado ao contexto no que señalicen as prácticas.
Recursos para a investigación e a innovación en contexto: aplicación de métodos de recollida de información en situacións reais. Estudos de caso, método etnográfico, metodoloxía de proxectos, etc.
Reflexión sobre a práctica observada como recurso para a investigación e a Innovación en Educación Infantil e/ou Primaria Análise crítico sobre a práctica observada.
Avances recentes en investigación e innovación no contexto das Didácticas Específicas. Revisión bibliográfica sobre as últimas investigacións e innovacións en Didácticas específicas e a súa comparación coa realidade.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Eventos científicos e/ou divulgativos A1 A2 A10 B9 C2 C7 5 10 15
Saídas de campo A7 A15 B2 B12 C1 C3 C5 75 0 75
Traballos tutelados A9 B5 C6 C11 0 45 45
Estudo de casos A2 A15 C3 C5 C8 C13 4 10 14
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Eventos científicos e/ou divulgativos Actividades realizadas polo alumnado que implican a asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.) co obxectivo de profundar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia. Estas actividades proporcionan ao alumnado coñecementos e experiencias actuais que incorporan as últimas novidades referentes a un determinado ámbito de estudo.
Saídas de campo Actividades desenvolvidas nun contexto externo ao contorno académico universitario (empresas, institucións, organismos, monumentos, etc.) relacionadas co ámbito de estudo da materia. Estas actividades céntranse no desenvolvemento de capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a recollida de información, o desenvolvemento de produtos (bosquexos, deseños, etc.), etc.
Traballos tutelados Metodoloxía diseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe de “cómo facer as cosas”. Constituie unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en duos elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Metodoloxía diseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe de “cómo facer as cosas”. Constituie unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en duos elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Eventos científicos e/ou divulgativos A1 A2 A10 B9 C2 C7 Actividades realizadas polo alumnado que implican a asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.) co obxectivo de profundar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia. Estas actividades proporcionan ao alumnado coñecementos e experiencias actuais que incorporan as últimas novidades referentes a un determinado ámbito de estudo. 10
Saídas de campo A7 A15 B2 B12 C1 C3 C5 Refírese ao período de asistencia ao centro onde se realizarán as prácticas. Precísase a avaliación positiva do titor/a do centro para poder pasar á segunda fase da avaliación. 45
Traballos tutelados A9 B5 C6 C11 Metodoloxía diseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe de “cómo facer as cosas”. Constituie unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en duos elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
45
 
Observacións avaliación
O proceso de avaliación consta de dúas fases. En primeiro lugar, o/a titor/a do centro deberá emitir un informe sobre o desenvolvemento das prácticas que suporá un 45% da nota final.
Se a valoración do titor/a do centro do practicum é favorable, a persoa titora da universidade valorará a memoria -45%- e a participación a en xornadas/reunión -10%-. Se a valoración non é favorable (menor que 5) a cualificación da materia será suspenso e a cualificación será como máximo un 4.
Para aprobar a materia será necesario que o alumnado supere cada un dos apartados
Para a cualificación da memoria teranse en conta os seguintes aspectos:
- Cuestións formais (10%)
- Proposta de acción (60%)
- Reflexión do proceso e implicacións educativas (30%)

Fontes de información
Bibliografía básica Bernstein, B. (1989). Clase y pedagogías visibles e invisibles. Madrid: Akal Universitaria
Garcia Aretio, L. (2009). Claves para la educación: actores, agentes y escenarios en la sociedad actual. . Madrid:UNED
Esteve, O., Mellef, K. y Ansina, A. (2010). Creando mi profesión. Una propuesta para el desarrollo profesional del profesorado. . Barcelona: Octaedro.
Camps, V. (2008). Creer en la educacion. La asignatura pendiente.. Barcelona: Península.
Mañu Noain, J. (2010). Docentes competentes. Por una educacion de calidad.. Madrid: Narcea.
Fernández Enguita, M. (2001). Educar en tiempos inciertos. . Madrid: Morata.
Edwards, D., y Mercer, N. (1988). El conocimiento compartido: el desarrollo de la compresión en el aula.. Barcelona: Paidós.
Coll, C., Martín, E., Mauri, T., Miras, M., Onrubia, J., Solé, I., et al. (1993). El constructivismo en el aula.. Barcelona: Graó.
Hargreaves, A. (2003). Enseñar en la sociedad del conocimiento. . Barcelona: Octaedro.
Fernández Enguita, M. (1999). La profesión docente y la comunidad escolar: crónica de un desencuentro.. Madrid: Morata.
Carbonell Sebarroja, J. (2009). La vida escolar en un curso: cosas que no siempre se explican.. Barcelona: Graó.
Fernández Pérez, M. (1994). Las tareas de la profesión de enseñar. . Madrid: SXXI
Bolívar, A. (2000). Los centros educativos como organizaciones que aprenden. Promesas y realidades.. Madrid: La Muralla.
Domenech, J. y Guerrero, J. (2005). Miradas a la educación que queremos. Barcelona: Graó.
Hargreaves, A. (1996). Profesorado, cultura y postmodernidad (cambian los tiempos, cambia el profesorado). . Madrid: Morata.
Castells Cuixart, P. (2011). Tenemos que educar: ideas para acabar con la crisis de autoridad y la mala educacion. . Barcelona: Península.
Carbonell Sebarroja, J. (2008). Una educacion para mañana. Barcelona: Octaedro.

Esta bibliografía complementarase en función da materia curricular na que o alumno/a focalice o seu prácticum e a súa investigación.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase que os envíos dos traballos sexa telemáticamente e se non fose posible, non utilizar plásticos, elexir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Debése ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais. 

Evitaráse a discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. Usarase linguaxe non sexista.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías